Mostrando entradas con la etiqueta memoria histórica. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta memoria histórica. Mostrar todas las entradas

domingo, 11 de septiembre de 2011

Concentración pola retirada da Cruz dos Caídos do Castro

A concentración pola retirada da Cruz dos Caídos do Castro, terá lugar o vindeiro mércores 14 ás 20h. No cartel incluíronse como organizacións apoiantes todas as que expresaron até este momento a súa adhesión, como é habitual neste tipo de convocatorias plurais.

Así mesmo no local social da Federación Veciñal (Praza da Princesa 7-2º) podedes pasar a recoller o luns (de 10 a 14 e 16:30 a 20:30h) exemplares impresos do cartaz en tamaño DIN A-3 (fotocopias).É fundamental que entre todas as organizacións fagamos un intenso traballo de difusión desta convocatoria no camiño de garantir a maior asistencia posíbel.

domingo, 20 de marzo de 2011

Homenaxe aos que resistiron nas barricadas

Fiestra á liberdade
A ASOCIACIÓN VIGUESA pola MEMORIA HISTÓRICA do 36 convocou o pasado domingo fronte ao mercado do Calvario un acto de Homenaxe aos homes e mulleres que resistiron nas barricadas o asalto militar contra o lexitimo goberno republicano.


No acto inaugurouse unha escultura (Fiestra á liberdade ) e unha placa indicativa do acontecido no lugar.

Falaron o concelleiro de Cultura, un membro da Asociación e Santi Domínguez o Tenente de Alcalde da nosa cidade.

Extracto das palabras de Santiago Domínguez.

Detalle da escultura
“Un exercicio necesario que e que se demorou quizais demasiado no tempo... coa idea seguramente equivocada de non abrir feridas cometeuse unha certa inxustiza cos familiares... dos replesaliados por Franco deixando para máis adiante a xusta reparación que merecían e que hoxe sen dúbida queremos darlles... son dos que pensan que este tipo de actos e homenaxes deberían ser apoiados por todas as institucións e por todos os partidos políticos posto que un réxime como o de Franco debería ser sen ningún tipo de diferenzas unanimemente condenados, pero cumpre dicir que desgraciadamente non é así, neste punto non quero dicir nada máis.”


O tenente de alcalde finalizou o seu discurso prometendo que se o BNG gañase as eleccións:  “a cruz do castro non permanecerá máis”


Para ver máis fotos pulse aquí 


jueves, 17 de marzo de 2011

Homenaxe no Calvario aos homes e mulleres que resistiron nas barricadas o asalto militar contra a República

Comunicado

A ASOCIACIÓN VIGUESA pola MEMORIA HISTÓRICA do 36 Viguesa Distinguida 2007. Convida ao acto de    “LUGAR DE MEMORIA” que se celebrará no Calvario (R/Urzaiz, frente ao mercado) o día sábado 19 de marzo, ás 12:00 horas

Homenaxe aos homes e mulleres que resistiron nas barricadas o asalto militar contra a República. No acto inaugurase unha escultura e unha placa indicativa do acontecido no lugar os primeiros días do levantamento. Neste acto institucional falarán: o concelleiro de Cultura,  un membro da Asociación e o  Tenente de Alcalde da nosa cidade.  

Agradecemos a sensibilidade destas concellerías que atenden as peticións memorialistas, costean o monumento e son un exemplo a seguir no concello de Vigo.

A Directiva, Vigo,  Marzo 2011

miércoles, 2 de marzo de 2011

Carta ao Alcalde de Vigo. Abel Caballero da Asociación Viguesa pola Memoria

Carta aberta ao Alcalde de Vigo , Sr. Abel Caballero.

Sr. Caballero, é un bo costume social que, sempre que unha persoa diríxese á outra
con boas maneiras, educación e respeto, a segunda conteste pola súa banda coa
mesma educación. É un principio básico nunha convivencia social civilizada.

Un home con cargo público coma vostede, debería cumplir estas normas básicas e
trasladar á política o que na vida civil é simplemente educación.

A Asociación Viguesa pola Memoria pola Memoria Histórica 36, dirixiuse a vostede
para que, en aplicación da Lei de Memoria Histórica, fose retirada a cruz franquista
do Castro. Dirixiuse a vostede con todos os respetos, seguindo todas as canles legais
e civilizadas marcadas polo noso ordenamento xurídico.

Presentamos escritos no Rexistro do Concello, un deles avalado pola firma de máis
de 4.000 cidadáns. Sabe vostede desta reclamación por nós e tamén polos medios de
comunicación. Pero a día de hoxe, seguimos sen contestación despois de dous anos.
Contestación que merecemos recibir, aínda que só fora por educación, de parte do
noso alcalde.

Vostede ignora e menosprecia a unha Asociación recoñecida polo Concello de Vigo
como “Viguesa Distinguida” no ano 2007, unha distinción máis que respetable
no ámbito da nosa cidade, e que nós recibimos cunha enorme alegría. Solicitamos
durante estes dous anos manter unha reunión con vostede. Nin se dignou contestar.

Cando un Alcalde despreza desta maneira a unha asociación cidadán, como é a
Asociación Viguesa pola Memoria do 36, negándolle a palabra, o que fai é negar
a esencia da democracia. Sr Alcalde, Vigo non é o seu “CASAL” A vostede
nomearono alcalde un grupo de concelleiros /as de dous partidos, os cidadáns non
eleximos alcaldes Para estar ao servizo do pobo que os elixiu, non para que vostede
intente utilizalos coma servos ao seu servizo Esa época, Sr Caballero rematou no
1978, aínda que as suas obras nos recordan de maneira alarmante a personaxes do
noso pasado, e tamén a outros que, aínda que elexidos polo pobo, esquecen as leis
cando así lles convén, ou simplemente por motivos arbitrarios.

Tamén é preocupante que os/as representantes elixidos polo pobo que o situaron a
vostede na alcaldía son tan responsables como vostede mesmo por consentir a aldraxe
que comete coa Asociación Viguesa pola Memoria Histórica do 36. A uns e a outros
pedímoslles un comportamento democrático.

En fin: ¿cándo pensa vostede cumplir coa Lei da Memoria Histórica e retirar a cruz
do Castro? ¿Cal é realmente a súa opinión? ¿Seica non lle gusta a lei? ¿Será que non
se sinte obligado a respetala? ¿Cómo pode ser que non se sinta obligado a falar cos
cidadáns que solicitan unha resposta por parte do seu alcalde?

Despois de tantos anos, pensamos que como cidadáns –e non súbditos- vostede ten a
obriga moral e legal de darnos unha resposta.

Facemos un chamamento aos membros da Corporación para que rematen coa
situación aldraxante que estamos a vivir

Asociación Viguesa pola Memoria Histórica do 36.
Viguesa Distinguida 2007
Marzo de 2011.

martes, 30 de noviembre de 2010

Concentración polo derrube da Cruz do Castro (video)

CONCENTRACIÓN.
DÍA: Sábado 27.
LUGAR: Monte do Castro.
HORA: 17:00 horas (5 da tarde).
Esixir o derrube da cruz é unha das obrigas que nos impoñen os Estatutos da Asociación Viguesa pola Memoria do 36

viernes, 15 de octubre de 2010

Homenaxe aos cidadáns asasinados no Castro de Vigo, Sábado 16 de Outubro ás 18:00 horas.

Asociación Viguesa pola Memoria do 36: 

Acto: LUGAR DE MEMORIA. Inauguración dunha placa e ofrenda floral.
Lugar: Porta do Castelo de O Castro.
Día: Sábado 16 de outubro do 2010, ás 18:00 horas  (6 do serán)

Acto de homenaxe e recoñecemento aos máis de 136 homes asasinados contra  os muros do castelo do Castro entre agosto do 1936 e abril do 1942, despois de ser sometidos a torturas e condenados a morte acusados de REBELIÓN MILITAR, en xuizos sumarios.

Queremos manifestar, que en este acto non imos honrar aos “mortos na guerra civil española”. Imos honrar os asasinados polo fascismo franquista.

Queremos deixar claro que en Galicia non houbo guerra, e que as matanzas foron selectivas, cumplindo as “consignas” do xeneral Mola:
“se tendrá en cuenta que la acción ha de ser extremadamente violenta para reducir al enemigo que es fuerte y bien organizado.  Desde luego serán encarcelados todos los directivos de partidos  políticos, sociedades y sindicatos no afectos al movimiento, aplicándoles castigos ejemplares a dichos individuos para estrangular los movimientos de rebeldía o huelgas.  ¿Parlamentar? ¡¡Jamás!!  Esta guerra tiene que terminar con el EXTERMINIO  de los enemigos de España Hay que sembrar el terror, tenemos que crear una impresión de dominación eliminando, sin escrúpulos ni vacilación, a todos los que no piensen como nosotros.  Cualquiera que sea abierta o secretamente defensor del frente popular debe ser fusilado”.  E, ademáis, que as matanzas entre o 1939 e  1942, están fora do periodo de guerra.
Arestora, estase outra volta, a querer xuntar vítimas e verdugos como si todos foran da mesma caste. Pois non. As vítimas teñen o seu lugar na historia e os verdugos tamén, pero cadaquén no lugar que lle corresponde, e porén
ESIXIMOS
VERDADE, XUSTIZA E REPARACIÓN

jueves, 7 de octubre de 2010

sábado, 2 de octubre de 2010

Isaac Díaz Pardo denuncia o asasinato do seu pai e asegura que loitará incondicionalmente contra a impunidade dos crimes franquistas

Isaac Díaz Pardo, presidente de honra da FCI, denuncia o asasinato do seu pai e asegura que loitará incondicionalmente contra a impunidade dos crimes franquistas.

Francisco Pillado, vicepresidente da FCI: “cantar á defensa da vida é o noso maior compromiso, mais iso implica denunciar ós xenocidas e levalos diante dos tribunais de xustiza”.


Asunción Baamonde (tesorera),  Isaac Díaz Prado (presidente de honor)
 , Francisco Pillado (Presidente), Gustavo Garcia (Abogado) 
Vigo, 2 de outubro de 2010.- A Fundación Galega Contra a Impunidade, integrada por máis de 80 persoas reuniuse hoxe en Vigo e ratificou a súa determinación de seguir apoiando con todos os seus medios técnicos e humanos a querela admitida pola Cámara Federal de Bos Aires para investigar e xulgar os crimes dos franquistas, fundamentalmente no que concerne a ós crimes de lesa humanidade cometidos na Galiza.


Presidiu o acto Isaac Díaz Pardo, quen vai outorgar poder notarial á Fundación para que denuncie o asesinato do seu pai cometido polos franquistas.

 Isaac afirmou sentirse “moi agradecido porque xente máis nova, que non viviu tan de cerca o franquismo, estea a promover esta busca de xustiza, tan necesaria”.

Aprobouse por unanimidade que a presidenta da FCI sexa Mariví Villaverde, filla do deputado Elpidio Villaverde. Mariví amosouse emocionada porque “por fin, despois de tantos e tantos anos desde que se cometeron eses crimes tan terribles se abra unha vía para facer xustiza”.

Asimesmo, o novo vicepresidente da FCI, Francisco Pillado declarouse orgulloso de pertencer a esta Fundación: “Aceptei a vicepresidencia da FCI porque considero que romper a impunidade dos criminais de lesa humanidade é unha causa xusta, noble e que paga a pena”.

Pillado quixo aclarar expresamente que “a Fundación non se concebiu para buscar vinganza, senon xustiza, e a xustiza é un dos alicerces do estado de dereito”. “Como xa dixo Gandhi –sinalou- se aplicásemos sempre o ollo por ollo a humanidade enteira quedaria cega. A vinganza é sempre cruel e irracional, é o preludio dos fanatismos”.

Pillado explicou así o a súa filosofía como vicepresidente da FCI: “Cantar á defensa da vida é o noso maior compromiso, máis iso implica denunciar ós xenocidas e levalos diante dos tribunais de xustiza. Sempre sentín pánico dos fanáticos que, sen o noso consentimento, pretenden crearnos paraísos. Como dixo Stanislac Lec, <ó paraíso sempre se vai en coche fúnebre>. Ás veces os maiores xenocidios cométense en nome dos paraísos. Eu, como Albert Camús, tampouco quero paraísos nos que non poida optar ó inferno”.

Francisco Pillado leu o fragmento dun artigo publicado por Le Monde (a raíz do premio nobel de mediciña a Severo Ochoa) na época franquista, e que resume, cando menos en parte, o que os franquistas nos quitaron:

“Que podemos pensar dun país no que Picasso non pode pintar, Severo Ochoa non pode investigar, Juan Ramón Jiménez, Rafael Alberti ou Luis Cernuda non poden escribir, Pau Casals non pode dar concertos, María Casares non pode traballar como actriz e Luis Buñuel non pode dirixir cine”.

Rematou a súa intervención pedindo “que a nosa voz, a voz das persoas que traballamos nesta Fundación, serva para reclamar xustiza fronte ós responsábeis da barbarie xenocida. Xenocidios nunca máis”.