lunes, 25 de noviembre de 2013

30 novembro: IV Xornadas Feministas en XUNTAS

30 de novembro: IV Xornadas Feministas en XUNTAS.


17.30 h. – Proxección: “Leonera”.

Película arxentina que participou no Festival de Cannes 2008. O filme aborda a maternidade dentro do sistema penitenciario. Na cinta non se recrearon os escenarios penitenciarios, senón que se rodou en centros reais como, por exemplo, o de “Olmos”, o de “Los Hornos”, o de “San Isidro “ ou a cárcere de mulleres de “San Martín”.

En Arxentina, “leonera” significa “lugar de tránsito” e, polo xeral, utilízase para designar as zonas das prisións polas que @s pres@s deben pasar para ser trasladad@s, tanto dentro como fóra delas.

Despois dalgúns anos en prisión, Julia, acostumada ao universo do cárcere, transfórmase nunha muller dura, que deberá loitar para recuperar a súa libertade e a do seu fillo.


19.30 h. – Debate: “Cárceres de mulleres”.

www.respetoeigualdad.piesnegros.org

jueves, 14 de noviembre de 2013

Avogado das causas internacionais contra a represión franquista denuncia campaña de acoso.

Gustavo Garcia Fernandez

O avogado viguéz especialista en dereitos humanos, Gustavo Garcia Fernandez, denuncia que o asalto ao seu despacho e a súa posterior detención acusado de roubo de vehículos son parte dunha campaña de acoso e desprestixio debido á súa participación na persecución xudicial intencional dos crimes do franquismo.

Reproducimos a continuación un informe enviado polo letrado.

INFORME GAIVOTA

1.- O 14 abril de 2.010 presentouse na Cámara Federal Arxentina unha

querela, a iniciativa do Avogado arxentino con exercicio profesional en

Madrid, Carlos Slepoy Prada, por parte de varios avogados e colectivos

arxentinos, no nome de dúas vítimas do xenocidio executado durante mais

de 40 anos de ditadura franquista e alguns mais.


2.- O 30 de abril seguinte, presentouse no Xulgado Federal nº Un de

Buenos Aires un escrito de adesión a dita querela, denunciando o xenocidio

cometido específicamente en Galiza, onde non houbo frente de guerra e

únicamente unha matanza unilateral da que se considera foron vítimas
gustavo garcia fernandez
deceas de miles de galegos (30.000 dicía Castelao).


3.- Conforme a información incorporada a marabillosa páxina web (hoxe

pechada polo actual goberno galego) elaborada conxuntamente polas

tresUniversidades galegas (Santiago, Vigo e A Coruña) “Os nomes, Os

lugares, As voces” aportamos a causa os nomes e circunstancias concretas

de mais de 4.800 galegos asesinados durante os anos da guerra civil

e inmediata posguerra, entre eles tódalas autoridades e representantes

políticos que elexiran democráticamente os galegos nas distintas eleciós.


Os dous querelantes iniciais, sumamos así casi 5.00 galegos e aportamos

a representación notarial de 16 persoas concretas vítimas do xenocidiono

noso país, que se incorporaron a causa como parte acusadora.


4.- Viaxou conmigo a Bs. As. nese momento (30.4.2010) Silvia Carreterro,

viuva de Luis Sanchez Bravo, vigués fusilado xunto ao tamén vigués Xose

Humberto Baena e tres militantes vascos mais o 27 de setembnro de 1.975.

Silvia e hoxe avogada en Madrid (de unha organización de defensa dos

dereitos da muller) e solicitamos da Xuiza Federal Servini de Cubría, titular

do Xulgado Federal nº Un de Buenos Aires que tramitaba e tramita hoxe a

causa, que lle recibise declaración, ainda que non se practicara dilixencia

algunha e encontrábase entonces a querela sen admitir a trámite. Aceptou a

Xuiza tomarlle declaración xa que se tiña desprazado ate alí, a expensas do

que despois puidera acordarse.


5.- Contou Silvia como cando detiveron ao seu home tentou escapar

a Portugal, foi detida en Extremadura pola Garda Civil, torturada a

violada nun cuartel alí e trasladada a Madrid, a DGS (Posta do Sol), onde

foi asimesmo violada e vexada (encontrábase encinta da súa filla) no

mesmomomento que fusilaban a Luis, Baena e os outros militantes. O amo

na DGS por aquel entón (e durante moitos mais anos, ate a súa xubilación)


6.- Andando o tempo a causa foi rexeitada pola Xuiza Federal, mais

prosperaron os recursos e admitirona definitiva eirreversiblemnte a

trámite, a mais alta instancia xudicial arxentina, por CRIMES CONTRA A

HUMANIDADE no contexto dun XENOCIDIO.


7.- Os atrancos que a dita investigación poñen a xustiza e o goberno

españois fan que vaia moi lenta, mais hai poucas semanas comezou por fin

a producir efectos: a Xuiza Servini de Cubría pediu a EXTRADICIÓN E

dictou ORDE DE BUSCA E CAPTURA INTERNACIONAL CONTRA

Billi el niño e outros tres policías destacados na execución destos

gravísimos crimes obxeto de investigación.


8.- Nos pediramos entonces, cando declarou Silvia Carretero, que se

solicitase tamén a extradición e detención dos maxistrados e fiscal que

condenaron a morte a aqueles cinco rapaces, así como dos voluntarios do

pelotón de fusilamento, membros da policia nacional e a garda civil, o que

suponemos non tardarámoitoen acordarse.


9.- Hai poucos días (casi coincidindo co asalto ao meu despacho) a Fiscalía

da Audiencia Nacional española se opuso a extradición de Billi el niño

e os outros tres xenocidas. Esta pendente a decisión dos Maxistrados

da Audiencia Nacional sobre si acceden ou non a extradición ou, como

o fiscal, consideran de aplicación a Lei de Amnistía do ano 1.978. Ao

respecto dúas consideracións:


a) O Xuíz Garzón foi apartado e procesado por decidir non

aplicar dita Lei, en canto contraria aos tratados internacionais e

normativa internacional para a persecución destos delitos.

b) A Sala en Pleno da Audiencia Nacional, por Auto dictado cando

Pinochet estaba detido en Londres, decidiu que as leis de amnistía

arxentinas e chilenas non resultaban de aplicación por contravenir

tódala normativa internacional que prohibe amnistiar os crimes

contra humanidade. Veremos que deciden agora, cando se

trata de unha lei española, da que se pode e se debe predicar

excactamente o mesmo,aindaque pordewcidiloasí, Garzón fgoi

apartado da súa función xurisdiccional.


10.- A transición española, tan celebrada, produxo a aberración de

que criminais internacionais, xenocidas, que violaban, torturaban e

mataban impunemente ao seu gusto, como son os agora reclamados

pola xustiza arxentina, non soio non fosen xulgados, sinón que

seguisen ascendendo e exerecendo o poder xenocida ate a súa

xubilación, conservando hoxe intacto (ou incluso aumentado) todo

o seu poder, como e o caso de Billi el niño e os outros tres policias

torturadores agora requeridos pola xuiza arxentina.


11.- Como efecto destas peticións de detención por xenocidio, estas

bestas, estes criminais, ainda que non fosen extraditados a Arxentina,

non poden xa nunca mais nas súas vidas poñer un pé fora do estado

español, porque serían inmediatamente detidos polaInterpol e

remitidos a unha cárcel porteña.


12.- Non deben estar moi contentos estos FILLOS DE MIL PUTAS

con estas decisións que agoracomezan, POR FIN!!!,a quebrar

asúa insultante impunidade (Silvia pode topar en Madrid aos seus

violadores e non pode facer absolutamente nada en contra deles,

pola puta Lei de Amnistía tan marabillosa que sostén como bandeira

o noso TRIBUNAL SUPREMO, con Luciano Varela a cabeza de

tódolos xuices procesables por xenocidio: tódos os que exerceron a

jurisdicción penal antes do ano 1.977, o período que investiga a Xuiz

Servini). ¿Cómo van a autorizar se abra unha causa na que todos eles

poden resultar encausados?


13.- Indo agora aomais particular, a noite do 3 ao 4 de novembro

entraron no meu despacho. Eu tiña un xuizo en Pointevedra o 4 a

primeira hora e non voltei en todo esedía polo despacho. A muller do

porteiro, que limpia oficiña, ao mirar a desfeita chamou a policía e

a policiá científica estivo aquí, e tomou as mostras que quixo, antes

siquera que eu me entarase doque tiña pasado.


14.- O martes dia 5, as 8 da mañán, entro eu no despacho e

encontrome a desfeita. O porteiro me dice que a policía científica

deixou un teléfono para que os chamase. En lugar de chamalos,

como parecíame todo moi grave, fun andando ate a Comisaría de

López Mora, coa intención de interpoñer xa a denuncia, con o meu

can, un labrador, que me acompañaba no momento que descubrín o

que fixeran no despacho. Ao chegar a comisaría, advertín ao policía

que da as citas para o DNI, o lado da porta de entrada (que coñezo

hai moitos anos, era o policía que acostumaba subir os detidos o

Xulgado hai anos, unha belísima persoa, UN POLICIA DIGNO,

nada que ver con todos os que topei durante as 30 horas da miña

detención), que me botase un ollo ao can, que quedaba fora, mentres

eu subía a falar coa policía científica.


15.- Preguntei no mostrador onxde estaba a científica (non son o

CSI, a de Vigo ten tanto de científica como eu de pasteleiro, velaí a

torpísima montaxe de intoxicación que me estan organizando) e me

dixo o policía do mostrador que nélos chamaba. Púxome con eles

por teléfono, dende o mesmo mostrador da comisaría, e me dixeron

que non me podían atender, que voltase en outro momento.eum

insistín en que viña andando, ex profeso e que eran feitos moi graves,

que quería falr con eles, e me dixeron que mirase mun cartel que

teñen exporto na planta baixa, onde fala da maneira, de denunciar por

Internet, que escribise un detalle detódolos danos e un velatorio

de tódolos sospeitosos, e así quedamos, marchei sen denunciasr e

sen mirarlles siquera a cara, porque eles non querían recibirme.


Agora parécelles moi chamativo que eu non teña denunciado, POIS

AGORA XA NON PENSO DENUNCIAR, non quero que un soio

poicía deses poña un pe mais no meu despacho. Ademais, eles xa

saben quen entrou a destrozar todo aquí, como eu o sei e como quen

lea este informe vai concluir sen maior esforzo.


16.- No seguinte domingo (menuda teño eu cos domingos, o próximo

non me levanto da cama) fun detido cando ía coller un avión.


17.- Mentres estiven 30 horas detido injustificadamente, a policía

dedicouse a intoxicar e transmitir mentiras aos medios para

cuestionar a miña actuación: que si non denunciara, que si a porta

noin estaba forzada. O propio Subdelegado Juárez ainda de día onte

estas cousas, como si o raro e que eu non teña denunciado, E NON

DI UNHA SOIA PALABRA, despois das miñas delcarcións a

víspera cando quedei libre, sobre o raro que é que se deteña a un

avogado, que ten consigo o xustificante do vó a Berlín, que acaba

de chegar nun taxi e de tomar un café no aeroporto e non se quere

comprobar isto antes de detelo e que, en vez de remitilo ao Xulgado

de Garda esa mañán (como se fai con tódolos detidos un domingo) se

lle mantén 30 horas nun calabozo de 2x2, porque “resulta necesario

facer diligencias antes de remitilo ao Xulgado”. ¿Qué diligencias?,

si o delito sería unha tentativa de utilización ilexítima dun vehículo,

levísimo, que nin xustifica a detención e menos 30 horas alí de

tortura e maltrato (non físico) extremo, como nunca sufriera na vida.


18.- Eles non poden investigar o do meu despacho, “porque eu non

denunciei”, pero sin embargo estan tomando huellas dos vehículos

supostamente roubados por mín e os seus propietarios estan fora,

tampouco denunciaron. ¿Qué ocurre?, depende o seu traballo de

que ´ñun denuncie ou non, ¿ou depende dos casos? No noso sistema

penal e policial os delitos son `públicos (salvo agora as inxurias)

e non requiren dunha denuncia para investigalos. A quen quere

convencer este Juárez, si calquer estudante de dereito sabe que poden

e teñen que investigar con ou sen denuncia pola miña parte.


19.- Pero mentras me teñen detido, aproveitan para difamarme

e levantar sospeitas sobrte a miña actuación, pouco menos que

cegando a insinuar que os danos no despacho OS FIXEN EU

MESMO!!!. Eles estiveron aquí e coñecen os destrozos, de unha moi

grande cuantía económica, e dice o tiupo este que “as pintadas non

chegan aos cuadros, se paran no borde para non causar danos”.

Ahí están as imaxes e aquí estan os danos, que poden apreciarse.


20.- Un faise a pregunta do millón: ¿por qué entran no despacho

dun avogado, que pediu que se acordase a detención internacional

de policías xenocidas, xusto aos pocuos días de que se decida esto,

e a policía non o quere recibir para denunciar e a semán seguinte o

deteñen 30 horas cunha burda e insostenible acusación (ía levar eu

o cohce coa Pointe feita no avión a Berlín), o maltratan e o vexan,

dan falsa información a prensa (que son avogado de “sindicatos de

extrema izquierda”, cando fun 28 anos avogado da CIG, o sindicato

con mais afiliados e votos do noso país); (que son avogado de

Resistencia galega o cal e mentira e a policía o sabe, defendín aos

presos do EGPGC, do que me sinto orgulloso, pero nunca me cadrou

que alguén acusado de pertenecer a RG me nomease avogado.

En fin, como di un coñecido siloxismo de Aristóteles (ou si non o

dixo él, o merecía a frase): BLANCO Y EN BOTELLA: ????

14 de novembro de 2.013.


PD.: As extrañas circunstancias do brote psicótico e a morte do

avogado que mais admiré na miña vida, FERNANDO SALAS, teñen

moito que ver con todo isto. Hai mais de 20 anos que morreu, eu

miraría nos bolsillos desta mafia policial.


Dixo María Xosé Queizán, e xa remato, no 14 de abril de 2010,

ao final da manifestación republicana en Vigo, que as feridas si se

pechan mal, con pus dentro, apodrecen. E iso e o que foi esa merda

de transición española, pechouse a ferida co pus dentro e agora aflora

o pus por todos os lados (a comisaría de Vigo esta chea).

Gustavo Garcia Fernandez, Abogado



sábado, 9 de noviembre de 2013

Documental "Planeta en venda"

"Planeta en venda": O mércores 13 de novembro, ás 20.00 h. en XUNTAS CSOA.


Documental sobre a carreira polo control de terras cultivables en todo o mundo. Nos últimos anos cambiaron de mans vinte millóns de hectáreas e, de continuar a tendencia, deceas de millóns seguirán a mesma sorte.

A crise financieira de 2008 espertou ao mundo das finanzas, que viu na agricultura un novo mercado, moito máis seguro que a especulación bursátil. O repentino interese dos inversores polas terras cultivables débese a que se deron conta de que con ese tipo de inversión non corren risco de quebra.

O filme prantea o debate sobre o beneficio real que obteñen os países propietarios das terras con estas inversións. Na maioría dos casos, os recén chegados poden crear unha sociedade en só unhas horas, importar a súa propia maquinaria sen pagar aranceis e beneficiarse de exencións fiscais. Países pobres, como Etiopía, non están en situación de impoñer as súas condicións aos arrendadores. E no caso de que o fagan, negocian polo ben da poboación ou polo duns poucos? A resposta está nos contratos que firman, pero nin os estados nin as empresas estranxeiras son transparentes.

sábado, 2 de noviembre de 2013

La universidad de Vigo dona sus ordenadores en desuso, con software libre y asesoramiento al respecto.


El Área de Voluntariado de la Universidad de Vigo a hecho pública una convocatoria para colectivos que quieran recibir en donación el material informático que la universidad ya no usa. Todos los ordenadores serán entregados con software libre y prometen ayudar a los receptores de las donaciones en el uso e instalación de este tipo de programas. 

La convocatoria está abierta a asociaciones y otras entidades sin fines de lucro, legalmente constituidas y con sede en Pontevedra u Orense

Para un mejor aprovechamiento de recursos los interesados deberán decir cuales son sus necesidades específicas, para que usarán los ordenadores y que tipo de máquina requieren.