COMUNICADO DE PRENSA
1X: POBOS UNIDOS CONTRA A TROIKA!!!
Unha mobilización convocada a nivel internacional cun obxectivo común:
acabar coas políticas de austeridade e recortes aplicadas pola troika.
O vindeiro sábado, 1 de xuño, terán lugar, en distintos países europeos
(Alemaña, Galicia, Portugal, Escocia, Eslovenia, Italia, Greza, Bretaña,
Francia, Inglaterra, Chipre, España, Catalunya e País Vasco) unha serie de
mobilizacións baixo o lema Pobos unidos contra a troika!!! Esta
mobilización ven motivada pola determinación do pobo a facer fronte a un
réxime inxusto, desigual e indigno que, amparado na imposición de
austeridade que chega dende a troika (FMI, BCE e Comisión Europea),
prolonga e lexitima a dominación da minoría que ostenta o poder fronte á
maioría.
En Galicia, a mobilización terá lugar na cidade de Vigo, ás 12:00h., con
saída dende a Praza de España e percorrido ata a Porta do Sol. Esta
mobilización, convocada pola mesma cidadanía, é organizada, no caso de
Vigo, pola Plataforma 1X-Vigo, formada por xente pertencente a diversos
tipos de organizacións.
Nesta cidade teñen lugar, dende o pasado venres 25 de maio, unha serie de
sesións informativas/formativas organizadas baixo o título Ferramentas
para a transformación social. Estas sesións, que pretenden ofrecer un
espazo destinado á construción conxunta de alternativas, tocan temas tan
diversos como a cultura contemporánea, feminismos, obxección fiscal aos
gastos militares, movementos de resistencia ou autoxestión, entre outros.
A coordinadora define os seguintes obxectivos:
- Amosar a repulsa do pobo ante un sistema autodestrutivo.
- Loitar contra a hexemonía do mercado.
- Procurar, de xeito democrático e horizontal, alternativas que leven á
adopción de sistemas:
- baseados na ética, na responsabilidade e na dignidade.
- nos que cada persoa decida e participe de xeito directo.
- nos que se respecten en primeiro lugar os dereitos
humanos.
- nos que a natureza sexa unha riqueza a conservar e non un
negocio a explotar.
Etiquetas
15MVigo
Bouzas
Brincadeira Bouzas
Calvario
Camelias
Candela
Cangas
Comarca y alrededores
Desfeites
Notas publicadas con retraso
Poesía
Teis
Vitrasa
actividades
agenda
arte
artesanos
barrios de Vigo
cacicadas
casco vello
charlas
colectivos
comunicados
conciertos
concursos
conferencias
cultura
cursos
desinformacion
exposiciones
ferias
folgas
fotos
furanchos
galego
gastronomia
homenaje
humor grafico
locales
manifestación
memoria histórica
morrazo
museos
musica
novas
ons
pobreza
política
puerto
reportajes
republica
routeiros
rua
sucesos
talleres
tecnologia
trasporte
videos
wifi gratis
xancarajazz
Mostrando entradas con la etiqueta comunicados. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta comunicados. Mostrar todas las entradas
martes, 28 de mayo de 2013
viernes, 10 de mayo de 2013
12 maio: Acampada simbólica na farola de Urzáiz (Vigo)
12 maio: Acampada simbólica
Cúmprense dous anos das manifestacións que se realizaron en cidades de todo o estado español convocadas por “Democracia Real Ya”, movilizacións que por realizarse un 15 de Maio deron nome ao movemento 15M.
Reivindicando esta historia e para dar a coñecer as nosas conclusións e propostas de futuro 15MCS convoca o 12 de maio, ás 18.00 horas, unha acampada simbólica na farola de Urzáiz (Vigo).
Fonte
Reivindicando esta historia e para dar a coñecer as nosas conclusións e propostas de futuro 15MCS convoca o 12 de maio, ás 18.00 horas, unha acampada simbólica na farola de Urzáiz (Vigo).
Fonte
jueves, 7 de febrero de 2013
Solidariedade urxente con Noelia
Solidariedade urxente con Noelia Cotelo, en folga de fame dende o 8-1-2013, perigo de coma hipoglucémico.
A vida de Noelia Cotelo Ribeiro, veciña de A Coruña, encóntrase en grave perigo no Centro Penitenciario de Brieva, Ávila.
Noelia retomou a Folga de Fame, as súas reivindicacións son:
*Levantamento da Suspensión das Comunicacións.
*Traslado fora do CP Brieva, Ávila. Achegarse a súa terra, Galiza.
*Que non haxa homes nas cadeas de mulleres.
*Fin das Torturas e Malos Tratos na Prisión.
Noe chamou á súa nai o luns 5 ás 17.30 hrs. para informarlle do seguinte:
*Tivérona esposada das 10.00 ata as 16.00. Momento no que a Dr.Teresa díxolles ós funcionarios que debía estar en reposo e debían deixala ir á cama.
*A Dr. Teresa tomou unha mostra de sangue e obtivo un nivel de glucosa de 30 mg/dl.
Avisoulle de que podería entrar en COMA HIPOGLUCÉMICO.
*Di que ten todo o corpo cheo de magulladuras dunha nova paliza.
O Síndrome Hipoglucémico prodúcese cando o nivel de glucosa no sangue é inferior a 50-60 mg por 100 ml.
O coma hipoglucémico prodúcese cando o valor é tan baixo no sangue que o cerebro non obtén as calorías suficientes para as súas funcións (o cerebro só se alimenta de glucosa).
Actualmente a Noelia néganselle as visitas da súa nai e amigas, a asistencia sanitaria, así como o dereito á educación.
A Noelia un funcionario agrediulle sexualmente estando atada e drogada, golpeáronlle en múltiples ocasións, negáronlle a medicación para a infección de oído, falseáronlle os datos da Folga de Fame, estánlle obligando a ducharse con auga fría, retiráronlle mantas e roupa de abrigo, non permitindo á súa familia e amig@s entregarlle máis.
5 anos en réxime de aillamento, 5 anos resistindo á privación sensorial, catalogada pola ONU como Tortura Branca.
Xa abonda de Dispersión, de Torturas, de Mentiras, de Aillamento.
Queremos a Noelia ceibe, coas súas amig@s e familia, queremos te-la preto e coidala.
O Estado encerra persoas e as maltrata, ¿é esta a súa reinserción?
NOE LIBERTADE, NOE COA SÚA XENTE, NOE COA SÚA FAMILIA.
Fonte e envío de faxes ó secretario xeral de institucións penitenciarias e á defensora do pobo:
http://afapp-gz.blogspot.com.es/
lunes, 17 de diciembre de 2012
Carta abierta de Amigos del MARCO en su décimo aniversario
La Agrupación de Amigos del MARCO es una organización sin ánimo de lucro, constituida en 2003, que desde su fundación y a lo largo de estos años ha apoyado —de forma totalmente desinteresada y mediante aportaciones económicas de sus socios, además de su participación directa en las actividades del Museo— el mantenimiento del MARCO como proyecto.
Ante la difícil situación actual, la Agrupación quiere hacer llegar a la opinión pública su más firme rechazo a los proyectos de recortes de presupuesto que supondrían un grave riesgo para las actividades del Museo, e incluso conllevar el cierre de una institución que se ha convertido en un referente en Galicia desde su inauguración, y que con mucho esfuerzo ha conseguido situarse entre los primeros centros de arte contemporáneo de España, con importante repercusión internacional.
Como Amigos del MARCO, y sobre todo como miembros de la sociedad civil de la que formamos parte, nos preguntamos:
¿Cómo es posible que un proyecto cultural cuyo nacimiento hace diez años supuso un modelo de colaboración entre distintas instituciones, incluida la aportación de fondos de la Unión Europea, se vea ahora amenazado por la dejación y falta de diálogo entre las entidades que fueron claves en su nacimiento?; ¿qué está ocurriendo para que una iniciativa que forma parte de la memoria colectiva de la ciudadanía, y que fue capaz de transformar un lugar de represión carcelaria en un espacio de apertura e intercambio, se pueda poner en riesgo?
Como ciudadanos que contribuimos con nuestros impuestos al funcionamiento de las iniciativas culturales, nos sentimos profundamente decepcionados por la falta de respuesta e implicación de nuestros responsables políticos ante esta situación. Por nuestra parte, somos muy conscientes de lo que el MARCO ha significado en el cambio de fisonomía, mentalidad crítica y capacidad de difusión para su entorno y para tantas personas que, desde dentro o fuera de la Agrupación, participan y disfrutan de las actividades. El MARCO está cubriendo buena parte de las inquietudes y demandas culturales de la ciudadanía, y no podemos permitirnos prescindir de los ya escasos equipamientos que existen. Ha costado mucho llegar hasta aquí, y sería deseable que nuestros hijos y nietos pudieran beneficiarse del fruto de este trabajo compartido.
Por esto y por otras muchas razones, animamos a todas las personas que lo deseen a movilizarse para mantener en funcionamiento una institución que lleva unido a su nombre la ciudad de Vigo.
Agrupación de Amigos do MARCO
MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo
Príncipe 54 - 36202 Vigo
jueves, 18 de octubre de 2012
TRABAJADORES DEL SERVICIO DE INTERVENCIÓN FAMILIAR DE VIGO DENUNCIAN LAS CONDICIONES LABORARES
LA REPRESENTACIÓN SINDICAL DE LOS TRABAJADORES DEL SERVICIO DE INTERVENCIÓN FAMILIAR DENUNCIAN LAS CONDICIONES LABORARES IMPUESTAS POR EL CONCELLO.
Comunicado:
Para la UGT la inclusión de cláusulas nuevas en el pliego de contratación como alteraciones de horario que serán asumidas por la nueva concesionaria, CLECE, suponen cambios significativos en las condiciones laborales de la plantilla subrogada.
Desde la unión sindical de UGT por medio del representante de los trabajadores en el Programa de Intervención Familiar, se ha dado traslado a los ciudadanos de Vigo y área metropolitana, que en este momento en que se está a descubrir la supuesta implicación de algunas empresas externalizadoras de servicios en la entrega de algunos servicios municipales en concellos gobernados por el PSOE , el BNG o ambos conjuntamente; la sorpresa por parte de este sindicato de que los dirigentes de estos partidos presuntamente permitan que en el concello de Vigo se resuelvan concursos hacia empresas que no están a cumplir los requisitos mínimos del mismo (experiencia, presupuesto) y que en otros concursos presuman de investigar las propuestas económicas que proponen una bajada temeraria de los mismos -según el concello- una vez que los técnicos le han otorgado el servicio, cuando a CLECE en la misma situación (presupuestos igual de temerarios) se le decide otorgar dicho servicio, a pesar de presentar una bajada temeraria de la propuesta económica (para cuadrar dichos presupuestos deberán bajar ostensiblemente el sueldo a los trabajadores, no cumplir el servicio o despedir a los profesionales) y con la subida del IVA estos presupuestos además le saldrán más caros al ciudadano de Vigo.
Sorprende desde este sindicato que si bien otros partidos políticos han exigido una explicación por tal hecho, el partido que gobierna (PSOE) y su socio en momentos puntuales (BNG) den por respuesta el silencio. Desde este Sindicato se teme un pucherazo por parte de estos partidos, otorgando dicho servicio a determinadas empresas a sabiendas de los perjudicial que supone a las arcas del concello. Desde este Sindicato nos preguntarnos qué intereses pueden existir para realizar esta maniobra. Este sindicato reclama la paralización de dicha concesión hasta que no se realice una investigación para clarificar dicho hecho y se exige que desde la alcaldía se proporcione una explicación a todos los vigueses.
Juan Carlos Dovigo Prieto, representante de los trabajadores del Programa de Intervención Familiar de Vigo
domingo, 7 de octubre de 2012
O CANDIDATO DE ALTERNATIVA GALEGA DE ESQUERDA POR PONTEVEDRA, JUÁN FAJARDO, AFIRMA QUE FEIJÓO IGNORA O SUFRIMENTO DIARIO DOS CIDADÁNS
COMUNICADO DE PRENSA
CAYO
LARA PROGNOSTICOU EN VIGO QUE O RESCATE TRADUCIRASE EN NOVOS RECORTES
Á CIDADANÍA MENTRES A FRAUDE FISCAL SUPERA OS 90.000 MILLÓNS DE
EUROS
YOLANDA
DÍAZ, QUE DENUNCIOU AS PROMESAS INCUMPRIDAS DO PP AOS ASTALEIROS
GALEGOS, E INDICOU QUE FEIJÓO ATRASA O RESCATE GALEGO POR MOR DAS
ELECCIÓNS
O
CANDIDATO DE ALTERNATIVA GALEGA DE ESQUERDA POR PONTEVEDRA, JUÁN
FAJARDO, AFIRMA QUE FEIJÓO IGNORA O SUFRIMENTO DIARIO DOS CIDADÁNS
Despois
dunha rolda de prensa no Hotel Coia, Cayo Lara, Yolanda Díaz e Juán
Fajardo, desprázanse ata o CEIP Seis do Nadal para expoñer a súa
visión política ante un ateigado auditorio.
A
necesidade dunha esquerda honesta
Cayo
Lara, Coordinador Federal de IU, explicou que “combatendo a fraude
fiscal non precisaríamos rescate”. En España calcúlase que a
fraude fiscal supera os 90.000 millóns de euros e a responsabilidade
podería estar concentrada no 3% das empresas que operan no país.
O Coordinador de IU visita Vigo para levar unha mensaxe de
alternativa, de esperanza e de “esquerda honesta”.
Cayo
Lara, fala das políticas de axuste e o seu fondo. Na súa opinión o
programa electoral do Goberno incumpriuse sen ningún tipo de rubor,
facendo que a clase traballadora teña que cargar con todo o peso da
crise, sen aprobar un só real decreto para xerar emprego. O
incumprimento total deixa ás claras que o Partido Popular está a
estafar a sociedade e teme que o rescate se traduza en máis
medidas de recorte que afecten aos mesmos estratos sociais. É
por todo esto que chama ao pobo galego a non deixarse enganar polo
aparato propagandístico popular e a que loite polos seus dereitos.
Feijóo
destruíu 153.000 empregos en Galicia
Yolanda
Díaz, Candidata de Alternativa Galega de Esquerda pola provincia de
A Coruña e Coordinadora Nacional de EU, declama que “Feijóo
non é o presidente da solvencia, é o presidente do engano, do
paro, dos recortes no ensino, dos recortes nas pensións, dos
recortes na sanidade e dos recortes nas liberdades civís. […]
Feijóo destruíu 153.000 empregos en Galicia en soamente tres anos.”
Yolanda
Díaz, pon os datos enriba da mesa para deixar ás claras que Feijóo
falta á realidade. En palabras da candidata “temos máis
déficit que Cataluña, non piden rescate porque estamos en
eleccións, por iso non deberían presumir de solvencia. Yolanda
Díaz fixo alusión á perversión das cifras cando se defende que en
Galicia é onde menos medra o paro cando nalgunhas zonas da
comunidade aumentou nun 70% e moitos traballadores vense forzados a
migrar ou pasar miseria.
A
Coordinadora de EU fixo un percorrido por máis promesas incumpridas
nos tres anos de goberno de Feijóo e polo reducido marxe de
garantías de cobertura social pola que queren facer pasar aos
galegos e galegas. No caso dos contratos para aos asteleiros remarcou
que “maila crise os países de Europa constrúen barcos e Feijóo
é incapaz de acadar carga de traballo”, non confía en que
vaia conseguir nada no futuro.
A
candidata de Alternativa Galega de Esquerda finalizou comparando a
Feijóo cun mando a distancia de Rajoy, mentres chamaba a mobilizar
aos galegos e galegas porque hai alternativa.
O
Partido Popular descoñece o sufrimento da cidadanía.
| Juan Fajardo Foto: TodoVigo |
Por: Gabinete de Prensa Secretaría
de Comunicación Executiva
Nacional de Esquerda Unida
viernes, 5 de octubre de 2012
Piratas de Galicia fan pegada de carteis virtual e denuncian condicións de campaña electoral desfavorables
Os Piratas de Galicia fan pegada de carteis virtual e denuncian condicións de campaña electoral desfavorables e insostenibles.
Comunicado de prensa.
Xa estamos en plena campaña electoral do 21-o e Piratas de Galicia tamén arranca a súa primeira e modesta campaña. Aínda nos constituimos en xaneiro e o adianto das eleccións, de súpeto, nos poñen na palestra electoral a nove meses dende entón.
Foron varias semanas ocupadas entre as protestas do 25S, os nosos proxectos como ONG proactiva (especialmente #parents2parents xunto cos Pirates de Catalunya e osPiratas de Madrid) e a precampaña electoral. Puidemos xuntar suficientes candidatos nuns prazos ben curtos para presentarnos en dúas das catro provincias galegas: Ourense e Pontevedra.
O Partido Popular estivo enganando á prohibición de chamar ao voto antes do comenzo da campaña con trampas polas que terá que pagar multas por infrinxir as leis electorais ata 6 veces. Con todo, o seu primeiro candidato foi xeneroso de facernos publicidade de balde mentras tanto, ata dúas veces! Unha na radio e outra na prensa.
Xa que a nosa sede está en Internet, temos plantexado facer unha pegada de carteis virtuais pola rede, ainda que tamén lle explicaremos á xente pola rúa con panfletos o que é o movemento pirata e os nosos proxectos coa desculpa de non facer a pegada sucia e antiecolóxica que fan a maioría nesta época só para amosar aos candidatos e algún slogan enlatado.
E non falemos dos custes que implican as barbaridades de euros que se gastan os "grandes" nas campañas xustamente nun tempo que a crise apachoca a todos. Tamén a ilóxica disposición de 5 millóns de papeletas que se imprimen para as eleccións do que só se usará o 1%. ¿Para cando unhas papeletas únicas con tódolos partidos e marca de voto? Será que os grandes queren facer spam e que os seus votantes o leven dende os fogares...
Neste aspecto, dende Piratas de Galicia queremos ser responsables e denunciaremos nas xuntas electorais para que en futuras eleccións, de calquera ámbito, sexamosresponsables co entorno e os custes que se xeneran. Ah! e non nos esquecemos que case nos obrigaron a mercar unha máquina dos 80 que chaman fax para comunicarnos con eles! Co axiña que se moven os email e a súa gratuidade no século 21.
Por outra banda, é de escándalo o reparto dos recursos públicos que se fan por lei e que benefician aos de sempre. Publicidade na TV, locais públicos para facer mitins, ata as farolas que alumean e serven para pendurar aos candidatos en fotografía retocada. Así tamén temos asinado unmanifesto "Pola Igualdade de Oportunidades nas Eleccións" con algúns dos outros partidos minoritarios que se presentan a estas eleccións co obxectivo de que os medios nos traten por igual ou polo menos non de xeito tan desproporcionado.
Vaia 15 días imos ter por diante con intentos de convencer por repetición desprezando a intelixencia dos habitantes das cidades. Temos esperanza de que non fagan moitas roldas cos altofalantes movibles e se limite a contaminación acústica de mensaxes redundantes.
Non lles chega con ter inxentes donativos e acaparar finanzamento público que o queren todo para eles. Aproveitamos para dicir que tamén aceptamos doazóns na conta de banca ética de Triodos Bank número 1491 0001 20 2036735922. Calquera axuda individual será benvida e saberá onde se van investir xa que en cada asemblea presentamos as nosas contas con precisión dun euro, sen escuras artimañas contables.
Finalmente, queremos apelar ao cidadán responsable que non acuda ás urnas a votar co medo que farán valer entre os partidos maioritarios ou mesmo a ilóxica razón do voto útil*. Emprazámos aos votantes que neste tempoexamine tódalas propostas e que vote en conciencia, sen temores e con coraxe á mellor opción que atope.
Saúde e Oruxo!
jueves, 27 de septiembre de 2012
Manifestación Marcha Mundial das Mulleres en Vigo
Este 28 de Setembro a Coordenadora Galega da Marcha Mundial das Mulleres quere facer un chamamento a participar da manifestación que terá lugar en Vigo ás 20.00 h. e que percorrerá a cidade dende a praza da Farola de Urzáiz ao Edificio Administrativo da Xunta de Galicia. Manifestación convocada pola suma de forzas do movemento feminista da Galiza en coordenación co movemento estatal.
A Marcha Mundial ven realizando durante os meses de agosto e setembro convocatorias de concentracións todos os martes ás 20.30 h. como parte dunha campaña de resposta na rúa ás ameazas do goberno do Partido Popular que quere modificar a actual lei do aborto para retroceder nos dereitos das mulleres. Dende a Marcha chamamos a participar nesta manifestación do 28 de setembro como punto de chegada desta campaña de resposta na rúa e punto de partida para as accións que desenvolveremos dentro da Campaña Europea que comezará o 4 de Outubro de forma simultánea en máis de 10 países europeos.
Sumemos esforzos para loitar polos nosos dereitos, este 28 de setembro o feminismo na Galiza liderando a loita polos dereitos das mulleres no noso país convoca a todas aquelas mulleres que no estado español, e no mundo, sairán ás rúas para defender o noso #dereitoadecidir e o #abortolibre.
Venres 28 de setembro
Vigo, dende a Farola de Urzáiz
20.00 h
Manifestación!!
miércoles, 5 de septiembre de 2012
Concentración traballadores INSS Vigo
Concentración traballadores INSS (Instituto Nacional de la Seguridad Social) Vigo.
A concentración realizouse todos os xoves de xullo e agosto, na rotonda do Alcampo (Coia), en sinal de protesta polos abusivos recortes salariais e laborais que o goberno está a impór aos funcionarios e empregados públicos.
Neste sentido, apuntan que os recortes non só afectan aos traballadores, senón que unido á disminución nos presupostos para a prestación dos servizos públicos e a unha brutal campaña de desprestixio de todo o público, están a supoñer unha merma importante na calidade da atención aos cidadáns e un primeiro paso para a privatización en beneficio das grandes corporacións e empresas.
Por elo, os traballadores públicos piden a restitución de todos os dereitos laborais e un xiro nas solucións políticas e económicas do goberno, de tal forma que deixe de gobernar para os intereses de bancos, corporacións e dos mercados, ao tempo que esixen unha política feita para os cidadáns, en defensa e mellora do estado do benestar.
A concentración realizouse todos os xoves de xullo e agosto, na rotonda do Alcampo (Coia), en sinal de protesta polos abusivos recortes salariais e laborais que o goberno está a impór aos funcionarios e empregados públicos.
Neste sentido, apuntan que os recortes non só afectan aos traballadores, senón que unido á disminución nos presupostos para a prestación dos servizos públicos e a unha brutal campaña de desprestixio de todo o público, están a supoñer unha merma importante na calidade da atención aos cidadáns e un primeiro paso para a privatización en beneficio das grandes corporacións e empresas.
Por elo, os traballadores públicos piden a restitución de todos os dereitos laborais e un xiro nas solucións políticas e económicas do goberno, de tal forma que deixe de gobernar para os intereses de bancos, corporacións e dos mercados, ao tempo que esixen unha política feita para os cidadáns, en defensa e mellora do estado do benestar.
lunes, 27 de agosto de 2012
Afectados preferentes: Novas accións protesta
Para conseguir que a súa causa teña máis impacto fóra de España, os afectados polas participacións preferentes de Vigo-Valmiñor preparan unha acción de protesta para o próximo 6 de setembro no porto olívico, día no que recalarán na cidade tres transatlánticos cuns 10400 pasaxeiros. Por elo, achegaranse ao peirao de cruceiros vigués para levar a cabo unha concentración con pancartas e lemas en inglés.
Ademais, como xa anunciaran, aproveitarán o paso de La Vuelta ciclista por Vigo e a súa comarca (o martes 28 de agosto, perto das 13.00 h., no Alto de San Cosme, Zamans) para facer visibles as súas demandas. Non obstante, José Manuel Estévez (portavoz da Plataforma de Afectados polas Participacións Preferentes e Subordinadas de Vigo-Val Miñor) quixo 'dejar claro' que os afectados non teñen pensado 'ni molestar ni interferir' o desenvolvemento normal da carreira ciclista.
viernes, 27 de julio de 2012
Campaña Cambia de papel
Implicadas no Desenvolvemento é unha ONG galega que procura cambiar as estructuras de explotación dende o enfoque de xénero e dende Galicia. O seu traballo baséase na procura da igualdade de xénero como base para un desenvolvemento humano perdurable. O obxectivo último é que as comunidades acaden un nivel de desenvolvemento óptimo e a autoxestión dos seus recursos.
Partindo do convencemento de que a pobreza é un problema político, Implicadas procura sensibilizar á cidadanía galega e comprometela activamente co cambio, a través da organización de diferentes eventos en colaboración co mundo da cultura, con asociacións feministas e grazas á súa base de voluntariado. Ademais Implicadas procura a visibilización das mulleres do Sur a través da posta en marcha de proxectos de cooperación, a colaboración con organizacións civís in situ e a organización de intercambios con activistas e artistas.
Coa súa campaña actual, Cambia de papel, Implicadas aspira a conseguir un mínimo de 50 nov@s soci@s e 20 persoas voluntarias, co fin de afianzar a mudanza nos esquemas e actitudes presentes nas sociedades do Norte e conseguir así a superación dunha situación inxusta global, da que todas e todos somos partícipes.
Cambiemos xa de papel!!
Máis información para participar na campaña Cambia de papel:
- Implicadas no desenvolvemento: http://implicadas.blogspot.com.es/
- Asociación SerHacer Vigo: info@serhacer.com Tlf: 986.431.331 – 658.771.015
lunes, 21 de mayo de 2012
Clube Faro de Vigo tentará exaltar o genocídio sionista na Palestina
O embaixador de Israel em Espanha, Alon Bar, vai falar no Clube Faro de Vigo na segunda-feira 21 de Maio. A palestra intitula-se “Por que Israel é um dos estados mais modernos do mundo?” e tem como objetivo legitimar o papel deste regime totalitário e exaltar a estratégia de extermínio contra o povo palestiniano.
A pretensa “modernidade” do estado de Israel assenta sobre o massacre e a limpeza étnica. Desde 1948 até hoje mesmo a colonizaçom da Palestina baseou-se no assassinato indiscriminado de milhons de pessoas, na tortura e na aniquilaçom planificada de todo um povo. Nos últimos anos tivemos exemplos mais que suficientes da crueldade e o selvagismo deste estado terrorista que comanda um dos maiores e mais sanguinários exércitos do planeta. Envenenar a água, demolir as casas, empregar armas químicas e biológicas, torturar crianças… essa é a “modernidade” sionista.
Desde a Assembleia Comarcal de NÓS-Unidade Popular de Vigo queremos mostrar a nossa repulsa à presença em Vigo deste representante do sionismo.
.
Assim mesmo fazemos um chamado às viguesas e vigueses para mostrar publicamente o nosso apoio ao povo e à causa da Palestina.
viernes, 11 de mayo de 2012
Esquerda unida de Vigo convoca a ambas as manifestacións este 12 de maio en Vigo
Esquerda unida de Vigo convoca a ambas as manifestacións este 12 de maio en Vigo, algúns militantes desta alianza de esquerdas participan na convocatoria da manifestación cidadá 12M, moitos dos seus militantes tamén forman parte do sindicato CCOO, un dos que contraprogramaron oportunistamete unha manifestación do sector naval que coincide día e hora coa primeira.
Reproducimos aquí a carta coa que esta organización política tenta explicar á cidadanía este despropósito sen entrar en detalle sobre o porqué desta actitude destrutiva por parte do tres grandes sindicatos desta cidade.
CARTA ABERTA DE ESQUERDA UNIDA Á CIDADANÍA ANTE AS CONVOCATORIAS CONCURRENTES DO 12 DE MAIO EN VIGO
As organizacións sindicais maioritarias no sector da construcción naval (CIG, CCOO e UXT), veñen de convocar para o vindeiro sábado 12 de maio unha manifestación en Vigo en apoio do sector que, lamentablemente e sen entrar a detalle dos porqués, coindice en data e hora coa mobilización global de movementos sociais organizada entre outros por Democracia Real Ya, ECOAR, 15M.
ESQUERDA UNIDA, como movemento político e social non pode máis que lamentar a falla de acordo para confluir nunha soa mobilización. E o facemos porque entendemos que os motivos das dúas convocatorias corresponden a demandas sociais análogas. Porque as dúas convocatorias entenden non temos que ser os traballadores e traballadoras as que paguemos a crise, porque defenden activamente que a corresponsabilidade dos cargos públicos eleitos é coa cidadanía que representan, entre eles uns traballadores e traballadoras do naval que asisten atónitos á apatía dos gobernos ante a dinamitación orquestada dun sector que fai escasamente dous anos aportaba 10.000 postos de traballo directos ao tecido industrial da comarca.
Coñecemos que a data do 12M ten sido escollida a nivel mundial como data na que se celebrarán centos de manifestacións e asembleas en todo o estado, e moitas cidades do mundo, celebrando un ano dos movementos que se deron en chamar 15M pero que son moito máis que unhas siglas, movementos sociais que artellaron unha forma de entender á participación política avanzada e participativa. Sen o 15M no noso país problemas como os salarios e prevendas de cargos públicos, a reforma electoral ou os abusos do sistema financeiro non estarían hoxe na primeira liña do debate político no estado español.
Para ESQUERDA UNIDA visto que se manteñen as dúas convocatorias (por ser unha convocatoria global unha, e por ser imposible artellar unha data que servira de nexo ás tres organizacións sindicais outra) teremos que ser a cidadanía consciente a que fagamos un intento (curioso eso si) de confluencia das dúas mobilizacións.
Confluencia que ten que realizarse dende o espíritu de unidade no obxectivo final que non é outro que unha democracia real, porque democracia é gobernar e lexislar para a maioria social que non somos outros que os traballadores e traballadoras.
Propoñemos, ante esta tesitura o seguinte:
- OPCIÓN 1: Participar na marcha POLO SECTOR NAVAL con saída o sábado 12 ás 19:00 horas dende o cruce de Lepanto con Urzáiz e participar na lectura do MANIFESTO que realiza a MOBILIZACIÓN GLOBAL 12M na Praza da Estrela
- OPCION 2: Participar na MOBILIZACION GLOBAL que sae a mesma hora dende Praza de España e confluir na Porta do Sol onde os sindicatos leeran a súa vez un MANIFESTO EN APOIO ao SECTOR NAVAL
Coidamos que sería unha boa ponte entre movementos sociais e sindicatos de clase como punto de partida para evitar, no sucesivo, concurrencias de mobilización.
Fuente: http://euvigo.org/2012/05/10/carta-aberta-de-esquerda-unida-a-cidadania-ante-as-convocatorias-concurrentes-do-12-de-maio-en-vigo/
Fuente: http://euvigo.org/2012/05/10/carta-aberta-de-esquerda-unida-a-cidadania-ante-as-convocatorias-concurrentes-do-12-de-maio-en-vigo/
martes, 8 de mayo de 2012
Aparición dunha nave onde se almacenaban toneladas de animais mortos en Salceda é a constatación de incumplimentos dos dereitos animais
COMUNICADO DE PRENSA
ESQUERDA UNIDA TRASLADARÁ AO SEU EURODEPUTADO WILLY MEYER A SITUACIÓN
DAS PROTECTORAS DE ANIMAIS E DOS GRAVES INCUMPLIMENTOS DE CONCELLOS E CONCESIONARIAS DE RECOLLIDA DE ANIMAIS NO SUR DE PONTEVEDRA
EU considera que a aparición dunha nave onde se almacenaban toneladas de animais mortos en Salceda é a constatación dunha política de incumplimentos dos dereitos dos animais, da insensibilidade social xa que moitos animais poderían ser animais de compañía entregados despois do falecemento e sobre todo de directivas europeas de sanidade e sacrificio animal.
EU quere que a Comisión Europea investigue se coa crise e os recortes se está xeneralizando o sacrificio masivo de animais sanos en protectoras do sur de Pontevedra. EU pide a creación nos concellos da comarca dun CONSELLO SECTORIAL DE PROTECTORAS DE ANIMAIS como así ven de aprobar o concello de Zaragoza por iniciativa de IU para buscar o “sacrificio cero” nas mesmas.
O responsable comarcal de medio ambiente, Oscar Benavides, lembra que diversas organizacións de protección animal veñen de vello denunciado a xeneralización do uso de eutanásicos prohibidos, masificación de animais nas protectoras e incluso prácticas veterinarias feitas por non titulados, polo que a Comisión Europea debería intervir de inmediato de acordo coas normativas comunitarias.
Concellos como Vigo, Ponteareas ou Redondela, considera EU, poder perfectamente constituír un consello sectorial aberto a todas as asociacións e entidades relacionadas coa protección animal para avanzar no obxectivo de "sacrificio cero" e na creación de figuras como a adopción temporal e outras campañas que contribúan a sensibilizar contra os malos tratos animais.
Dito consello municipal debería volta a redactar a ordenanza municipal para especificar en que condicións pódense retirar animais das Protectoras e, en particular, os criterios de identificación e vacinación dos animais.
EU considera que existen recursos suficientes para tales melloras e lembra que protectoras como as de Vigo reciben 70.000 euros das arcas municipais para tal fin ademáis das donacións privadas que se artellan.
Vigo, 08 de maio de 2012
Consello Comarcal de Esquerda Unida
Agrupación Comarcal de Vigo
www.esquerdaunida.org
Los convocantes de 12M Vigo sorprendidos por contraprogramación por parte de CCOO, UGT e CIG
O anuncio da manifestación en defensa do naval convocada por CIG, UGT e CCOO para
este fin de semana sorprendeu aos movementos sociais que convocan á marcha mundial cidadá (12M) organizada para celebrar o primeiro aniversario da manifestación do 15 de maio que deu nome ao movemento 15M, xa que a convocatorio sindical coincide en día e hora coa do 12M anunciada moito antes á cal os sindicatos foron convidados, sempre que leven moderada cantidade de bandeiras e pancartas.
Os sindicatos parecían aceptar esta invitación xa que nas súas manifestacións do 1 de maio e logo algúns dos seus dirixentes fixeron declaracións respecto diso.
Os Convocantes ao 12M mostran a súa total solidariedade cos obreiros navais, din comprender a súa situación xa que é a mesma de moitos cidadáns que sofren as políticas impostas polas corporacións e manteñen a súa invitación de manifestación unitaria.
Último momento: FPG e CUT fixeron saber que apoian a manifestación cidadá do 12M á cal concorrerán e que están é desacordo coa manobra oportunista de CCOO, UGT e CIG.
COMUNICADO DE PRENSA
COMUNICADO DOS ORGANIZADORES DO 12M EN VIGO RESPECTO Á
CONVOCATORIA DOS SINDICATOS DO NAVAL O 12 DE MAIO.
Vigo, 6 de maio de 2012
Os movementos sociais vigueses xurdidos a raíz do movemento 15M levamos meses traballando na convocatoria do 12 de maio, día no cal conmemoraremos de xeito reivindicativo o aniversario
da primeira gran manifestación do movemento. Estes movementos convocamos e organizamos unha manifestación que percorrerá a cidade dende as 19.00h, coordinada con outras mobilizacións que se celebrarán a nivel global ese mesmo día.
Somos perfectamente conscientes de que os recortes e a precariedade do sistema os padece a maioría social: traballadores e traballadoras, estudantes, parados, inmigrantes, etc. Sendo coherentes con isto, e a pesares das moitas críticas que temos cara as cúpulas sindicais, os
convidamos a partipar na mobilización do 12 de maio por medio de reunións cos seus dirixentes locais.
Sorprendentemente, o 1 de maio, as direccións sidicais de CCOO, UXT e CIG anunciaban a convocatoria dunha manifestación o mesmo día e á mesma hora en defensa do sector naval. Os traballadores do sector naval son todo un exemplo de dignidade, un emblema na loita pola xustiza social na nosa cidade, e sentímonos plenamente identificados coas súas reivindicacións e as facemos nosas. Dito isto, os traballadores do sector naval sofren os mesmos problemas que o 99 por cento da poboación: recortes en sanidade e educación, degradamento dos servizos públicos en xeral, paro, malas condicións de traballo, etc.
A consecuencia lóxica destes intereses comúns é mobilizarnos conxuntamente. ¿Por qué os
dirixentes sindicais non animan entón ós traballadores do naval a participar o 12M nunha
mobilización na que expresaremos os nosos intereses diversos pero comúns? ¿É o máis axeitado
para os traballadores do naval e para o conxunto da cidadanía loitar separados en lugar de unidos?
Nós o temos claro: convidamos ós traballadores do sector naval e a todos os demais a participar na
mobilización global do 12 de maio, en defensa dos seus dereitos, que son os de todos.
domingo, 6 de mayo de 2012
NÓS-Unidade Popular quer denunciar a constante utilizaçom dos meios públicos municipais por parte do alcaide de Vigo
Comunicado:
A Assembleia Comarcal de NÓS-Unidade Popular de Vigo quer denunciar a constante utilizaçom dos meios públicos municipais por parte do alcaide de Vigo, Abel Caballero, para uso estritamente privado.
A utilizaçom do carro oficial para deslocar-se e abandonar umha das manifestaçons do 1º de maio, Dia do Internacionalismo Proletário, é o mais recente episódio do mal uso que fai Abel Caballero do património da cidade.
Somos nós, os trabalhadores e as trabalhadoras quem pagamos com os nossos impostos as despesas do carro oficial, o combustível e as horas extras do chofer. A classe trabalhadora viguesa nom deve pagar os compromissos pessoais do alcaide.
À margem do cinismo e oportunismo de Caballero acudindo ao 1º de Maio, quando leva anos implementando desde o Concelho umha política lesiva para os interesses da classe trabalhadora de Vigo, a presença na manifestaçom de CCCO-UGT nom justifica o seu deslocamento em carro oficial.
Mais umha vez os apelos de austeridade que Caballero difunde ficam em evidência, em papel molhado, pois nom passam de mera retórica demagógica.
É frequente na casta política da nossa cidade a utilizaçom dos meios públicos para benefício pessoal. Caballero, Figueroa ou Santi Dominguez nom tenhem nem o mais mínimo respeito polo património público, nom lhes importa em que ou como gastá-lo.
O abuso dos carros oficiais responde a que nom acreditam no transporte público, porque é lento, caro e insuficientes as frequências. Nom o utilizam para deslocar-se e sim para poder privatizá-lo mediante vergonhentas concessons a empresas que se enriquecem a custa da vizinhança e da sobre-exploraçom dos seus trabalhadores e trabalhadoras.
A Assembleia Comarcal de NÓS-UP de Vigo denúncia a existência e utilizaçom de carros oficiais para uso pessoal. Solicitamos umha exaustiva fiscalizaçom e controlo do seu uso, e a reduçom ao mínimo da utilizaçom do carro oficial polo alcaide.
http://nosgaliza.org/prova2/? p=1242
A Assembleia Comarcal de NÓS-Unidade Popular de Vigo quer denunciar a constante utilizaçom dos meios públicos municipais por parte do alcaide de Vigo, Abel Caballero, para uso estritamente privado.
A utilizaçom do carro oficial para deslocar-se e abandonar umha das manifestaçons do 1º de maio, Dia do Internacionalismo Proletário, é o mais recente episódio do mal uso que fai Abel Caballero do património da cidade.
Somos nós, os trabalhadores e as trabalhadoras quem pagamos com os nossos impostos as despesas do carro oficial, o combustível e as horas extras do chofer. A classe trabalhadora viguesa nom deve pagar os compromissos pessoais do alcaide.
À margem do cinismo e oportunismo de Caballero acudindo ao 1º de Maio, quando leva anos implementando desde o Concelho umha política lesiva para os interesses da classe trabalhadora de Vigo, a presença na manifestaçom de CCCO-UGT nom justifica o seu deslocamento em carro oficial.
Mais umha vez os apelos de austeridade que Caballero difunde ficam em evidência, em papel molhado, pois nom passam de mera retórica demagógica.
É frequente na casta política da nossa cidade a utilizaçom dos meios públicos para benefício pessoal. Caballero, Figueroa ou Santi Dominguez nom tenhem nem o mais mínimo respeito polo património público, nom lhes importa em que ou como gastá-lo.
O abuso dos carros oficiais responde a que nom acreditam no transporte público, porque é lento, caro e insuficientes as frequências. Nom o utilizam para deslocar-se e sim para poder privatizá-lo mediante vergonhentas concessons a empresas que se enriquecem a custa da vizinhança e da sobre-exploraçom dos seus trabalhadores e trabalhadoras.
A Assembleia Comarcal de NÓS-UP de Vigo denúncia a existência e utilizaçom de carros oficiais para uso pessoal. Solicitamos umha exaustiva fiscalizaçom e controlo do seu uso, e a reduçom ao mínimo da utilizaçom do carro oficial polo alcaide.
http://nosgaliza.org/prova2/?
martes, 24 de abril de 2012
Participaciones preferentes
Afectados participaciones preferentes:
¿Sabe si usted tiene su dinero depositado en algún “plazo fijo” en Caixanova o Caixagalicia (ahora Novagalicia Banco)?
Pregunte en su sucursal la fecha de vencimiento… si vence en el 2018, 2019, 2050, 9999 o es perpetuo. Si no le dejan retirar su dinero. Si le dan menos intereses de los que le habían ofrecido o han dejado de dárselos…
Si le habían dicho que en 1, 2, 4 ó 5 años vencía el plazo fijo. Si tiene cualquiera de estos problemas u otros similares…
Infórmese y no deje que le engañen una vez más. Usted no es el único. Le pueden ayudar en:
Plataforma Afectados Participaciones Preferentes Vigo: 687.384.643
Plataforma Afectados Val Miñor: 617.890.844
Plataforma Afectados Participaciones Preferentes Morrazo: 677.390.467
miércoles, 18 de abril de 2012
NÓS-UP de Vigo quer denunciar o castigo que esta a sofrer a vizinhança de Vigo por parte da casta política
Comunicado:
A Assembleia Comarcal de NÓS-UP de Vigo quer denunciar o castigo que esta a sofrer a vizinhança de Vigo por parte da casta política que dirige a nossa cidade e o nosso país.
Abel Caballero, alcaide de Vigo polo PSOE, e Nuñez Feijó, presidente da Junta polo PP, seguem na sua teima particular: boicotar-se mutuamente e tentar ter mais quota de poder para poder controlar-se. Mas a vizinhança de Vigo é a que está a sofrer todas as consequências dos seus atos, da sua inoperância política e da sua falta de sentido comum.
No passado mês de março a Assembleia Comarcal de NÓS-UP de Vigo denunciou o estado de abandono do bairro de Návia, fazendo fincapé em que para o alcaide existem bairros de primeira, o centro, e bairros de segunda, toda a periferia.
Agora, após mês e meio, temos que seguir denunciando a passividade do governo municipal e da Junta no arranjo dos problemas diários das viguesas e vigueses. Ao igual que acontece com o ambulatório de Návia ou a biblioteca estatal, o centro de dia de Valadares – um centro com umha capacidade para 80 pessoas- nom funciona porque Feijó e Caballero nom querem. Este centro deveria estar operativo desde o ano 2010 mas precisam 97.000 euros para fazer a instalaçom da água e da eletricidade. Mas o problema nom é o seu custo. O problema é as quotas de poder. Mostrar quem manda. Ao PP e ao PSOE nom lhes interessa este tema, nom lhes preocupa o mais mínimo ajudar a melhorar a vida das pessoas deste bairro.
A Assembleia Comarcal de NÓS-UP de Vigo exige a imediata abertura do centro de dia de Valadares. A saúde das pessoas nom pode ser um jogo em maos de burocratas. A cidade de Vigo e o povo trabalhador galego está muito por acima dos seus dirigentes, nom nos merecemos este trato.
CABALLERO E FEIJÓ DEMISSOM!
http://nosgaliza.org/prova2/? p=1142
A Assembleia Comarcal de NÓS-UP de Vigo quer denunciar o castigo que esta a sofrer a vizinhança de Vigo por parte da casta política que dirige a nossa cidade e o nosso país.
Abel Caballero, alcaide de Vigo polo PSOE, e Nuñez Feijó, presidente da Junta polo PP, seguem na sua teima particular: boicotar-se mutuamente e tentar ter mais quota de poder para poder controlar-se. Mas a vizinhança de Vigo é a que está a sofrer todas as consequências dos seus atos, da sua inoperância política e da sua falta de sentido comum.
No passado mês de março a Assembleia Comarcal de NÓS-UP de Vigo denunciou o estado de abandono do bairro de Návia, fazendo fincapé em que para o alcaide existem bairros de primeira, o centro, e bairros de segunda, toda a periferia.
Agora, após mês e meio, temos que seguir denunciando a passividade do governo municipal e da Junta no arranjo dos problemas diários das viguesas e vigueses. Ao igual que acontece com o ambulatório de Návia ou a biblioteca estatal, o centro de dia de Valadares – um centro com umha capacidade para 80 pessoas- nom funciona porque Feijó e Caballero nom querem. Este centro deveria estar operativo desde o ano 2010 mas precisam 97.000 euros para fazer a instalaçom da água e da eletricidade. Mas o problema nom é o seu custo. O problema é as quotas de poder. Mostrar quem manda. Ao PP e ao PSOE nom lhes interessa este tema, nom lhes preocupa o mais mínimo ajudar a melhorar a vida das pessoas deste bairro.
A Assembleia Comarcal de NÓS-UP de Vigo exige a imediata abertura do centro de dia de Valadares. A saúde das pessoas nom pode ser um jogo em maos de burocratas. A cidade de Vigo e o povo trabalhador galego está muito por acima dos seus dirigentes, nom nos merecemos este trato.
CABALLERO E FEIJÓ DEMISSOM!
http://nosgaliza.org/prova2/?
EU considera que o silencio do Concello faino cómplice nun problema de máxima gravedade para a convivencia nun dos barrios máis populosos de Vigo
Comunicado:
ESQUERDA UNIDA DE VIGO CONSIDERA INDISPENSABLE QUE
ANTES DE CONSIGNAR RECURSOS ECONÓMICOS OU ASINAR
CONVENIOS COA AAVV DE LAVADORES O CONCELLO ESIXA O
CUMPRIMENTO ESTATUTARIO NA MESMA.
Para ESQUERDA UNIDA os conflictos sen solventar na asociación de veciños, as
expulsións arbitrarias de veciños que promoven dentro do marco estatutario unha
asemblea extraordinaria e mesmo a dudosa legalidade da asemblea do 10 de xuño
pasado ou a negativa a realizar unha asemblea xeral extraordinaria, son argumentos
suficientes para poñer “en reserva” calquera convenio coa actual directiva. Pide ao
concelleiro de participación cidadá que inste ao cumprimento estatutario na AAVV e
interveña para a solución do conflicto no barrio.
Esquerda Unida considera inaprazable a realización da devandita Asemblea polo futuro dunha
sociedade con máis de 35 anos de existencia, exemplar no traballo da defensa do barrio e dos
intereses dos veciños e das veciñas.
Son reiteradas as peticións que membros da AAVV, entre eles os cinco presidentes
anteriores, teñen feito ao Concello de Vigo que simplemente limitouse a dar palabras no Pleno
do Pasado mes de xaneiro sen realizar un análise do cumprimento estatutario polo que EU,
ante a aprobación dos próximos orzamentos do Concello, pide a suspensión cautelar de
calquera convenio ou axuda mentres non se aclaren públicamente as contas da AAVV, se
celebre unha asemblea xeral extraordinaria e se devolva o dereito de pertenza á AAVV aos
veciños e veciñas expulsados e expulsadas.
EU considera que o silencio do Concello faino cómplice nun problema de máxima gravedade
para a convivencia nun dos barrios máis populosos de Vigo.
SECRETARIA DE COMUNICACIÓN DE EU VIGO
I Festa dos Callos de Vigo
Comunicado:
Poderedes degustar este tradicional prato acompañado dos nosos mellores viños, así como cervexa e refrescos, e rematando cunha selección de postres típicos.
Por outro lado, se o que preferides é degustar os callos na casa, tamén vos ofrecemos a opción de coller racións para levar.
Programa
Venres 20 de abril
12.30 h: Inauguración e comenzo da degustación de callos.
21:00 h: Reapertura da degustación.
22:30 h: Actuación da "Orquesta Principal".
Sábado 21 de abril
11.30 h: Apertura da degustación de callos.
12:00 h: Actuación do Grupo Folclórico Corisco.
21:00 h: Reapertura da degustación.
22:30 h: Actuación da "Orquesta Jerusalén".
Domingo 22 de abril
10.30 h: Apertura da degustación de callos.
12:00 h: Actuación da banda "Agrupación Musical Atlántida de Matamá".
13:00 h: Actuación do grupo de música tradicional "Falcatrua".
Suscribirse a:
Entradas (Atom)






