miércoles, 26 de septiembre de 2007

6 de outubro Roteiro polo Dereito á Vivenda en Vigo

Precarias en Loita
O sábado día 6 de outubro ás 18h sairemos desde a Porta do Sol, para facer un roteiro contra a especulación e o abandono de moitos edificios no espazo urbán, especialmente no Casco Vello e o Barrio do Cura.
Animamos á xente a que traia sprays e plantillas de todo tipo.
- Caixa dos correios:: precariasvigo(arroba)gmail.com
www.precarias.arkipelagos.net

lunes, 24 de septiembre de 2007

Comezaram os distintos cursos no Local Social Faísca

A partir da próxima semana comezaram os distintos cursos no Local Social Faísca
Todas as actividades seram no local do Calvario, na Rua Toledo nº 9 rés-do-chao; e os horários seram a acordar entre as alumnas e alumnos e o mestre.
Para mais informaçom ou reservar praça no próprio local ou ligando por correio faiscagz@hotmail.com

Curso de Requinta (Iniciaçom e aperfeiçoamento).

Curso de Gaita (Iniciaçom em frauta )

Baile galego

Capoeira

Iniciaçom à escalada / Rocódromo

História de Galiza

Formaçom dumha companhia teatral

L.S. Faísca
faiscagz@hotmail.com

www.faisca-gz.blogspot.com

lunes, 17 de septiembre de 2007

MOISES DA PRESA: ALMA MATER DA PONDAL

MOISES DA PRESA. Por: Lois Perez leira

Moisés da Presa Esmerode naceu na cidade de Vigo o 11 de maio de 1904. Moisés era das Travesas, un barrio que por aqueles anos estaba nas aforas da cidade, camiño ás praias de Samil. En 1920, cando tiña 15 anos, os seus pais deciden emigrar a Bos Aires e en case 25 días que durou a travesía foi parar a un Convento da capital do Prata.

Bos Aires era unha cidade con intensa vida política e cultural. As ideas socialistas e anarquistas estaban moi de moda. Era unha época na que a revolución rusa conmovera os alicerces do vello réxime capitalista. Os cafés da Rúa Corrientes ou a Avenida de Mayo albergaban as tertulias literarias máis prestixiosas do momento. As Grupos literarios Florida” ou “Boedo” eran as máis coñecidas daquel entón que reunían a figuras como Borges, Raúl González Tuñón, Leopoldo Marechal, Álvaro Yunque, Leonidas Barleta, Roberto Arlt, etc. Namentras que no outro Grupo, un pouco distinto ao anterior, que tiñan como lugar de xuntanza na cafetería “La Armonía” se reunían os mozos galegos que tiñan inclinacións literarias ou políticas. Alí, entre lembranzas, copas de coñac e moita nostalxia, iase nucleando un grupo de intelectuais, e entre eles estaban Eduardo Blanco Amor, Ramón Suárez Picallo, Abraira e o recén chegado Moisés Da Presa. O xornalista Denís Conles, quen coñeceu con fondura ao noso biografiado, relátanos: “Por aquela época formárase nun café da Avenida de Mayo unha peña de galegos – a maioría xente moza- avencelledos polo ideal dunha Galiza ceibe e democrática. Alí eran lidos e discutidos apaixoadamente os clásicos galegos, as obras dos novos autores, o periódico A Nosa Terra, a revísta Nós... A fala galega convertíase, nos beizos da mocedade, nunha arma nobre e baril para loitar pola dinificación dunha colectividade asoballada por un deprimente complexo de inferioridade. A este grupo incorporóuse Moises da Presa cando aínda non tiña vinte anos. Foi asín un dos fundadores, no 1925, da inesquencibel Sociedade Nazionalista Galega “Pondal”, que en xaneiro do ano seguinte comenzóu a publicar o seu combativo periódico A Fouce.”

A Sociedade Nazionalista Galega Pondal fundárona, entre outros, Vicente Barros, Francisco Lamas Barreiro, Lino Pérez, Manuel Oliveira, Antón Zapata García e Moisés da Presa, logo sumaríanse Bieito Fernández, Ricardo Flores, Bernardo Souto, etc.

A nova sociedade “Pondal” estaba influenciada pola recentemente fundada Irmandade da Fala da Coruña. Na súa revísta “A Fouce” escribían desde Galiza figuras como Vicente Risco, Ramón Otero Pedrayo, Álvaro de las Casas e López Cuevillas. A ideoloxía dos “pondalianos”, como popularmente se lles chamaban, era o arredismo. Esta posición tamén a asumía unha organización semellante creada en Cuba polo independentista Fuco Gómez. Este influiu desde A Habana no pensamento radical dos nacionalistas galegos radicados no Río da Prata. Ambas organizacións dedicáronse a loitar para dignificar ao pobo galego, cando este era ridiculizado.

Bieito Cupeiro gustaba de contar unha das tantas anécdotas da Pondal: “Os fenianos” da “Pondal estaban en todas”. Mesmo botando abaixo de xeito definitivo unha obra teatral onde se poidera lixar o bon nome de Galiza e do seu pobo, como lle aconteceu á coñecida artista da escea nacional Olinda Bozán, cando representaba nun teatro porteño a obra dun dos máis consagrados autores do teatro arxentino, Alberto Vararezza, `Doña Quijota de Orense´. Neste caso os pondaliáns armaron tal rebundio que houbo que suspender a función e a obra non poido ser reposta nunca máis en ningunha saa, pola resonancia que tal feito chegou acadar na imprensa e na opinión culta da capital, que se puxeron de parte dos galegos por entender que de tal xeito non se volverian a verter tais aldraxes contra ningunha das comunidades residentes”. Un dos participantes daquel famoso suceso Ricardo Flores agrega á historia: “Cando nos enteramos que se estreaba unha obra que ridiculizaba aos galegos, xuntámonos un grupo da Pondal e fomos para o teatro. Ao comezar a obra os actores de forma chistosa empregaban palabras como `jato, jaliña´ e comezamos a berrar `Abajo!.... abajo!.... abajo!...´ foi tal o estrondo que realizamos que baixaron el telón. A actriz desconsolada polos berros dicía que na súa vida pasara unha situación igual. O escandalo foi tal que a policía detivo a varios dos nacionalistas, entre elos a Moisés da Presa”. Segundo o propio Flores, a policía cando interrogou a da Presa preguntoulle cal foi o motivo polo cal organizaron aquel tumulto e este contestou: “Señor comisário, eu son de Vigo unha cidade da Galiza; e se vostede se atopara, como arxentino que é, no Teatro García Barbón de Vigo, onde se representase unha obra ridiculizando aos arxentinos...aplaudiria?”. Esta resposta de da Presa significou a posta en liberdade de todos os “revoltosos” da Pondal.”

Nos anos trinta a Pondal adhírese á Federación de Sociedades Galegas, mais o amor durou moi pouco tempo e son expulsados da mesma.

En 1936 comézase a profundizar as correntes internas dentro da asociación, por unha banda Vicente Barros intenta fusionarse co grupo galeguista que dirixe Prada. Preto de 15 afiliados desta corrente danse de baixa e pásanse ao sector autonomista do Partido Galeguista. En 1939 Oliveira e Carril intentan reconducir á Pondal, mais a entidade está nunha crise fonda, chegando en poucos meses á autodisolución. O historiador Nuñez Seixas sinala no seu libro “O Galeguismo en America”: “Algúns dos membros da mesma, porén, como Barros ou M. Da Presa, chegarán a un acordo co grupo comunista galego para reeditar A Fouce como órgao do P.C. galego na arxentina, o que tamén contribíu á fin do nacionalismo purista e intransixente defendido dende 1926 polos pondaliáns, moitos dos cáles – coma o mesmo da Presa, Oliveira, e algún máis – militarán nos anos 40, tras duhna primeira etapa de disconformidade, nas riolas do nacionalismo federalista liderado polos esilados, en primer termo Castelao”.

Moisés da Presa tivo unha activa participación nas distintas entidades da emigración entre elas participou na Intersocietaria, Irmandade Galega, Centro Ourensano e foi membro do Consello de Galiza. Tamén exerceu un intenso labor xornalístico en Fouce, A Nosa Terra, Opinión Gallega, Vieiros (México) e no Boletín do Consello de Galiza. O seu labor xornalístico en A Nosa Terra, editada en Bos Aires, foi moi prolífero asinando numerosos artigos na sección Revoldaina co seudónimo de Lourenzo Fragoso.

Na área literaria escribiu o libro “Chuvia e outras narracións” na editorial “Nós” de Bos Aires, en 1972. Segundo Alberto Vilanova deixou inédita unha novela “Historia dunha saudade”. Sobre a súa narrativa di Denís Conles “Da Presa ten un estilo sobrio, sinxelo, direito. Non hai verbas de máis. A narración é axil, precisa. O diálogo, utilizado maxistralmente, abonda para situar con esaititude ambentes e psicoloxías. Cando quer ubicar un persoaxe nun ambente físico determinado, arránxase con duas pinceladas. En canto ao tempo, é curioso ouservar que os contos de temas galegos abranguen épocas diferentes, incluso a da Galiza aitual”.

A última etapa de Moisés da Presa ocupouna na Irmandade Galega, organización esta que fundara Castelao á súa chegada a Bos Aires.

Da Presa despois de varias décadas sen volver a Galiza logra visitar a súa tierra xunto a súa esposa Xenoveva en 1951, retornando novamente en 1966. Na súa estancia en Vigo contacta cos galeguistas que se nucleaban arredor da editorial Galaxia.

O actual presidente da Confederación Intersindical Galega (CIG) Manuel Mera, quen comezou a súa actividade política na emigración como discípulo de da Presa, relátanos algúns aspectos do noso biografiado: “Cando me incorporei á Irmandade Galega de Bos Aires, foi con da Presa con quen tiven maior vínculo. Por aqueles anos eu era un mozo e da Presa e os demais membros da Irmandade eran persoas moi maiores. Lembro que da Presa lle gustaba contarme todas as accións que realizaron na época da Pondal. Tamén lembro que me contaba cando intentou organizar un partido comunista autenticamente galego. Da Presa xunto a Fuco Gómez, Ramón Suárez Picallo, Luís Soto e Pepe Velo foron os nacionalistas da emigración que mellor expuxeron o nacionalismo de esquerdas”.
Moisésda Presa faleceu en Bos Aires o 4 de xaneiro de 1981, con el desaparecía toda unha xeración de loitadores pola dignidade de Galiza.

Lois Pérez Leira

BIBLIOGRAFIA CONSULTADA:

Moisés da Presa: “Chuvia... E Outras narracións”. Edicións Nós.
Bos Aires, 1972.
Bieito Cupeiro: “A Galiza de Alén Mar”, Ediciós do Castro
Santiago de Compostela, 1989.
A Nosa Terra (etapa do exilio)
Opinión Gallega, Bos Aires, 15 de maio de 1971 e 15 de xuño de 1972.
Galicia, Revista del Centro Galego de Bos Aires.
Agosto de 1971, páx. 51.
Gran Enciclopedia Gallega, Páx. 232.

domingo, 16 de septiembre de 2007

Biografías de vigueses 1. Xosé Manuel García Barbón

Biografías de vigeses y afines.

García Barbón. Por: Lois Perez Leira.

Xosé Manuel García Barbón naceu en Verín na provincia de Ourense o 1 de abril de 1831. Foron os seus pais Victorio García Barbón e Manuela Solla. ¿¿José Manuel quen se cría que o seu tío Luciano adopta os dous apelidos por parte paterna?? Os pais de García Barbón deciden a temperá idade envialo a Cuba onde residía o seu tío Luciano, quen gozaba dunha grande fortuna. En 1844 chega un barco veleiro ao porto da Habana. Cuba por aqueles anos era unha das últimas colonias españolas xunto a Porto Rico e Filipinas. Cáseque pouco quedara da inmensa colonia, tan só algunhas illas esparexidas polo mundo e os intentos constantes dos ingleses e norteamericanos para quedareb co botín.

Xosé Manuel instálase na luxosa casa que o seu tio tiña na Habana, na rúa da Amargura, para logo mudarse a outra vivenda máis espaciosa na rúa Teniente Rei 34. O seu tío quérelle dar a mellor formación para que algún día poida herdar as empresas deste. Entre os distintos cargos que tivo Luciano García Barbón foi a de Conselleiro do Banco Español na Habana, incluso algúns historiadores sinalan que foi propietario dalgún banco.

Co transcorrer dos anos o seu tío vaino introducindo nos seus negocios, e pouco a pouco Xosé Manuel vaino suplantando no labor mercantil. Xa desde novo Xosé Manuel amosaba ser esperto e intelixente. Herdara o sentido comercial do seu tío.

O destacado xornalista e fundador do Centro Galego da Habana W. Álvarez Ínsua dixo nun artigo publicado en "El Eco de Galicia": "O señor Barbón é por todos coñecido e entre o non pequeno número de galegos aquí residentes non se contará seguramente dúas ducias que non estean perfectamente convencidos das singulares virtudes que a tan bondadoso señor adornan.

O señor Barbón que veu a este país en idade moi temperá tivo ocasión de facer fortuna, gañada traballando do xeito máis honroso e digno e hoxe, seguindo un vello costume empregado en facer ben e en redimir necesidades e miserias...".

García Barbón desde a súa mocidade intentou organizar aos galegos en Cuba, tal foi así que participou da primeira comisión directiva da Sociedade de Beneficencia de Naturais de Galiza, que se realizou no Casino Español o 21 de xaneiro de 1872 sendo elixido tesoureiro. A primeira comisión directiva quedou constituída por Ambrosio Tomati, presidente; Juan Más, director; José García Barbón, tesoureiro, Joaquín Canal, secretario; e doce conselleiros titulares e doce suplentes. Na mencionada asemblea fundacional foi o seu amigo Policarpo Sanz quen o propuxo para ese cargo. Como ben destaca o historiador Xerardo Dasairas Valsa no seu libro "José García Barbón e o Colexio de Verín no centenario da súa fundación" que: "A traxectoria vital destes dous persoeiros é dun paralelismo abraiante no que se refire á herdanza da fortuna, na súa adicación aos negocios bancarios no seu filantropismo e mesmo na carencia de descendencia directa en ambos os casos".

O seu amigo José Policarpo Sanz Soto era un dos homes máis ricos de Cuba, herdara unha fortuna do seu xefe o señor Baró. Posteriormente co casamento coa súa muller Irene, que pertencía a unha familia millonaria establecida en Nova Iork, viu incrementada a súa fabulosa fortuna. Policarpo Sanz Soto doaría despois o primeiro colexio de ensino secundario que houbo en Vigo, o Instituto Santa Irene, que leva o nome da súa muller.

Ambos os empresarios galegos xogaron un papel moi importante tanto na economía cubana como axudando a consolidar as primerias organizacións mutualistas galegas.

García Barbón, quen era un home de talante amplio e liberal, se incorpora á Masonería na Orde da Grande Oriente Nacional de España, Unión e Concordia nº 21 co nome "simbólico" de , sendo iniciado segundo o estudioso en temas masónicos Alberto Valín o 5 de decembro de 1866 obtendo o 5º grao o 31 de decembro de 1885. É importante destacar que a masonería gozaba por aqueles anos dun grande prestixio, tendo entre os seus adeptos a figuras galegas da proxección de Ramón de la Sagra, Curros Enríquez, o impresor Francisco Armada, Lugrís Freire, Juan García Casariego, o independentista Fuco Gómez, José Fontela Leal (fundador da Academia Galega), etc.

Segundo nos conta Desairas, García Barbón tendo unha saúde bastante afectada resolveu retornar a Galiza: "No mes de xaneiro de 1884, e moi fraco na súa saúde, decide retornar a Verín. Esta decisión, acompañada da liquidación dos seus negocios..." . Na acta da Sociedade de Beneficiencia de Naturais de Galiza do 20 de xaneiro de 1884 exponse sobre o seu retorno: "...E esgotada a materia que corresponde tratar neste escrito, cumpre un penoso deber, o que informou participando aos señores socios que o Tesoureiro único que custodiou os fondos da Sociedade desde a súa creación ata que máis dunha vez facilitou recursos propios para que non ficaran desatendidas as necesidades dos pobres, viuse forzado a irse deste país por motivo de saúde e a deixar polo tanto o posto que tan excelente servizo lle veu prestando á Sociedade nos doce anos da súa existencia. Algo reposto felizmente dos seus males o señor don Xosé García Barbón precisou, sen embargo, trasladarse a outros climas nos que asegurar a súa completa curación...".

A Sociedade mencionada contou en distintas oportunidades con diferentes doazóns económicas de García Barbón. A última de especial importancia foi en febreiro de 1895 cando voltou a Cuba por unha tempada doando 500 pesos de ouro. Os directivos desta sociedade nomeárono Socio Benefector da mesma.

Tamén foi socio e impulsor da fundación do Centro Galego da Habana.

W. Álvarez Ínsua sinalaba no seu artigo antes mencionado: "O ex-tesoureiro da benéfica galega, aquel intelixente banqueiro que soubo dirixir tan admirablemente o banco do seu nome libertándoo de desastres en que pouco ou moito caeron todos os creados en Cuba, que inimigo irreconciliable da exhibición buscou a oscuridade para exercer a caridade dando así exemplo aos que coñecen do evanxelio a máis lixeira máxima, atópase agora en Verín, o seu pobo natal, dando vida a unha institución das máis útiles e filantrópicas deste século.

O señor Barbón vai crear con capital seu un banco agrícola para facilitar pequenas sumas aos labregos sen xuros de ningunha clase...".

Antes do seu retorno a Verín comezou o seu labor benéfico enviando 7.550 pesetas para a recuperación da igrexa parroquial. Ao chegar costeou os salarios dun mestre da escola pública da vila. En 1885 contribuíu con 5.500 pesetas para rematar as obras da torre do Santuario dos Remedios. En 1886 financiou a plantación de árbores na Alameda e na Avenida de Sousas. Tamén achegou 4.000 pesetas en 1892 para o estudio do trazado do ferrocarril de Verín a Ourense.

En 1895 fundou en Verín o Colexio San José, quedando a dirección da escola en mans da Orde de San Xoán Bautista de La Salle.

Entre as empresas que creou ao seu retorno podemos mencionar as seguintes: en 1904 inaugurou as instalacións do Hotel e Balneario Cabreiroá, as súas augas tiñan e teñen fama en toda Galiza; fundou a empresa de electricidade Electra de Verín S.A.; en 1907 creou con outros socios unha empresa de transportes chamada Automóviles Ómnibus de Verín S.A.

García Barbón despois dunha larga tempada no seu Verín natal comezou a recuperarse da súa saúde. O clima e a alimentación de Galiza fixeron que o seu corpo tivese unha rápida melloría e o seu mellor ánimo aléntao a realizar unha máis plena actividade económica. Este sería case que con seguridade o motivo polo cal García Barbón trasladou a Vigo a súa residencia. Verín quedáballe pequeno para un visionario das características de Barbón. Foi así que se instalou en Vigo mercando o terreo e casa de Vista Alegre. Alí instalouse en 1894, vivindo coa súa irmán Carlota e con catro fillos desta.

García Barbón continuou en Vigo o seu labor benéfico doando en 1900 ao Concello de Vigo o edificio da escola de Artes e Oficios; a súa obra custou 750.000 pesetas. En 1901, na planta baixa, fundou a Biblioteca con cinco mil volumes. Entre outras obras benéficas doou o terreo de San Lourenzo para a construcción do Asilo do Niño Jesús de Praga. Colaborou coa construcción das Escolas Salesianas do Arenal. Axudou a rematar o local da Sociedade de Agricultores de Teis, a Cociña Económica, a Casa da Caridade, o Hospital. Construiu edificios na rúa Policarpo Sanz, un barrio en San Lourenzo e mercou o edificio do Teatro Rosalía de Castro con fins culturais.

Segundo nos informa Dasairas no seu libro, García Barbón foi a persoa que máis propiedades tiña en Vigo, calculando en 100.000 metros cadrados no ámbito céntrico.

O 7 de marzo de 1909 faleceu sorpresivamente na súa casa de Vista Alegre. Preto de vinte mil persoas despedírono ao día seguinte polas rúas de Vigo. Os vigueses queríanlle dar o último adeus a un dos homes que máis fixo por esta cidade de adopción. En 1927 a cidade de Vigo honrou a súa memoria inaugurando un monumento realizado polo célebre escultor Asorei. O goberno español realizou a entrega póstuma da Orde de Alfonso XII polos servicios prestados á cultura, a primeira Grande Cruz foi para García Barbón. Vigo lembrouno coa rúa que leva o seu nome, estando con outros como Policarpo Sanz e Ramón Nieto, como lembranza aos nosos emigrantes e á súa grande vocación benéfica.

sábado, 15 de septiembre de 2007

Concentración en Vigo para solicitar la aparición con vida del Compañero Julio López.

A Comisión pola Investigación dous Desaparecidos Galegos convoca a todos os democratas para solicitar a aparicion con vida do Compañeiro Xullo López, desaparecidos na arxentina o 17 de setembro de 2006.

Concentración: martes 18 de setembro.
Hora: 13
Lugar: Porta do Consulado Arxentino. López de Neira 3, Vigo.


Jorge Xullo López (n. Xeral Villegas, Provincia de Bos Aires, Arxentina, 1929 - ? ) albanel arxentino e ex-militante de base dunha unidade básica peronista barrial, desaparecido desde outubro de 1976 ata xuño de 1979 durante o Proceso de Reorganización Nacional e por segunda vez en setembro de 2006, durante o goberno democrático de Néstor Kirchner. Logo de dun ano da súa última desaparición, non existen hipótese sobre o seu paradoiro e a investigación xudicial non avanzou. Jorge López foi detido ilegalmente e levado a distintos centros clandestinos de tortura durante o Proceso de Reorganizacón Nacional (PRN) (1976-1983). Foi secuestrado o 21 de outubro de 1976 ata o 25 de xuño de 1979, sen habérselle formulado un xuízo previo, e violando a Constitución Nacional e os Dereitos Humanos. Miguel Etchecolatz era Director de Investigacións da Provincia de Bos Aires e encargado dun dos centros de detención clandestinos durante a última ditadura militar arxentina, e man dereita do ex Xeral Ramón Camps. Logo de 30 anos do final da ditadura, e habéndose derrogado as leis de Obediencia Debida e Punto Final, Miguel Etchecolatz foi o primeiro acusado por xenocidio. Jorge López era sen dúbida unha testemuña crave, quen non dubidou en declarar ante a Xustiza, xa que coas súas declaracións involucraba a polo menos 62 militares e policías. Grazas ao seu testemuño, Miguel Etchecolatz áchase detido nun cárcere común, condenado a cadea perpetua.

Logo da condena de Etchecolatz, Jorge López desapareceu sen deixar rastros, o día 17 de setembro de 2006, na cidade da Prata.Durante os longos meses que median desde a desaparición de Jorge Xullo López, nin o goberno nacional nin o goberno provincial obtiveron ningún éxito nas súas pescudas.


Testimonio de Julio Lopez

martes, 4 de septiembre de 2007

O sábado 8 de setembro ás 18:00 convidámosvos a I Reconquista da illa de Toralla

O sábado 8 de setembro ás 18:00 convidámosvos a I Reconquista da illa de Toralla,
coa que pretendemos reinvidinca-lo uso da illa por parte de tod@s e manifestar a nosa repulsa ás construccións feitas nela, en especial á torre.
Será un acto pacífico que arrincará dende o principio da ponte, no que levaremos música e iremos con vestimenta pirata para facelo máis visibel.
Animámosvos a participar, tanto pola ponte como pola auga, xa sexa en piraguas, barcas, chalupas…
Un saúdo.

Colectivo Xogo Descuberto