viernes, 23 de enero de 2009

DIAS 22, 23 E 24: ACTOS DE APOIO A PALESTINA. EN VIGO, OURENSE E COMPOSTELA CON FAIEZ BADAWI

Os actos realizaránse nos centros sociais "Faísca" de Vigo, "A Esmorga" de Ourense e a "Gentalha do Pichel" de Compostela. Preme no titular ou no destaque que figura no márxe direito desta web ou na ligazón a seguir para ler máis

DOMINGO DIA 25 EN VIGO: ACTO DE LEMBRANZA E HOMENAXE A JOSÉ MARTÍ

A ASOCIACIÓN DE AMIZADE GALEGO-CUBANA "FRANCISCO VILLAMIL" ORGANIZA UN NOVO ACTO DE LEMBRANZA E HOMENAXE A JOSÉ MARTÍ CON MOTIVO DO CENTO CINCUENTA E SEIS ANIVERSARIO DO SEU NACEMENTO
Monumento
a José Martí en Vigo

Este novo acto conmemorativo e de solidariedade con Cuba terá lugar o próximo domingo, 25 de xaneiro ás 12.00 horas diante da estatua do heroe da independencia cubana erixida nos Xardíns de Montero Ríos (moi perto do Náutico e fronte ao porto deportivo) en Vigo.

O acto contará coa presenza do Cónsul Xeral da República de Cuba en Galiza, Alejandro Fuentes Hernánde.

Fonte: www.pcdopg.blogspot.com

martes, 20 de enero de 2009

El tiempo no impidio el San Canuto

Las previsiones no eran nada buenas para ese día pero aguanto sin llover durante todo el acto. El mal tiempo se noto a nivel de asistencia, pero l@s allí congregad@s no le temian al frio y estaban dispuestas a celebrar el santo aunque calleran chuzos. No fue necesario el clima a pesar del frio nos pwermitio disfrutar y celebrar la procesión tradicional con el santo. Despues nos calentamos a base de percusión africana que dio paso a una sesion reggae con DJs. Esto todo bajo los soportales ya que afuera corria un airecillo que cortaba.
Se alargo la fiesta reivindicativa en la que hubo presencia de varios medios de comunicación durante unas buenas horas, hasta que se finalizo el acto como es normal sin ningún incidente.
Otro año los adeptos de San Canuto le han hecho el honor y han aprovechado de nuevo para decir sus reivindicaciones y pedir cambios en la legislación vigente.
Por fin San Canuto
NOTICIA EN ATLANTICO DIARIO:
AVE María pide la legalización del cannabis contra la crisis







lunes, 19 de enero de 2009

Manifestación contra a barbarie sionista, 18 de xaneiro Santiago de Compostela- Fotoreportaje


















Manifestación en apoyo a Palestina, contra a barabarie sionista, 18 de xaneiro Santiago de Compostela- Fotoreportaxe
Estas fotos poden usarse libremente, agradécese sitar como fonte www.todovigo.blogspot.com

domingo, 18 de enero de 2009

Wifi gratis en Vigo.

En estos tiempos la revolución wifi está llegando a todos los barrios, pueblos y ciudades. Vigo no es una excepción y aqui desde hace tiempo funcionan varias redes wifi y el ayuntamiento promete que lo pondrá en los barrios. En general los propietari@s de antenas wifi sulen tenrela en casa conectada a su linea ADSL para poder tener internet para el portatil en todos los rincones de la casa. algun@s a pesar del pánico que están tratando de infundir determinados medios de comunicación hay quien mantiene sus lineas abiertas, otr@s meten el router debajo de la cama para evitar que su señal salga de las paredes de su casa o se afanan en protegerlas con claves.
Por otro lado algunas empresas como FON o Symio ofrecen puntos wifi que te permiten 15 minutos de internet gratis o pases desde una hora a 5 días. Si no eres de l@s que sólo usa internet para consultar el email ya no necesitas contratar una red con ninguna compañía y la opción prepago puede ser la adecuada para ti.
Por otro lado estamos l@s que pensamos que internet debe ser libre y gratuito, se están formando pequeñas redes domesticas a nivel de barrios o de zonas de barrio. El que aquí escribe en algún tiempo ofrecerá un servicio de este tipo en la zona de Camelias con intención de unirse a otras redes para ampliar la cobertura.
Siendo esta una ciudad con una orografía muy accidentada la mejor opción son pequeñas antenas cercanas que cubran un área determinada punto a punto. La intención es por una parte liberar y hacer gratuita la navegación por internet en lo que este país es uno de los más caros de Europa.
Abriendo redes gratuitas y alternativas no sera necesario depender de grandes compañias que abusan del usuario y forzarlas a rebajar sus excesivas tarifas. Dentro de muy poco no hara falta ningún contrato para tener acceso a internet, si sólo lo usas unas pocas horas a la semana. Pagaras sólo el tiempo de uso del servicio no como hasta ahora que no sólo te cobran las horas de uso sino también las horas a las que estas durmiendo, en le trabajo, comiendo y hasta en el cuarto de baño.
Pensareis pues que bonito libre y gratis, por algún lado debe de estar la trampa. Pues no hay trampa ninguna. Puede usarse un sistema de donación para quien quiera voluntariamente colaborar. Como un bote para pagar la factura del proveedor de ADSL. Puedo reservarme los suficentes megas para navegar sin problemas y dejar el resto abierto. A horas que no lo este utilizando todo en abierto. Con proteger el ordenador con un buen firewall no hay mucho de que procuparse. De hecho hay un grupo de hackers que plantean una red en que sus propios ordenadores sean los servidores como una especie de red Ethernet pero inalámbrica sin estar tan siquiera abierta a internet.
Hay muchas opciones esta tecnología aun está en pañales, pero ofrece múltiples variedades y en el futuro próximo podremos conectarnos a puntos Wifi en cualquier lugar por el tiempo necesario. Un servidor sólo espera adquirir y montar la infraestructura necesaria para empezar a emitir y crear un nuevo punto de entrada a la red en la ciudad, instalada en el barrio de las Camelias.

Mas información:
Red Wifi gratis en Camelias
Wifi compartido

Otro wifi es posible
Abrir redes wifi internet para tod@s

sábado, 17 de enero de 2009

19 de xaneiro, Día de San Cantuto

Con motivo do 19 de xaneiro, Día de San Cantuto, a Asociación de Estudos dá María (A.V.E. María) en coordinación coa Federación de Asociacións Cannábicas do estado español (FAC) convocan. como anos anteriores, o 19 de xaneiro ás 19 horas na Praza dá Constitución de Vigo unha concentración lúdica e reivindicativa pola normalización do haxix e a marihuana.

AVE María esixe un cambio radical nas políticas de drogas actuais e solicita políticas máis xustas e eficaces para xestionar a produción e consumo de drogas e reducir os danos asociados ao consumo, denunciamos que as políticas de drogas prohibicionistas baseadas nos Convenios Internacionais sobre Estupefacientes (de 1961, 1971 e 1988) non só foron insuficientes para contrarrestar o tráfico de drogas, senón que contribuíron ao seu incremento e fortalecimiento. Son os eslabones máis débiles da cadea (consumidores de drogas, correos e cultivadores), os que sofren desproporcionadamente os efectos dañinos e contraproducentes das políticas de control de drogas.
As políticas represivas co consumo, concretamente o
Art. 25 da Lei Orgánica 1/92 de Protección Ciudadán (coñecida por Lei Corcuera), criminalizan ás persoas usuarias, dificultando a cobertura dos seus dereitos e o exercicio dos seus deberes como cidadáns e cidadás e abocándoas a procesos de exclusión que, en moitos casos, son irreversibles.

AVE María lamenta o empecinamento das autoridades internacionais e estatais en políticas de drogas custosas (70 mil millóns de euros por ano, segundo Ethan Nadelmann da Drug Policy Alliance), sen ningunha base científica e que fracasaron en todos os seus obxectivos, en lugar de desenvolver verdadeiras políticas centradas na saúde pública, baseadas nos dereitos humanos e sensibles ás diferenzas de xénero.

AVE María lamenta o incremnento das multas por posesión ou consumo en vía pública, así como as dificultades ao acceso ao uso terapéutico de cannabis, por todo isto manifestarémosnos o 19 ás 19h.:

- Pola normalización do haxix e a marihuana.

- Non máis multas por posesión e consumo.

- Polo uso libre médico do cannabis

Vos adxuntamos o Cartel do san Canuto 2009 así como a oración ao santo e unha foto do ano pasado na Praza da Constitución.

Ata o luns o santo estará exposto no Bar A Gaita Grileira na Plaza de Eduardo Chao-Vigo, fronte ao Ferrinhas.

Mapa interactivo das concentracións do san Canuto no Estado español e outras novas sobre o día; www.cannabisymas.com/blog

jueves, 15 de enero de 2009

A partir da segunda semana de xaneiro, o departamento educativo do MARCO retoma a programación para escolares interrompida polas vacacións de Nadal

Esta segunda fase do programa —que nestes meses xira ao redor da exposición ‘7+1 PROJECT ROOMS’— ten comezado cunha moi boa acollida por parte do alumnado e do persoal docente. ‘7+1’ é o nome xenérico deste programa de actividades, visitas e obradoiros, con propostas específicas e diferenciadas para alumnado de Infantil, Primaria e Secundaria. As visitas guiadas polas salas da planta baixa, na compaña dos educadores, procuran un achegamento ás obras dende 7 puntos de vista diferentes pero relacionados, para finalizar cunha última actividade que se desenvolve no ‘Laboratorio das artes’, o espazo de didáctica do primeiro andar.

Xogos de descubrimentos para o nivel de Educación Infantil; sete pasos para ver, pensar e gozar da arte no caso do alumnado de Primaria; ou a reflexión sobre temas sociais e culturais cos grupos de Secundaria. Todo iso a través dun sorprendente percorrido por salas, en contacto directo coas obras de artistas como Thomas Hirschhorn, Jorge Perianes, Teresa Margolles ou Kendell Geers. Unha ocasión excepcional para achegarse á arte contemporánea, con moitas posibilidades de traballar diferentes contidos e aspectos do currículo escolar.

www.marcovigo.com

miércoles, 14 de enero de 2009

X O R N A D A NACIONAL D E M O B I L I Z A C I Ó N PO R P A L E S T I N A


MARCHA NACIONAL EN COMPOSTELA
Domingo 18 de Xaneiro ás 12 hrs. Con saída na Alameda
Para deter os crimes dos israelís contra o Pobo Palestino, manifestate.

GALIZA POR PALESTINA
www.galizaporpalestina.blogspot.com

martes, 13 de enero de 2009

domingo, 11 de enero de 2009

Fotoreportaxe-Manifestación APOIO AO POBO PALESTINO 10 de decembro (Vigo)

APOIO AO POBO PALESTINO-Manifestación o sábado 10 de decembro (Vigo)
Fotoreportaxe














Estas fotos pueden ser reproducidas libremente, se agradece sitar como fuente www.todovigo.blogspot.com

sábado, 10 de enero de 2009

11 de xaneiro 2009-Amnistía recolle sinaturas mañá na R/ Príncipe para que Obama fixe a data do peche de Guantánamo

Vigo En vésperas do sétimo aniversario dos primeiros traslados ao centro de detención estadounidense da badía de Guantánamo, Amnistía Internacional pide ao presidente electo Barack Obama que, sen demora, despois da súa toma de posesión, anuncie a data do peche deste centro, e faga realidade o seu compromiso de pór fin ás violacións de dereitos humanos que caracterizaron as políticas e prácticas antiterroristas de Estados Unidos nos últimos sete anos.

A organización de dereitos humanos tamén pediu ao presidente electo que apoie a creación dunha comisión independente de investigación sobre as violacións de dereitos humanos cometidas por Estados Unidos ou no seu nome como parte da "guerra contra o terror", co fin de garantir a rendición de contas e como sinal dun cambio fundamental na política antiterrorista estadounidense.

“Non pedimos o imposible. Barack Obama xa manifestou a súa determinación de remediar algúns dos males que o goberno estadounidense autorizou en nome da seguridade nacional, e pedímoslle que faga realidade ese compromiso”, manifestou Alberto Estévez, voceiro de Amnistía Internacional en Galicia.

“Recibimos con satisfacción a prioridade que se está dando á cuestión de Guantánamo", manifestou Estévez. “O peche de Guantánamo pode ser o inicio dunha clara ruptura coas políticas de detención do pasado, mais só se fai de maneira que cumpra plenamente as obrigas internacionais contraídas por Estados Unidos. O quid da cuestión será lograr que non se recree Guantánamo baixo calquera outro nome en calquera outro lugar”.

O secretario estadounidense de Defensa, Robert Gates, pediu ao seu equipo que elabore plans para o peche de Guantánamo, un peche que considera que será unha alta prioridade do novo goberno. Isto debe incluír un plan detallado para o futuro dos detidos. Todo plan de pechar Guantánamo debe incluír tamén o abandono inmediato dos xuízos por comisións militares, calquera xuízo futuro debe levarse a cabo ante os tribunais civís ordinarios.

Nese sentido, AI escenificará mañá ás 13.00 h. na R/Príncipe de Vigo o xuízo na Comisión Militar que está previsto que se celebre o 26 de xaneiro a Omar Khadr, cidadán canadense que tiña só 15 anos cando foi detido en Afganistán polo exército de EE.UU. “Omar está acusado de ser “combatente inimigo”. Desde 2002 permaneceu en situación de detención indefinida baixo custodia de EEUU en Bagran (Afganistán) e logo en Guantánamo”, declarou Estévez. O xuízo comezará seis días despois do inicio do goberno de Obama. Malia que o novo presidente de EEUU anunciou o peche “de xeito responsable” do centro de detención de Guantánamo, ata hoxe non fixo ningunha declaración sobre a fin das comisións militares.

Outros países deben facilitar o peche do centro de detención de Guantánamo ofrecendo protección humanitaria aos detidos cuxa liberación foi autorizada pero que non poden regresar aos seus países por temor a sufrir neles a tortura ou persecución. Algúns Estados da Unión Europea, entre eles Alemaña e Portugal, manifestaron o seu apoio á idea de aceptar a detidos na UE, e a propia UE está debatendo a adopción dun enfoque común.

“Guantánamo foi parte dunha estratexia de detención pola cal os Estados Unidos perpetraron unha agresión sistemática, de sete anos de duración, contra os dereitos humanos fundamentais – como o dereito a un xuízo xusto e a recibir un trato humano - no nome da loita contra o terrorismo", declarou Estévez. “Xa é hora de que Estados Unidos adopte un novo enfoque, pero outros países teñen tamén un papel fundamental á hora de axudar a que se peche este centro de detención”.

O Goberno español tamén debe ofrecer protección internacional
Tal e como xa o fixeron outros gobernos europeos, o Goberno español debe comprometerse a aceptar detidos de Guantánamo cuxa liberación foi autorizada pero que non poden ser devoltos aos seus países de orixe ante o temor de sufrir novas violacións de dereitos humanos.

O goberno español tamén debe levar a cabo unha investigación exhaustiva sobre a natureza de todos os voos sospeitosos de estar relacionados con actividades ilegais no contexto da "guerra contra o terror" que lidera Estados Unidos. Esta investigación debe cubrir as escalas en aeroportos civís españois dos chamados voos da CIA identificadas por institucións como o Parlamento Europeo e o Consello de Europa e o emprego de bases militares españolas por parte de avións militares estadounidenses para o traslado de presos a Guantánamo, como os do avión matrícula N168BF Ginebra-Vigo o 31.08.05 e Vigo-Banjul (Gambia) o 01.09.05, e o do avión matrícula N970SJ Santiago de Compostela –Bedford (EE.UU.) o 17.10.02. Os resultados deben ser entregados ao xuíz da Audiencia Nacional que mantén aberta unha investigación xudicial sobre o asunto dos voos.

Aeroportos galegos “libres de violacións de dereitos humanos”

Activistas de AI ataviados con monos laranxa como os presos de Guantánamo entregarán o domingo 11 de xaneiro pola mañá unha carta ao director do aeroporto de Vigo en Peinador e reiteraranlle a petición feita en outubro de 2008 para que asine unha declaración de condena do uso das súas instalacións e o espazo aéreo español para facilitar “entregas extraordinarias” e detencións secretas en avións vencellados á CIA. “A posta en práctica das medidas que sinala esta declaración en aeroportos civís, bases militares e portos españois impediría que o territorio español volva ser utilizado para realizar ou facilitar operacións ilegais no contexto do combate ao terrorismo. As medidas tamén pasan por unha revisión do actual Convenio de Defensa con Estados Unidos”, sinalou Estévez.

Un desafío para Obama
Durante os seus primeiros 100 días no cargo, Amnistía Internacional pide ao presidente electo de Estados Unidos que emprenda reformas concretas en materia de dereitos humanos, mediante, por exemplo: o anuncio dos detalles do plan para o peche do centro de detención da badía de Guantánamo nun prazo relativamente breve; a emisión dunha orde presidencial que prohiba a tortura e outros malos tratos, conforme os define o dereito internacional; a creación dunha comisión independente que investigue os abusos cometidos polo goberno estadounidense na súa "guerra contra o terror". Para apoiar esta petición, Amnistía Internacional lanzou unha campaña en internet en www.actuaconamnistia.org. Miles de persoas xa apoiaron a ciberacción.

Información adicional
Actualmente, uns 250 homes permanecen recluídos en Guantánamo. Algúns levan alí máis de seis anos. Amnistía Internacional foi unha das primeiras organizacións que pediu o peche de Guantánamo. O 11 de xaneiro, activistas, simpatizantes e membros de Amnistía Internacional en máis de 35 países do mundo pedirán de novo que Estados Unidos modifique a súa política de detención no contexto da loita antiterrorista.

A base de Guantánamo foi un dos destinos ou orixe dos voos da CIA para operacións de detención secreta e entregas extraordinarias e voos militares de EEUU que fixeron escala en territorio español. A finais do 2009 sóubose que o Goberno español autorizou en xaneiro de 2002 o emprego das bases militares españolas para o traslado de detidos a Guantánamo. Entre 2002 e 2007 unha ducia de avións militares estadounidenses procedentes ou con destino Guantánamo fixeron uso das bases españolas.

Calcúlase que ao redor de 200 presos chegaron á base naval americana en avións militares que, aínda que non sempre fixeron escala en España, si cruzaron o espazo aéreo español, cuxo emprego tamén necesita de autorización. Aínda que o Ministerio de Asuntos Exteriores – nunha comparecencia ante o Congreso en decembro- asegurou que ningún destes avións chegou a trasladar detidos, non houbo ata a data ningunha investigación exhaustiva promovida polo goberno que o confirme.

Amnistía recolle sinaturas mañá na R/ Príncipe para que Obama fixe a data do peche de Guantánamo

Activistas de AI escenificarán un xuízo a Omar Khadr, preso canadense de Guantánamo menor de idade cando foi detido

Membros da ONG vestidos con monos laranxa como os presos de Guantánamo reclamarán ao director de Peinador que declare o aeroporto vigués “Zona Libre de Tortura”

A organización pide ao Goberno español que ofreza protección internacional aos detidos que sexan liberados

Entra en www.actuaconaminstia.org e súmate á petición dirixida a Obama para que amose un compromiso real cos dereitos humanos nos seus primeiros 100 días.

Amnistía Internacional Galicia - Equipo de Medios de Comunicación
Alberto Estévez
www.es.amnesty.org

viernes, 9 de enero de 2009

APOIO AO POBO PALESTINO-Manifestación o sábado 10 de decembro ás 18 horas que sairá desde Via Norte e Urzaiz .(Vigo)

MANIFESTO DE APOIO AO POBO PALESTINO

"A morte de calquera persoa diminúeme, porque eu formo parte da humanidade; por tanto nunca mandes a ninguén a preguntar por quén dobran as campás: dobran por ti."

Estas verbas do poeta inglés John Donne, exemplifican á perfección o sentir da inmensa maioría do pobo galego fronte ao masacre que está a ter lugar no territorio palestino da Faixa de Gaza. Hoxe, todas e todos somos palestinos.

Como era previsíbel o estado de Israel deu lamentabelmente unha volta de torca ao masacre que está a emprender contra o pobo palestino, ao proceder a unha invasión terrestre que foi precedida dun bombardeo masivo que custou a vida de centos de inocentes, así como a destrución de infraestrutura civil en Gaza. Todo tras moitos meses dun asedio que impediu sistematicamente a entrada de subministros esenciais para a poboación civil.

O balanzo de vítimas da agresión israelí polo momento é de 630 mortos, e máis de 3000 feridos, moitos deles mulleres e nenos. Estas terríbeis cifras son o resultado da acción criminal do estado de Israel, que non dubida mesmo en atacar escolas de titularidade da ONU, como aconteceu recentemente.

Hai que sumar ademais os case cinco milleiros de vidas segadas dende a segunda intifada, así como os tremendos efectos que accións como o bloqueo de fronteiras, a ocupación de territorios, e o muro da vergoña en Cisxordania, provocan no conxunto de Palestina.

Este actos, de deliberado ataque contra a poboación civil, representan crimes de guerra segundo o establecido nas sucesivas Convencións de Xenebra. Estamos pois, perante unha acción non só desproporcionada no militar, senón completamente ilexítima e contraria ao ordenamento internacional.

Lamentamos a incapacidade manifesta demostrada polas Nacións Unidas para dar unha resposta enérxica a esta situación. Pola teimosía dos EUA en xustificar ao seu aliado e a posición ambigua da UE, non foi quen nin tan sequera de emitir unha declaración de condena deste masacre. Exisimos, en consecuencia, que o estado español, no marco da Convención de Xenebra, da que é estado membro, proceda a solicitar a condea internacional e inicie as actuacións oportunas fronte aos citados crimes

Este feito vergoñento é un síntoma máis, que evidencia a necesidade urxente de reformar a ONU, para a converter nun verdadeiro actor operativo e solvente na arbitraxe internacional e garante da paz.

As accións do estado de Israel teñen por único obxectivo o sometemento pola vía da violencia do pobo palestino. Esta dramática ofensiva militar tan só pretende esmagar a vontade de resistencia de Palestina, fronte unha ocupación que vulnera numerosas resolucións das Nacións Unidas.

A sociedade viguesa, e o conxunto do pobo galego, reafirmámonos na profunda solidariedade co pobo palestino e no noso desexo de paz no mundo, que tantas veces e tan claramente temos expresado.

Apelamos á paz, sabendo que esta só será sólida e duradeira se está construída dende a base da xustiza. Xustiza que significa o cumprimento das resolucións internacionais a respecto da creación dun estado palestino libre, soberano e independente.

Reclamamos tamén da Unión Europea a ruptura de relacións diplomáticas e económicas co estado de Israel, mentres manteña o seu arrepiante empeño en ser unha ameaza para a seguridade e a paz no mundo.

Instamos por último a unha acción internacional decidida para frear esta agresión unilateral e inxustificada contra Palestina, mesmo co envío de observadores e forzas de interposición baixo mandato das Nacións Unidas.

Hoxe a cidadanía viguesa mobilizámonos para xuntar a nosa voz ao clamor internacional que esixe o cese da invasión terrestre e dos bombardeos na faixa de Gaza, o remate de toda hostilidade contra o pobo palestino e a fin da ocupación israelí.

Pola paz, por xustiza: deteñamos o exterminio do pobo palestino.

Manifestación o sábado 10 de decembro ás 18 horas que sairá desde Via Norte e Urzaiz

jueves, 8 de enero de 2009

Exibiçao de filmes sobre os Guaranís Embyá

Exibiçao de filmes sobre os Guaranís Embyá, un dos últimos povos
indigenas nômades da Mata Atlántica, documentários que dan voz aos
povos indígenas esquecidos de Brasil.

Proxección e charla posterior cos autores Marcia Gomes e Norbert Suchanek:

A FALA DO CACIQUE
DVD, 21 min, 2007, Português.

Quando se fala em povos indígenas no Brasil, geralmente as pessoas
se remetem somente à Amazônia. Mas isto não é correto, porque há povos
indígenas em todo o Brasil, em todos os ecossistemas brasileiros.
Inclusive, na região Sudeste do Brasil, onde estão localizadas cidades
como Rio de Janeiro e São Paulo que também possuem povos indígenas: os
Guarani Mbyá!

Os Guarani Mbyá são tradicionalmente nômades e vivem na região da
Mata Atlântica. Nos últimos 30 anos, o Governo Brasileiro construiu 2
usinas nucleares (Angra 1 e Angra 2) em seu território tradicional ao
sul do Rio de Janeiro, sem comunicar aos Guarani Mbyá. E agora, em
2008, o Governo está construindo outra usina nuclear (Angra 3) neste
mesmo lugar. Este documentário mostra a Aldeia Guarani Mbyá, chamada
Sapukai, situada próxima às usinas nucleares brasileiras. O centro do
filme é a fala precisa do Cacique Guarani Mbyá Verá Mirim, 94 anos,
sobre a sua aldeia, ecologia e energia nuclear. Este documentário dá
voz aos povos indígenas esquecidos do Brasil, como os Guarani Mbyá.

MAMANGUÁ. DE ONDE VOCÊ É
DVD, 39 min, 2008, Português.

A Mata Atlântica é o território sagrado Guarani Mbya. Eles são um
dos últimos povos nômades da Mata Atlântica. Foram um dos primeiros
povos contatado pelos colonizadores há 500 anos atrás. Mas eles
sobreviveram.

Tradicionalmente os sonhos direcionam suas vidas e seus movimentos.
Em 2004, o Cacique Roque Benites teve um sonho. Ele sonhou retornar a
uma terra de seus ancestrais. Esta terra é Mamanguá. Durante a
exploração colonial, ela serviu para a plantação de cana de açúcar.
Agora, o Cacique Roque Benites e Santos Karay Tataendy lutam juntos
para a sua demarcação. Este documentário apresenta como Roque e Santos
retornaram à floresta de seus ancestrais para re-estabelecer sua
tradicional harmonia com a natureza. Mamanguá, localizada em Parati, ao
sul do Estado do Rio de Janeiro, significa em Guarani: "De onde você é".

Sábado 10 ás 20:30h na Cova dos Ratos r/Romil,3.
Organizan: Grupo Axitación Social e Asociación Caleidoskopio.

miércoles, 7 de enero de 2009

O Local Social Faísca junto à Liga Nacional De Bilharda organizamos o Iº Aberto de Bilharda de Vigo

Para mirar o cartaz mais grande faga clik sobre el.

O Local Social Faísca junto à Liga Nacional De Bilharda organizamos este Sábado dia 10
o Iº Aberto de Bilharda de Vigo

Qualquer pessoa sem limite de idade, pode passar-se polo PAVILHOM POLIESPORTIVO MONTE DA MINA - CASTRELOS e conhecer de perto este esporto tradicional galego.

A partir das 11h da manhá estaremos por alí para explicar o singelo funcionamento que tem segundo as normas da LNB e familiarizar-nos com o palam e a bilharda
Às 12h realizaremos o Concurso de Paláns.
Depois às 14h faremos um recesso para jantar alí mesmo e
às 16h comezará propriamente o Aberto de Vigo

Quem queira participar ou soamente achegar-se a conhecer o jogo da Bilharda pode facelo de jeito totalmente livre e gratuito, assim como a participaçom
no concurso de paláns e o Aberto puntuável para a LNB

Para ficar ao jantar compre anotar-se em quanto antes ligando para este correio: faiscagz@hotmail.com ou no próprio Local Social

As ganhadoras e ganhadores levaram-se trofeos e mais lotes de marisco da ria

Este Sábado dia 10 de Janeiro no Pavilhom do Monte da Mina

Mais informaçom em http://lnbsur.wordpress.com

martes, 6 de enero de 2009

O 6 de xaneiro de 2008 AI REPARTIRÁ NA R/PRÍNCIPE DE VIGO DE 18 A 20 H. UNHA PETICIÓN A ISRAEL PARA QUE CESEN OS ATAQUES A CIVÍS EN GAZA

(Vigo).- Diversos activistas de Amnistía Internacional, debidamente identificados con petos da organización, percorrerán esta tarde de 18 a 20 h. a Rúa do Príncipe entregarán información aos viandantes sobre a situación en Gaza e invitarannos a entrar na web de AI en www.es.amnesty.org e asinen un chamamento dirixido ás autoridades de Israel pedindo que cesen os ataques e bombardeos sobre Gaza, o bloqueo e para que se permita o acceso de axuda humanitaria e de testemuñas imparciais.

“O melllor agasallo de Reis para a poboación de Gaza será a solidariedade real, con presión directa sobre as autoridades israelís”, declarou Alberto Estévez, voceiro de Amnistía Internacional en Galicia, que engadiu “AI ofrece un medio sinxelo para que a poboación actúe enviando e-mails de protesta a embajada@embajada-israel.es ou faxes ao nº 91 782 95 55 e mesmo cartas á Embaixada de Israel en Madrid – R/ Velázquez, 150, 7º”.

Máis de 500 palestinos morreron e 2.000 resultaron feridos nos ataques israelís a Gaza desde o 27 de decembro. O lanzamento de proxectís por grupos armados palestinos cara Israel causaron a morte de 5 israelís (tres civís) e decenas de feridos.
O bloqueo israelí a Gaza impide que entren alimentos e menciñas. Os civís palestinos poden morrer ou a resultar feridos en ataques indiscriminados e non teñen a debida atención médica, electricidade, auga. Israel bombardeou numerosos edificios civís que non estaban sendo usados para obxectivos militares como o parlamento, xornais e TV de Hamas, instalacións médicas ou escolas. A axuda humanitaria é de todo xeito insuficiente e a luz inexistente durante horas.

“É esperable que o número de baixas civís siga aumentando pola invasión terrestre iniciado o día 3 de xaneiro e o uso de armas pesadas en zonas densamento poboadas de civís –sinalou Estévez-. AI denunciou a falla da debida atención médica para as centenares de persoas feridas. Os servizos de saúde de Gaza carecen de material abondo, menciñas e especialistas, mesmo nos mellores tempos, pero agora son aínda máis escasas debido ao prolongado bloqueo israelí. Atópanse completamente desbordados e sen posibilidade de atender ao gran número de vítimas causadas.

“É absolutamente inaceptable que Israel continúe privando deliberadamente de alimentos e doutros produtos indispensables a 1,5 millóns de persoas. Esta política non pode xustificarse por razóns de seguridade nin de ningunha outra índole, polo que se lle debe poñer fin de inmediato –afirmou Amnistía Internacional-. Israel debe permitir aos traballadores das organizacións humanitarias e de dereitos humanos o acceso a Gaza de inmediato e en condicións de seguridade”.

Amnistía Internacional reitera o seu chamamento para poñer fin aos ataques imprudentes e ilexítimos de Israel contra zonas residenciais densamente poboadas, que dende o 27 de setembro mataron a máis de 500 palestinos, entre eles civís desarmados e persoal policial que non participaba directamente nas hostilidades, e feriron a máis centenares de persoas.

AI pediu tamén a Hamás e aos demais grupos armados palestinos de Gaza que deixen de lanzar ataques indiscriminados con proxectís contra cidades e vilas do sur de Israel, que mataron a catro civís israelís e feriron a varios máis nos últimos días.

Onte, AI instou ao Consello de Seguridade da ONU a que tome medidas firmes para abordar a situación na Franxa de Gaza e o Sur de Israel, dado que o número de vítimas civís e a destrucción en Gaza non ten precedentes. O Concello debe actuar xa, ante a preocupación pola seguridade do 1,5 millón de palestinos atrapados nunha crecente crisis humanitaria ente continuos ataques israelís e logo de meses de bloqueo. AI solicitou á ONU unha resolución firme de condena dos ataques contra civís por parte de Israel e de Hamas que demande o cesamento inmediato destes ataques, e pediulle que analizase o despregue de observadores internacionais.

Un residente en Gaza, seguidor do partido Fatah do presidente palestino
Mahmoud Abbas, díxolle a Amnistía Internacional: “Os meus fillos ven os folletos e tolean de medo, queren marchar da casa; pero non temos onde ir. A miña familia e a da miña muller viven preto da fronteira, en zonas aínda máis perigosas; e non podemos quedarnos fóra, é igualmente perigoso; houbo casos de rapaces que morreron mentres andaban ou xogaban na rúa. Non hai auga, nin electricidade, non damos atopado comida e non estamos seguros nas nosas vivendas. Non temos nada que ver con Hamas. Eu fun detido e perseguido por Hamas, pero os bombardeos israelíes on indiscriminados. Ninguén está a salvo”.

Amnistía Internacional Galicia -

sábado, 3 de enero de 2009

viernes, 2 de enero de 2009

Vigo con Palestina-Stop terrorismo sionista-3 DE XANEIRO

Galiza con Palestina
Stop terrorismo sionista
CONCENTRACIÓN SABADO 3 DE XANEIRO
Museo MARCO, Rúa do Principe as 19 horas, Vigo.

Os colectivos convocantes expresan a súa consternación ante a masacre da poboación Palestina da Franxa de Gaza e repudia os ataques das forzas militares israelís, as cales perseguen o propósito de reactivar o conflito que as autoridades de Israel e Estados Unidos negáronse a solucionar durante décadas.

Denunciamos unha vez máis a intromisión de Estados Unidos en contra da paz entre os pobos de Palestina e Israel, en función de contar cun estado agresor en tan delicada zona.

Chamamos a deter inmediatamente os ataques, retomar a tregua, iniciar urxentes negociacións e adoptar medidas humanitarias a favor da poboación de Gaza.

Esiximos da comunidade internacional a máis dura condena á política de xenocidio e exterminio de Israel contra o pobo palestino.

CONCENTRACIÓN SABADO 3 DE XANEIRO Museo MARCO, Rúa do Principe as 19 horas, Vigo.