Mostrando entradas con la etiqueta proxección. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta proxección. Mostrar todas las entradas

lunes, 25 de noviembre de 2013

30 novembro: IV Xornadas Feministas en XUNTAS

30 de novembro: IV Xornadas Feministas en XUNTAS.


17.30 h. – Proxección: “Leonera”.

Película arxentina que participou no Festival de Cannes 2008. O filme aborda a maternidade dentro do sistema penitenciario. Na cinta non se recrearon os escenarios penitenciarios, senón que se rodou en centros reais como, por exemplo, o de “Olmos”, o de “Los Hornos”, o de “San Isidro “ ou a cárcere de mulleres de “San Martín”.

En Arxentina, “leonera” significa “lugar de tránsito” e, polo xeral, utilízase para designar as zonas das prisións polas que @s pres@s deben pasar para ser trasladad@s, tanto dentro como fóra delas.

Despois dalgúns anos en prisión, Julia, acostumada ao universo do cárcere, transfórmase nunha muller dura, que deberá loitar para recuperar a súa libertade e a do seu fillo.


19.30 h. – Debate: “Cárceres de mulleres”.

www.respetoeigualdad.piesnegros.org

viernes, 11 de octubre de 2013

26 outubro: III Xornadas Feministas en XUNTAS

26 outubro: III Xornadas Feministas en XUNTAS


18.00 h.: Proxección do filme “Báthory: A condesa sanguenta”.

A truculenta historia de Elisabeth Báthory ("A condesa sanguenta") foi narrada por historiadores, escritores, poetas, músicos, directores de cine,...
A lenda conta que Báthory foi unha das meirandes asasinas da historia da humanidade, pero, é iso certo?
En catro séculos non se descubríu ningún documento que aclarase o que pasou realmente e, ademais, segundo algunhas opinións, os crimes atribuídos a Elisabeth puideron ser invencións dos seus inimigos nun contexto político moi complexo e nunha época na cal era moi frecuente acusar ás mulleres que "incomodaban" de bruxería.

20.30 h.: Debate feminista.

www.respetoeigualdad.piesnegros.org