Comezan as actividades no antigo asilo
de Vigo abandonado polo seu propietario o ex xogador do Celta de Vigo
Valery Karpin e agora ocupado por integrantes de varias asociacións
do casco vello desta cidade.
“Debido ao abandono intencional co
obxectivo de levalo a estado ruinoso este edificio está en estado
calamitoso”, din os okupas e demóstrano coas fotos que expuxeron
na súa primeira xornada de actividades a portas abertas, pódese ver
como estaba a capela hai unha semana e como aínda permanece gran
parte do asilo, non así a capela que é por onde comezaron a limpeza
e acondicionamento, xa non están as montañas de lixo que incluían
xiringas e as paredes e piso están limpos, aínda que segundo a
promotora o edificio esta baixo risco de derrube non é iso o que se
pode observar, se moito lixo mesmo humidade produto do movemento de
tellas e faltanate de xanelas o que dá veracidade á versión do
abandono a drede do cal falan os okupas.
As actividades comezaron este venres
cunha exposición de fotos e un magosto continuasen o sábado 26 de
novembro ás 10:00 co inicio dunha horta colectiva onde piden a quen
queiran participar que leven as súas propias ferramentas, ás 12 cun
paseo guiado polo Barrio do Cura desde a oliveira até Paseo de
Alfonso á 14 xantar popular na capela á 17 concentración contra a
especulación en Paseo Alfonso, á 18 presentación da revista “Cul
de Sac” finaliza a xornada ás 22 coa proxección de documentais
sobre o tema okupa. O domingo haberá unha aula práctica sobre
agricultura ecolóxica xantar popular e asemblea.
Segundo os propios ocupantes a causa
destas accións é denunciar a especulación inmobiliaria que destrúe
os barrios.
No hay comentarios:
Publicar un comentario