sábado, 26 de noviembre de 2011

Marcha mundial de mulleres (Vigo)


Marcha mundial de mulleres, día contra a violencia machista
Vigo 25/11/2011

O asilo de Vigo propiedade de Karpin en mans de okupas e con actividades de portas abertas


Comezan as actividades no antigo asilo de Vigo abandonado polo seu propietario o ex xogador do Celta de Vigo Valery Karpin e agora ocupado por integrantes de varias asociacións do casco vello desta cidade.

“Debido ao abandono intencional co obxectivo de levalo a estado ruinoso este edificio está en estado calamitoso”, din os okupas e demóstrano coas fotos que expuxeron na súa primeira xornada de actividades a portas abertas, pódese ver como estaba a capela hai unha semana e como aínda permanece gran parte do asilo, non así a capela que é por onde comezaron a limpeza e acondicionamento, xa non están as montañas de lixo que incluían xiringas e as paredes e piso están limpos, aínda que segundo a promotora o edificio esta baixo risco de derrube non é iso o que se pode observar, se moito lixo mesmo humidade produto do movemento de tellas e faltanate de xanelas o que dá veracidade á versión do abandono a drede do cal falan os okupas.

As actividades comezaron este venres cunha exposición de fotos e un magosto continuasen o sábado 26 de novembro ás 10:00 co inicio dunha horta colectiva onde piden a quen queiran participar que leven as súas propias ferramentas, ás 12 cun paseo guiado polo Barrio do Cura desde a oliveira até Paseo de Alfonso á 14 xantar popular na capela á 17 concentración contra a especulación en Paseo Alfonso, á 18 presentación da revista “Cul de Sac” finaliza a xornada ás 22 coa proxección de documentais sobre o tema okupa. O domingo haberá unha aula práctica sobre agricultura ecolóxica xantar popular e asemblea.

Segundo os propios ocupantes a causa destas accións é denunciar a especulación inmobiliaria que destrúe os barrios.  

viernes, 18 de noviembre de 2011

Maratón de reflexión en Vigo

Reflexión durante las pasadas municipales 
El Movimiento 15M Vigo convoca a toda la ciudadanía viguesa a participar de la jornada de reflexión activa este sábado 19 de noviembre en "La farola" (Rúa Príncipe esquina Urzaiz y colón), esto es parte de diferentes actividades que se realizarán en el Estado Español como respuesta a las diferentes prohibiciones por parte de la juta electoral, 15m y otros movimientos consideran que estas prohibiciones durante la campaña electoral  y jornada de reflexión no son compatibles con la democracia.   

Cronograma de la jornada de reflexión en Vigo 

  • 12:00H. Charla-coloquio. 
  • 14:00H. 1 minuto de ruido.
  • 14:01H. Chorizada Popular: concurso de cocina donde el ingrediente estrella es el chorizo, así nos comeremos a todos esos chorizos del país. Cada participante traerá un plato a base d chorizo y dirá el motivo d querer mas pan y menos chorizo; se elegirá entre ellos al ganador. Participación abierta.
  • 16:00H. 1 minuto de ruido.
  • 16:01H. Los monólogos del Besugo.
  • 17:00H. Ríete del Sistema: concurso de chistes con contenido político y satírico sobre la situación actual. Participación abierta. 18.00H. 1 minuto de ruido. 
  • 18:01H. Ciclo de lectura Reflexiva: Se leerán fragmentos de libros significativos y relevantes con el momento en el q vivimos.
  • 20:00H. 1 minuto de ruido.
  • 20:01H. Gran velada: Acto simbólico en el que se iluminara la Farola con cirios. 
  • 21:00H. Descanso.
  • 22:00H En busca del Maletín Corrupto. Concurso por el centro de la ciudad en busca de un maletín a través de pistas que se irán dejando. Participación abierta.

lunes, 14 de noviembre de 2011

Conferencia: Represión, memoria, silencio e saudei mental

Anna Miñarro
Asemblea Republicana de Vigo (Amig@s da República, organiza o vindeiro xoves 17 na Casa Galega da Cultura (Concello Vello-Praza da Princesa) ás 20.00 horas unha conferencia titulada "Represión, memoria, silencio e saudei mental" impartida por Anna Miñarro, Psicóloga clínica. Psicanalista . Docente e membro daFundació Congrés Català de Salut Mental. 

sábado, 12 de noviembre de 2011

15M Conciencia Social dá o seu PLENO APOIO á demolición da “cruz dos caídos” de Vigo



15M Conciencia Social dá o seu PLENO APOIO á Asociación Viguesa pola Memoria Histórica do 36 para contribuír á demolición da “cruz dos caídos” de Vigo, cruz adicada ao fascismo e para difundir, para contar esta historia, unha máis de tantas que non se deben obviar, non se deben silenciar. Hai que coidar, que conservar a memoria, incluída a MEMORIA HISTÓRICA,… xa que é ben sabido que “os pobos que non coñecen a súa historia están condenados a repetila”. E a guerra civil só trouxo morte e resentimento.

Hai unha historia que nunca lle contaron sobre a cidade de Vigo. A 15M Conciencia Social desveloulle esta a Asociación Viguesa pola Memoria Histórica do 36 (Asociación recoñecida como “Viguesa Distinguida” polo Concello no 2007) memoriavigo@yahoo.es
Esta é a historia:

Nos folletos turísticos que vostede recibe ao desembarcar en Vigo cóntanlle que a grande cruz de pedra que está situada aos pés de El Castro, foi erixida en memoria dos soldados caídos, creando así a idea de que tamén en Vigo, como noutras partes do mundo, existe un monumento en lembranza e homenaxe ao soldado descoñecido.

Pero non, a cruz de Vigo non simboliza iso. Velaquí a súa verdadeira historia:
En 1936 un sector do exército ao mando do xeneral Franco levantábase en armas –co inestimable apoio das tropas de Hitler e Mussolini- contra o goberno lexítimo da República comezando una guerra que duraría tres anos e que provocaría un millón de mortos, medio millón de exiliados e máis de douscentos cincuenta mil presos políticos. Durante a II Guerra Mundial, o réxime do xeneral Franco mobilizou un corpo de voluntarios falanxistas (“División Azul”) e enviounos a Rusia para loitar ao lado do exército alemán vestidos co uniforme da Wehrmacht e levando nas súas guerreiras a cruz gamada nazi.

Para perpetuar a memoria dos soldados “caídos” na chamada Cruzada de Liberación e a dos que morreron na fronte rusa, o xeneral Franco ordenou erixir por toda España grandes e colosais cruces de pedra que tivesen “a grandeza dos monumentos antigos e que desafíen o tempo e o esquecemento”. E así, nas faldas do monte de El Castro e no lugar que no seu momento se chamou “Praza da División Azul”, a cidadanía viguesa e os que visiten a nosa cidade deberán soportar, aínda hoxe, a visión dun símbolo do fascismo que ofende a memoria dos que loitaron contra el e deron, como en moitos países de Europa, a súa vida en defensa da liberdade e a democracia.

¿Imaxinan vostedes algún país onde aínda exista un monumento deste tipo? Miles de vigueses e viguesas veñen demandando das autoridades locais (do alcalde Sr. Caballero) a demolición desta cruz, exemplo máximo de ignominia e ofensa ao pobo de Vigo”. (www.asemblearepublicana.org)

A Asociación Viguesa pola Memoria Histórica do 36 tramita a demanda para demoler a “cruz dos caídos”, no xulgado de Vigo e contra o Concello da cidade, pola ausencia de resposta ás reiteradas peticións de retirada dos símbolos franquistas dirixidas ó alcalde Abel Caballero Álvarez, en cumprimento da lei 52/2007 de 26 de decembro pola que se recoñecen e amplían dereitos e se establecen medidas en favor de quenes padeceron persecución ou violencia durante a guerra civil e a ditadura (coñecida como lei da Memoria Histórica), “proceda de maneira inmediata a adoptar as medidas oportunas para a retirada do obxecto denominado “cruz dos caídos”, sito no monte do Castro de Vigo, propiedade do Concello de Vigo”. Esta demanda conta co aval e respaldo de 20 colectivos da cidade e de numerosos cidadáns.

miércoles, 9 de noviembre de 2011

Demanda contra o Concello de Vigo, pola retirada dos símbolos franquistas

Presentación da demanda no xulgado de Vigo, contra o Concello de Vigo, pola ausencia de resposta ás reiteradas peticións de retirada dos símbolos franquistas dirixidas ó alcalde Abel Caballero Álvarez, (neste caso a cruz do Castro, levantada en homenaxe e honra do nazifascismo), en cumprimento da lei 52/2007.