miércoles, 27 de febrero de 2013

Amnistía Internacional Vigo organiza unha xornada informativa co especialista en comercio de armas Juan Álvarez-Íñiguez

Amnistía Internacional Vigo organiza unha xornada informativa co especialista en comercio de armas e activista da ONG Juan Álvarez-Íñiguez.

O vindeiro mércores 27 de febreiro, ás 19:30h., terá lugar, no Centro Cultural Novacaixagalicia de Pontevedra (Praza San José nº3) unha charla/entrevista informativa co especialista Juan Álvarez-Íñiguez, actual coordinador do Equipo de Armas do Secretariado Estatal de Amnistía Internacional.

Un Tratado sobre o Comercio de Armas efectivo non é un tratado de prohibición de armas, senón que debe garantir que os Estados controlan rigorosamente a exportación, importación e transferencia internacional de todo tipo de armas de uso militar, policial e de seguridade, incluíndo equipos, munición e formación. Isto é esencial para impedir que se utilicen estas transferencias para cometer ou facilitar que se cometan violacións graves de dereitos humanos ou que se desvíen ao comercio ilícito, ao mercado ilegal ou a usuarios finais ilexítimos que, ademais, acaban freando o desenvolvemento socioeconómico e contribuíndo á pobreza.

AI Vigo

jueves, 14 de febrero de 2013

Convite festa de clausura da mostra "P(l)anificate!"

Foto xentileza EntremosNaPanificadora
É a última ocasión para velas obras de Elienigena e URB-vg cerámica e os materiais e a intervención cívica "P(l)anificate: e tí para que usaria-la Panificadora", para convidarvos a unha festiña, haberá:

- Presentación do libriño: "Dossier Panificadora"
- Concertazo do conxunto "Trilitrate", violín, guitarra e acordeón.
Petiscos.
Recollida de sinaturas da petición cívica ós/ás concelleiros/as de Vigo sobre a Panificadora.
- Charla sobre a Panificadora e o movemento cívico arredor dela.

Achégate! Participa! 

www.entremosnapanificadora.com
www.tankollectif.wordpress.com


p.d.: quen non poida achegarse pode igualmente participar asinando vía web aquí, gracias!

jueves, 7 de febrero de 2013

Solidariedade urxente con Noelia


Solidariedade urxente con Noelia Cotelo, en folga de fame dende o 8-1-2013, perigo de coma hipoglucémico.

A vida de Noelia Cotelo Ribeiro, veciña de A Coruña, encóntrase en grave perigo no Centro Penitenciario de Brieva, Ávila.
Noelia retomou a Folga de Fame, as súas reivindicacións son:
 *Levantamento da Suspensión das Comunicacións.
*Traslado fora do CP Brieva, Ávila.  Achegarse a súa terra, Galiza.
*Que non haxa homes nas cadeas de mulleres.
*Fin das Torturas e Malos Tratos na Prisión.
 Noe chamou á súa nai o luns 5 ás 17.30 hrs. para informarlle do seguinte:
*Tivérona esposada das 10.00 ata as 16.00. Momento no que a Dr.Teresa díxolles ós funcionarios que debía estar en reposo e debían deixala ir á cama.
*A Dr. Teresa  tomou unha mostra de sangue e obtivo un nivel de glucosa de 30 mg/dl.
Avisoulle de que podería entrar en COMA HIPOGLUCÉMICO.
*Di que ten todo o corpo cheo de magulladuras dunha nova paliza.
O Síndrome Hipoglucémico prodúcese cando o nivel de glucosa no sangue é inferior a 50-60 mg por 100 ml.
O coma hipoglucémico prodúcese cando o valor é tan baixo no sangue que o cerebro non obtén as calorías suficientes para as súas funcións (o cerebro só se alimenta de glucosa).
Actualmente a Noelia néganselle as visitas da súa nai e amigas, a asistencia sanitaria, así como o dereito á educación.
A Noelia un funcionario agrediulle sexualmente estando atada e drogada,  golpeáronlle en múltiples ocasións, negáronlle a medicación para a infección de oído, falseáronlle os datos da Folga de Fame, estánlle obligando a ducharse con auga fría, retiráronlle mantas e roupa de abrigo, non permitindo á súa familia e amig@s entregarlle máis.
5 anos en réxime de aillamento, 5 anos resistindo á privación sensorial, catalogada pola ONU como Tortura Branca.
Xa abonda de Dispersión, de Torturas, de Mentiras, de Aillamento.
Queremos a Noelia ceibe, coas súas amig@s e familia, queremos te-la preto e coidala.
O Estado encerra persoas e as maltrata, ¿é esta a súa reinserción?
NOE LIBERTADE, NOE COA SÚA XENTE, NOE COA SÚA FAMILIA.

Fonte e envío de faxes ó secretario xeral de institucións penitenciarias e á defensora do pobo:
http://afapp-gz.blogspot.com.es/

miércoles, 6 de febrero de 2013

Video Forum, Coloquio: Corazón de Fuego

 - Video Forum
 - Coloquio Corazón de Fuego
 - pelicula Uruguaya
 - Director: Diego Arzuaga
 - Año 2002
 - Interpretada por tres veteranos actores argentinos, Héctor Alterio, Federico Luppi y Osvaldo Soriano.

Se realizó íntegramente en la República Oriental del Uruguay. "Mientras hay una razón para luchar existe un motivo para vivir...." La odisea terminó en un aparente fracaso, pero no fue así.

Presenta: Mariela Duarte Modera: Harney Diaz Dia

Jueves 7 de Febrero Lugar: Casa das Mulleres c/romil 20 Vigo Hora: 19 horas.

Organizan: Asociación Amigos del Uruguay y Madres LatinasASOCIACIÓN MADRES LATINAS                          

lunes, 4 de febrero de 2013

CHARLA REPRESIÓN XENÓFOBA, POLITICAS MIGRATORIAS E ESTRATEXIAS DE RESISTENCIA

CHARLA REPRESIÓN XENÓFOBA, POLITICAS MIGRATORIAS E ESTRATEXIAS DE RESISTENCIA


Ante a escalada represiva que se está a cebar co conxunto da poboación e en concreto co colectivo migrante faise necesaria a posta en común de estratexia de resistencia.

Con esta finalidade o vindeiro sábado 9 de Febreiro ás 20:30 na Cova dos Ratos (Romil, 3), contaremos coa
presenza de compañeiras do colectivo Ferrocarril Clandestino de Madrid. O Ferrocarril é un colectivo que explora as consecuencias que as fronteiras teñen nas nosas vidas. Nos últimos anos teñen organizado campañas contra os controis racistas, as persecucións a manterxs e os Centros de Internamento para Estranxeiros. Sobre os propios CIEs e as políticas europeas sobre migracións falarán durante o encontro que se celebrará na Cova dos Ratos.


Organizan:
GAS,
ODS e Raias Traveseiras
Colabora:
Foro Galego da Inmigración