miércoles, 31 de diciembre de 2008

Fotos das concetraçons por palestina en vigo o 30 Dezembro



Fotos das concetraçons por palestina en vigo o 30 Dezembro

venres 2 de Xaneiro-Concentración en repulsa contra a masacre humana en Gaza

Faga klic sobre o cartaz para velo mais grande
Concentración o próximo venres 2 de Xaneiro de 2009 ás 20h diante do Museo de Arte Contemporánea (MARCO) en repulsa contra a masacre humana en Gaza.
Coordenadora Nacional Galega
Marcha Mundial das Mulheres
Marcha Mundial das Mulleres
Rúa Romil, 20, baixo
36202 Vigo-Galiza
CIF G-15773013
Teléfonos de contacto:
Coord. Nacional: 671695968/637817745
Coord. Ferrol: 658432609/652201003
Coord. Pontevedra: 669794462
Coord. Vigo: 657825556/667531529
www.feminismo.info

Axúdanos a pedir ás autoridades israelís a que poñan fin aos ataques desproporcionados e ilexítimos sobre a Franxa de Gaza

Os bombardeos das forzas israelís dos Territorios Palestinos Ocupados e o lanzamento de proxectís cara Israel por parte de grupos armados palestinos provocou unha escalada de violencia en Israel e os Territorios Ocupados na que xa se contabilizan centos de vítimas.

Unha familia palestina fuxe dun ataque israelí con mísiles a un edificio no campamento de refuxiados de Rafah, no sur da Franxa de Gaza, o domingo 28 de decembro de 2008. © AP Photo/MaanImages, Hatem Omar

Os mortos e feridos causados polo bombardeo israelí da Franxa de Gaza suman o maior número de vítimas palestinas habidas en catro décadas de ocupación israelí.

A escalada de violencia prodúcese nun momento no que a poboación civil libra una loita diaria pola supervivencia debido ao bloqueo israelí, que impide que entren en Gaza mesmo alimentos e menciñas. Os civís palestinos continúan expostos a morrer ou a resultar feridos en ataques e carecen cada vez máis da debida atención médica, alimentos, mediciñas, electricidade, auga e outros produtos e servizos indispensables.

Como consecuencia do bloqueo israelí, o recente alto o fogo que mantiveron durante cinco meses e medio Israel e Hamás e os demais grupos armados palestinos de Gaza non supuxo apenas ningunha mellora para a vida dos habitantes do territorio. O alto o fogo rematou na práctica cando, o 4 de novembro, as forzas armadas israelís mataron a seis radicais palestinos en Gaza e os grupos armados palestinos lanzaron un aluvión de proxectís contra cidades e pobos do sur de Israel. Amnistía Internacional condena todas estas mortes e considera que os abusos dunha parte, por graves que sexan, non poden xustificar xamais os do outro.

Cifras. Con este último ataque israelí, o número de palestinos mortos a mans das forzas israelís en 2008 ascende a uns 700, polo menos un tercio deles eran civís desarmados, incluídos 70 nenos. No mesmo periodo, os grupos armados palestinos mataron a 25 israelís, 16 deles civís, incluídos 4 nenos. Nos últimos oito anos, a violencia entre palestinos e israelíes cobrouse a vida duns 5.000 palestinos e 1.100 israelís. A maioría das vítimas de ambos bandos foron civís desarmados, incluídos uns 900 nenos palestinos e 120 israelís.

Axúdanos a pedir ás autoridades israelís a que poñan inmediatamente fin aos ataques desproporcionados e ilexítimos sobre a Franxa de Gaza, de zonas residenciais altamente poboadas, que permitan o acceso da axuda humanitaria e o acceso de testemuñas imparciais á zona.

Axúdanos a pedir ás autoridades israelís a que poñan inmediatamente fin aos ataques desproporcionados e ilexítimos sobre a Franxa de Gaza, de zonas residenciais altamente poboadas.
Actúa!
http://www.es.amnesty.org/actua/acciones/israel-y-los-territorios-palestinos-ocupados-protejan-a-la-poblacion-civil/

martes, 30 de diciembre de 2008

3ª Feira 30 Dezembro concentraçom Denuncia o genocídio palestino

Os colectivos convocantes expresan a súa consternación ante a masacre da poboación Palestina da Franxa de Gaza e repudia os ataques das forzas militares israelís, as cales perseguen o propósito de reactivar o conflito que as autoridades de Israel e Estados Unidos negáronse a solucionar durante décadas.

Denunciamos unha vez máis a intromisión de Estados Unidos en contra da paz entre os pobos de Palestina e Israel, en función de contar cun estado agresor en tan delicada zona.

Chamamos a deter inmediatamente os ataques, retomar a tregua, iniciar urxentes negociacións e adoptar medidas humanitarias a favor da poboación de Gaza.

Esiximos da comunidade internacional a máis dura condena á política de xenocidio e exterminio de Israel contra o pobo palestino.

SOLIDARIEDADE CON PALESTINA!!
PAREMOS O GENOCÍDIO!!
OS NOSSOS GOVERNANTES SOM CÓMPLICES!!

VIGO 3ª Feira 30 Dezembro diante do Marco as 8:30 da tarde

viernes, 26 de diciembre de 2008

Última semana para visitar a exposición de ‘SUSO FANDIÑO’

O MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo, lémbralle que a semana que vén é a última na que permanecerá aberta ao público a exposición de SUSO FANDIÑO, que se clausura o domingo 4 de xaneiro.

Na súa proposta para o Espazo Anexo do MARCO, SUSO FANDIÑO (Santiago de Compostela, 1971) traballou a partir do contexto próximo, e dos elementos que os cidadáns identifican co seu ámbito. A fábrica que PSA Peugeot Citroën posúe en Vigo é, sen dúbida, un deses símbolos sen os cales non se entende a cidade. A partir de aquí, Fandiño desenvolveu un proxecto baseado na marca Citroën e no modelo C4 Picasso. Un proxecto que se relaciona coa liña apropiacionista que caracteriza o seu traballo, á que el se refire como ‘revisionista’ ou ‘transfiguracionista’, neste caso baseándose na linguaxe e na imaxe dunha sinatura.

Dous coches brancos sustentados nun muro, simétricos, levitando sobre o chan, a un metro de altura e en perfecto estado, forman parte dunha instalación artística, irónica e directa. Devólvennos a Marcel Duchamp e o desprazamento da función dos obxectos descontextualizados, pero tamén nos falan da paisaxe urbana e do tempo, un instante detido representado e convertido en ficción nun contexto artístico. O modelo elixido, o C4 Picasso de Citroën, é relevante por tratarse dun coche fabricado en Vigo que incorpora, ademais, un elemento que amplía o seu significado. Se o urinario de Duchamp incluía a sinatura de R. Mutt –un artista inexistente, froito da imaxinación do artista e do seu gusto polos xogos de palabras–, o C4 Picasso contén a doutro dos autores incuestionables do século XX. A sinatura convértese no leit-motiv dun proxecto que tamén nos invita a reflexionar sobre a recontextualización da obra e do artista, de Duchamp a Picasso, no ámbito do Vigo contemporáneo e industrial.

Información

‘SUSO FANDIÑO’

    • Datas: 24 outubro 2008 - 4 xaneiro 2009
    • Lugar: Espazo Anexo
    • Horario: martes a sábados de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 21.00; domingos de 11.00 a 14.00
    • Coprodución: MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo
    • Coa colaboración de PSA Peugeot Citroën, na celebración do 50º aniversario do Centro de Vigo
    • Comisarios: Iñaki Martínez Antelo e Agar Ledo Arias


MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo

R/ Príncipe nº 54

36202 Vigo

Tel. +34 986 11 39 08 /11 39 03 / 11 39 00

Fax.+34 986 11 39 01

www.marcovigo.com

Un ano despois da Lei de "Memoria Histórica", as vítimas da Guerra Civil e o Franquismo teñen pouco que celebrar

España mantén o incumprimento das súas obrigacións internacionais en materia de verdade, xustiza e reparación

AI pedirá á Xunta que a exhumación de foxas se faga nun contexto xudicial e garanta a súa compatibilidade coa obriga de investigar xudicialmente crimes contra a humanidade


Vigo.- Un ano despois da adopción da "Lei pola que se recoñecen e amplían dereitos e se establecen medidas a favor de quen padeceron persecución ou violencia durante a guerra civil e a ditadura", chamada Lei de "Memoria Histórica", Amnistía Internacional (AI) expresa a súa decepción e preocupación pola resposta do Estado español aos dereitos das vítimas.
"Ata o de agora, esta Lei desenvolveuse parcialmente, con lentitude, utilizouse para opoñerse á investigación xudicial de crimes contra a humanidade e non achegou ao Estado español ao cumprimento das súas obrigacións internacionais coa verdade, a xustiza e a reparación das vítimas do franquismo e a guerra civil", declarou Alberto Estévez, voceiro de AI en Galicia.

Cando se adoptou esta Lei hai un ano, AI considerouna un lixeiro paso adiante, pero hoxe continúa lonxe das obrigacións internacionais de España e, ata o de agora, non contribuíu de forma decisiva a saldar a débeda pendente coas vítimas que padeceron graves violacións de dereitos humanos.

"É un desenvolvemento regramentario de lentitude exasperante, só a final de ano, a remolque dos acontecementos xudiciais, o Goberno ditou algunhas disposicións para o desenvolvemento e a aplicación do establecido na Lei. E o disposto concéntrase só en medidas simbólicas ou de escaso significado para garantir verdade, xustiza e reparación" asegura Estévez.
No que respecta á compatibilidade da Lei coas accións xudiciais, o panorama é aínda máis crítico, pola incerteza e conseguinte aprazamento para os dereitos das vítimas como resultado das actuacións do Ministerio Fiscal e a decisión do Pleno da Sala do Penal da Audiencia Nacional o pasado 2 de decembro de 2008. Os últimos superviventes e as familias, para quen o tempo xoga en contra, continúan se atopar satisfacción nin recursos efectivos.

Ademais, a Lei foi utilizada, polo Ministerio Fiscal e outras autoridades, como argumento para opoñerse á obriga do Estado de investigar en sede xudicial os crimes do pasado e de recoñecer os dereitos das vítimas segundo as normas internacionais.

Petición á Xunta
En novembro, a Consellería de Cultura anunciou un acordo para a exhumación de foxas en Galicia co Instituto de Medicina Legal de Galicia (Imelga), que se ocupará dos estudios antropolóxico-forenses, e o Instituto de Medicina Legal (Imlus) da USC. Segundo o convenio da Consellería coa Universidade de Santiago, a apertura de foxas farase a petición dos descendentes das víctimas ou de entidades que os representen, e será coordinada pola Consellería. "En xaneiro pediremos unha entrevista coa Consellería porque as exhumacións deben facerse nun contexto xudicial e respetar as normas internacionais ao respecto", declarou Alberto Estévez, voceiro de AI en Galicia.

Valoración de Amnistía Internacional sobre o recoñecemento dos dereitos á verdade, á xustiza e á reparación que teñen todas as vítimas e a súa aplicación en España

Dereito á verdade
O que marcan as normas internacionais
· As vítimas e as súas familias teñen o dereito imprescritible a coñecer a verdade. Os Estados deben adoptar as medidas adecuadas para facer efectivo este dereito incluídas as necesarias para garantir o funcionamento independente e eficaz do poder xudicial, para facer efectivo o dereito a saber. Os Estados poden incluír mecanismos que complementen a función do poder xudicial para contribuír a esclarecer a verdade e impedir a desaparición de probas.
O que se fixo en España durante o 2008

· Persistiuse en trasladar ás asociacións, familias a vítimas tarefas propias do Estado, e asignáronse subvencións para funcións que son impropias de ser levadas a cabo por particulares como as exhumacións e, no seu caso, a identificación das persoas vítimas de desaparición forzada durante a Guerra Civil ou durante a represión política posterior.
· Non se proporcionou a información necesaria ao Grupo de Traballo de Nacións Unidas sobre Desaparicións Forzadas ou Involuntarias respecto da investigación sobre os casos remitidos a este organismo internacional.

Dereito á xustiza
O que marcan as normas internacionais
· Toda vítima dunha violación manifesta das normas internacionais de dereitos humanos ou dunha violación grave do dereito internacional humanitario ten dereito a un recurso xudicial efectivo

O que fixo España durante 2008
· O Ministerio Fiscal opúxose ao exercicio da función xurisdiccional alegando prescrición e a aplicación da Lei de Amnistía de 1977 aos crimes denunciados ante a Audiencia Nacional. Isto é incompatible coas obrigacións internacionais do Estado español. Pola súa parte, o Pleno da Sala do Penal da Audiencia nacional, co seu auto do 2 de decembro de 2008, en lugar de protexer os dereitos das vítimas, prolonga a súa peregrinaxe incerta na busca de verdade, xustiza e reparación pola súa conta a través dos xulgados territoriais.

Dereito á Reparación
O que marcan as normas internacionais
· As vítimas de violacións manifestas das normas internacionais de dereitos humanos e de violacións graves do dereito internacional humanitario teñen dereito a interpoñer recursos e obter reparacións. A reparación ten que ser proporcional á gravidade das violacións e ao dano sufrido e os Estados deben procurar establecer programas nacionais de reparación e outra asistencia ás vítimas cando o responsable dos danos sufridos non poida ou non queira cumprir coas súas obrigacións.
O que fixo España durante 2008

· As disposicións adoptadas polas autoridades españolas nas últimas semanas limitáronse a aquelas de escaso significado, como a declaración de reparación e recoñecemento persoal para as vítimas.
· No límite da data prevista pola Disposición adicional Sétima da Lei iniciouse o desenvolvemento de normas sobre o dereito de opción á nacionalidade española. Igualmente, ditáronse disposicións relativas á concesión da nacionalidade aos voluntarios integrantes das Brigadas internacionais, colectivo con xa moi poucos superviventes e de idades moi avanzadas.
· No que respecta ás indemnizacións, reguláronse ás condicións a favor de persoas falecidas ou con lesións que ocasionan discapacidade polas súas actividades en defensa da democracia (do 1 de xaneiro de 1968 ao 6 de outubro de 1977).

· O 15 de decembro, o Consello de Ministros aprobou a creación da Oficina para as Vítimas da Guerra Civil e da Ditadura, para facilitar a información necesaria no exercicio dos seus dereitos ás persoas que o precisen.
Recomendacións de Amnistía Internacional ás Autoridades Españolas

Sobre o dereito á verdade:
· Proporcionar resposta con información substantiva ao Grupo de Traballo de Nacións Unidas sobre Desaparicións forzadas e involuntarias, sen máis dilación.
· Cumprir as recomendacións do Comité de Dereitos Humanos de Nacións Unidas de outubro de 2008, que inclúe: "prever a creación dunha comisión de expertos independentes encargada de restablecer a verdade histórica sobre as violacións dos dereitos humanos cometidas durante a guerra civil e a ditadura".

Sobre o dereito á xustiza
· Garantir os dereitos das vítimas á xustiza e a contar con recursos efectivos e idóneos. Na elaboración dun protocolo de actuación científica e multidisciplinar que asegure a colaboración institucional e unha adecuada intervención nas exhumacións deberase garantir a súa compatibilidade coa obriga de investigar xudicialmente respecto de feitos constitutivos de crimes internacionais.

· Non opoñer, ante denuncias en sede xudicial, mecanismos de impunidade incompatibles co dereito internacional, e eliminar da lexislación española as disposicións sobre amnistía cuxa aplicación puidera pretenderse para impedir a obriga de investigar crimes contra a humanidade.
Sobre o dereito á reparación:
· Adoptar as medidas necesarias para que as vítimas de graves abusos contra os dereitos humanos poidan exercer o seu dereito á reparación de forma compatible coas normas internacionais.

Información xeral
O 26 de decembro de 2007 foi adoptada a "Lei pola que se recoñecen e amplían dereitos e se establecen medidas a favor de quen padeceron persecución ou violencia durante a guerra civil e a ditadura". A Disposición final primeira habilitou ao Goberno e aos seus membros para ditar cantas disposicións fosen necesarias para o desenvolvemento e aplicación do establecido na lei. A Disposición Adicional Segunda estableceu que as previsións contidas na mencionada Lei son "compatibles co exercicio das accións e o acceso aos procedementos xudiciais ordinarios e extraordinarios establecidos nas leis ou nos tratados e convenios internacionais subscritos por España".
A finais de outubro de 2008, o Comité de Dereitos Humanos de Nacións Unidas recordou ás autoridades españolas que os delitos de lesa humanidade son imprescritibles e sinalou que as amnistías relativas ás violacións graves dos dereitos humanos son incompatibles co Pacto Internacional de Dereitos Civís e Políticos. O Comité, aínda que tomou nota con satisfacción das garantías dadas por España no sentido de que a chamada Lei de "Memoria Histórica" prevé que se esclareza a sorte que correron os desaparecidos, observa con preocupación as informacións sobre os obstáculos con que tropezaron as familias nas súas xestións xudiciais e administrativas para obter a exhumación dos restos e a identificación das persoas desaparecidas.

Amnistía Internacional Galicia - Equipo de Medios de Comunicación
Alberto Estévez Telf. 647 084 640
Documentos e comunicados de prensa www.es.amnesty.org

jueves, 18 de diciembre de 2008

Conferencia O Jofre na historia do teatro galego

A conferencia que terá lugar o vindeiro xoves 18 de decembro de 2008 ás 20 horas na Biblioteca Pública Municipal Central de Ferrol, en Praza de España, 2.
Impartidan a conferencia Laura Tato Fontaíña, profesora de Filosofía e Humanidades da UC

Fundación Carlos Casares
Rúa Elduayen, 36 - 2º
36202 VIGO
Tel.: 986.225.785
www.fundacioncarloscasares.org

¿ONDE VAS PASAR O NADAL?

Máis de 300 persoas en Vigo o pasarán na rúa...

A Rede Social Galicia Sur convoca un acto de rúa para
sensibilizar á cidadanía viguesa ante a
situación de máis de 300 persoas persoas que viven sen
teito e que pasarán un inverno máis na rúa.

Coa proximidade das festas do nadal a Rede Social Galicia Sur
(plataforma que aglutina a mais de 20 organizacións de Vigo e
comarca que traballan tanto nos países do Sur como en Galicia
pola xustiza social e por acadar un mundo máis xusto,
equitativo e sostible para toda a cidadanía) quere chamar a
atención unha vez máis sobre a situación de
moitas persoas en Vigo que pasarán o inverno, un inverno
máis, na rúa.

Por iso a Rede Social Galicia Sur convoca o vindeiro xoves 18 de
decembro entre as 18:30 e 20:30 horas un acto de rúa,
consistente na
sensibilización á cidadanía
mediante o reparto dunha postal e un chocolate quente na Praza do
Emigrante (ao comezo da Avda. de Castelao, na Praza de
América) para chamar a atención e provocar a
reflexión da cidadanía viguesa fronte os seguintes
feitos:
- En Vigo hai preto de 300 persoas que están na rúa,
que teñen dificultades para acceder ao dereito dunha vivenda
digna e adecuada como primeiro paso para tecer vínculos e
redes sociais positivas e camiñar na recuperación da
identidade e dignidade persoal

- Os poucos recursos que existen na nosa cidade para atender a este
colectivo son de carácter privado e non alcanzan a atender
á demanda existente e non hai recursos públicos que
dean resposta as necesidades reais e urxentes deste colectivo na
cidade de Vigo

Por isto esiximos:
*o cumprimento nos prazos indicados pola Vicepresidencia de Xunta
sobre a
posta en marcha dun Centro de Emerxencia social e Albergue
público en Vigo, que poida prestar servizos que cobran as
necesidades tanto de teito e subsistencia como de acollida e
creación dun espazo de participación das persoas sen
fogar na sociedade e na vida comunitaria, co apoio dos distintos
axentes sociais, para traballar a reconstrución
psicosocial, a autonomía persoal e a adquisición de
hábitos sociais.
*dar resposta a necesidade das persoas que viven na rúa
habilitando un espazo para pernoctar, mentres o citado centro non
estea en marcha, que as protexa do frío e das inclemencias
meteorolóxicas do inverno.
Por un Albergue e Centro de emerxencia social público para
Vigo XA!

http://es.groups.yahoo.com/group/redesocialgaliciasur
As organizacións que formamos parte da Rede Social
Galicia Sur e que apoiamos esta acción somos:

Amarante, Aida, Axuda en Acción, Cáritas Diocesana de
Tui-Vigo,
Comité Oscar Romero, Dar Máis,
Educación Sen fronteiras, Emaús Fundación
Social, Entreculturas, Enxeñería sen fronteiras,
Fundación Balms, Fundación Proclade, Fundación
Secretariado Xitano, Grupo VIH/SIDA e adiccións ?O
Imán?- Sereos, Implicad@s no desenvolvemento,
Intermón Oxfam, Médicos do Mundo, MunDos Cooperativa
de Comercio Xusto, Seminario Galego de Educación para a Paz,
Solidariedade Internacional, Solidarios para o desenvolvemento,
Taller de Solidariedade e Verdegaia.
-- Verdegaia Vigo www.verdegaia.org

viernes, 28 de noviembre de 2008

MARTES 2 DECEMBRO ÁS 20:00 HS NO AUDITORIO DO AREAL, CONFERENCIA DA VENEZOLANA BLANCA EEKHOUT

A CONFERENCIA, ABERTA Ó PÚBLICO EN XERAL, SERÁ PRESENTADA POLO MEMBRO DO IGADI, ROBERTO MANSILLA.

BLANCA EEKHOUT

Lic. en Arte, Especializada en Cine. Presidenta Fundadora da Televisora del Estado ViVe. Membro da Comisión Presidencial Moral e Luces. Activista comunitaria e comunicadora popular. Desempeñouse como Presidenta da Canle do Estado Venezolana de Televisión (VTV). Fundadora e Directora da Televisora Comunitaria do Oeste “Catia Tve”. Fundadora da Casa da Cultura Simón Rodríguez e do Cine Club Manicomio. Fundadora do Centro de Cultura Cinematográfica Linterna Mágica. Cofundadora da Escola Comunitaria do Documental.

Faga clic sobre a imaxe para mirarla mias grande

Participou na creación do Noticiero Internacional de Barrios ano ano 2001. Desempeñouse como Profesora na Cátedra de Cinematografía da Escola de Artes da Universidade Central de Venezuela no ano 2002. Membro da Comisión Presidencial para o Diálogo 2002. Participou na elaboración do Regulamento de Radio e Televisión Comunitarias. Membro da Rede Mundial de Intelectuais e Artistas en Defensa da Humanidade. Relatora no Seminario Internacional “A Humanidade Fronte ó Imperialismo”, en Defensa da Humanidade.

Relatora no Seminario Internacional ALADI- FLACSO 2007 no Ecuador. Relatora na “Mostra Latinoamericana de Culturas Populares en Brasil 2008” convocada polo Movimiento Sen Tierra, (MST). Relatora no ciclo de conferencias no marco dos actos conmemorativos do 197 aniversario da Sinatura da Acta da Independencia en Quito-Ecuador.

“Venezuela: cando o extraordinario se fai cotián”

O que os medios de comunicación ocultan

A Revolución Bolivariana fixo transformacións estruturais significativas, con importantes avances políticos, económicos e sociais; non obstante, a mentira mediática e a permanente agresión imperial, pretenden impedir que estes avances sexan exemplo e esperanza para moitos pobos que aínda seguen controlados polas ditatoriais leis do sacrosanto mercado. Venezuela atreveuse a soñar un mundo non ditado polo pensamento único, iniciando un cambio histórico baseado na necesidade impostergable de lograr a supervivencia do noso pobo, a soberanía da nosa patria e a unidade da Nosa América.

A Constitución da República Bolivariana de Venezuela converteuse nunha ferramenta, non para o control e a submisión do pobo, senón para a liberación e o desenvolvemento do poder popular. Unha lexislación orientada a construír unha sociedade máis xusta, igualitaria e solidaria que, dentro dunha concepción de corresponsabilidade Sociedade-Estado, sexa capaz de garantir o benestar social e o desenvolvemento pleno e digno da vida de todas e todos. Ademais, a estratexia de loita definida é a loita pacífica e democrática, baseada na participación activa das amplas maiorías nacionais excluídas e postergadas durante a falsa democracia, a democracia representativa presente durante toda a historia de la República.

A pesar da guerra mediática, a sabotaxe, a inexperiencia, as contradicións internas, e as enormes limitacións dun aparato de Estado desmantelado e controlado por intereses estranxeiros imperialistas case dende a súa fundación, esta Revolución fixo cotián o imposible e neste mundo onde todo se compra e se vende, nós:

Garantimos a gratuidade da saúde, da educación, da seguridade social e a seguridade alimentaria. Igualmente, lexislouse para garantir o acceso á vivenda para todas e todos os venezolanos, a defensa do medioambiente, o desenvolvemento agroecolóxico e socioprodutivo fortalecendo a independencia e soberanía en áreas estratéxicas e contando para iso, coa participación protagónica dos Consellos Comunais (órganos directos do Poder Popular) na implementación desta política. Desenvolvemos ademais, unha política internacional de integración, solidariedade e cooperación entre os pobos, onde as experiencias das misións sociais se compartiron cos pobos irmáns e foron ferramentas fundamentais para resolver as enormes dificultades en saúde e educación. Igualmente hoxe, os nosos recursos enerxéticos poñen o servizo dos pobos con menos recursos e máis necesidades. Finalmente, somos exemplo de que se iniciou un cambio de época en América Latina e definitivamente, outro mundo é posible...

www.clubinternacionaldeprensa.org

Cena de fin de año de la Casa Argentina en Vigo

Viernes 5 de diciembre a las 21 horas

En el Hotel Tres Luces
c/ Cuba, 19 (paralela a Gran Vía, da a la puerta lateral de el Corte Inglés)
Vigo – 986 48 02 50

Menú especial para la Casa Argentina en Vigo

Para más info pulse aquí

Casa Argentina en Vigo
casargentinaenvigo.blogspot.com

miércoles, 26 de noviembre de 2008

“última cea” de condenados a morte en Vigo

Amnistía organiza mañá unha “última cea” de condenados a morte en Vigo e recolle sinaturas para parar a execución do español Pablo Ibar en Florida

A Estrada súmase á Xornada Mundial “Cidades pola Vida” con outras nove localidades de España e na Coruña unha pancarta colgará desde o venres na Casa-Museo Casares Quiroga

Vigo.- Co gallo da celebración da Xornada Mundial “Cidades pola Vida”, mañá xoves 27 entre as 19.30 e as 20.30, activistas de Amnistía Internacional estarán ao principio da rúa do Príncipe en Vigo para mostrar o seu rexeitamento frontal á pena de morte. Escenificarán unha “última cea” de condenados a morte, repartirán folletos con mensaxes impactantes á cidadanía e pratos con comida representando a última cea dos condenados a matar, ademais de ler un manifesto contra a pena capital.

Tamén invitarán aos viandantes a estampar a súa firma en mensaxes ao gobernador de
Florida (EE.UU.) para que suspenda as execucións. Igualmente, recollerán
sinaturas para o presidente do goberno español a fin de conseguir que
España prohiba a pena de morte nunha futura modificación da constitución
española de 1978, do mesmo xeito que máis de 40 países de todo o
mundo.
A Estrada será o único concello galego que participará na iluminación

de concellos e edificios representativos de dez cidades españolas.
En A Coruña unha pancarta contra a pena capital colgará desde o venres
da fachada da Casa-Museo Casares Quiroga. As xestións con outros concellos
galegos, incluído o de Vigo, non deron o froito esperado por AI.

Esta actividade desenvólvese logo dunha nova resolución de Nacións
Unidas a favor da moratoria mundial contra a pena de morte. Recientemente
aprobouse na Terceira Comisión da Asemblea Xeral da ONU e a mediados
de decembro votarase no Plenario. En total 105 países votaron a favor
da resolución, 48 fixérono en contra e 31 abstivéronse (fronte aos
104, 54 e 29 do ano pasado) o que confirma unha tendencia positiva cara
á abolición da pena capital. A resolución insta aos Estados onde
seguen impoñéndose condenas de morte a que suspendan as execucións,
respecten as normas internacionais sobre a protección dos dereitos
humanos das persoas condenadas, restrinxan progresivamente o uso da
pena capital e reduzan o número de delitos punibles con este castigo.

Máis de 40 grupos de activistas de Amnistía Internacional en distintas
cidades de España participaron en actividades públicas contra a pena
capital desde o 10 de outubro, Día Mundial contra a pena de morte,
ata agora. Estas actividades incluíron conferencias, actos de rúa
e recollida de sinaturas para apoiar ao cidadán español Pablo Ibar,
condenado a morte en Florida, Estados Unidos. Máis de 130.000 persoas
asinaron unha ciberacción en www.actuaconamnistia.org para pedirlle
ao Gobernador de Florida a suspensión deste castigo cruel, inhumano
e degradante no seu estado.

Amnistía Internacional convoca aos medios de comunicación e á cidadanía
para participar nos actos de rexeitamento á pena de morte:

A Xornada Mundial “Cidades pola vida” é unha iniciativa internacional emprendida pola organización italiana “Comunidade de Sant’Egidio,” co apoio da Coalición Mundial
contra a Pena de morte, á que pertence Amnistía Internacional, así
como outras 62 organizacións, colexios de avogados, sindicatos e autoridades
locais e rexionais.

O 30 de novembro celébrase o aniversario da primeira abolición da
pena de morte nun estado, que levou a cabo o Gran Ducado de Toscana
en 1786. A Xornada Mundial “Cidades pola Vida – Cidades contra a
Pena de morte” convócase desde 2002 para impulsar a abolición da
pena capital en todo o mundo, e Amnistía Internacional colabora activamente
desde 2003.

Amnistía Internacional oponse á pena de morte en todos os casos porque considera que é irrevocable e existe sempre a posibilidade de executar a unha persoa inocente en
calquera país onde se impoña. A pena de morte é arbitraria e discrimina
a quen son pobres, sofren marginación ou pertencen a unha minoría.

Ata hoxe, 137 países aboliron a pena de morte na súa lexislación
ou na práctica. Durante 2007, polo menos 1.252 persoas foron executadas
en 24 países; e polo menos 3.347 persoas foron condenadas a matar en
51 países.

Amnistía Internacional Galicia -
Equipo de Medios de Comunicación
Alberto Estévez
www.es.amnesty.org

martes, 4 de noviembre de 2008

6 de noviembre- xuntanza para compartir experiencias por parte de dous educadores Salvadoreños que están estes días na nosa cidade.

Dende o Comité Oscar Romero de Vigo e Educación Sen Fronteiras queremos invitarvos a unha xuntanza para compartir experiencias por parte de dous educadores Salvadoreños que están estes días na nosa cidade.

Dentro do Proxecto "Acurtando distancias educativas: achégate a El Salvador" estamos achegando a realidade social de El Salvador á comunidade educativa galega, e tamén queremos achegala á xente próxima e non tan próxima do mundo da cooperación e a solidariedade.

Por iso invitámosvos o próximo xoves 6 de novembro ás 20:30 na Parroquia do Cristo de la Victoria (Coia) a unha xuntanza-cea onde Anxélica Paniagua (directora da Fundación de Educación Popular CIAZO) e Wilfredo Miranda (profesor dunha escuelita rural en Huisisilapa- El Salvador) contarannos e compartirán a súa loita por unha educación de calidade en El Salvador.

Haberá empanada, tortillas e algo de beber.

Esperámosvos,

--
Paco Vallverdú
Educación Sin Fronteras Galicia
Tfno 986 442835/650861592

martes, 21 de octubre de 2008

25 e 26 de outubro - Redondela e Vigo contra o AVE

Para ver o cartaz mais grande faga click sobre o mesmo
25 e 26 de outubro - Redondela e Vigo contra o AVE
26 otutubro en Vigo Palestra: Miguel Amores O TAV/AVE e seu modelo de progreso
19Hs na Cova dos Ratos
Romil 12
Para mais detalles incluídas as actividades en Redondela vexa o cartel

domingo, 19 de octubre de 2008

Manifestación feminista en vigo 16-otubro-2008, reportaxe fotografica

Para ver as imaxes mais grandes faga click sobre as mesmas.




























Manifestación feminista en Vigo o 19 de otutubro do 2008

Esta reportaxe pode ser reproducido total ou parcialmente sen inconvenientes sempre que sexa sen fins comerciais.
Agradécese citar como fonte www.todovigo.blogspot.com, se fose en internet cun linck.


sábado, 18 de octubre de 2008

Presiona contra a pobreza, reportaxe fotográfico da manifestación en Vigo o 18 de outubro de 2008

Para ver as imaxes mais grandes faga click sobre as mesmas.

















Vigo 18 de Outubro do 2008

Esta reportaxe pode ser reproducido total ou parcialmente sen inconvenientes sempre que sexa sen fins comerciais.
Agradécese citar como fonte www.todovigo.blogspot.com, se fose en internet cun linck.


Infórmese sobre a loita contra a pobreza
www.pobrezacero.org
www.rebelatecontralapobreza.org
www.galiciasolidaria.org
www.mundojusto.es

jueves, 16 de octubre de 2008

Actos en la semana de la pobreza

Se celebrarán en Galicia actos en la semana de la pobreza, que va del 13 al 18 de Octubre.
Como cada año, las ONG han convocado movilizaciones, charlas y otros eventos para reclamar una solución a la lacra del siglo XXI, la POBREZA.

Haga klick sobre la imágen para verla tamaño completo.

miércoles, 8 de octubre de 2008

200 persoas detidas chegaron a Guantánamo cruzando o espazo aéreo español, incluídos Lavacolla e Peinador

AI pide aos aeroportos galegos que se declaren “zonas libres de violacións de dereitos humanos”

Amnistía Internacional avalía a resposta de España á “Guerra contra o Terror”

Vigo/Santiago de Compostela –
A “Guerra contra o Terror” liderada por Estados Unidos tivo impacto en Galicia. As entregas extraordinarias e detencións secretas lideradas por Estados Unidos a través do territorio español, os interrogatorios ilegais de policías españois en Guántanamo o a violación da prohibición absoluta da tortura en casos de extradicións e expulsións amosan que España respondeu á "Guerra contra o Terror" incumprindo obrigas internacionais de dereitos humanos. Esta é a principal conclusión do informe “Destinos inconfesables, obrigas incumpridas” presentado hoxe por Amnistía Internacional (AI).

Como outros países europeos, España permitiu durante máis de catro anos que a Axencia Central de Intelixencia (CIA) empregase aeroportos e o espazo aéreo español para as súas operacións de detencións secretas e entregas extraordinarias. “Malia a gravidade dos feitos, o Goberno español non tomou nin unha soa medida efectiva para impedir que España volva facilitar este tipo de prácticas ilegais. Nin sequera o fixo a partir de 2005, cando xa non era quen de alegar descoñecemento da existencia destes voos", asegura Alberto Estévez, voceiro da organización en Galicia.
Unhas 200 persoas detidas chegaron a Guantánamo en avións militares estadounidenses que, aínda que non sempre despegaron de bases españolas, si cruzaron o espazo aéreo español, cuxo uso tamén está sometido a autorización das autoridades españolas. O Goberno español non informou sobre estes voos nin ao Parlamento Europeo, nin ao Consello de Europa nin ao Congreso dos Deputados.

O informe “Destinos inconfesables, obrigas incumpridas” ten en conta, entre outras fontes, as investigacións do Parlamento Europeo que chegou a documentar ata 68 escalas de avións que se relacionan con actividades ilegais da CIA en aeroportos españois ata finais de 2005. A cifra aumenta se se lle engaden as máis de 20 escalas realizadas por outros avións que, aínda que con destinos menos preocupantes, tamén foron relacionados coa CIA e o seu programa de detencións secretas. A listaxe de voos presuntamente vinculados á CIA inclúe voos a Peinador e Lavacolla, concretamente do avión matrícula N168BF Xenebra-Vigo o 31.08.05 e Vigo Banjul (Gambia) o 01.09.05, así como o do avión matrícula N970SJ Santiago de Compostela –Bedford (EE.UU.) o 17.10.02.

Aeropuertos galegos “libres de violacións de dereitos humanos”

AI enviará o informe aos directores dos tres aeroportos galegos e pediralles que firmen una declaración de condena do uso das súas instalacións e do espazo aéreo español para facilitar “entregas extraordinarias” e detencións secretas en avións vencellados á CIA. “Esta declaración de condena do uso dos aeroportos españois para facilitar detencións secretas, “entregas extraordinarias” ou outras prácticas ilegais pide que poñan en marcha unha serie de medidas situaría aos aeroportos galegos á vangarda da protección dos dereitos humanos ante estas prácticas ilegais”, sinalou Estévez.

Bases militares e voos da CIA

AI tamén denuncia a falla de control nas bases militares españolas, algo que permitiu unha ducia de escalas de avións militares estadounidenses con orixe ou destino Guantánamo, algúns dos cales podería ter trasladado persoas detidas de xeito ilegal. Segundo os rexistros aéreos portugueses e españois, estas escalas tiveron lugar entre xaneiro de 2002 e setembro de 2007. No caso das bases de Rota e Morón de la Frontera, amparadas polo Convenio de Cooperación para a Defensa con Estados Unidos, as autoridades españolas deron luz verde a estas escalas a través dunha autorización xenérica de carácter trimestral ás autoridades estadounidenses. Para AI, as garantías que ofreceu Estados Unidos sobre a legalidade dos seus movementos nas bases teñen pouca credibilidade cando se trata de actividades relacionadas coa “Guerra contra o Terror”.

A organización tamén lamenta a ausencia de investigacións exhaustivas e independentes do Goberno español para chegar ao fondo do asunto dos voos secretos da CIA en España e o emprego das bases militares para voos a Guantánamo. “As investigacións abertas na Audiencia Nacional son un paso importante. Mais hai que recordar que estas foron impulsadas pola sociedade civil e non polas autoridades españolas. É urxente aclarar en que medida España puido facilitar a comisión de prácticas ilegais ou axudar a elas, así coma determinar se funcionarios particulares incorreron en responsabilidade penal”, engade Estévez.

O Goberno español tampouco impulsou investigacións exhaustivas, imparciais e independentes sobre o alcance das viaxes de policías españois a Guantánamo para interrogar a varias persoas detidas ao aproveitarse do limbo extralegal e as condicións de reclusión coercitivas da base naval. O Goberno español expresou o seu rexeitamento a Guantánamo a través dunha declaración oficial, pero non é abondo. Tal desacordo debe traducirse en accións claras e contundentes para esclarecer o número e as datas de todas as visitas, os seus obxectivos e as autoridades implicadas nelas. AI recorda que un axente que interroga a un detido a sabendas de que se atopa nunha situación de dor e sufrimento persistentes debe ser investigado pola súa presunta implicación en torturas.

Incoherencia no discurso sobre a “Guerra contra o Terror”

O Goberno español defendeu en foros nacionais e internacionais o seu apoio á legalidade internacional para facer fronte aos actos terroristas. Porén, ao mesmo tempo, o Goberno español segue a firmar acordos sobre terrorismo, cooperación xudicial e de outra índole sen salvagardas de dereitos humanos eficaces con países como Marrocos, Exipto, Arxelia ou Estados Unidos. Todos eles, países que empregaron a “Guerra contra o Terror” e cuestións de “seguridade nacional” para xustificaren violacións dos dereitos humanos.

Ademais, España ignora as súas obrigas internacionais no que atinxe á prohibición absoluta da tortura ao expulsar a un cidadán sirio, Basel Ghalyoum, ao seu país en xullo de 2008, malia o risco fundamentado de que podería ter sido sometido a tortura e malos tratos, unha vez trasladado, algo que non ocorreu neste caso, máis si noutras ocasións. O Tribunal Supremo absolveu a Ghalyoun da súa participación nos atentados do 11-M no 2004. Foi expulsado de contado. A última información á que tivdo acceso AI é que foi detido en Damasco polas Forzas de Seguridade estatais e nestos momentos atópase incomunicado nun centro de detención.

As autoridades españolas tampouco poden aceptar “garantías diplomáticas” de países con historiais preocupantes de dereitos humanos, que son ineficaces e imposibles de cumprir. Por iso, AI pide ao Goberno español que non autorice a extradición do cidadán de orixe checheno Murat Gasayev á Federación Rusa. A extradición xa foia aprobada pola Audiencia Nacional baseándose nunha serie de garantías improbables de ser efectivas e está pendente da decisión que tome o Consello de Ministros.
Oportunidade para rectificar

O Goberno español pode aproveitar todas as oportunidades que ten nas próximas datas para modificar a súa política. España asumirá a Presidencia do Consello de Europa no mes de novembro. Dende esa posición, debe impulsar o cumprimento das recomendacións elaboradas por esta organización para que se inicien investigacións independentes sobre a participación dos Estados europeos nas entregas extraordinarias e para levar a cabo medidas coordinadas no ámbito europeo que garantan que non se repiten estas e outras violacións dos dereitos humanos. Ao mesmo tempo, tamén en novembro, darase a coñecer o novo goberno estadounidense, co que se poderá establecer unha nova relación baseada no respecto mutuo aos dereitos humanos.
En relación a España, como primeiras medidas, Al pide ao Goberno español que:
• Colabore activamente e sen dilación coa investigación xudicial na Audiencia Nacional sobre o emprego dos aeroportos españois e bases militares por parte de avións que participaron en entregas extraordinarias, detencións secretas ou outras violacións dos dereitos humanos.
• Garanta que non se empregue ningunha parte do territorio español, incluído o seu espazo aéreo, as augas e todos os aeroportos e bases militares, para manter ou facilitar detencións ilegais ou secretas nin outras actividades ilegais. Entre outras medidas, as autoridades españolas deben pedir que toda aeronave ou similar que solicite autorización para transitar ou facer escala no territorio español indique se algún dos seus pasaxeiros está privado de liberdade e, neste caso, cal é a súa condición, destino e fundamento xurídico do seu traslado.

• Impulse unha investigación independente e imparcial sobre o alcance dos interrogatorios de policías e funcionarios españois a detidos na base naval de Guantánamo e deseñe mecanismos que regulen as actividades extraterritoriais dos policías, axentes de intelixencia e outros corpos de seguridade para impedir que poidan contribuír a violacións dos dereitos humanos.

• Cumpra estritamente co principio internacional de non devolución e a prohibición absoluta da tortura, e así absterse de expulsar ou extraditar a persoas a países nos que poidan sufrir tortura ou malos tratos. Non dar por válidas “garantías diplomáticas” para esgrimir as súas responsabilidades internacionais sobre a tortura.

Información complementaria
En xuño de 2008 Amnistía Internacional publicou o informe “Negar a evidencia. A participación de Europa nas entregas extraordinarias e detencións secretas”. No informe, a organización advertiu da falla de medidas para impedir que Europa volva a participar no programa de entregas extraordinarias e detencións secretas lideradas por Estados Unidos. O informe destacou o grao de implicación de Italia, Suecia, Reino Unido, Bosnia Herzegovina e Alemaña nestas prácticas ilegais. “Destinos inconfesables, obrigas incumpridas”, o informe presentado hoxe pola organización, céntrase no papel desempeñado por España neste tema e outros feitos relacionados coa “Guerra contra o Terror”.

Amnistía Internacional condenou de forma persistente e inequívoca os actos de terrorismo e outros ataques deliberados contra a poboación indefensa en boa parte do mundo e fixo fincapé en que os Estados teñen o deber de protexer ás persoas que se atopan baixo xurisdición fronte a tales actos Á súa vez, todos os gobernos deben incumprir os principios recoñecidos internacionalmente e a obriga de respectar os dereitos humanos e o Estado de dereito, mesmo ao responder a actos o a ameazas de terrorismo.

Amnistía Internacional Galicia (vigo)
www.es.amnesty.org

viernes, 19 de septiembre de 2008

21 de septiembre día de la primavera en Vigo

21 de septiembre día de la primavera en Vigo

¡Estamos todos! locos al norte hace más frío que al sur, pero no nos quitarán la primavera en septiembre.

Esta es una reproducción textual de un mail enviado por la recién creada Casa Argentina en Vigo de la cual hablaré más adelante, cuando sepa algo, desde ya les agradezco que le pongan un poco de cordura a este país con tales costumbres como poner la primavera en abril. Seguramente en este pic-nic podre obtener algo de info sobre esta nueva asociación.Leer más...

Nace La Asociación Casa Argentina en Vigo.

Nace La Asociación Casa Argentina en Vigo.

La primera Comisión Directiva firma los Estatutos.

La Asociación Casa Argentina en Vigo se propone desarrollar múltiples actividades. culturales.

• Cuenta con el apoyo del Consulado de Argentina en Vigo
• Sus socios ya preparan sus primeras actividades

Desde el pasado 12 de septieComicón de casa argentina en vigo con consulmbre, Vigo cuenta con una nueva entidad que agrupa al colectivo argentino. Se trata de la Asociación Casa Argentina en Vigo, que venía gestándose desde hace algunos meses y que, tras definir sus objetivos y firmar sus estatutos, ya es una realidad. Así, la Casa ha nacido con la intención de realizar actividades principalmente culturales, además de sociales y de cooperación con su país. La entidad se define como “profundamente democrática”.leer más...

miércoles, 3 de septiembre de 2008

COLECTIVO VIGUÉS “MEMORIA DO 36”-Baltasar Garzón: Investigación delitos de xenocidio.

A apertura de investigación por parte da Audiencia Nacional en relación ás victimas da guerra civil en caso de ser aceptado pola xustiza española pode xerar un envorco histórico na loita contra a impunidade.

A pesar das voces que indican que existiu unha amnistía ou os responsables dos crimenes cometidos xa están falecidos os crimenes de xenocidio e desaparición de persoas non prescriben. Aínda que non se pode realizar unha acción penal pola ausencia dos victimarios, se se pode actuar na acción civil. Sendo os seus herdeiros como sinala a lexislación española responsables no caso de que os seus familiares enriquecéronse a través dos crimes cometidos.

En Vigo por exemplo tras a morte do Primeiro Alcalde republicano don Enrique Blein Budiño, as propiedades que tenia na rúa Carral (hoxe edificio do Pub Manteiga) existía unha ferraxería da súa propiedade que daba ata a rúa Fermin Penzol.

Esta propiedade foi confiscada polas autoridades fascista, para logo pasar a nome doutros propietarios como sinalou a filla deste alcalde a señora Blein.

Co fin de poder colaborar co xuíz Baltasar Garzón habilitamos un teléfono de contacto:

00 34 685 103239 para realizar unha listaxe completa das victimas viguesas e ao mesmo tempo recibir as denuncias sobre fosa comúns ou expropiacións de propiedades.

COMPLEMENTO DE INFORMACIÓN:

Ante a decisión do Xuíz da Audiencia Nacional Baltasar Garzón de investigar os crimenes e desaparecidos españois durante a guerra civil o Colectivo Vigués “Memoria do 36” sinala:

Que aínda que durante a guerra civil centos de miles de persoas foron victimas de accións de terrorismo de Estado no territorio español, contra os simpatizantes da Fronte Popular, en Galicia non existiu esta guerra, xa que desde o propio día 19 de xullo de 1936 a maior parte da xeografía galega quedo en mans das forzas fascistas.

En Galicia como característica singular cometéronse delitos que poden catalogarse como de “lesa humanidade”, estes delitos se tipifican como delitos de “xenocidio”. Estes delitos están claramente recollidos na lexislación internacional. En Galicia calculase en ducias de miles de (30.000) asasinados, mentras que en Vigo calculase en 2.500 as vitimas.

A palabra xenocidio foi creada por Raphael Lemkin, xudeu de Polonia, en 1944, das raíces genos (termo grego que significa familia, tribo ou raza) e -cidio (do latín -cidere, forma combinatoria de caedere, matar). Lemkin quería referirse con este termo ás matanzas por motivos raciais, nacionais ou relixiosos. Loitou para que as normas internacionais definisen e prohibisen o xenocidio.

O Acordo ou Carta de Londres de 8 de agosto de 1945, que estableceu o Estatuto do Tribunal de Nuremberg, definiu como 'crimes contra a humanidade' os asasinatos e outras agresións contra calquera poboación civil ou as persecucións por motivos políticos, raciais ou relixiosos. En 1946, a Asemblea Xeral das Nacións Unidas confirmou os principios de Dereito internacional recoñecidos polo Estatuto do Tribunal e proclamou a resolución 96 (I) sobre o crime de xenocidio, que define como 'unha negación do dereito de existencia a grupos humanos enteiros', entre eles os 'raciais, relixiosos ou políticos', instando a tomar as medidas necesarias para a prevención e sanción deste crime.

Esta resolución cristalizou na Convención para a Prevención e Sanción do Delito de Xenocidio, adoptada pola Asemblea Xeral das Nacións

Esa definición é similar á reflectida na Convención para a Prevención e a Sanción do Delito de Xenocidio, de 1948, e recollida no Estatuto da Corte Penal Internacional, de 1998, pero é obxecto de certa polémica en tanto aos grupos e ás accións infligidas como ás causas polas que levan a cabo.

José Miguel Gómez
Presidente
Lois Pérez Leira
Coordenador

Blein Budiño, Enrique. Socialista. Primeiro alcalde da Segunda República en Vigo. Era dono dunha ferretería na rúa Carral nº 3. Tanto os seu negocio como a sua casa foron incautados polos feixistas.. O seu pai, Primitivo Blein Costas foi alcalde tamén na I República. Tiña cáncer de garganta, que agravouse por ter que andar fuxido. Morreu sen asistencia médica no Hospital municipal, tras ser detido en Gondomar polo “Rabioso”, que o día seguinte do rexistro feito polo tenente Santos, roubou tódolos libros que tiña na súa casa. Blein o destituíra cando fora alcalde: un claro caso de vinganza. Un dos que o detiveron foi o futbolista Nolete. Blein era patrocinador do Celta. Cando estaba fuxido, os seus fillos foron acollidos na casa de Echegaray.
(Fonte: Julia Blein Corral)

lunes, 25 de agosto de 2008

-PROGRAMA ACTO PEREIRO: COLECTIVO VIGUÉS “MEMORIA DO 36-27 de agosto

Haga clic sobre la imagen para verla tamaño completo y leer el folleto

Actuación grupo de gaitas: Interpretación do Hinno Galego.

Ofrenda floral

Falarán no acto:

José Miguel Gómez Millán. (Presidente do Colectivo Vigués “Memoria do 36”).

Fina Martínez (Filla do último alcalde de Vigo durante a Segunda Republica, Martínez Garrido).

Antonio Chávez, historiador vigués, especializado na historia da segunda republica en Vigo.

27 de agosto 17.30hs no Cemiterio civil de Pereiró

miércoles, 20 de agosto de 2008