Mostrando entradas con la etiqueta 12M. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta 12M. Mostrar todas las entradas

sábado, 12 de mayo de 2012

Vigo do 15M ao 12M, un ano en vídeos

Vigo do 15M ao 12M, un ano en vídeos.

A horas da marcha global cidadá do 12 de maio coñecida como 12M15M por realizarse un ano despois das manifestacións que en todo o estado español deron nome ao movemento 15M é un bo momento para publicar os vídeos que gravamos durante este último ano do 15M na cidade de Vigo.

A manifestación deste 12 de maio en Vigo sae da praza dos cabalos ás 19hs.

1) 15 de maio: Manifestación Democracia Real Xa, Vigo
A sigla 15M aínda non era coñecida máis que nos carteis cos cales Democracia Real xa (DRY) convocaba a aquela manifestación.


2) Primeira noite de acampada en Vigo
Primeira noite de acampada en Vigo, Rubén un integrante da acampada fálanos sobre a manifestación, a reacción dos medios e o primeiro día de acampada.


3) Segunda noite de acampada en Vigo
Falan Diego e Jacobo dous integrantes da acampada, imáxenes da acampada e unha das primeiras asembleas.


4) Cuarta xornada da acampada en Vigo


5) Votación para trasladar Acampada Vigo


6) Acampada Vigo apoia a acampada Barcelona


7) La Bamba en Acampada Vigo
Seguramente non é o mellor dos vídeos, :) un pouco de relax na acampada cunha canción popular mexicana do século XVII popularizada en forma de rock and roll en 1950.



8) Acampados Vigo pechan bancos


9) Asesinados polo sistema
Asesinados polo sistema ( flashmob).  Acción instántantea realizada por Acampados Vigo; Movemento 15M o 9/6/2011


10) Para limpar 
Os acampados explican ás autoridades que para limpar non fan falta porras.


11) Recital de poesía na rúa de 15M Vigo


12) 15-M Vigo solidario con Madrid


13) Acción instantánea (Flashmob) fronte ás tendas do grupo Inditex


14) Manifestación 15-O (Vigo)


15) Maratón de reflexión 19 de novembro Vigo. Convocado por 15M



16) 12M Vigo promo


17) Rolda de prensa para convocar á manifestación mundial cidadá, 12M, 12 de maio (Vigo)



Mañá máis...




miércoles, 9 de mayo de 2012

Concurso novos valores musicais-Cidade de Vigo

As finais do concurso "Novos Valores Cidade de Vigo" terán lugar os vindeiros xoves 10, venres 11 e sábado 12 de maio nas instalacións de Vigosónico (no parque tecnolóxico de Valadares). Este concurso concede o dereito, a cada un dos vencedores de cada día, a tocar no escenario Xuventude do día MalaherbaRock, o 7 de xullo, na VI edición do festival Sons da Lameira que se celebrará os días 6 e 7 de xullo no Torreiro de Matamá. Ademais do gañador de cada final (escollido polo xurado da Asociación Malaherba), haberá un cuarto finalista que poderá tocar no festival (o grupo con maior número de votos do público dos tres días).
A entrada é de balde.

Horarios e grupos das finais:
Xoves 10
19.00 h Martín Fernández
19.45 h Blue Jeans
20.00 h Os Narvais
Venres 11
19.00 h Liska
19.45 h Yemet
20.00 h Atlantic Valley
Sábado 12
19.00 h Los Kualkiera
19.45 h Jako CDC
20.00 h Os Residuos Atractivas


Todo Vigo non poderá asistir o sábado, xa que estará na manifestación do 12 de Maio ás 19.00 h.



martes, 8 de mayo de 2012

Los convocantes de 12M Vigo sorprendidos por contraprogramación por parte de CCOO, UGT e CIG



O anuncio da manifestación en defensa do naval convocada por CIG, UGT e CCOO para
este fin de semana sorprendeu aos movementos sociais que convocan á  marcha mundial cidadá  (12M) organizada para celebrar o primeiro aniversario da manifestación do 15 de maio que deu nome ao movemento 15M, xa que a convocatorio sindical  coincide en día e hora coa do 12M anunciada moito antes á cal os sindicatos foron convidados, sempre que leven moderada cantidade de bandeiras e pancartas.

Os sindicatos parecían aceptar esta invitación xa que nas súas manifestacións do 1 de maio e logo algúns dos seus dirixentes fixeron declaracións respecto diso.

Os Convocantes ao 12M mostran a súa total solidariedade cos obreiros navais, din comprender a súa situación xa que é a mesma de moitos cidadáns que sofren as políticas impostas polas corporacións e manteñen a súa invitación de manifestación unitaria.

Último momento: FPG e  CUT fixeron saber que apoian a manifestación cidadá do 12M á cal concorrerán e que están é desacordo coa manobra oportunista de CCOO, UGT e CIG. 


COMUNICADO DE PRENSA
COMUNICADO DOS ORGANIZADORES DO 12M EN VIGO RESPECTO Á
CONVOCATORIA DOS SINDICATOS DO NAVAL O 12 DE MAIO.

Vigo, 6 de maio de 2012

Os movementos sociais vigueses xurdidos a raíz do movemento 15M levamos meses traballando na convocatoria do 12 de maio, día no cal conmemoraremos de xeito reivindicativo o aniversario
da primeira gran manifestación do movemento. Estes movementos convocamos e organizamos unha manifestación que percorrerá a cidade dende as 19.00h, coordinada con outras mobilizacións que se celebrarán a nivel global ese mesmo día.

Somos perfectamente conscientes de que os recortes e a precariedade do sistema os padece a maioría social: traballadores e traballadoras, estudantes, parados, inmigrantes, etc. Sendo coherentes con isto, e a pesares das moitas críticas que temos cara as cúpulas sindicais, os
convidamos a partipar na mobilización do 12 de maio por medio de reunións cos seus dirixentes locais.

Sorprendentemente, o 1 de maio, as direccións sidicais de CCOO, UXT e CIG anunciaban a convocatoria dunha manifestación o mesmo día e á mesma hora en defensa do sector naval. Os traballadores do sector naval son todo un exemplo de dignidade, un emblema na loita pola xustiza social na nosa cidade, e sentímonos plenamente identificados coas súas reivindicacións e as facemos nosas. Dito isto, os traballadores do sector naval sofren os mesmos problemas que o 99 por cento da poboación: recortes en sanidade e educación, degradamento dos servizos públicos en xeral, paro, malas condicións de traballo, etc.

A consecuencia lóxica destes intereses comúns é mobilizarnos conxuntamente. ¿Por qué os
dirixentes sindicais non animan entón ós traballadores do naval a participar o 12M nunha
mobilización na que expresaremos os nosos intereses diversos pero comúns? ¿É o máis axeitado
para os traballadores do naval e para o conxunto da cidadanía loitar separados en lugar de unidos?
Nós o temos claro: convidamos ós traballadores do sector naval e a todos os demais a participar na
mobilización global do 12 de maio, en defensa dos seus dereitos, que son os de todos.

sábado, 5 de mayo de 2012

OS MOVEMENTOS SOCIAIS VIGUESES SE SUMAN ÁS MOBILIZACIÓNS GLOBAIS DO 12 DE MAIO

NOTA DE PRENSA 12M15M PRIMAVERA GLOBAL OS MOVEMENTOS SOCIAIS VIGUESES SE SUMAN ÁS MOBILIZACIÓNS GLOBAIS DO 12 DE MAIO. 

– As cidadás e os cidadáns mobilizaranse en todo o mundo, tal e como sucedera en outubro,
na segunda manifestación por un cambio global.
– En Vigo, as mobilizacións sairán de Praza de España ás 19h. E percorrerán Gran Vía, Urzáiz
e Colón ata a praza da Estrela, onde se leerá un manifesto.

Vigo, a 4 de maio de 2012

Os movementos sociais 15M Vigo e Democracia Real Xa Vigo, xunto coa plataforma ECOAR,
comunican que a cidade de Vigo se suma ás mobilizacións globais do vindeiro 12 de maio. Esa é a
data elexida para chamar á cidadanía a tomar as rúas de novo e alzar as súas voces para mostrar a súa indignación pedindo un cambio global.

Estas mobilizacións e accións globais surxen como unha resposta unitaria e coordinada para
mostrar o descontento actual cun sistema inxusto, no que a riqueza se acugula en mans de uns
poucos, fronte o 99% que sufre as consecuencias dunha crise mundial produto da avaricia dunha
élite. Como cidadáns do mundo, entendemos que non somos mercadoría en mans da clase política
e da banca.

A protesta levarase a cabo a través de marchas apartidistas e pacíficas que percorrerán todo o
mundo, dende Nova Iorque ata Sidney, pasando por Barcelona, Berlín ou París, entre outros. En
Vigo, a saída efectuarase ás 19h dende a Praza de España, percorrendo as rúas do centro como
Gran Vía e Urzáiz ata a Praza da Estrela, onde se leerá un manifesto internacional.
12 de maio.

O 12 de maio é a date elexida en todo o mundo para sair as rúas a mostrar a indignación. Hai
meses que se ven traballando neste chamamento global. O pasado 15 de outubro se tomaron as
rúas de máis de 1000 cidades de 82 países. O movemento de indignación organizouse e comezou a
camiñar pola rúa da dignidade e o cambio global. Eso foi hai máis de seis meses e todavía se están
a levantar as voces para facer que os políticos e os banqueiros entendan que deste xeito non nos
representan, xa que representan a unha clase privilexiada e non á maioría da poboación.

Os gobernos reveláronse como instrumentos do que chaman “os mercados”, que en realidade son
grandes empresas transnacionais e financeiras con nome e apelidos. Denunciamos e rexeitamos o
engano que fan sobre a cidadanía, presentando como única saída posible da crise os recortes
sociais, a través da perda de dereitos e liberdades.

Persoas e colectivos ao longo de todo o mundo demostran que hai alternativas para saír da crise e que outros camiños son posibles e necesarios. As mobilizacións que se estenderon por todo o planeta a partires da primavera do 2011, foron un revulsivo social ante a situación imposta; un movemento esperanzador que non debemos esquecer nin deixar desaparecer. Subliñamos, non só as ameazas sobre as nosas economías, senón sobre a “democracia” mesma: menos do 1% decide sobre o presente e futuro do outro 99%.


martes, 1 de mayo de 2012

A case un ano daquel 15 de Maio, vémonos o 12 de Maio

Vaise cumprir un ano da manifestación que se realizou aquel 15 de maio ao mesmo tempo en todas as cidades do estado español e que deu nome ao agora mundialmente coñecido Movemento 15M.

Logo da manifestación moitos volvían a casa preguntándose e agora que? Convocaran a unha manifestación  para deixar claro que están cansados dunha clase política que non os representa, que xa se deron conta  de que votan e pagan a uns representantes que en realidade representan ás corporacións financeiras, para dicir que querían unha democracia real, ao servizo da maioría dos seres humanos e non do un por cento dono do diñeiro.

O habían logrado, centenas de miles de persoas de diferentes identidades políticas (que non necesariamente sen ela) manifestáronse e comezaron a falar do tabú, política con maiúsculas e non politiquería, comezaron a falar do seu presente e o seu futuro.  Pero preguntábanse onde levarianos todo isto, se non quedaría nunha grande manifestación.

Ao chegar a casa decatáronse de que en Madrid por mor de sufrir represión un pequeno grupo decidiu permanecer acampado indefinidamente en Porta do Sol, seguindo o camiño marcado desde os países árabes, ese grupo facíase cada vez máis grande e pronto o imitaron desde outras cidades, todo comezaba a tomar forma, o pobo organizábase de maneira asemblearia.

Non foi fácil, non está a ser fácil, non se pode rexenerar en poucos días o que se pervertiu durante séculos, é complicado coordinar as expectativas de tantas persoas e como era de esperarse cando se materializa un movemento con verdadeiro potencial de cambio sociopolítico, ese movemento sufrirá infiltración e sabotaxe por parte do un por cento dono do destino de todos.

Aquela manifestación e os sucesos posteriores deron lugar a moitas asembleas, a moitas agrupacións a moitas novas formas de facer política con máis ou menos despulgue das antigas formas, con metodoloxías diferentes e en ocasións ata con expectativas diferentes, pero teñen en común que queren gobernarse e ser gobernados polas corporacións.

Todos nos volveremos atopar este doce de Maio nas nosas cidades, esta vez en todo o mundo, para demostrarlle ao un por cento que non esquecemos a nosa responsabilidade para co noso propio futuro e para demostrarnos a nós mesmos que a organización do noventaenove por cento para tomar as rendas do futuro non só é necesaria, é posible.

A cita en Vigo o 12 de maio é ás 19hs na praza dos cabalos.

Vídeo promo 12MVigo


Blog campaña 12MVigo: www.12mvigo.blogspot.com

  •   









#12MVigo en Twitter
#12MVigo en Diaspora
12MVigo en Facebook :(
#12MVigo en Google+
12MVigo en Youtube