Mostrando entradas con la etiqueta Oficina de Dereitos Sociais-Coia. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Oficina de Dereitos Sociais-Coia. Mostrar todas las entradas

viernes, 18 de octubre de 2013

Día contra a riqu€za

O 17 de outubro celebrouse o Día Internacional para a Erradicación da Pobreza. A Oficina de Dereitos Sociais de Coia, a Parroquia Cristo da Victoria e o Grupo de Axitación Social (GAS) queren celebrar publicamente esta data, que rebautizan como Día contra a riqueza. A riqueza acumulada nas mans duns poucos, unha riqueza que non fai máis que medrar a costa dunha maioría de persoas cada vez máis ampla que padece a crecente precarización das súas condicións de vida.

Con motivo deste Día contra a riqueza, organizan dúas actividades:

- A charla “A renda básica das iguais como ferramenta de transformación social”, que terá lugar o sábado 19 de outubro ás 18.00 horas nos baixos da Parroquia Cristo da Victoria (r/ Baiona, 9 – Coia), e a través da que pretenden afondar no concepto de Renda Básica e debater sobre a súa idoneidade como instrumento para erradicar a pobreza a través da repartición da riqueza e da distribución da renda, e para defendernos da deterioración das condicións de vida que impón o capitalismo global.

- Unha concentración e rolda de prensa o mércores 23 de outubro ás 11.30 horas na Praza do Rei baixo o lema “Menos rollos, máis solucións”. Por unha banda, presentarán a Iniciativa Lexislativa Popular estatal por unha Renda Básica; por outra, esixirán unha vez máis ao Concello de Vigo que respecte o procedemento administrativo legal e regulamentariamente establecido na tramitación e concesión das Subvencións Directas Individuais de Emerxencia Social e, en concreto, que permitan ás persoas que solicitan ditas axudas que presenten por escrito as solicitudes nas UTS, mediante formulario normalizado e conservando unha copia selada.

Fonte: http://odscoia.arkipelagos.net/

viernes, 27 de septiembre de 2013

Recorrida a inadmisión a trámite da petición dunha Renda Básica


“Inadmitidas”. Ante a resposta da Xunta á esixencia dunha renda básica para garantir uns mínimos cos que vivir dignamente a ODS-Coia e a parroquia do Cristo da Victoria seguen co camiño da denuncia pública. O fixeron o 20 de setembro cunha concentración e cun acto de entrega colectiva no edificio da Xunta de Galicia en Vigo.

Medio centenar de persoas con carteis rotulados coa palabra “inadmitidas” acudiron á chamada da ODS-Coia e da parroquia do Cristo da Victoria para amosar claramente que non aceptamos a inadmisión a trámite da petición dunha renda básica. A súa falla total de sensibilidade queda de manifesto xa que nin sequera contemplan a necesidade de reflexionar sobre o xusto e transformador da nosa petición. Hoxe ademais o amosaron coa actuación da policía e da seguridade privada; xa que esta mañá volveron a poñer moitos atrancos para facer a entrega colectiva limitando o acceso ao rexistro.

Os recursos quedaron entregados logo de ler o manifesto diante do edificio administrativo. Edificio que o venres 20 estivo por un rato cheo dalgunhas desas persoas ás que a Xunta e o resto de poderes queren negar os mínimos para a vida.

Fonte e máis info: http://odscoia.arkipelagos.net/content/recorremos-inadmision

lunes, 6 de mayo de 2013

“Vivir con dignidade é un dereito”


Nota de prensa

Oficina de Dereitos Sociais-Coia, a Parroquia Cristo da Victoria e GAS (Grupo de Axitación Social) organizamos hoxe 6 de maio un acto de rúa ás portas das dependencias dos servizos sociais municipais en Coia (rúa Quintela, 31, á altura da Avenida Castelao, 25), co obxectivo de denunciar o crecente empobrecemento que sufrimos inxustamente unha gran parte da cidadanía e esixir ás institucións públicas, neste caso Concello e Xunta, que cumpran coa súa obriga de garantir o dereito de todas as persoas a unha vida digna.

O acto se desenvolveu entre as 10:00 e as 13:00 horas cunha mesa informativa sobre a campaña “Vivir con dignidade é un dereito”, coa que pretendemos denunciar a dramática realidade que están a padecer moitas familias no noso barrio e en toda a cidade a través da presentación masiva dun escrito exercendo o dereito de petición perante a Xunta e o Concello; escrito onde o asinante expón as súas circunstancias económicas e sociais e solicita unha Renda Básica que permita satisfacer con dignidade as súas necesidades básicas.

Durante toda a mañá decenas de persoas se achegaron a interesarse pola iniciativa e a asinar estas follas de denuncia social.


Parroquia Cristo da Victoria