Mostrando entradas con la etiqueta ecoloxía. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ecoloxía. Mostrar todas las entradas

viernes, 20 de diciembre de 2013

Videoclip A - BEN SENMEDO

A - BEN SENMEDO


Editado 100% con softwarelibre (Kddenlive - Manjaro) formato final: WebM. Pista de audio Ogg.

Quenes estivemos implicad@s na realización deste ‪‎videoclip‬ enterámonos, durante a rodaxe, de que a localización elexida, coñecida como Cotogrande ou Monte de Cabral, unha paraxe de incalculable valor natural ás aforas de ‪Vigo‬, corre serios riscos de ser destruída, a causa da complicidade do alcalde da cidade, Abel Caballero, coa corporación británica ‪‎Eurofund‬. O alcalde e a corporación queren converter o parque forestal nun macroproxecto comercial ao que lle pretenden chamar Porto Cabral.
Os argumentos dos partidarios deste despropósito non resisten a máis mínima análise, son falacias e troulas. Sosteñen, por exemplo, que só hai eucaliptos e esta teoría desmóntase a simple vista. Os seus métodos son caciquís, xa que pretenden obviar as opinións da maioría dos vigueses e, en particular, as da maioría dos comuneiros de Cabral. 

www.bensenmedo.piesnegros.org 
www.respetoeigualdad.piesnegros.org 
www.muchamufa.piesnegros.org



miércoles, 17 de abril de 2013

IV Andaina pola protección da serra do Galiñeiro


SAIDA: Parque forestal de Zamáns ás 10:30 h.
CHEGADA: Parque forestal de Zamáns as 14:00 h.
Zona de aparcamento: Parque forestal de Zamáns.
O percorrido pasa polos sitios onde se ubicarán alomenos 6 xeradores eólicos e pola área onde se prevé realizar as catas de prospeccións mineiras de terras raras.
A RUTA: Cun percorrido de 10 km. (3 e media / 4 horas) disfrutaremos das terras de Zamáns e Herville.
Ao remate, lectura do manifesto, poesía e música:
  • Rexina Vega, Paco Barreiro, Manolo Pipas, Leo i arremecághona e Os Carunchos.
  • E para os pequenos: O Mago Marco.
E tamén:
  • Faremos un xantar popular coa comida que traia cada un.
  • Tamén haberá bocatas, empanadas e viandas variadas para quen queira comprar alí.
Vos esperamos !!!