Mostrando entradas con la etiqueta festas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta festas. Mostrar todas las entradas

martes, 29 de octubre de 2013

miércoles, 10 de octubre de 2012

FESTA DA RECOLLEITA DO MILLO E MAGOSTO POPULAR . 12 outubro en Matamá (Vigo)


FESTA DA RECOLLEITA DO MILLO E MAGOSTO POPULAR . 12 outubro en Matamá (Vigo)
 
O vindeiro venres 12 de outubro 2012 celebrarase a VI edición do MAGOSTO POPULAR nas inmediacións do muiño da Regueira situado en Matamá (Vigo) e que este ano terá como novidade a RECOLLEITA DO MILLO que sementamos no mes de abril na I FESTA DA SEMENTEIRA. 

Este evento comezará coa recolleita do millo na leira e que será transportado nun carro tirado por unha parella de bois ata a beira do muiño para logo levar a cabo a esfollada e a elaboración dun palleiro.

A seguir haberá XOGOS para nen@s e CONTACONTOS , repartiranse castañas e contaremos con diversas actuacións musicais.
 
A ENTRADA E DE BALDE e haberá carpa por si chove.
 
ESTADES TOD@S CONVIDAD@S!!!
 
Este evento esta organizado pola Asociación COLECIVO CULTURAL ALTERNATIVO MALAHERBA coa colaboración da ASOCIACIÓN VECIÑAL E A COMUNIDADE DE MONTES DE MATAMÁ.
 
PROGRAMACION:
16h. ESFOLLADA TRADICIONAL DO MILLO
17h. XOGOS TRADICIONAIS PARA NEN@S
19h. CONTACONTOS. CAROLINA LINO LINA
20h. REPARTO DE CASTAÑAS
21h. OS IRMANDIÑOS DE VINCIOS (musica tradicional)
22h. TRIDENDE (folc)
23h. OS BECHUCHOS (rock)

martes, 12 de junio de 2012

VI Festival sons da Lameria (Matmá, Vigo)

O festival SONS DA LAMEIRA está organizado por dúas asociacións da parroquia de Matamá que teñen entre a xente nova a maior parte dos seus integrantes. Estas asociacións son o COLECTIVO CULTURAL ALTERNATIVO MALAHERBA e a ASOCIACIÓN XUVENIL DE ACTIVIDADES DE OCIO DE MATAMÁ.

Nace como consecuencia da necesidade de ampliar a oferta cultural que se desenvolve na parroquia de Matamá durante os meses do verán. Este festival constitue un claro exemplo de que a xuventude pode ter, e levar a bo término dun xeito coordinado e serio, iniciativas culturais de grande interese para a cidadanía en xeral.

VENRES 6 E SÁBADO 7 DE XULLO NO TORREIRO DE MATAMÁ (VIGO)

(VENRES 6;22:00H): MATAMAFOLC ABÓBRIGA,O FIADEIRO,ZURRUMALLA e OS CUCHUFELLOS. E DE ENTREGRUPOS: PELEPAU, SOBRE RODAS.
(SÁBADO 7;20:00H): ESCENARIO MALAHERBA: ESCUELA DE ODIO,DAKIDARRÍA,DIOS KETE CREW e FALPERRYS. ESCENARIO XUVENTUDE: LOS KUALKIERA, ATLANTIC VALLEY, BLUE JEANS e OS NARVAIS.
ÁS 16.30 H. do sábado comezará o xá clásico torneiño mixto de brilé, que dará paso a celebración dos concertos.

Máis nfo: www.sonsdalameira.com

domingo, 29 de abril de 2012

Fotos da Sementeira do millo en Matamá, Vigo, 2012

Fotos da Sementeira do millo en Matamá, Vigo, 2012. Lamentablemente o equipo de TodoVigo non puido estar presente nesta festa máis que un par de horas o sábado, pero non queremos deixar de compartir cos nosos amigos as poucas imaxes que puidemos obter.













Estas fotos poden reutilizarse libremente de maneira non comercial sempre que se cite como fonte http://www.todovigo.net

domingo, 22 de abril de 2012

Festa da sementeira do millo no muíño de Regueira, Matamá, Vigo


Os próximos 28 e 29 de abril en Matamá, Vigo realizarase a primeira  Festa da sementeira do millo.

A festa é iniciativa do colectivo malaherba e realizarase no muíño de Regueira rehabilitado  por veciños desta localidade.

Poderase ver traballar a unha parella de bois como outrora no campo galego, os organizadores desprazáronse a Ponteareas para buscar estes dous exemplares xa que están practicamete desaparecidos ao abandonarse o seu uso.

O sábado ás 16hs terá lugar a segunda edición das Olimpíadas do Campo, os organizadores repetirán as probas de lanzamento de aixada e de boina, así como serrar un tronco en parellas e a carreira de carretillas. Segundo os organizadores son probas que se organizan con humor utilizando útiles populares.

Tamén haberá Música folk, xantar popular, unha exposición etnográfica e actividades para os nenos.

miércoles, 18 de abril de 2012

I Festa dos Callos de Vigo

Comunicado:

A Federación de Comercio Vigo Histórico invítavos a "I Festa dos Callos de Vigo", que terá lugar o fin de semana do 20, 21 e 22 de abril nunha carpa sita na Praza do Rei (Concello de Vigo).

Poderedes degustar este tradicional prato acompañado dos nosos mellores viños, así como cervexa e refrescos, e rematando cunha selección de postres típicos.

Por outro lado, se o que preferides é degustar os callos na casa, tamén vos ofrecemos a opción de coller racións para levar.

Programa

Venres 20 de abril
12.30 h: Inauguración e comenzo da degustación de callos.
21:00 h: Reapertura da degustación.
22:30 h: Actuación da "Orquesta Principal".

Sábado 21 de abril
11.30 h: Apertura da degustación de callos.
12:00 h: Actuación do Grupo Folclórico Corisco.
21:00 h: Reapertura da degustación.
22:30 h: Actuación da "Orquesta Jerusalén".

Domingo 22 de abril
10.30 h: Apertura da degustación de callos.
12:00 h: Actuación da banda "Agrupación Musical Atlántida de Matamá".
13:00 h: Actuación do grupo de música tradicional "Falcatrua".