Mostrando entradas con la etiqueta manifestación. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta manifestación. Mostrar todas las entradas

sábado, 18 de enero de 2014

Manifestación, Vigo solidario con Gamonal (Burgos). Fotos

Manifestación, Vigo solidario con Gamonal (Burgos). 
Reportaxe fotográfica. 













Estas imaxes poden usarse libremente sempre que se mencione como fonte: www.todovigo.blogspot.com 


jueves, 30 de mayo de 2013

A Plataforma pola Proteccción da serra do Galiñeiro convoca á manifestación deste domingo, 2 de xuño


Comunicado:

Camiñantes en defensa da Serra do Galiñeiro
@eduardogparada
A Plataforma pola Proteccción da serra do Galiñeiro convoca á manifestación deste domingo, 2 de xuño, en Santiago de Compostela xunto con outras plataformas e asociacións de toda Galicia integradas na rede contraMINAcción CONTRA A MINEIRÍA A CEO ABERTO.

Consideramos que máis alá da extracción de materias primas para o necesario consumo, esta febre mineira extendida por toda Galicia responde a un trasvase de fondos de inversións especulativos cara a inversións consideradas refuxio ante a parálise da economía mundial. Non hai moito tempo que similar proceso económico-especulativo produciu en Galicia a burbulla do ladrillo e a implantacion extensiva de parques eólicos. A extración e mercado do ouro é netamente especulativo, pois todo o que xa temos extraído sería máis que suficiente para as necesidades mundiais polo que resta de vida á humanidade. Sobre outros minerais e Terras Raras, ainda que necesarios polos seus usos en alta tecnoloxía, estanse a dar procesos fortemente especulativos inducindo unha extracción desaforada.

Estas explotacións corren a cargo de empresas transnacionais, das que o capital non se sabe de onde procede nin a onde revirte. Elas poñen as condicións e impoñen a normativa aos países empobrecidos, convertindo aos cidadáns en escravos da economía. A condición de “de utilidade pública” conferida polos nosos gobernantes a estes usos do territorio leva á destrución da economía produtiva: explotacións gandeiras, agrícolas, silvícolas .... desparacen do tecido económico galego. Isto só pode ser entendido dende unha posición dos gobernos como reféns deste sistema económico.

O lugar de vida de toda a poboación, o desenvolvemento social e o entretecido socioeconómico das áreas limítrofes a estas explotacións non son consideradas no cómputo económico polos nosos gobernantes, eles só anotan os postos de traballo (precarios) que crea a mina e non contabilizan todos os que desaparecen con cada unha delas, nin o valor do destruído. Tamén ocultan que os beneficios económicos destas explotación duran como moito unha década e a destrución que infrinxen no lugar é practicamente irreversible e infinita no tempo.

No caso da serra do Galiñeiro, a mineiría de Terras Raras é tan altamente contaminante que a única mina deste tipo da que coñecemos a súa explotación, situada en California (Mountain Pass) foi cerrada no ano 2007 pola contaminación radiactiva producida nas aguas en 25 quilómetros á redonda. As explotacións que actualmente existen están na Mongolia China, das que debido ao seu sistema político nada da súa problemática transcende á opinión pública.

A mineiría a ceo aberto supón unha agresión social e ambiental tan forte que está prohibida en moitos países de Europa, así como a utilización do cianuro que agora queren utilizar en Corcoesto para a extracción do ouro.

Outro dos graves problemas desta mineiría é o elevado consumo de agua na seu procesado, algo moi a ter en conta no momento actual, no que este recurso é o máis precioso e preciado de todos, debido á gran poboación mundial existente e ao cambio climático que estamos a sufrir. Ademaís a auga utilizada neste tipo de minas resulta totalmente contaminada e queda inservible para calquera outro uso. En calquera caso, a minaría a ceo aberto supón a extracción de materias do subsolo facendodesaparecer grandes zonas do territorio e producindo altos graos de contaminación nas terras da contorna o que supón en última instancia a perda da condición que o territorio ten de garante de alimentación dos pobos.

De seguir esta senda de absurdo desenvolvemento económico só lograremos trocar o territorio como lugar de vida e fonte de alimentación, con toda a súa biodiversidade, por enfermidade e miseria para a gran maioría das persoas. Estannos a propor alegremente... traballo... traballo de enterradores... cavando a tumba dos nosos soños, dos nosos fillos, do noso pais e a nosa propia. E os que propoñen e deciden tal negocio son as mesmas elites económicas e políticas que meteron o pais na crise do ladrillo, co mesmo dogma económico, coa mesma irresponsabilidade, cegados neste caso polo cobizoso relumbrar do metal. Pero por moito que se empeñen, por moito que o repitan, a megaminería non é solución a ningún dos problemas actuais que sofre este ou calquera outro pobo.


Para máis información: serradogalinheiro@gmail.com

O noso enderezo web: http://www.serradogalinheiro.org

martes, 28 de mayo de 2013

1 de xuño, Pobos unidos contra a Troika

COMUNICADO DE PRENSA
1X: POBOS UNIDOS CONTRA A TROIKA!!!

Unha mobilización convocada a nivel internacional cun obxectivo común:
acabar coas políticas de austeridade e recortes aplicadas pola troika.

O vindeiro sábado, 1 de xuño, terán lugar, en distintos países europeos
(Alemaña, Galicia, Portugal, Escocia, Eslovenia, Italia, Greza, Bretaña,
Francia, Inglaterra, Chipre, España, Catalunya e País Vasco) unha serie de
mobilizacións baixo o lema Pobos unidos contra a troika!!! Esta
mobilización ven motivada pola determinación do pobo a facer fronte a un
réxime inxusto, desigual e indigno que, amparado na imposición de
austeridade que chega dende a troika (FMI, BCE e Comisión Europea),
prolonga e lexitima a dominación da minoría que ostenta o poder fronte á
maioría.

En Galicia, a mobilización terá lugar na cidade de Vigo, ás 12:00h., con
saída dende a Praza de España e percorrido ata a Porta do Sol. Esta
mobilización, convocada pola mesma cidadanía, é organizada, no caso de
Vigo, pola Plataforma 1X-Vigo, formada por xente pertencente a diversos
tipos de organizacións.

Nesta cidade teñen lugar, dende o pasado venres 25 de maio, unha serie de
sesións informativas/formativas organizadas baixo o título Ferramentas
para a transformación social. Estas sesións, que pretenden ofrecer un
espazo destinado á construción conxunta de alternativas, tocan temas tan
diversos como a cultura contemporánea, feminismos, obxección fiscal aos
gastos militares, movementos de resistencia ou autoxestión, entre outros.

A coordinadora define os seguintes obxectivos:

- Amosar a repulsa do pobo ante un sistema autodestrutivo.
- Loitar contra a hexemonía do mercado.
- Procurar, de xeito democrático e horizontal,  alternativas que leven á
adopción de sistemas:
                - baseados na ética, na responsabilidade e na dignidade.
                - nos que  cada persoa decida e participe de xeito directo.
                - nos que se respecten en primeiro lugar os dereitos
                  humanos.
                - nos que a natureza sexa unha riqueza a conservar e non un
                  negocio a explotar.

lunes, 6 de mayo de 2013

“Vivir con dignidade é un dereito”


Nota de prensa

A Oficina de Dereitos Sociais-Coia, a Parroquia Cristo da Victoria e GAS (Grupo de Axitación Social) organizamos hoxe 6 de maio un acto de rúa ás portas das dependencias dos servizos sociais municipais en Coia (rúa Quintela, 31, á altura da Avenida Castelao, 25), co obxectivo de denunciar o crecente empobrecemento que sufrimos inxustamente unha gran parte da cidadanía e esixir ás institucións públicas, neste caso Concello e Xunta, que cumpran coa súa obriga de garantir o dereito de todas as persoas a unha vida digna.

O acto se desenvolveu entre as 10:00 e as 13:00 horas cunha mesa informativa sobre a campaña “Vivir con dignidade é un dereito”, coa que pretendemos denunciar a dramática realidade que están a padecer moitas familias no noso barrio e en toda a cidade a través da presentación masiva dun escrito exercendo o dereito de petición perante a Xunta e o Concello; escrito onde o asinante expón as súas circunstancias económicas e sociais e solicita unha Renda Básica que permita satisfacer con dignidade as súas necesidades básicas.

Durante toda a mañá decenas de persoas se achegaron a interesarse pola iniciativa e a asinar estas follas de denuncia social.


Parroquia Cristo da Victoria

viernes, 26 de abril de 2013

Hoxe toca Masa Crítica en Vigo

Fonte da imaxe

Este venres VOLVEMOS A LA CARGA coa edición do mes de ABRIL da MC de Vigo.

Estades todos MÁIS QUE INVITADOS, nenos e maiores tedes un espacio que reclamar e uns DEREITOS polos que LOITAR.

Así que nada XA SABEDES 20h na entrada do IES Santa Irene ou 20:30 h na Porta do Sol, como mellor che veña perso SEMPRE SOBRE A TÚA BICICLETA E CON
GANAS DE PASALO XENIAL..... porque a fin de contas recordade que o que conta e USAR A BICI TÓDOLOS DÍAS E REUNIRNOS PARA CELEBRALO UNHA VEZ Ó MES.

Así que GRITA e DIFUNDE a túa diferencia.... SÉ LIBRE, SÍNTETE VOAR, vente a MC.

lunes, 15 de abril de 2013

Escrache ao Banco Popular en Vigo o 19 de abril

Comunicado PAH Tui-Vigo

Escrache ao Banco Popular en Vigo o 19 de abril as 19hs, esquina dos catro bancos.   

Primeiro pola súa actitude ante as negociacións que varios afectados pertencentes á PAH VigoTui suscitan a esta entidade. Cambiando a cada momento o interlocutor e negandose a recibirnos.

Segundo Porque a BANCA que recibiron todo tipo de axudas, miles e miles de millóns, mentres se empobrece a unha gran parte da poboación

Terceiro Porque a Banca é responsable directo desta crise e NON os "cidadáns Hipotecados" Que se lle induciu,presionou coacionó e fíxose todo o posible para que só accedésese á Vivenda a través do credito.

Os ciudadadnos son victimas dunha estafa e prisoneros dun entramado lexislativo que permite a existencia por exemplo de dous valores dunha casa o que che din que vale cando o compras e polo que o poñen a poxa, pero ademas somos victimas dun contrato Hipotecario cheo de cláusulas avusivas e ilegal como a declarado o Tribunal de Xustiza Europeo .

viernes, 12 de abril de 2013

MANIFESTACIÓN POLA REPUBLICA


A ASEMBLEA REPUBLICANA DE VIGO  CONVOCA  Á MANIFESTACIÓN QUE POLA REPUBLICA  TERÁ LUGAR ESTE DOMINGO 14 DE ABRIL E QUE SAIRA ÁS 12.30 DESDE A FAROLA DE URZAIZ  PARA REMATAR NA RÚA DA II REPÚBLICA

¡¡¡¡ABAIXO A MONARQUÍA¡¡¡¡
¡¡¡¡VIVA A REPÚBLICA¡¡¡¡

Día Mundial da bicicleta – Marcha 13 Abril


Día Mundial da bicicleta – Marcha 13 Abril

O 19 de Abril celébrase o día mundial da bicicleta, efeméride que administracións, asociacións e os propios ciclousuarios aproveitan para recordar as vantaxes inherentes á utilización deste medio de transporte.

A facilidade coa que se manexa e o seu baixo custo fan dela o medio de transporte democrático por excelencia, estimándose que sómente 10% da poboación non podería empregala por condicionantes físicos ou económicos.

A bici encádrase á perfección no modelo de cidade moderna orientada cara as persoas e a súa calidade de vida. Devolver a cidade aos cidadáns supón necesariamente un cambio na ordenación da mobilidade e a bici preséntase como a alternativa máis eficiente e respectuosa co entorno ambiental e social.

Deste modo aproveitamos para convidar a todas aquelas persoas que acreditan no potencial da bicicleta para transformar as cidades en lugares máis agradábeis a participar nas Masas Críticas, que se celebrarán o sábado día 13 de abril nas principais cidades galegas:

A Coruña: praza María Pita – 18:00
Compostela: praza Roxa – 18:00
Vigo: praza América – 17:00

viernes, 8 de marzo de 2013

Vigo marcha o 8 de marzo polo Día Internacional Das Mulleres


Con motivo do Día Internacional Das Mulleres, o venres 8 de marzo, a Marcha Mundial das Mulleres convoca unha manifestación en Vigo, ás 20.00 horas, que irá dende a Praza de Portugal ata a Porta do Sol.
O lema deste 2013 é: A DÉBEDA DOS GOBERNOS É COAS MULLERES NON COA BANCA, MARCHAMOS POR UNHA VIDA DIGNA E SOSTIBLE!!
A Marcha Mundial das Mulleres formula, neste 8 de marzo de 2013, a necesidade da corresponsabilidade no coidado das persoas e nas tarefeas domésticas, esixe un novo modelo social sen división do traballo en función do sexo, propoñe un novo modelo de sociedade no que as persoas sexan o cerne das políticas públicas e COMPROMÉTESE a seguir loitando por derrubar os muros que protexen aos banqueiros e aos corruptos, aos especuladores e aos que botan a outras persoas do seu fogar, aos que fan uso da violencia e criminalizan aos movementos sociais…
Non imos ficar mudas nin quedas. Queremos controlar as nosas vidas e construír unha sociedade máis xusta que remate co sistema capitalista e patriarcal.
Frenemos o avance do machismo e a desigualdade coa unidade, a loita e a solidariedade.
Ata que todas sexamos libres!!
FEMINISTAS GALEGAS EN LOITA POLOS NOSOS DEREITOS!!

lunes, 17 de diciembre de 2012

Vítimas do sistema, vítimas das administracións, vítimas da inxustiza"

Seguindo o camiño iniciado coa cadea humana celebrada en Coia o GAS (grupo axitacion social)  volve a saír á rúa. Da man da parroquia do Cristo da Victoria - Coia e coa xente da ODS de Coia. convocan un acto de rúa diante do concello de Vigo.

Baixo o lema "VÍTIMAS DO SISTEMA,VÍTIMAS DAS ADMINISTRACIÓNS, VÍTIMAS DA INXUSTIZA. Polo dereito a unha vida digna, polo dereito á nosa humanidade".

No acto representarese un cemiterio coas vítimas que os diferentes poderes van deixando. O acto será o mércores 19 de decembro a partires das 12h00 na praza do Rei (diante do concello de Vigo).

jueves, 29 de noviembre de 2012

Cadea humana polo dereito a vivir con dignidade dende a parroquia Cristo da victoria (Coia, Vigo)


Comunicado:

A Oficina de Dereitos Sociais de Coia e a Parroquia do Cristo da Victoria convocamos a participar nunha CADEA HUMANA que sairá dende as portas da parroquia (Baiona 9 b - Coia) este DOMINGO 2 de decembro a partires das 13h00.

“POLO DEREITO A VIVIR CON DIGNIDADE”. ESIXIMOS O INCREMENTO DO GASTO SOCIAL NOS ORZAMENTOS MUNICIPAIS DE 2013.

Hai tempo que á Oficina de Dereitos Sociais de Coia e á Parroquia Cristo da Victoria se veñen achegando cada vez máis familias que, no contexto diso que deron en chamar crise económica, experimentaron un progresivo empeoramento das súas condicións de vida ata o punto de que non son quen de satisfacer as súas necesidades máis elementais. Familias que, desesperadas porque non atopan unha resposta xusta das administracións (que son as que teñen a obriga de velar por que sexan respectados os seus dereitos básicos), acoden a outros espazos, coma o noso, na procura de solucións ao empobrecemento crecente que padecen.
Así, día a día estamos a comprobar que en Coia, coma noutros tantos barrios e lugares, a dor e a inxustiza gañan espazo baixo o rostro cruel do paro, a falla de recursos para chegar a fin de mes ou para facer fronte aos recibos de luz ou auga, a perda da vivenda...

Tres datos son suficientes para poñer de manifesto a magnitude dos problemas que afectan á maioría:
- 14.000 persoas desempregadas no INEM de Coia (o 36% dos parados de Vigo), das que só algo menos de 5.000 reciben algunha prestación ou subsidio.
- 38.100 persoas desempregadas en Vigo, o que supón unha taxa de desemprego do 24,2%
- 24.000 fogares galegos sen ningún ingreso económico, segundo o Instituto Galego de Estatística.

Ante esta realidade tan dura, a ODS-Coia e a Parroquia Cristo da Victoria decidimos, dende a convicción de que a loita contra a pobreza e a precariedade debe ser a primeira das nosas obrigas, dar un paso adiante para denunciar que as administracións non están a dar unha resposta xusta aos graves problemas que están a sufrir os nosos veciños e veciñas:

Por unha banda, debido principalmente a unha previsión orzamentaria insuficiente, tivo lugar un endurecemento das condicións e un incremento das dificultades para acceder ás axudas económicas municipais dirixidas a cubrir situacións de emerxencia e falta de recursos (pagamento de recibos de luz ou auga, alimentos, material escolar dos cativos...).

Por outra banda, a escasez do número de axudas sociais e da contía das mesmas (só 5000 familias en Galicia e 1000 en Vigo perciben a RISGA, cunha media de 400 euros ao mes), vén a agravarse polos atrasos inadmisibles por parte do Concello á hora de tramitar ditas axudas, atrasos que supoñen un incuprimento intolerable da legalidade vixente en materia de RISGA, que obriga a resolver os expedientes en tres meses.

Por todo isto, dirixímonos hoxe publicamente á administración máis cercana a nós, o Concello de Vigo, xusto agora que se están a debater os presupostos do vindeiro ano, para esixirlle que a nosa riqueza se reparta de xeito que poidamos vivir dignamente con traballo ou sen el e que sirva para cubrir as necesidades básicas de todas as persoas. Esixímoslle, en definitiva, que cumpra coa súa obriga de garantir os dereitos fundamentais das veciñas e veciños da nosa cidade incrementando de xeito considerable, en detrimento doutras partidas non prioritarias, as destinadas a asuntos sociais e, en concreto, ás axudas económicas dirixidas a cubrir situacións de emerxencia e falla de recursos.

Porque é urxente, resposta inmediata ás situacións de emerxencia social das familias!
Porque é a súa obriga, incremento significativo do gasto social nos orzamentos municipais!
Porque é de xustiza, respecto aos dereitos sociais de todas as persoas!

Coia, decembro 2012
ODS-Coia e Parroquia “Cristo da Victoria” - Coia, Vigo

viernes, 23 de noviembre de 2012

25 novembro: Día Internacional contra a violencia machista

O domingo manifestación convocada pola Marcha Mundial das Mulleres en Vigo contra a violencia machista.
Ás 12.00 h. dende a farola de Urzáiz.

Marchamos polo dereito das mulleres a unha vida sen violencia.
Máis info feminismo: www.respetoeigualdad.com

martes, 20 de noviembre de 2012

Concentración e manifestación en Vigo en defensa do Pobo palestiniano

Concentración e manifestación en Vigo en defensa do Pobo palestiniano


Unhas 400 persoas manifestáronse hoxe en Vigo en solidariedade co pobo palestiniano, na manifestación convocada por Galiza por palestina (Vigo) e BDS Galiza, estiveron presentes BNG, EU, Asebmlea Republicana de Vigo e máis forzas.


A causa da convocatoria foi o atroz ataque israelí que vive nestes momentos a franxa de gaza, consígnalas nás escoitadas foron "ou sionismo e ou terrorismo", "fora sionistas de Palestina" i "Palestina vencerá"

Un dos comunicados lidos.


Catro anos despois da operación “Chumbo Derretido” no 2008, Israel volve bombardear e masacrar á castigada poboación da Franxa de Gaza.
Este pasado mércores 14 de novembro, baixo o pretexto de eliminar ao líder de Hamás, Israel iniciou un ataque militar contra a poboación civil de Gaza baixo o nome “Operación Pilar Defensivo” que, terriblemente, conta xa con 70 persoas asasinadas (entre elas un elevado número nenos e nenas) e máis de 590 feridos.
A mobilización por parte do exército de Israel de 75.000 reservistas e as declaracións de Benjamín Netanyahu, anunciando que a operación seguirá adiante e que o Exército estase a preparar para unha "importante extensión das operacións", son unha mostra da acción planificada de inminente invasión da Franxa de Gaza, reafirmándose así na súa política de ocupación e de limpeza étnica coa poboación palestina.
O cruel asasinato selectivo sobre poboación inocente, desarmada e indefensa, fai deste ataque unha operación ilegal, que incumpre o Dereito Internacional, e que só se pode denominar XENOCIDIO.
Son varios os países que amosaron nestes días a súa solidariedade coa poboación palestina, máis tristemente, os países occidentais e as Autoridades Internacionais permanecen caladas, sendo así cómplices deste CRIMEN CONTRA A HUMANIDADE.
A gravidade da situación merece unha resposta unánime por parte todas, e unha condena enérxica desta barbarie, defendendo os tan vulnerados dereitos dos palestinos e palestinas.
Basta xa da impunidade do réxime sionista!
Solidariedade con Gaza!!



Agradecemos a GZVideos a sua  excelente videocobertura




domingo, 18 de noviembre de 2012

Paremos a limpeza étnica, pararemos o colonialismo sionista


Israel quere comer definitivamente a Franxa de Gaza, para isto están a masacrar poboación civil (incluso nenos) e resistentes.

Paremos a limpeza étnica, pararemos o colonialismo sionista.

Luns 19/11/2012 20:30hs no MARCO (Vigo)

miércoles, 14 de noviembre de 2012

Vigo pechado por folga xeral, fotos #14nfolgaxeral

Vigo pechado por folga xeral, fotos #14nfolgaxeral

En Vigo o seguimento da folga xeral a sido masivo, coa excepción de grandes tendas comerciais como O corte inglés, Eroski ou Berska que exerceron unha gran presión sobre o seu persoal para que non exercitase o dereito a folga  e algúns poucos bares non se viu movemento comercial nin industrial na cidade, observábase menos movemento que un domingo, ao contrario que noutras ocasións de folga xeral, neste caso o pequeno comercio non abriu as súas portas logo das manifestacións e piquetes. 

Dúas manifestacións mantiveron ocupados aos helicópteros policiais, unha organizada polos sindicatos máis achegados ao sistema capitalista CC.OO, UGT, e CIG que saíu desde a praza dos cabalos con rumbo a praza *américa e outra formada polos sindicatos *clasistas CNT, *CUT e CXT con saída en Praza Freando o Católico  e chegada ao *sireno. 

Nas manifestacións non se observou incidente algún, pero na madrugada houbo cargas policiais contra os piquetes.


Unha rúa do centro de Vigo en pleno horario comercial, así estaban todas. 
Todos a un tempo, "rodeemos" o sistema

Pola derogación da ley 15-97, basta xa de enganos, CAS-Galicia-Vigo


Eroski de Frenando o Católico, unha das empresas con esquirois







Os bancos de Vigo  redecorados polos piquetes 
Cultura contra a mentira estaba presente





En casa esta batalla xa está perdida

Votaches ao PP e tivemos que fodernos,  agora que estamos en loita tócache a vez 
Estas fotos poden usarse libremente de maneira non comercial,  sempre que se cite como fonte www.todovigo.net  e cando sexa  online cun link.