martes, 8 de mayo de 2012

Los convocantes de 12M Vigo sorprendidos por contraprogramación por parte de CCOO, UGT e CIG



O anuncio da manifestación en defensa do naval convocada por CIG, UGT e CCOO para
este fin de semana sorprendeu aos movementos sociais que convocan á  marcha mundial cidadá  (12M) organizada para celebrar o primeiro aniversario da manifestación do 15 de maio que deu nome ao movemento 15M, xa que a convocatorio sindical  coincide en día e hora coa do 12M anunciada moito antes á cal os sindicatos foron convidados, sempre que leven moderada cantidade de bandeiras e pancartas.

Os sindicatos parecían aceptar esta invitación xa que nas súas manifestacións do 1 de maio e logo algúns dos seus dirixentes fixeron declaracións respecto diso.

Os Convocantes ao 12M mostran a súa total solidariedade cos obreiros navais, din comprender a súa situación xa que é a mesma de moitos cidadáns que sofren as políticas impostas polas corporacións e manteñen a súa invitación de manifestación unitaria.

Último momento: FPG e  CUT fixeron saber que apoian a manifestación cidadá do 12M á cal concorrerán e que están é desacordo coa manobra oportunista de CCOO, UGT e CIG. 


COMUNICADO DE PRENSA
COMUNICADO DOS ORGANIZADORES DO 12M EN VIGO RESPECTO Á
CONVOCATORIA DOS SINDICATOS DO NAVAL O 12 DE MAIO.

Vigo, 6 de maio de 2012

Os movementos sociais vigueses xurdidos a raíz do movemento 15M levamos meses traballando na convocatoria do 12 de maio, día no cal conmemoraremos de xeito reivindicativo o aniversario
da primeira gran manifestación do movemento. Estes movementos convocamos e organizamos unha manifestación que percorrerá a cidade dende as 19.00h, coordinada con outras mobilizacións que se celebrarán a nivel global ese mesmo día.

Somos perfectamente conscientes de que os recortes e a precariedade do sistema os padece a maioría social: traballadores e traballadoras, estudantes, parados, inmigrantes, etc. Sendo coherentes con isto, e a pesares das moitas críticas que temos cara as cúpulas sindicais, os
convidamos a partipar na mobilización do 12 de maio por medio de reunións cos seus dirixentes locais.

Sorprendentemente, o 1 de maio, as direccións sidicais de CCOO, UXT e CIG anunciaban a convocatoria dunha manifestación o mesmo día e á mesma hora en defensa do sector naval. Os traballadores do sector naval son todo un exemplo de dignidade, un emblema na loita pola xustiza social na nosa cidade, e sentímonos plenamente identificados coas súas reivindicacións e as facemos nosas. Dito isto, os traballadores do sector naval sofren os mesmos problemas que o 99 por cento da poboación: recortes en sanidade e educación, degradamento dos servizos públicos en xeral, paro, malas condicións de traballo, etc.

A consecuencia lóxica destes intereses comúns é mobilizarnos conxuntamente. ¿Por qué os
dirixentes sindicais non animan entón ós traballadores do naval a participar o 12M nunha
mobilización na que expresaremos os nosos intereses diversos pero comúns? ¿É o máis axeitado
para os traballadores do naval e para o conxunto da cidadanía loitar separados en lugar de unidos?
Nós o temos claro: convidamos ós traballadores do sector naval e a todos os demais a participar na
mobilización global do 12 de maio, en defensa dos seus dereitos, que son os de todos.

No hay comentarios: