lunes, 29 de octubre de 2012

Vídeo concentración A débeda dos gobernos é coas mulleres, non coa banca

O 17 de outubro foi o Día Internacional para a erradicación da pobreza. A débeda dos gobernos é coas mulleres, non coa banca. Marchamos por unha vida digna e sostíbel (acción dentro da Campaña Europea).

En Vigo, aínda chovendo, a concentración-acción foi secundada por un grande número de persoas.

Nestes tempos de austeridade, constatamos con indignación o agravamento das condicións de vida das mulleres en Europa, sobre todo no sur do continente. O sistema capitalista e patriarcal está a saquear as nosas vidas e os nosos dereitos, está a levar ás nosas sociedades a un estado de emerxencia no que somos as mulleres as principais afectadas, xa que sufrimos de maneira diferente os efectos das crises económicas e sociais ao atoparnos situadas de forma diferente nas xerarquías do poder económico, social, político, cultural e simbólico.

Marchamos contra os modelos de familia nuclear e baseados na "volta ao fogar" das mulleres impostos polo capitalismo patriarcal!
Marchamos por unha vida digna e sostíbel!
Marchamos para controlar as nosas vidas e construír unha sociedade máis xusta!

Concentración-acción 17 outubro 2012, Vigo



domingo, 28 de octubre de 2012

TodoVigo adhírese á folga xeral do 14n


TodoVigo adhírese á folga xeral do 14n

Moitos dos que traballamos en Internet nos auto explotamos, polo que  aínda que sexamos traballadores se o miramos desde un punto de vista estricto non pertencemos ao proletariado, pero debemos definirnos e deixar claro con que clase vémonos representados e no caso dos que facemos este sitio web non temos a menor dúbida de que o noso lugar está xunto á clase traballadora; por iso TodoVigo o 14 de novembro estará de folga. 

Así mesmo, chamamos a todo aquel que traballe no desenvolvemento e mantemento de sitios web a non traballar durante a folga e ese día só publicar o concernente a ela, incluídos os non profesionais que publiquen blogs e os usuarios de redes sociais.

Unha plataforma unitaria, formada por diferentes grupos que convocan á folga realizou un sitio web onde se poden denunciar presións exercidas pola patronal para non exercer o dereito a folga, nesta páxina tamén se poderá obter información sobre a folga e material de difusión. Podes consultar a páxina na seguinte dirección:  www.folgaxeral14nvigo.piesnegros.org

viernes, 26 de octubre de 2012

O C.S.O.A. XuntAs a pleno rendemento


O C.S.O.A. XuntAs a pleno rendemento


Fai un mes recibiamos e difundiamos a noticia da ocupación dunha casa da cidade de Vigo que no pasado fora un centro de detencións e torturas, os okupas prometían converter esta casa nun centro social e de desobedencia civil e desenvolver todo tipo de actividades.

quince días despois xa organizaron un concerto e agora chéganos unha interesante lista de actividades.

Taller de reciclaxe de bicicletas: unha boa idea para coidar o medio-ambiente e aforrar diñeiro. Os xoves de 19 a 21 hs.

Taller de reciclaxe de computadores: para darlle polo cu á obsolescencia programada e aos mercenarios do software encarceado. Os luns de 19 a 21 hs.

Proxeccións: longas, curtas e documentais. Todos os mércores ás 20 hs.

Banco do tempo: para intercambiar bens e servizos sen utilizar o diñeiro propiedade da banca esclavizante. Todos os martes de 19 a 21 hs.

Taller de teatro: Todos os venres ás 21 hs.

Concertos: todos os sábados a partires das 17 hs. Este sábado no concerto tocarán: BEN SENMEDO, Psicofenomenostrópicos e Como sempre os de sempre. Este concerto, que tamén poderá seguirse en directo desde www.bensenmedo.com, en principio ía ser ás 17 hs. pero retrásase ás 19 hs. para poder asistir á manifestación en contra da austeridade capitalista.





































jueves, 25 de octubre de 2012

27O, VIGO CONTRA O CAPITALISMO E A SÚA AUSTERIDADE


COMUNICADO DE PRENSA
27O: CONTRA O CAPITALISMO E A SÚA AUSTERIDADE
Unha chamada á mobilización popular en resposta ao asoballamento e a inxustiza social propiciada polo actual sistema.

Non leas isto
sábado 27 de outubro, terá lugar na cidade de Vigo unha marcha cidadá desobediente, rebelde e non violenta, con comezo na Farola (cruce das rúas Príncipe, Urzáiz e Colón) ás 17:00h., e remate na delegación territorial da Xunta de Galicia (R/ Concepción Arenal nº 8). Esta mobilización non é se non a reacción popular responsable, ética e lóxica ao recorte de liberdades e dereitos básicos aos que a cidadanía está sendo sometida por mor dos intereses dunha elite política e económica máis preocupada por salvar á banca e ao sector privado que por procurar o mellor para á cidadanía á que representa.

O debate á totalidade dos presupostos para o 2013, pechado hoxe xoves 25 de outubro, supón un novo golpe aos dereitos dunha cidadanía, que, unha vez máis, vese obrigada a pagar os intereses dunha débeda xerada por un sistema financeiro que durante anos contribuíu ao enriquecemento duns poucos en detrimento dos dereitos básicos e da xustiza social. Así, estes presupostos funcionan como ferramenta da loita de clases, empregada estratexicamente para que as grandes empresas e as elites de poder manteñan (e mesmo aumenten) os seus beneficios a costa de toda a cidadanía.

Amparado no argumento da austeridade, os actuais sistemas económico (baseado no liberalismo máis radical) e político (que no caso de España queda traducido na alternancia pechada no poder dos partidos do réxime, e nos intentos represivos de silenciar á masa crítica) non levan se non ao empobrecemento alarmante e innegable da cidadanía, en beneficio da elite capitalista que concentra e exerce o poder.
Neste contexto, a loita preséntase como a única e a máis responsable das saídas, unha desobediencia ética e responsable daquelas normas que, non só non representan á maioría, se non que lastran, coartan e mesmo desmantelan os dereitos (sociais, económicos, culturais...) da cidadanía, restrinxindo as liberdades públicas. Temos a responsabilidade de facer fronte ao sistema empregando todos aqueles mecanismos que teñamos ao noso alcance.
¡¡¡DEFENDAMOS OS DEREITOS E AS LIBERDADES DE TODXS NÓS!!!

Magosto na Horta do Barrio do Cura

Este sábado 27 de outubro ás 17:00, magosto na Horta do Barrio do Cura (Berbés) Vigo. Castañas, viño, gaiterada e máis.

jueves, 18 de octubre de 2012

TRABAJADORES DEL SERVICIO DE INTERVENCIÓN FAMILIAR DE VIGO DENUNCIAN LAS CONDICIONES LABORARES


LA REPRESENTACIÓN SINDICAL DE LOS TRABAJADORES DEL SERVICIO DE INTERVENCIÓN FAMILIAR DENUNCIAN LAS CONDICIONES LABORARES IMPUESTAS POR EL CONCELLO.

Comunicado: 

Para la UGT la inclusión de cláusulas nuevas en el pliego de contratación como alteraciones de horario que serán asumidas por la nueva concesionaria, CLECE, suponen cambios significativos en las condiciones laborales de la plantilla subrogada.

 Desde la unión sindical de UGT por medio del representante de los trabajadores en el Programa de Intervención Familiar, se ha dado traslado a los ciudadanos de Vigo y área metropolitana, que en este momento en que se está a descubrir la supuesta implicación de algunas empresas externalizadoras de servicios en la entrega de algunos servicios municipales en  concellos gobernados por el PSOE , el BNG o ambos conjuntamente; la sorpresa por parte de este sindicato de que los dirigentes de estos partidos presuntamente permitan que en el concello de Vigo se resuelvan concursos hacia empresas que no están a cumplir los requisitos mínimos del mismo (experiencia, presupuesto) y que en otros concursos presuman de investigar las propuestas económicas que proponen una bajada temeraria de los mismos -según el concello- una vez que los técnicos le han otorgado el servicio, cuando a CLECE en la misma situación (presupuestos igual de temerarios) se le decide otorgar dicho servicio, a pesar de presentar una bajada temeraria de la propuesta económica (para cuadrar dichos presupuestos deberán bajar ostensiblemente el sueldo a los trabajadores, no cumplir el servicio o despedir a los profesionales) y con la subida del IVA estos presupuestos además le saldrán más caros al ciudadano de Vigo.

 Sorprende desde este sindicato que si bien otros partidos políticos han exigido una explicación por tal hecho, el partido que gobierna (PSOE) y su socio en momentos puntuales (BNG) den por respuesta el silencio. Desde este Sindicato se teme un pucherazo por parte de estos partidos, otorgando dicho servicio a determinadas empresas a sabiendas de los perjudicial que supone a las arcas del concello. Desde este Sindicato nos preguntarnos qué intereses pueden existir para realizar esta maniobra. Este sindicato reclama la paralización de dicha concesión hasta que no se realice una investigación para clarificar dicho hecho y se exige que desde la alcaldía se proporcione una explicación a todos los vigueses.

Juan Carlos Dovigo Prieto, representante de los trabajadores del Programa de Intervención Familiar de Vigo

miércoles, 17 de octubre de 2012

17 outubro: Día Internacional contra a pobreza. A débeda dos gobernos é coas mulleres, non cos bancos

Hoxe: Día Internacional contra a pobreza. A débeda dos gobernos é coas mulleres, non coa banca. Marchamos por unha vida digna e sostíbel.
CONCENTRACIÓN-ACCIÓN, ÁS 6 DA TARDE, DIANTE DO MARCO (Vigo).


Nestes tempos de austeridade, constatamos con indignación o agravamento das condicións de vida das mulleres no noso continente, sobre todo no sur de Europa. A Europa do capital está a saquear as nosas vidas e os nosos dereitos, está a levar ás nosas sociedades a un estado de emerxencia no que somos as mulleres as principais afectadas tanto polos recortes como polas políticas conservadoras dos gobernos liberais que pretenden impoñer valores baseados na "volta ao fogar" e no modelo de familia nuclear contra o que tanto loitamos as feministas.

Nós, mulleres, sufrimos de xeito diferente os efectos das crises económicas e sociais porque nos atopamos situadas de xeito diferente nas xerarquías do poder económico, político, social, cultural e simbólico.

Os recortes na inversión de diñeiro público, como por exemplo nos servizos e equipamentos de apoio a menores e a persoas da terceira idade, ou a mercantilización do acceso á vivenda, dificultan en grande medida a autonomía das mulleres. Ademais, os recortes dos gastos sociais do estado presupoñen sempre un incremento de traballo doméstico e de coidados non remunerados (en xeral a cargo das mulleres), deste modo, as empresas dispoñen sempre dunha forza de traballo dispoñíbel en calquera momento, que se contrata en períodos de expansión e que se despide en tempos de crise.

O risco de agravamento da desigualdade nos usos do tempo de homes e de mulleres na familia é grande. Acentúase a idea, asumida xa de xeito cultural, de que as mulleres pertencen á esfera da reprodución e desvencéllase ao home da responsabilidade material e afectiva nestas cuestións do coidado da casa, d@s fill@s e das persoas maiores da familia. Todo isto vese aumentado polo pensamento neo-conservador e austero, que busca impor valores ao "regreso das mulleres ao fogar" coas políticas "familiaristas" e asistencialistas de submisión dos dereitos individuais a un modelo familiar único e exclusivo, o que dificulta o camiño emancipador das mulleres.

Nós, as mulleres, queremos controlar as nosas vidas e construír unha sociedade máis xusta, que remate co sistema capitalista e patriarcal e que nos permita vivir a nós e a tod@s unha vida digna.

Fonte: Marcha Mundial das Mulleres
Máis info feminismo: www.respetoeigualdad.piesnegros.org




martes, 16 de octubre de 2012

XUNTAS Centro Social Okupado Autoxestionado comeza a dar Concertos

XUNTAS Centro Social Okupado Autoxestionado comeza a dar Concertos gratuítos todos os sábados a partires das 17:00 para financiar o C.S.O.A. XUNTAS. O 20 de Outubro ás 17:00 BEN SENMEDO en Directo con Brais Ocampo na Rúa do Carmen, Nº 3 en Vigo e tamén en Directo por internet. 

As bebidas a prezos populares poderanse pagar con horas do banco do tempo 15M e outras moedas sociais. 

domingo, 14 de octubre de 2012

A horta colectiva urbana do Barrio do Cura en Vigo non ten nin un ano de historia pero a súa produtividade xa é unha realidade.


A horta colectiva urbana do Barrio do Cura en Vigo non ten nin un ano de historia pero a súa  produtividade xa é unha realidade. 

Desde hai aproximadamente un mes, os produtos desta horta e hortas amigas exponse en A Cova dos Ratos unha vez por semana, desta maneira quenes estean interesados poden levar a casa os produtos a prezo xusto de 1€ o quilo. 

Xa que unha das razóns desta iniciativa agrícola urbana é xerar unha economía social diferenciada da economía monetarista onde o diñeiro é privado (propiedade da banca privada) e non do conxunto da sociedade. Os produtos desta horta poden ser intercambiados por diferentes moedas sociais como os Fíos (Moeda dalgúns dos centros sociais de Vigo) ou as horas do Banco de tempo 15m Vigo, o colectivo está aberto á recepción doutras moedas sociais e todo tipo de intercambio.

Por tanto todos os venres a partires das 20hs durante outubro e das 19 a partires de novembro  os produtos estarán expostos en A Cova dos Ratos. Rúa Romil, 3 Vigo.

jueves, 11 de octubre de 2012

Só 3% dos centros de educación infantil das cidades imparten o ensino en galego


Só 3% dos centros de educación infantil das cidades imparten o ensino en galego

Carlos Callón: “Non hai bilingüismo nin trilingüismo: hai exclusión e varrido do idioma propio”

A Mesa pola Normalización Lingüística vén de presentar os “máis que alarmantes” datos dun estudo sobre o uso do galego na educación infantil nas sete cidades galegas. Segundo estes datos, só 3,19% dos centros imparten ensino en galego, un 1,06% manteñen dúas liñas diferenciadas (unha en galego e outra en castelán) e un 4,96% dos centros responderon que “dan a metade en galego e a metade en castelán”, aínda que en varios deles o idioma propio de Galiza só se utiliza na oralidade, realizándose toda a lectoescritura en castelán ou, mesmo, en inglés.
 
Alumnado do IES Pintor Laxeiro portando unha faixa na defensa da língua na Praza do Rei.
Sumando todas estas porcentaxes encontrámonos con que só o 9% dos centros de ensino de infantil das cidades declaran impartir “algo” en galego, mentres que o 91% exclúe o idioma propio do país até que as nenas e os nenos chegan aos 6 anos. “Non se garanten as competencias comunicativas en galego e ponse en risco a cohesión social de Galiza”, indican desde a maior asociación cultural de Galiza.

O presidente da Mesa, Carlos Callón, apunta que “estes niveis de exclusión non se producen en ningunha outra comunidade autónoma con idioma propio diferente do español, goberne quen gobernar” e pon como exemplo outras comunidades gobernadas polo PP, como València ou Balears. “Os dirixentes do PP en Galiza, e á cabeza deles Alberto Núñez Feijóo, son os máis reacios á pluralidade e á diversidade lingüística, seguen ao pé da letra o obxectivo da españolización de que fala o Ministro de Educación. Non lles importa se para iso teñen que levarse por diante os tratados internacionais sobre dereitos lingüísticos e culturais ou a cativa lexislación de protección do noso idioma de que nos dotamos nestas tres décadas”, explica.

Callón fai tamén un repaso polos datos sobre o uso do galego na educación infantil nos últimos anos e recoñece que “se trata dunha etapa difícil para o idioma propio desde sempre, pois nunca se puxeron os medios precisos para garantir a presenza mínima do galego, mais nunca en democracia se comprobaron niveis tan calamitosos como na actualidade”. Así, mentres no curso 2008/09, co decreto do 50% aínda en vigor, só o 35% dos centros das cidades declaraban impartir ese mínimo da metade do horario en galego, en 2010/11 só 10% manifestaban que impartisen o ensino en galego e na actualidade continúa cun “descenso en picado” que, a xuízo da Mesa, “coloca a nosa lingua á beira do precipicio”.

Desde A Mesa chaman a atención sobre algúns datos recollidos no seu estudo, como que nun centro de infantil de Vigo o español gañou por un só voto e, por iso, todo o ensino pasa a ser impartido neste curso exclusivamente nese idioma. Ademais, nun centro de Santiago, a pesar de os pais responderen maioritariamente “galego”, os docentes transmitíronlle á Mesa que o ensino era en castelán porque esa era “a lingua dos nenos e os pais mentiron para ter educación en galego”.

ALTERNATIVA GALEGA DE ESQUERDAS PROPORÁ A DERROGACIÓN DO PROXECTO DE LEI DE TASAS XUDICIAIS DO PP


ALTERNATIVA GALEGA DE ESQUERDAS PROPORÁ A DERROGACIÓN DO PROXECTO DE LEI DE TASAS XUDICIAIS DO PP

Comunicado de prensa

Juan Fajardo, candidato 
A candidatura encabezada na provincia de Pontevedra por Juan Fajardo e Chelo Martínez  considera que estamos asistinto a unha “demolición controlada” do concepto  de xustiza gratuita e universal e lembra que en 1986 elimináronse as tasas xudiciais precisamente para vencer os problemas de acceso cidadán á xustiza. Os posteriores intentos como o de 2002 do PP por reintroducilas non obrigaban ao pago á maíoria dos usuarios pero agora asistimos a un verdadeiro expolio de dereitos xudiciais.

Alternativa Galega de Esquerda quere expresar o seu total rexeitamento ó respecto do proxecto de lei de tasas xudiciais polo que confía en que non se chegue a aprobar a modificación da Lei Orgánica do Poder Xudicial. 

En todo caso alerta de que a exposición de motivos da proposta de lei significa que moita xente quedará fóra do dereito democrático ao acceso á xustiza, especialmente na raclamación xudicial de pequenas débedas que se introduce a obrigatoriedade de ter abogado/a e procurador/a e o pago dun depósito mínimo de 100 euros a Facenda para que a reclamación posterior sexa posible.

Especialmente grave é o capítulo dos recursos de multas, xa que a cidadanía terá que pagar un mínimo de 200 euros de tasa simplemente para que o seu recurso pase ao xuzgado.

A Alternativa Galega de Esquerdas reclama que a xustiza continúe a ser gratuíta, que non se saturen os turnos de oficio suprimíndolles profesionais, de xeito que a última vía sexa o pago do servizo ou a renuncia a un dereito.

Quen malgasta os servizos, a persoa que reclama os seus salarios ou quen se nega a pagalos? Unha vez máis asistimos á privatización dos servizos baixo a excusa da "sobreutilización" do público.

ACTO POLA MEMORIA MAÑÁ 12 DE OUTUBRO EN VIGO


COMUNICADO DE PRENSA
 
Cruz fascista do Cstro
A ALTERNATIVA GALEGA DE ESQUERDAS celebrará mañá 12 de outubro  un CONTRA-DIA DA HISPANIDADE e CONTRA DÍA-DA RAZA vindicando o papel da memoria antifascista e republicana e lembrando os efectos de varios séculos desa idea de España como conquistadora, civilizadora e fortín da fe que tantos mortos ten causado.
 
No acto será lido un manifesto pola memoria polo escritor Xose María Álvarez Caccamo e participarán diversos colectivos de defensa da memoria histórica antifranquista.
 
Será ás 11:30 horas fronte a un dos seus símbolos: A CRUZ FASCISTA DO CASTRO

miércoles, 10 de octubre de 2012

FESTA DA RECOLLEITA DO MILLO E MAGOSTO POPULAR . 12 outubro en Matamá (Vigo)


FESTA DA RECOLLEITA DO MILLO E MAGOSTO POPULAR . 12 outubro en Matamá (Vigo)
 
O vindeiro venres 12 de outubro 2012 celebrarase a VI edición do MAGOSTO POPULAR nas inmediacións do muiño da Regueira situado en Matamá (Vigo) e que este ano terá como novidade a RECOLLEITA DO MILLO que sementamos no mes de abril na I FESTA DA SEMENTEIRA. 

Este evento comezará coa recolleita do millo na leira e que será transportado nun carro tirado por unha parella de bois ata a beira do muiño para logo levar a cabo a esfollada e a elaboración dun palleiro.

A seguir haberá XOGOS para nen@s e CONTACONTOS , repartiranse castañas e contaremos con diversas actuacións musicais.
 
A ENTRADA E DE BALDE e haberá carpa por si chove.
 
ESTADES TOD@S CONVIDAD@S!!!
 
Este evento esta organizado pola Asociación COLECIVO CULTURAL ALTERNATIVO MALAHERBA coa colaboración da ASOCIACIÓN VECIÑAL E A COMUNIDADE DE MONTES DE MATAMÁ.
 
PROGRAMACION:
16h. ESFOLLADA TRADICIONAL DO MILLO
17h. XOGOS TRADICIONAIS PARA NEN@S
19h. CONTACONTOS. CAROLINA LINO LINA
20h. REPARTO DE CASTAÑAS
21h. OS IRMANDIÑOS DE VINCIOS (musica tradicional)
22h. TRIDENDE (folc)
23h. OS BECHUCHOS (rock)

Vídeo manifestación Marcha Mundial das Mulleres en Vigo


O 28 de setembro a  Marcha Mundial das Mulleres e outros movementos feministas da Galiza manifestáronse xunto a unhas 2000 persoas en Vigo para defender o dereito das mulleres a decidir e o aborto libre. A manifestación (convocada pola suma de forzas do movemento feminista da Galiza en coordenación co movemento estatal) foi o punto de partida para as accións que se desenvolven dentro da Campaña Europea que comezou o 4 de outubro de forma simultánea en máis de 10 países europeos.

Sumemos esforzos para loitar polos nosos dereitos!
Defendamos o noso dereito a decidir e o aborto libre!
Nós parimos, nós decidimos!

Manifestación 28 setembro 2012



A Liga Estudaintil Galega convoca a xornada de movilización o xoves 11


Comunicado

O xoves que ven, 11 de outubro, vai ter lugar a Xornada Internacional de Mobilización estudantil. Temos que deixar as aulas e sair á rúa a protestar polos recortes no Ensino, tanto básico e medio como superior.

Protestamos polos recortes en educación e pola aplicación concreta nas Universidades Galegas, a través do progresivo aumento das taxas, do aumento das dificultades de acceso á Universidade, normativas de permanencia que buscan botarnos dos Estudos Superiores, maiores trabas para conseguir unha bolsa, escasa (ou nula, como acontece na Universidade da Coruña) oferta de residencias públicas... Pero tamén pola súa aplicación no Ensino básico e medio, nesa reforma educativa prevista que abre un camiño máis cara a elitización e a segregación nas aulas.

Por todo isto, o xoves 11 de outubro iremos á folga, para defender o Ensino Público, a Universidade Pública. Para que todas teñamos dereito a estudar sen trabas económicas...

O xoves 11 non vaias a clase, vai ás movilizacións. Ir a aulas é importante, pero máis importante é defender o Ensino Público. Se nós non o facemos, ninguén o fará por nós. Que hoxe podamos estudar é froito das loitas que antes pelearon outros por nós: se non facemos o mesmo, no futuro só os fillos e fillas dos ricos poderán estudar.

O dia 11, FOLGA ESTUDANTIL!

Hora das manifestacións:
A Coruña, 12 horas na rotonda do Campus de Elviña
Santiago de Compostela, 12 horas no Toural
Vigo, 12 horas na Praza dos Cabalos
Pontevedra, 12 horas fronte á Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación
Ourense, 12 horas desde a Consellaría de Educación
Lugo, 12:30 horas desde o edificio de Intercentros

Teatro Ensalle estrena Imprudentemente deseé

Teatro Ensalle estrena Imprudentemente deseé
12 de octubre a la(s) 22:00 - 14 de octubre a la(s) 21:00

Calle de Chile, 15  36202 Vigo, Pontevedra 986 485 609


Con la violencia de esas nubes que entran por la ría en invierno, con su imprudencia, con la contundencia del que no tiene nada que perder. Así te colocas frente a ti mismo, sabes que tal vez todo se diluya, que esa tormenta que aprietas en los puños quizá no sea suficiente, pero no te importa. Ahora, convertido en ceniza, no tienes ya nada que temer del fuego. Cargado de palabras y de silencios y de fotos viejas que duelen, te alejas para volver cada día en forma de tormenta.

Pedir serenidad es colaborar con los asesinos, te dije, nada de serenidad, nada de paz, no es el momento de la serena contemplación. Pedir serenidad es como presenciar comiendo palomitas una pelea de perros salvajes, me dijiste, eso no puedo hacerlo, me dijiste. Que nadie nos pida serenidad, dijimos, que nadie se atreva a pedirnos paciencia, que ni Dios nos pida tiempo, que nadie le pida a nadie calma.

Ficha Artística.

Artús Rei, Raquel Hernández y Jorge Rúa. Dirección, dramaturgia e iluminación: Pedro Fresneda. Apoyo musical y fotografía: Jose Collazo. Espacio escénico: Teatro Ensalle Distribución: J. Rúa. Web: David Santos.

La compañía Teatro Ensalle está vinculada a la sala alternativa homónima, este es un hecho que la dota de cierta perspectiva en cuanto a narrativas escénicas emergentes, tanto en danza como en teatro. Esta observación de las distintas líneas que se están llevando a cabo, así como el hecho de poder compartir inquietudes con profesionales de distintos ámbitos culturales, les lleva a elaborar nuevos lenguajes escénicos y a investigar sobre las posibilidades de estos en lo que a comunicación con el público se refiere.

Una de las preocupaciones más observadas en los creadores contemporáneos es la formal, ¿existe la posibilidad de que ya se haya hecho todo?, obviamente no, son muchos los movimientos artísticos que, aun habiendo existido en expresiones artísticas como la pintura o la escultura, no han tenido reflejo en los escenarios hasta principios de este siglo.

Desde el punto de vista del contenido, las temáticas también preocupan a los autores contemporáneos, no es tan solo cómo contar, sino qué contar, en una sociedad que se protege cada día más, que se aísla y refuerza las barreras por medio, en parte, de la tecnología, es difícil saber qué le preocupa verdaderamente a la gente. Desde distintos foros artísticos se apunta a la necesidad de que los autores asuman riesgos, de que sus temáticas sean más personales, mas desnudas de ficción.

Segundo Piratas de Galicia a Xunta Electoral non lle gusta a transparencia

Comunicado de prensa.
Piratas de Galicia recibíu unha curiosa esixencia: a de non publicar enquisas electorais cinco días antes das elecciones. Fíxoo a Xunta Electoral Central por medio deste fax urxente.
A esixencia non é curiosa porque sexa ilegal. De feito, entra perfectamente dentro do previsto polo artigo 69.7 da Lei Orgánica do Réxime Electoral Xeneral. Pero chámanos a atención que nos dean este aviso (non só a nós, senón a tódolos partidos) porque é como se pensaran que imos a incumplir a lei.
Resulta tan absurdo como se nos lembraran que non roubaremos ou que non saltaremos os semáforos en vermello. Non fai falla esixir o cumprimento dunha ley de forma preventiva: dase por sentado que a lei será respetada.
Máis con nós. Cremos que a Xunta Electoral Central non debe ter nengún motivo de queixa de Piratas de Galicia, que endexamais tivo nengún problema xurídico (cousa que non poden dicir tódolos partidos). Piratas de Galicia respeta a lei e non precisa recordatorios.
Respetámola mesmo neste caso, no que estamos en desacordo con ela. Porque entendemos que, xa que o mencionan, o artigo 69.7 citado vai en contra da transparencia gubernamental, que é unha das nosas pilastras ideolóxicas.
¿Que sentido ten prohibir a publicación de enquisas cinco días antes das eleccións? ¿Tanto medo ten a Xunta Electoral Central (ou os partidos maioritarios) a que a xente estea informada?
As campañas electorais só duran o curto prazo de quince días. Se lle quitamos cinco, ripámoslle un terceiro da súa duración ás enquisas electorais. Unha ferramenta que pode server para que os votantes acudan as urnas con opinións claras baseadas en datos obxectivos. Quitar cinco días ás enquisas electorais é roubar información, é reducir a transparencia.
Ainda que quizais é iso o que queren. Quizais os poderes fácticos prefiren que votemos a cegas...
Por certo, é curioso ver que este artigo 69.7 non estaba no redactado orixinal da lei. É un engadido de xaneiro de 2011 -cando a propia lei é de 1985-. Noutras palabras, trátase dunha reforma que meteron con calzadeiro a comenzos do ano pasado, nos últimos compases da lexislatura do PSOE. Semella que ámbolos dous partidos maioritarios comparten o medo á transparencia. A cidadanía debería cuestionarse do por que.
En cualquera caso, dende Piratas de Galicia non desexamos ser malpensados. Non queremos selo, pero ás veces póñennolo moi difícil. Por exemplo, chámanos a atención que o fax da Xunta Electoral Central chegara xusto o día no que se publicaba unha enquisa do CIS na que se veía como o PP está caindo en picado.
Para mostra, un botón: en case tódalas preguntas nas que se compara a fe dos votantes e nos partidos maioritarios, o PP recibe tantos puntos coma un partido chamado... ¡"Ningún"! Os enquisados consideran que en Galicia tanto daría o PP como que non houbera partidos (polo menos, dos maioritarios, que son os únicos mencionados na enquisa).
Cando lles pregunta que partido defende mellor a Galicia, o PP obtén o 26,5% de votos. Pero "Ningún" obtén o 26,2%. Cando lles preguntan que partido representa mellor ás ideas de xente como o enquisado, o PP lévase o 27,4%, pero "Ningún" gánalle: 28,7%. Ao preguntar que partido inspira máis confianza, o PP só obtén o 27,8%, pero "Ningún" recibe un humillante 34,8%.
Xusto despois destes resultados, van e nos envían un fax urxente recordándonos que está prohibido publicar enquisas. Como dicimos, non queremos ser malpensados, pero os feitos falan por si sós.
E non é que sexamos nós os únicos que opinamos deste xeito. De feito, tan en caída libre anda o PP, que ata o propio Núñez Feijóo optou por presentar a súa campaña cun cartel que non amosaba as siglas por ningunha parte. Andando sen soar, coma se o candidato non tivera nada que ver co seu partido. Ese Núñez Feijóo que se permitíu incluso falar de Piratas de Galicia sen coñecernos, optou por fuxir do barco do PP antes de afundir con el.
En calquera caso, quede tranquila a Xunta Electoral Central. Piratas de Galicia cumprirá a lei, coma sempre. Como non fai, por exemplo, o PP que xa elva acumulados oito actos prohibidos só nesta campaña. Iso si que é un ataque ao sistema democrático e non o das enquisas...

Mercadiño 12 de outubro no Bou Eva

Este venres rebélate contra a hispanidade de xeito galego e vén degustar petiscos e poderás mercar roupa e demáis cousas a moi bo prezo. Haberá tamén subasta de arte económica e sorteo dun lote de libros.  Mercadiño 12 de outubro no Bou Eva de 12 a 22hs Rúa Terzo de Fóra 11, Vigo

acboueva.blogaliza.org

lunes, 8 de octubre de 2012

Nace en Vigo LazarusHack, taller de reciclaxe de computadores


Nace en Vigo LazarusHack, taller de reciclaxe de computadores 

Decenas de miles de computadores, compoñentes e periféricos xuntan po en trasteiros e andeis porque os seus propietarios non xuntan valor para tiralos, polo xeral saben ou intúen que poden ser reutilizados ou ben deben ser descartados da maneira máis limpa posible pero non teñen os coñecementos suficientes para encamiñar esta situación.

Ao mesmo tempo (sen necesidade de mirar ao chamado terceiro mundo) moitas persoas e asociacións non dispoñen do material informático que necesitan.

Esta situación dáse principalmente por mor dun dos elementos máis atroces do capitalismo e a sociedade de consumo, a obsolescencia programada. A obsolescencia programada na industria informática non está baseada tanto no desgaste material acelerado mediante técnicas de enxeñaría, como noutras industrias, senón na mercadotecnia.

Dúas palabras ás que polo xeral lles damos sentido positivo, simbiose e sinerxia, neste caso toman un contido nefasto ao converterse en sinónimos de crime organizado. A interacción entre a industria do software (de código pechado) e do hardware  cos seus pactos de "estandarizaciones" o seu gran aparello publicitario e o seu control por medios mafiosos das canles de comercialización induce de maneira moi efectiva a dar por inútiles ou obsoletos elementos tecnolóxicos que eran novos hai media década.

Por iso en Vigo un grupo de afeccionados á informática co patrocinio de TodoVigo e 15MCS está a crear LazarusHack, porque en informática si hai vida despois da vida.

O principal obxectivo de LazarusHack é o reaproveitamento para uso social de elementos informáticos supostamente obsoletos, (uso social non significa soamente comunitario) tamén se beneficiarán particulares que necesiten ordenadores para traballar, estudar ou exercer a súa liberdade de expresión.

A metodoloxía de traballo baséase principalmente en dous elementos:

1) A posta a piques dos computadores obtidos mediante doazóns. Coa axuda de técnicos e enxeñeiros recuperaranse as máquinas dándolle a cada unha a máxima capacidade que a súa natureza e os elementos dispoñibles permitan.

2) A Implementación de software libre en todas as unidades xa que ao contrario que o software encarceado, o software libre non só non participa da mafia da obsolescencia programada senón que xera ferramentas para o máximo aproveitamento do hardware ao longo do tempo. Tamén se axudará a pasarse a Linux a persoas e institucións que xa teñan equipos informáticos pero non os estean aproveitando ao máximo das súas posibilidades por estar a usar sistemas operativos vendidos ou "regalados" polas mafias da informática carcelaria e consumista. Desta maneira non só obtense un mellor aproveitamento tecnolóxico ademais deixamos de estar en mans da atroz industria.

Os elementos non aproveitables serán descartados da maneira máis sustentable que sexa posible.

Polo momento LazarusHack ten un só punto para recibir doazóns:  Asociación SerHacer:  Praza Santa Rita Nº 3 -local 1- 36204. Vigo.  Teléfonos: 986.431.331 - 658.771.015. As doazóns deben deixarse a nome de "Ben (LazarusHak)".

Se nos é posible retiraremos a domicilio as doazóns das persoas que non poidan levalas aos puntos de recepción.

Podes porte en contacto cos promotores de LazarusHack tanto para doar como para pedir ou ofrecer axuda mediante este formulario de contacto: www.lazarushack.piesnegros.org/contacto

domingo, 7 de octubre de 2012

O CANDIDATO DE ALTERNATIVA GALEGA DE ESQUERDA POR PONTEVEDRA, JUÁN FAJARDO, AFIRMA QUE FEIJÓO IGNORA O SUFRIMENTO DIARIO DOS CIDADÁNS

COMUNICADO DE PRENSA
CAYO LARA PROGNOSTICOU EN VIGO QUE O RESCATE TRADUCIRASE EN NOVOS RECORTES Á CIDADANÍA MENTRES A FRAUDE FISCAL SUPERA OS 90.000 MILLÓNS DE EUROS

YOLANDA DÍAZ, QUE DENUNCIOU AS PROMESAS INCUMPRIDAS DO PP AOS ASTALEIROS GALEGOS, E INDICOU QUE FEIJÓO ATRASA O RESCATE GALEGO POR MOR DAS ELECCIÓNS

O CANDIDATO DE ALTERNATIVA GALEGA DE ESQUERDA POR PONTEVEDRA, JUÁN FAJARDO, AFIRMA QUE FEIJÓO IGNORA O SUFRIMENTO DIARIO DOS CIDADÁNS

Despois dunha rolda de prensa no Hotel Coia, Cayo Lara, Yolanda Díaz e Juán Fajardo, desprázanse ata o CEIP Seis do Nadal para expoñer a súa visión política ante un ateigado auditorio.

A necesidade dunha esquerda honesta

Cayo Lara, Coordinador Federal de IU, explicou que “combatendo a fraude fiscal non precisaríamos rescate”. En España calcúlase que a fraude fiscal supera os 90.000 millóns de euros e a responsabilidade podería estar concentrada no 3% das empresas que operan no país. O Coordinador de IU visita Vigo para levar unha mensaxe de alternativa, de esperanza e de “esquerda honesta”.

Cayo Lara, fala das políticas de axuste e o seu fondo. Na súa opinión o programa electoral do Goberno incumpriuse sen ningún tipo de rubor, facendo que a clase traballadora teña que cargar con todo o peso da crise, sen aprobar un só real decreto para xerar emprego. O incumprimento total deixa ás claras que o Partido Popular está a estafar a sociedade e teme que o rescate se traduza en máis medidas de recorte que afecten aos mesmos estratos sociais. É por todo esto que chama ao pobo galego a non deixarse enganar polo aparato propagandístico popular e a que loite polos seus dereitos.

Feijóo destruíu 153.000 empregos en Galicia
Yolanda Díaz, Candidata de Alternativa Galega de Esquerda pola provincia de A Coruña e Coordinadora Nacional de EU, declama que “Feijóo non é o presidente da solvencia, é o presidente do engano, do paro, dos recortes no ensino, dos recortes nas pensións, dos recortes na sanidade e dos recortes nas liberdades civís. […] Feijóo destruíu 153.000 empregos en Galicia en soamente tres anos.”

Yolanda Díaz, pon os datos enriba da mesa para deixar ás claras que Feijóo falta á realidade. En palabras da candidata “temos máis déficit que Cataluña, non piden rescate porque estamos en eleccións, por iso non deberían presumir de solvencia. Yolanda Díaz fixo alusión á perversión das cifras cando se defende que en Galicia é onde menos medra o paro cando nalgunhas zonas da comunidade aumentou nun 70% e moitos traballadores vense forzados a migrar ou pasar miseria.

A Coordinadora de EU fixo un percorrido por máis promesas incumpridas nos tres anos de goberno de Feijóo e polo reducido marxe de garantías de cobertura social pola que queren facer pasar aos galegos e galegas. No caso dos contratos para aos asteleiros remarcou que “maila crise os países de Europa constrúen barcos e Feijóo é incapaz de acadar carga de traballo”, non confía en que vaia conseguir nada no futuro.

A candidata de Alternativa Galega de Esquerda finalizou comparando a Feijóo cun mando a distancia de Rajoy, mentres chamaba a mobilizar aos galegos e galegas porque hai alternativa.

O Partido Popular descoñece o sufrimento da cidadanía.

Juan Fajardo
Foto: TodoVigo
Juán Fajardo, cabeza de lista de Alternativa Galega de Esquerda por Pontevedra, dirixiuse a cidadanía galega. O candidato da coalición mostrouse convencido de que o Partido Popular vive na irrealidade porque descoñece sufrimento diario dos cidadáns e xustifican as súas posturas económicas con datos prefabricados mentres ignoran aqueles que non son convenientes. Juán Fajardo encontrou primordial dar á abstención motivos para rebelarse contra un “Partido Popular que non sabe o que significa que suba o IVA dunha barra de pan”.

Por: Gabinete de Prensa Secretaría de Comunicación Executiva Nacional de Esquerda Unida

viernes, 5 de octubre de 2012

Piratas de Galicia fan pegada de carteis virtual e denuncian condicións de campaña electoral desfavorables


Os Piratas de Galicia fan pegada de carteis virtual e denuncian condicións de campaña electoral desfavorables e insostenibles. 

Comunicado de prensa. 

Xa estamos en plena campaña electoral do 21-o e Piratas de Galicia tamén arranca a súa primeira e modesta campaña. Aínda nos constituimos en xaneiro e o adianto das eleccións, de súpeto, nos poñen na palestra electoral a nove meses dende entón.

Foron varias semanas ocupadas entre as protestas do 25S, os nosos proxectos como ONG proactiva (especialmente #parents2parents xunto cos Pirates de Catalunya e osPiratas de Madrid) e a precampaña electoral. Puidemos xuntar suficientes candidatos nuns prazos ben curtos para presentarnos en dúas das catro provincias galegas: Ourense e Pontevedra.

O Partido Popular estivo enganando á prohibición de chamar ao voto antes do comenzo da campaña con trampas polas que terá que pagar multas por infrinxir as leis electorais ata 6 veces. Con todo, o seu primeiro candidato foi xeneroso de facernos publicidade de balde mentras tanto, ata dúas veces! Unha na radio e outra na prensa.

Xa que a nosa sede está en Internet, temos plantexado facer unha pegada de carteis virtuais pola rede, ainda que tamén lle explicaremos á xente pola rúa con panfletos o que é o movemento pirata e os nosos proxectos coa desculpa de non facer a pegada sucia e antiecolóxica que fan a maioría nesta época só para amosar aos candidatos e algún slogan enlatado.

E non falemos dos custes que implican as barbaridades de euros que se gastan os "grandes" nas campañas xustamente nun tempo que a crise apachoca a todos. Tamén a ilóxica disposición de 5 millóns de papeletas que se imprimen para as eleccións do que só se usará o 1%. ¿Para cando unhas papeletas únicas con tódolos partidos e marca de voto? Será que os grandes queren facer spam e que os seus votantes o leven dende os fogares...

Neste aspecto, dende Piratas de Galicia queremos ser responsables e denunciaremos nas xuntas electorais para que en futuras eleccións, de calquera ámbito, sexamosresponsables co entorno e os custes que se xeneran. Ah! e non nos esquecemos que case nos obrigaron a mercar unha máquina dos 80 que chaman fax para comunicarnos con eles! Co axiña que se moven os email e a súa gratuidade no século 21.

Por outra banda, é de escándalo o reparto dos recursos públicos que se fan por lei e que benefician aos de sempre. Publicidade na TV, locais públicos para facer mitins, ata as farolas que alumean e serven para pendurar aos candidatos en fotografía retocada. Así tamén temos asinado unmanifesto "Pola Igualdade de Oportunidades nas Eleccións" con algúns dos outros partidos minoritarios que se presentan a estas eleccións co obxectivo de que os medios nos traten por igual ou polo menos non de xeito tan desproporcionado.

Vaia 15 días imos ter por diante con intentos de convencer por repetición desprezando a intelixencia dos habitantes das cidades. Temos esperanza de que non fagan moitas roldas cos altofalantes movibles e se limite a contaminación acústica de mensaxes redundantes.

Non lles chega con ter inxentes donativos e acaparar finanzamento público que o queren todo para eles. Aproveitamos para dicir que tamén aceptamos doazóns na conta de banca ética de Triodos Bank número 1491 0001 20 2036735922. Calquera axuda individual será benvida e saberá onde se van investir xa que en cada asemblea presentamos as nosas contas con precisión dun euro, sen escuras artimañas contables.

Finalmente, queremos apelar ao cidadán responsable que non acuda ás urnas a votar co medo que farán valer entre os partidos maioritarios ou mesmo a ilóxica razón do voto útil*. Emprazámos aos votantes que neste tempoexamine tódalas propostas e que vote en conciencia, sen temores e con coraxe á mellor opción que atope.

Saúde e Oruxo!

jueves, 4 de octubre de 2012

Demos el Cambio nas eleccións para a Xunta de Galicia

Demos el Cambio nas eleccións para a Xunta de Galicia TodoVigo dará espazo a todas as formacións que así o requiran

martes, 2 de octubre de 2012

Furgoneta robada en Vigo presuntamente por parte de empresa de grúas

Furgoneta robada en Vigo presuntamente por parte de empresa de grúas

Carlos
Carlos es un viajero que llegó a Vigo recorriendo Europa desde el norte, viajando y viviendo en su furgoneta, tenía aparcada su casa rodante el las cercanías de la estación de autobuses donde se había ganado la simpatía de los vecinos.

Un día hace seis meses salió a dar una vuelta en bicicleta y cuando volvió su furgoneta no estaba, los vecinos le comentaron que pensaba que se iba por que una grúa se había llevado el vehículo.

Los testigos le dieron los datos: el color de la grúa, el rótulo y la matricula, el mismo día al confirmar que la policía municipal no tuvo que ver en los echos se realizó la correspondiente denuncia por robo.

La empresa de grúas considera este echo un servicio rutinario pero no da señales de la furgoneta ni de los objetos que se hallaban en su interior y hasta ahora el afectado no tiene noticia alguna del juzgado.

En el siguiente video el testimonio completo por parte del afectado

Concentración Rede de Mulleres Veciñais contra os malos tratos

Concentración Rede de Mulleres Veciñais contra os Malos Tratos en Vigo.

A Rede de Mulleres Veciñais contra os Malos Tratos concentrouse xunto á xente o xoves no MARCO (Vigo), para denunciar os malos tratos e os asasinatos que sofren día a día miles de mulleres e nen@s.
Avancemos e rexeitemos os comportamentos violentos!
Defendamos o dereito a vivir en paz!




Vídeo da concentración

lunes, 1 de octubre de 2012

Okupado en Vigo ex centro de detención e torturas


Unha das casas máis grandes e ostentosas da Cidade de Vigo (e tal vez de Galiza), sita enfronte do que agora é a Piscina Municipal de Travesas e que antigamente non era máis que un monte onde as forzas represoras da dereita facían probas de tiro, con e sen brancos vivos, acaba de okuparse. 

A casa construírona falanxistas e nela hai un zulo tamén construído a propósito onde torturaban e mataban ás persoas con ideas contrarias á dereita. Nos azulexos da parede do zulo hai inscripcións con frases como: “para ese viaje no se necesitan alforjas” ou “piensa mal y acertarás”.

Recentemente a casa pasou a ser propiedade de Bankia, pero segundo o colectivo que nestes momentos a okupa e que acaba de crear o Centro de Desobedencia Civil (un lugar social e de uso público onde se desenvolven todo tipo de actividades culturais e sociais), a casa agora é do pobo.
 

Fotos #29s Vigo

Fotos #29s Vigo, Unhas 2000 persoas estiveron presentes na manifestación, para dicir que non lle teñen medo ao capitalismo nin aos seus corpos represivos.










Manifesto lido no #29s Vigo (Video)

Manifesto lido no #29s Vigo (Video)