A TESTEMUÑA PROTEXIDA NILDA ELOY FALA O MÉRCORES NO C.I.P. DOS XUÍZOS CONTRA OS XENOCIDAS NA ARXENTINA E A LOITA CONTRA A IMPUNIDADE
Ás 8 da tarde do mércores día 2, na sede do Club Internacional de Prensa (Avda. de A Coruña 6, baixo), o ciclo "América Latina: Presente Indicativo" acollerá a conferencia de Nilda Eloy, membro da Asociación de ExDetenidos-Desaparecidos (AEDD) da Arxentina. O tema: "Os xuízos contra os Xenocidas na Arxentina, a loita contra a impunidade".
Nilda Emma Eloy, La Plata, Capital da Provincia de Bos Aires, foi secuestrada o 1 de outubro de 1976, en La Plata. Permaneceu "desaparecida" 11 meses en 6 centros clandestinos de detención. A partir de agosto de 1977, foi posta a disposición do Poder Executivo Nacional (Xunta Militar) sendo aloxada no cárcere de Vila Devoto ata a súa liberación en 1979.
É integrante da Asociación de Ex Detidos Desaparecidos (AEDD), dende a que colabora na confección dos chamados T.R.D -Traballos de Recompilación de Datos- de cada centro clandestino, nos que, baseándose na análise dos testemuños dos sobrevivintes, se conforman os listados das vítimas e represores.
Prestou testemuño nos Xuízos pola Verdade e en distintas causas penais.
Foi caso, querelante e testemuña no xuízo contra Miguel Etchecolatz, na sentenza da que se recoñece por primeira vez o xenocidio acontecido na Arxentina.
É querelante en forma particular e como integrante da AEDD da mega causa "Camps" e as causas penais que dela derivan; da mega causa "Primeiro Corpo de Exército" e as causas penais que dela derivan, como por exemplo a causa "Campo de Maio"; tamén da mega causa "Esma" e as causas penais que dela derivan.
Traballa no ex Arquivo da Dirección
Xuízos contra os Xenocidas na Arxentina, a loita contra a Impunidade
Nilda Eloy falará na súa intervención de cómo se chegou á anulación das Leis de Obedencia Debida e Punto e Final na Arxentina, que posibilitou nos últimos anos a apertura de xuízos contra os responsables e executores do terrorismo de estado implantando a última ditadura militar (1976-1983). Cómo ante esta posibilidade xurídica, se presentan como querelantes, qué conleva esa nova función e cáles son os logros obtidos a día de hoxe. Falará da situación actual, e do que falta aínda por facer.
Os crimes cometidos no marco da ditadura constitúen delito de xenocidio, tal como se logrou que así fose recoñecido xudicialmente por vez primeira na Arxentina en la sentencia de setembro de 2006 do Tribunal Oral nº 1 de La Plata, que condenou por unanimidade ó represor Miguel Osvaldo Etchecolatz a reclusión perpetua en cadea común. Esta sentencia sentou un precedente histórico que posibilita que outros cientos de represores de toda xerarquía sexan indagados, procesados e condenados por este delicto. É o primeiro paso para superar os procesos xudiciais contra imputados illados e por feitos fragmentarios, e para avanzar en xuízos unificados, que recoñezan o carácter coordinado e sistemático da represión ilegal.
Sentencia que novamente conseguiron no 2007 na cidade de La Plata, nun novo xuízo a outro represor: o sacerdote Christian Von Wernich, confesor do ex Xefe da Policía Bonaerense, Ramón Camps, e que foi condenado por numerosos homicidios e múltiples casos de privacións ilegais da liberdade e torturas, en diferentes Centros Clandestinos de Detención.
“Os organismos de dereitos humanos que impulsamos estes xuízos temos que afrontar diversos obstáculos pola falla de recursos humanos, presupostarios e de infraestructura á que están sometidos -por falla de acción do Goberno nese sentido- os xulgados federais e as fiscalías. Debido a iso, todo o traballo de investigación e reunión de probas segue en mans dos querelantes, coma se o Estado non tivese ningunha obriga ó respecto; e, como consecuencia, constátase a falla de medios materiais das querelas en contraste cos afamados estudos xurídicos contratados poos represores que saturan de recursos as causas provocando por unha banda, unha enorme dilación dos procesos e pola outra, a necesidade de intensificar ó extremo o traballo dos nosos avogados”.
A isto súmanse outros feitos especialmente graves: o secuestro e desaparición de Jorge Julio López -testemuño do xuízo a Etchecolatz- perpetrado o día anterior á lectura da sentencia nese xuízo e aínda non esclarecido; e a difícil situación de ameazas e intimidacións que están sofrindo tantos testemuños, vítimas e familiares, como incluso membros da Xudicatura e da Fiscalía que actúan nas causas relacionadas coa represión ditatorial, e cuxo objectivo é seguir preservando a impunidade da que disfrutan a inmensa maioría dos criminais.
A loita contra a impunidade, malia ter que falar e reclamar por unha nova desaparición, é o único xeito real de dicir “nunca máis".
NILDA ELOY
Foi secuestrada o 1 de outubro de 1976, en
É integrante da Asociación de Ex Detidos Desaparecidos (AEDD), dende a que colabora na confección dos chamados T.R.D -Traballos de Recompilación de Datos- de cada centro clandestino, nos que, baseándose na análise dos testemuños dos sobrevivientes, se conforman os listados das vítimas e represores. Prestou testemuño nos Xuízos pola Verdade e en distintas causas penais. Foi caso, querelante e testemuña no xuízo contra Miguel Etchecolatz, na sentenza da cal se recoñece por primeira vez o xenocidio acontecido en Arxentina.
É querelante en forma particular e como integrante da AEDD da mega causa "Camps" e as causas penais que dela derivan; da mega causa "Primeiro Corpo de Exército" e as causas penais que dela derivan, como por exemplo a causa "Campo de Maio"; tamén da mega causa "Esma" e as causas penais que dela derivan.
Traballa no ex Arquivo da Dirección de Intelixencia da Policía da Provincia de Bos Aires, xestionado pola Comisión Provincial da Memoria.
Xuízos contra os Xenocidas na Arxentina, a loita contra a Impunidade
Os crimes cometidos no marco da ditadura constitúen delito de xenocidio, tal como se logrou que así fose recoñecido xudicialmente por vez primeira na Arxentina en la sentencia de setembro de 2006 do Tribunal Oral nº 1 de
Sentencia que novamente conseguiron no 2007 na cidade de
“Os organismos de dereitos humanos que impulsamos estes xuízos temos que afrontar diversos obstáculos pola falla de recursos humanos, presupostarios e de infraestructura á que están sometidos -por falla de acción do Goberno nese sentido- os xulgados federais e as fiscalías. Debido a iso, todo o traballo de investigación e reunión de probas segue en mans dos querelantes, coma se o Estado non tivese ningunha obriga ó respecto; e, como consecuencia, constátase a falla de medios materiais das querelas en contraste cos afamados estudos xurídicos contratados poos represores que saturan de recursos as causas provocando por unha banda, unha enorme dilación dos procesos e pola outra, a necesidade de intensificar ó extremo o traballo dos nosos avogados”.
A isto súmanse outros feitos especialmente graves: o secuestro e desaparición de Jorge Julio López -testemuño do xuízo a Etchecolatz- perpetrado o día anterior á lectura da sentencia nese xuízo e aínda non esclarecido; e a difícil situación de ameazas e intimidacións que están sofrindo tantos testemuños, vítimas e familiares, como incluso membros da Xudicatura e da Fiscalía que actúan nas causas relacionadas coa represión ditatorial, e cuxo objectivo é seguir preservando a impunidade da que disfrutan a inmensa maioría dos criminais.
A loita contra a impunidade, malia ter que falar e reclamar por unha nova desaparición, é o único xeito real de dicir “nunca máis".
No hay comentarios:
Publicar un comentario