martes, 29 de abril de 2008

1º de Maio - Vigo

Este ano animamos de novo á xente de toda Galiza a facer con nós un Bloque Precario na Mani da CGT-CUT en Vigo, sairá da Praza Fernando O Católico ás 11h.

"Contra a Alta Velocidade do Traballo Precario" Convoca: Precarias en Loita O lema elixido é un xogo de palabras sobre a chegada do AVE a Galiza e o seu grande impacto, e ese espíritu que se nos impón da alta velocidade capitalista: que destrúe as condicións laborais, aumenta os accidentes laborais, crea postos de traballo precarios a cambio da

destrucción do medio, marca ritmos de traballo inhumanos, etc. Pola recuperación o 1 de maio como día de loita laboral, social, ecolóxica, precaria.

Tras o Bloque Precário da mani de ao que animamos-te a participar, organizaremos um Jantar de confraternizaçom (às duas no LS Faísca).

Polo preço de 8 euros haverá calhos e empada (para as omnívoras/os) ou falafel e cus-cus (vegetarianas/os), entrantes, pam, vinho, sobremesa e chupinhos.
Como o aforo é limitado (sobre setenta pesoas) só poderam ir quem adquiram o bono. À venda no LS Faísca, no LS A Revolta ou na própria mani.


L.S. Faísca
Rua Toledo nº9. O Calvário

www.faisca-gz.blogspot.com

lunes, 28 de abril de 2008

A activista galega Yolanda Román, novo membro do Comité Executivode Amnistía Internacional España

A activista
galega Yolanda Román, novo membro do Comité Executivo Federal de Amnistía
Internacional España

Itziar Ruiz-Giménez, nova presidenta da ONG en España

Vigo/Santiago de Compostela.- A Sección Española de Amnistía Internacional
elixíu a Yolanda Román, actvista galega de Amnistía Internacional, como novo
membro do Comité Executivo Federal de Amnistía Internacional (AI) en España, no
transcurso da súa Asamblea Xeral Federal celebrada os pasados días 26 e 27 de
abril en Santander. A Asamblea tamén otorgou a presidencia da ONG en España a
Itziar Ruíz-Giménez Arrieta.

Yolanda Román, actual responsable de Relacións Institucionais de AI en Galicia e
activista do Grupo de Vigo da organización, é licenciada en Dereito, consultora
sobre dereitos humanos e experta en temas de tortura, comercio de armas e
incidencia política. Leva máis de dez anos vencellada a Amnistía Internacional e
durante 4 anos foi responsable de Política Exterior e Dereitos Humanos da
organización na sede central da organización en España. Asistiu á derradeira
Reunión do Consello Internacional de AI -máximo órgano democrático de toma de
decisións políticas da organización- celebrado en México o ano pasado, como
integrante da delegación da Sección española da organización. Ten elaborado
diversos informes para AI España, sobre diferentes aspectos como propostas para
a mellora da Lei sobre Comercio de Armas aprobada polo Parlamento español en
2007, a posta en práctica do Protocolo Facultativo da Convención contra a
Tortura, varios informes de análise da política exterior española e o uso das
armas táser en España.

Pola súa banda, Itziar Ruiz-Giménez, a nova presidenta de Amnistía Internacional
España, conta cunha longa traxectoria na organización, na que leva colaborando
como activista en diferentes postos desde hai case 20 anos. Neste tempo
desenvolveu diversas funcións como membro da Comisión Internacional da
organización, e traballou na ONG como responsable de política interior e
coordinadora do equipo de refuxiados e inmigración de AI en España. Nos últimos
anos, foi membro do Comité Executivo Federal de AI España, onde colaborou nas
áreas de refuxio, racismo, tortura e malos tratos por parte de axentes do
estado, inmigración e xustiza universal.

Yolanda Román e Itziar Ruiz Giménez inician o seu mandato cando se cumpren 30
anos de Amnistía Internacional en España, e se celebra o 60 aniversario da
Declaración Universal dos Dereitos Humanos. Un ano no que os activistas de AI
enfróntase a numerosos retos, entre outros: a persistencia da tortura, a
violencia contra as mulleres, os abusos que se seguen cometendo no contexto da
"guerra contra o terror", a mellora dos dereitos humanos en China, e facer
frónte á pobreza conseguindo que os seus responsables respondan ante a xustiza.

Fóra de Amnistía Internacional, Ruiz Giménez traballa como profesora de
Relacións Internacionais e Estudos Africanos na Universidade Autónoma de Madrid,
polo que posúe un alto coñecemento sobre a situación dos dereitos humanos en
África, especialmente nas situacións de conflicto armado. Itziar Ruíz-Giménez
sustitúe na Presidencia de Amnistía Internacional a Delia Padrón, que ocupou
este cargo desde 2006

www.vigoamnesty.blogspot.com/

viernes, 18 de abril de 2008

mesa redonda "El diseño gráfico en España"-sábado 19 de abril

Dende o departamento de comunicación do MARCO, achegamos información da mesa redonda "El diseño gráfico en España", que forma parte da "I Xornada de Deseño Gráfico e Tipografía, ICONOTYPO", organizada pola Facultade de Ciencias Sociais da Universidade de Vigo.
A mesa redonda terá lugar mañá sábado 19 de abril, ás 12.00, no salón de actos do MARCO, e contará coa participación dos seguintes expertos:
- José Luis Martín Montesinos. Maestro impresor, tipógrafo e profesor da Universidad Politécnica de Valencia
- Marc Salinas. Deseñador gráfico, tipógrafo e membro fundador do Colectivo Catalana de Tipos, profesor de BAU Escola de Disseny e Istituto Europeo di Design, Barcelona
- Andreu Balius. Deseñador gráfico e profesor da Universitat Pompeu Fabra, Barcelona.
Actuará como moderador Pedro Pablo Gutiérrez, profesor da Facultade de CC. Sociais e da Comunicación da Universidade de Vigo, e director das Xornadas.
Para máis información ou para entrevistas cos ponentes, pódese contactar co director das xornadas:
Pedro Pablo Gutiérrez Tel. 629 044 635 www.marcovigo.com

viernes, 11 de abril de 2008

Bar Princesa inaugura su terraza con la presentación de: La Princesa y el Pirata con Alejandro Andares

Este viernes 18 de abril a las 20:30 hs, el Bar Princesa situado en Joaquín Yañes 1 Vigo (Casco Vello) inaugura su terraza con la presentación de: Ensayado con el público "La Princesa y el Pirata". La Princesa y el Pirata es un cuento escrito por Alfredo Gómez Cerdá e ilustrado por Teo Puebla.
Estará puesto en escena por Ovejas Azabaches.
Coordinado por Alejandro Andares
Si su agenda se lo permite se contará con la participación de Lorena Lores

martes, 8 de abril de 2008

MIGUEL ÁNGEL BASTENIER FALARÁ "DOS XORNALISTAS SEN EMPRESARIOS", CONVIDADO POLO CLUB INTERNACIONAL DE PRENSA (Vigo)

O columnista e editorialista participa no ciclo "A información a debate" o mércores 9 de abril, na Facultade de CC. da Comunicación da USC. A súa conferencia centrarase fundamentalmente nos medios de América Latina

O columnista e editorialista de El País, Miguel Ángel Bastenier, participa no novo ciclo de conferencias que organiza este ano o Club Internacional de Prensa de Galicia "A información a debate" -que se abriu con Carlo Frabetti o día 27 de marzo-, e no que participarán distintos profesionais galegos e de ámbito internacional ao longo do ano.

Bastenier ofrecerá a súa Conferencia, "Xornalistas sen empresarios", mañá mércores día 9 de abril, na Facultade de Ciencias da Comunicación da USC, e a entrada é aberta a todo o público en xeral. O contexto da conferencia centrarase no espazo latinoamericano.

Ademais do seu papel en El País, Miguel Ángel Bastenier é tamén profesor da Escola de Periodismo do citado diario e da Fundación para un Novo Periodismo Iberoamericano de Cartagena de Indias (Colombia), que preside Gabriel García Márquez. Autor dos libros Israel-Palestina: la casa de la guerra e El Blanco Móvil; e de próxima aparición, Periodismo de Papel.

Xornalistas sen empresarios

Na súa intervención Bastenier centrará a súa análise en Latinoamérica. Así, na súa Sinopse, sinala que "en toda América Latina e, sobre todo, a América andino-caribeña, o que a penas deixa fose Arxentina e Uruguai, as empresas de prensa, pode que sexa o primeiro, pero escasamente o segundo. Ao perigo real de exercer o periodismo nuns cantos países do hemisferio, o que nos obriga a respectar enormemente a cantos exercen a profesión, hai que sumar as limitacións de feito con que se atopan no exercicio da liberdade de expresión por imperativos políticos, sociais e económicos, en especial en provincias. E todo iso se debe, fundamentalmente, ao exiguo dos mercados. España, que non se atopa precisamente á cabeza do número per cápita de exemplares vendidos no mundo desenvolvido, vende polo menos un 25% máis de xornais que Costa Rica que, seguramente, é o mercado máis rico desa América que exclúe parte do cono sur. Por iso, toda América está enchida de seminarios xornalísticos nos que nunca se discute a técnica xornalística, do que se ignora case todo, e moitísimo de deontoloxía e condicións (inverosímiles) de traballo, do que abundan os especialistas.