O columnista e editorialista participa no ciclo "A información a debate" o mércores 9 de abril, na Facultade de CC. da Comunicación da USC. A súa conferencia centrarase fundamentalmente nos medios de América Latina
O columnista e editorialista de El País, Miguel Ángel Bastenier, participa no novo ciclo de conferencias que organiza este ano o Club Internacional de Prensa de Galicia "A información a debate" -que se abriu con Carlo Frabetti o día 27 de marzo-, e no que participarán distintos profesionais galegos e de ámbito internacional ao longo do ano.
Bastenier ofrecerá a súa Conferencia, "Xornalistas sen empresarios", mañá mércores día 9 de abril, na Facultade de Ciencias da Comunicación da USC, e a entrada é aberta a todo o público en xeral. O contexto da conferencia centrarase no espazo latinoamericano.
Ademais do seu papel en El País, Miguel Ángel Bastenier é tamén profesor da Escola de Periodismo do citado diario e da Fundación para un Novo Periodismo Iberoamericano de Cartagena de Indias (Colombia), que preside Gabriel García Márquez. Autor dos libros Israel-Palestina: la casa de la guerra e El Blanco Móvil; e de próxima aparición, Periodismo de Papel.
Xornalistas sen empresarios
Na súa intervención Bastenier centrará a súa análise en Latinoamérica. Así, na súa Sinopse, sinala que "en toda América Latina e, sobre todo, a América andino-caribeña, o que a penas deixa fose Arxentina e Uruguai, as empresas de prensa, pode que sexa o primeiro, pero escasamente o segundo. Ao perigo real de exercer o periodismo nuns cantos países do hemisferio, o que nos obriga a respectar enormemente a cantos exercen a profesión, hai que sumar as limitacións de feito con que se atopan no exercicio da liberdade de expresión por imperativos políticos, sociais e económicos, en especial en provincias. E todo iso se debe, fundamentalmente, ao exiguo dos mercados. España, que non se atopa precisamente á cabeza do número per cápita de exemplares vendidos no mundo desenvolvido, vende polo menos un 25% máis de xornais que Costa Rica que, seguramente, é o mercado máis rico desa América que exclúe parte do cono sur. Por iso, toda América está enchida de seminarios xornalísticos nos que nunca se discute a técnica xornalística, do que se ignora case todo, e moitísimo de deontoloxía e condicións (inverosímiles) de traballo, do que abundan os especialistas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario