jueves, 31 de mayo de 2012

Triloxía. "El ser humano da asco" Teatro Ensalle

El ser humano da asco é como demos en chamar á triloxía que reúne, 105 pasos o la mecánica de la carne, La última fila y La maleza.  

Trátase dun agasallo, un agasallo para o público, que poderá ver como se mesturan os espazos escénicos, os personaxes e as "historias", e un agasallo para nós, que necesitabamos despedirnos con algo extraordinario dunha serie de pezas que marcaron unha época na compañía, que nos levaron a Arxentina, Uruguai e México e que dentro de España permitiron que o noso traballo se vise en máis de 20 cidades, con case 200 funcións entre o tres A triloxía verase un só día porque para o equipo é sinxelamente esgotadora, case 4 horas de función, cunha mínima pausa, cun traballo escénico e de iluminación realizado especialmente para ese día tan especial.


Ficha artística:
Artús Rei, Raquel Hernández, José Martínez, Gabriel Celester, Eva Alfonso y Jorge Rúa. Dirección, texto e iluminación: Pedro Fresneda. Música en directo: G. Celester y J. Martínez. Creación coreográfica: R. Hernández, A. Rey, J. Rúa y E. Alfonso, co apoio de Carmen Werner. Fotografía: Iván Jérez y Bieito Rey. Distribución: J. Rúa. Web: David Santos.


Esperámosvos no Teatro Ensalle o sábado 2 de xuño ás 22 hs.


lunes, 28 de mayo de 2012

Sexual Herria, Itziar Ziga


Con motivo do Día das Letras Galegas Marcha Mundial das Mulleres levou de xira por Galicia á feminista radical, periodista e escritora vasca Itziar Ziga, que presentou o seu terceiro libro: Sexual Herria. Itziar fala sen tapuxos do activismo feminista; da reivindicación dunha identidade máis primixenia; da intromisión, cada vez máis brutal, do Estado no corpo das mulleres,… e considera esencial “reputificar”, como ela di, a súa terra: Euskal Herria.


Máis información sobre Sexual Herria pulsando aquí
Vídeo da palestra en Vigo:



sábado, 26 de mayo de 2012

Video: Kuko Jones nos castroconcertos, Cómeme todo

Kuko interpretou unha canción baixo a choiva acompañado por algúns seguidores resistentes ao auga antes de que se suspendese o concerto.

Kuko Jones, Cómeme todo

Juan Fajardo encabezará a candidatura provincial de Esquerda Unida


No de prensa de EU


Juan Fajardo encabezará a candidatura provincial de EU

A convención provincial de ESQUERDA UNIDA acordou hoxe en Vigo presentar como cabeza de lista para as vindeiras eleccións autonómicas a Juan Fajardo Recouso, actual concelleiro en Vilagarcía de Arousa.

Traballador Informático, actualmente atopase no paro. Acompáñao como número 2 da candidatura a
viguesa Eva Solla, enfermeira e responsable do área de Saúde e Benestar Social en Vigo, traballadora do SERGAS. Dita candidatura deberá ser ratificada polo Consello Político Nacional de Esquerda Unida.

A candidatura aprobada supón unha renovación do 80% respecto das pasadas eleccións, cunha ampla participación da mocidade.

O acto iniciouse cunha asemblea aberta, na que un 50% dos asistentes eran persoas non afiliadas, representativos de diferentes sectores sociais e na que se realizaron aportacións aos documentos programáticos que ESQUERDA UNIDA defenderá no parlamento autonómico.

Na súa intervención, Juan Fajardo, destacou que EU aporta firmeza na construción dunha barreira contra a agresión ó emprego e ós servizos sociais; aporta coherencia entre o que se di e o que se fai; aporta solvencia na alternativa, para combater a resignación.

Chamou a mobilización para unha saída da crise que se faga tendo en conta ás persoas e non os poderes financeiros, chamados mercados.

Un sentir maioritario da Convención foi a aposta pola Convocatoria Social como método de construción e participación dende abaixo.

jueves, 24 de mayo de 2012

Jornadas para inmigrantes uruguayos en Vigo, Vinculación, retorno y temas relacionados

Jornadas para inmigrantes uruguayos en Vigo, Vinculación, retorno y temas relacionados. 
Comunicado de Amigos del Uruguay (Vigo) 


Invitamos a todo/as lo/as compatriotas residentes en Vigo y Galicia a una charla con

el Director de Vinculación y Retorno Sr. Gerardo Pérez en su próxima visita a España.
Será el día martes 5 de junio a las 20 hs en As. Amigos del Uruguay San roque 34- Vigo.  Trataremos  temas relacionados a la actualidad de nuestro país, el Retorno, El Voto en el Exterior, Pasaporte electrónico e inquietudes que quieran plantear.
  
El día miércoles 6 por la mañana, está previsto una visita al Instituto República Oriental del uruguay en Teis, con motivo de su 25º aniversario y además abordar el posible intercambio estudiantil entre estudiantes vigueses y uruguayos.
Estamos todo/as invitados, es una instancia donde podremos intercambiar opiniones, informarnos y estrechar vínculos con nuestro país.

miércoles, 23 de mayo de 2012

Brais Ocampo presenta o seu libro "Tu piedra mojada"

Este mércores Brais Ocampo acompañado de Lucas Rei ao piano e Martín Garrido en percusión presenta o seu libro   "Tu piedra mojada",

Mercores 23 de maio 20hs  A Salgueira, Rúa Fernadez Areal 56 (Porriño)

Lea o prólogo de "Tu piedra mojada" :  https://www.facebook.com/notes/brais-ocampo/pr%C3%B3logo-tu-piedra-mojada/384606831592124

Videos de Brais Ocampo nun recital poético na rúa Principe de Vigo no ano 2011 acompañado por Kevin Pérez:
 

martes, 22 de mayo de 2012

Vigo: 22 de maio manifestación en defensa do ensino


Este martes 22 de maio a 20hs non MARCO de Vigo (Rúa Principe) Xuventude Sen Futuro sen futuro convoca unha manifestación en defensa do ensino baixo a lema: Salvan aos bancos destrúen o ensino, folga no ensino.

Segundo a súa propia definición Xuventude Sen Futuro é un grupo que pretende concienciar á sociedade, dos problemas nos que estan envolvidos os  novos... que están sen casa, sen pensión, sen traballo, sen medo.

Podes contactar con eles en: https://www.facebook.com/xuventudesenfuturo

lunes, 21 de mayo de 2012

Clube Faro de Vigo tentará exaltar o genocídio sionista na Palestina


O embaixador de Israel em Espanha, Alon Bar, vai falar no Clube Faro de Vigo na segunda-feira 21 de Maio. A palestra intitula-se “Por que Israel é um dos estados mais modernos do mundo?” e tem como objetivo legitimar o papel deste regime totalitário e exaltar a estratégia de extermínio contra o povo palestiniano.

A pretensa “modernidade” do estado de Israel assenta sobre o massacre e a limpeza étnica. Desde 1948 até hoje mesmo a colonizaçom da Palestina baseou-se no assassinato indiscriminado de milhons de pessoas, na tortura e na aniquilaçom planificada de todo um povo. Nos últimos anos tivemos exemplos mais que suficientes da crueldade e o selvagismo deste estado terrorista que comanda um dos maiores e mais sanguinários exércitos do planeta. Envenenar a água, demolir as casas, empregar armas químicas e biológicas, torturar crianças… essa é a “modernidade” sionista.

Desde a  Assembleia Comarcal de NÓS-Unidade Popular de Vigo queremos mostrar a nossa repulsa à presença em Vigo deste representante do sionismo.
.
Assim mesmo fazemos um chamado às viguesas e vigueses para mostrar publicamente o nosso apoio ao povo e à causa da Palestina.

sábado, 19 de mayo de 2012

Pilar Seoane: Igualdade de dereitos en permisos de paternidade e maternidade


Voltamos entrevistar a Pilar Seoane (anterior entrevista pulsando aquí), esta vez fálanos da PPIINA (á que pertence), a "Plataforma por permisos iguales e intransferibles de nacimiento y adopción."
PPIINA busca a igualdade de dereitos en permisos de paternidade e maternidade para conseguir a igualdade real entre mulleres e homes e nace da análise comparativa das políticas públicas implementadas noutros países do entorno europeo respecto ao coidado infantil ante o feito do nacemento e a maneira en que estas repercuten na igualdade ou desigualdade de xénero en cada un deles.
PPIINA está constituída por un centenar de organizacións do Estado Español comprometidas coa igualdade: organizacións feministas, homes pola igualdade de xénero, seminarios de estudos de investigación, etc., así como dun nutrido grupo de persoas independentes preocupadas co insostible modelo de roles de xénero existente.
Máis información sobre a PPIINA pulsando aquí
Vídeo da entrevista:



miércoles, 16 de mayo de 2012

¿Es posible que sea el gobierno?

En la asamblea por un año del 15M de Vigo, un niño de 12 años, HerNen, se pregunta por qué cada vez hay menos recursos en su cole... ¿será debido al gobierno?


Discurso de HerNen:

martes, 15 de mayo de 2012

Manifestación 12M-15M Vigo en 4 vídeos

Manifestación 12M-15M Vigo en 4 vídeos

Lectura do manifesto


Manolo o avó do 15M Vigo


12M-15M Vigo e os sindicatos CCOO, UGT e CIG
Discurso de Manolo Garrido.


Manifestación 12M-15M Vigo, micro abierto
Manifestación 12M-15M Vigo, micro aberto e imaxes da mani


Charla: "Xestión da crise, represión e criminalización da protesta"

Comunicado: 

O sábado 19 de maio ás 20h00 no centro social "A cova dos Ratos" (Romil 3 - Vigo) haberá unha
charla co título: "Xestión da crise, represión e criminalización da protesta" a cargo de José Ángel Brandariz - activista e profesor de Dereito Penal na Universidade de A Coruña.


Reforma do Código Penal. Cadea perpetua. Criminalización da mobilización. Xustificación da violencia policial e a Represión... Nun momento no que os gobernos buscan frear o descontento e as protestas sociais nas rúas, a base de recortar as liberdades civís, resulta máis necesario ca nunca coñecer e reflexionar sobre a blindaxe do estado policial no que xa vivimos.

Organiza: Iniciativa Popular pola Folga Xeral

domingo, 13 de mayo de 2012

Desaloxan acampada na farola de Vigo


Desaloxan acampada na farola de Vigo

Logo da manifestación de onte unhas 50 persoas acamparon simbólicamente na farola (Príncipe e Colón, Vigo) como parte de tres días de actividades referentes ao primeiro aniversario do movemento 15M, aproximadamente ás 4 da mañá a policía esixiu o desaloxo e identificou a todas as persoas.

Os indignados convocan unha manifestación para hoxe (domingo) ás 17hs para reclamar o dereito a manifestarse utilizando espazos públicos.

Reportaxe fotográfica: manifestación 15M-12M Vigo

Máis de 11000 persoas manifestáronse hoxe (12 de maio) en Vigo no contexto da marcha mundial cidadá 15M-12M.

0:30hs: A estas horas máis de 30 persoas acampan na farola de Vigo en rúa Príncipe e Colón, traballan e prepáranse para pasar a noite, esperan máis compañeiros.

2:45hs: desde o facebook de 15M Vigo xa anuncian máis de 50 persoas.

Reportaxe fotográfica: 55 fotos da manifestación. 
Fotos: Antía Amoedo, poden usarse libremente de maneira non comercial sempre que se cite como fonte www.todovigo.net