viernes, 30 de marzo de 2012

Vídeo da manifestación en Vigo da CUT, CGT, CNT e o STEG con motivo da folga xeral deste 29 de marzo


Aínda que non existise para os medios de comunicación masivos, a manifestación dos sindicatos anarquistas e outras agrupacións obreiras e cidadás  en Vigo con motivo da folga xeral significou un salto cualitativo e cuantitativo para o anarcosindicalismo nesta cidade.

Hai un tempo que non viamos a estas organizacións manifestarse conxuntamente e ademais agregáronse outras agrupacións co que se convocaron unhas dez mil persoas.

Nas consignas e os discursos quedou claro que estas agrupacións non pretenden negociar as reformas laborais co goberno senón derogalas por completo e que consideran que o sistema capitalista nunca soluciona os problemas da clase obreira.

Vídeo da manifestación en Vigo da CUT, CGT, CNT e o STEG con motivo da folga xeral deste 29 de marzo

jueves, 29 de marzo de 2012

Fotos da manifestación en Vigo da CUT, CGT, CNT e o STEG con motivo da folga xeral deste 29 de marzo

Unhas dez mil persoas presentes na manifestación convocada por  A CUT, xunto coa CGT, CNT e o STEG  con motivo da folga xeral deste 29 de marzo, o que sen dúbida significa un feito histórico para o anarcosindicalismo da cidade de Vigo. 
29M folga xeral, da indignación á loita, Adiante

Contra as reformas laborais, folgas xerais, CUT, CGT, CNT, STEG, SF, IN, SXG

Servizos públicos, nin desmatelamento, nin privatización

Non queremos guerras, queremos traballo, educación, sanidade, vivienda e cultura

A loita está na rúa, contra o capital, CGT

Non á perda de dereitos 

Somos a clase obreira, somos a maioría

Da indignación á loita, Adiante 

Bandeiras feministas e republicanas na manifestación 


A manifestación pasa polo concello de Vigo 

O capitalismo non é humanizable, hai que destruilo!!




Non máis recortes de dereitos, loita na rúa, AIT, CNT

Os vampiros da CEOE


Representante de STEG


Representante de CUT

Polo dereito á vivenda, polo derito a decidir, pola sanidade universal gratuita e pública, pola educación pública

Capitalista cos seus escravos 

Flexilandia, cambiemos o xogo



Non abonda con indignarse, precisamos, organización, acción, revolución. 

Fotos Antía Amoedo e J.S.Ruetter

Primeira impresión da folga xeral do 29 de marzo en Vigo

Nas próximas 24 horas Todovigo só publicará sobre a folga xeral en adhesión á mesma. 

Primeira impresión da folga xeral do 29 de marzo en Vigo.

Así está o meu barrio (O Calvario-A Doblada) puntual desde as 12. Saín a dar unha volta e até o último bar pechado. Volvendo cruceime cun "piqueño" duns 200 compañeiros  xentilmente acompañados, a uns 50 metros, por dúas furgonas cargadas de polis, óuvese roldando o helicóptero e dá pena irse á cama mais as manifestacións aquí son pola mañá e quero estar fresco.
Por: Alejandro Ruetter Fridman 

Uns datos moi significativos da adhesión á folga. paralización total da actividade portuaria en Vigo. Confírmase o paro total na recolhida de lixo, manhá non se publican nen "Faro de Vigo" (100% de paro) nin a edición galega de "El País". Na rotativa de "La Voz de Galicia" só acudiu a trabalhar o encargado. O transporte público está practicamente paralizado en toda Galiza, especialmente o ferroviario. Ducias de voos de
companhias aereas cancelados.
Datos roubados a: Xosé Collazo Castro

miércoles, 28 de marzo de 2012

Convocatorias de manifestacións en Vigo pola folga xeral do 29 de marzo

Este 29 de marzo con motivo da folga xeral en Vigo realizaranse tres manifestacións "unitarias" en distintos puntos da cidade.

A CUT, xunto coa CGT, CNT e o STEG convocan a súa manifestación na praza dos cabalos has 11hs para máis info pulse aquí , pola súa banda CC:OO y U.G.T chaman as 11hs no Cruzamento da Gran Vía con Venezuela, a CIG como de costume convoca na Doblada as 11:45 máis info.

Grupo axitacion social Vigo propón facer ruído o día da folga Ler

Esquerda unida de Vigo chama a vencer o medo a participar nas tres manifestacions  Ler

Democracia Real Ya (Vigo) Sobre la huelga general Ler

A manifestación da CIG pola folga xeral sae as 12 da Doblada

A Confederación Intersindical Galega ten convocadas, na xornada de folga xeral, 14 manifestacións, que percorrerán as rúas de cidades e vilas de Galiza a partir das 11:45 da mañá. A manifestación central, á que asistirá o secretario xeral, Suso Seixo, será en Vigo, con saída ás 12:00 horas desde a Doblada.

Grupo axitacion social Vigo propón facer ruído o día da folga

Comunicado:
Este xoves quedamos con quen queira acompañarnos ás 11h no quiosco da Praza dos Cabalos, a idea é participar na mani unitaria da CXT, CUT e CNT que sairá desa praza ás 11:30h.
A nosa proposta é facer un grupo ruidoso dentro da mesma, polo que animamos a todas a levar vuvuzelas, carracas, silbatos, cacerolas, bombos, ou o elemento ruidoso preferido, tamén é un bo día para levar unha pancarta propia, coa reivindicación persoal e intransferíbel que se queira compartir co resto do mundo.
Aquí pode lerse o panfleto que imos repartir.http://galizalibertaria.org/node/1163

Actualizado por dereito a replica Un lector de TodoVigo acláranos que non é unha proposta só de GAS

Algunhas persoas e grupos que temos afinidade á hora de traballar horizontalmente contra o capitalismo (e máis cousas) en Vigo, pensamos aproveitar o pequeno paréntese de liberdade conquistada que supón a folga xeral, para atoparnos e ir xuntas, a idea non é máis que discurrir polo espazo público expresándonos e reflexionando (da forma máis ruidosa posíbel) un pouco máis alá da reforma laboral e os recortes vindeiros...

Este xoves quedamos con quen queira acompañarnos ás 11h no quiosco da Praza dos Cabalos, a idea é participar na mani unitaria da CXT, CUT e CNT que sairá desa praza ás 11:30h.

A nosa proposta é facer un grupo ruidoso dentro da mesma, polo que animamos a todas a levar vuvuzelas, carracas, silbatos, cacerolas, bombos, ou o elemento ruidoso preferido, tamén é un bo día para levar unha pancarta propia, coa reivindicación persoal e intransferíbel que se queira compartir co resto do mundo...

Este é o panfleto que imos repartir.
http://galizalibertaria.org/node/1163

martes, 27 de marzo de 2012

ESQUERDA UNIDA DE VIGO CHAMA A VENCER O MEDO E AS PRESIÓNS E PARTICIPAR ACTIVAMENTE NA FOLGA XERAL DO 29 DE MARZO


Comunicado: 

O coordenador local de EU en Vigo Rubén Pérez fixo hoxe unha chamada a vencer o medo e as presións patronais e á participación activa dos traballadores e traballadoras na FOLGA XERAL DO 29 S.

EU considera indispensable afrontar un calendario de loita unitario ante esta reforma laboral que supón abaratar o despido, incluso facilita o despido colectivo, tamén supón o esnaquizamento da negociación colectiva, xerando nos traballadores e traballadoras indefensión ante unhas medidas draconianas que precarizan o emprego.

EU denuncia igualmente que moitas empresas de Vigo están presionando aos traballadores con amenazas en caso de secundar a convocatoria polo que lembra que estas poden ser denunciadas anónimamente en calqueira dos tres sindicatos maioritarios. O dereito democrático e constitucional á Folga, engandiu Rubén Pérez, está máis ameazado que nunca polo que a resposta ten que ser “contundente”.

ESQUERDA UNIDA lamenta que as organizacións sindicais non chegasen a un acordo de mobilización unitaria polo que anima á participar posteriormente nas manifestacións convocadas por CIG, UXT-CCOO e CUT-CGT, que entre as 11 e 12 horas do 29 trascorrerán polas rúas da cidade.

EU considera que esta convocatoria de Folga ven a ser un punto de partida, non de fin, para erradicar esta contrareforma laboral da axenda política do goberno, polo que augura un calendario extenso de mobilizacións de aqui en diante.

lunes, 26 de marzo de 2012

Entrevista a Pilar Seoane

Pilar Seoane es miembro de la ejecutiva nacional de CC.OO., de la ejecutiva del sector de admon. de CC.OO. y especialista en políticas de igualdad.
En esta entrevista Pilar nos habla de feminismo, de igualdad, de violencia de género, de la masculinización de los sindicatos, de cómo perjudican especialmente a las mujeres esta crisis y la reforma laboral del PP,…
Seoane explica que la igualdad es productiva y que no se está cumpliendo la ley de igualdad. De hecho, el PIB del país aumentaría en un 53% si se remunerara el trabajo que hacen las mujeres en sus casas.
En las directrices de la UE se dice que en época de crisis económica el reforzar la posición de las mujeres en el mercado de trabajo y su independencia económica no es sólo una obligación moral, sino también una necesidad económica y que las instituciones públicas y los gobiernos tienen la obligación de remover todos los obstáculos que existan.
Vídeo:



Día da terra palestina


Comunicado de Galiza por Palestina (Vigo)

Cando se prepara unha nova agresión imperialista, esta vez contra os pobos sirio e iraniano, un grupo de persoas independentes ou representantes de organizacións políticas e populares pretendemos darlle novo impulso a Galicia por Palestina (Vigo), co obxectivo de relanzar a solidariedade con este pobo cotidianamente masacrado polo Estado sionista, e tamén cos pobos árabes que neste momento están a ser ameazados polo imperialismo.

Por iso  realizaremos unha concentración e unha palestra que sirvan como re-comezo das actividades. En concreto, fixamos o día 30 de marzo (Día da terra palestina) para unha concentración no MARCO  (Rúa Príncipe) ás 20hs e o 31 para unha charla a cargo de Faied Badawi en Bou Eva  (Rúa Terzo de Fora 11, (Vigo)

Para  contacto e información   sobre actividades ou incorporación á plataforma visita o noso novo sitio web : www.galizaporpalestinavigo.piesnegros.org

jueves, 22 de marzo de 2012

A CUT, xunto coa CGT, CNT e o STEG convoca a súa manifestación unitaria o día 29 de marzo


Comunicado de CUT (Vigo) 
A CUT, xunto coa CGT, CNT e o STEG convoca a súa manifestación unitaria o día 29 de marzo en Vigo, tendo saída ás 11 horas da mañá dende a Praza dos Cabalos (tamén chamada Praza de España). 
O sindicalismo alternativo e minoritario, despois de tentar acumular forzas coas grandes centrais, ao non ter resposta algunha, optou por desenvolver a súa manifestación nunha xornada que debe ser histórica. Facemos un chamamento a toda a base afiliativa das distintas centrais, sexan as siglas que sexan, de cara á conversión desta xornada nun punto e aparte, dende o cal só albiscaremos o camiño dun futuro noso, das mulleres e homes traballadores.
Ao mesmo tempo continuamos nas comarcas co traballo de cara ao éxito da folga, que pasa polas asembleas nos centros de traballo, polos piquetes informativos previos, coladas, pancartas, etc. É un traballo cuxa responsabilidade corresponde a cada un e cada unha de nós. Só tes que contactar co local da túa comarca para sumarte ás actividades programadas. Todos e todas somos insubstituíbles.
29 DE MARZO, FOLGA XERAL!!

lunes, 19 de marzo de 2012

Dia internacional sen carne

A cova dos ratos, comunica: 
O vindeiro martes, 20 marzo, é o Día Internacional sen Carne, celebrase para dar a coñecer o fácil que é adoptar un modo de vida ético cos demáis animais. para celebrarlo na cova durante este día facemos desconto do 50% na comida, e o menú será a 5 eurillos! ven comer a Cova, 100% libre de Sofremento Animal!
Centro Social "A Cova dos Ratos" (rúa Romil 3 Baixo -Vigo-)

Presentación do libro " Razones para la Rebeldía" de Willy Toledo

O vindeiro martes 20 de marzo ás 20.00 horas terá lugar no Edificio Municipal do Areal (antigo Reitorado) a presentación do libro " Razones para la Rebeldía" (Editorial Península) coa presencia do seu autor, o actor de cine e teatro Guillermo (Willy) Toledo. Convoca Asemblea  Republicana de Vigo


Willy Toledo repasa a súa vida de activista, as súas razóns para a indignación permanente, así como as súas opinións sobre o mundo, España, a política, os seus colegas actores, a lei sinde, e moitas máis cuestións de actualidade política e social do noso tempo

«Abstéñanse os súbditos, lean os cidadáns» (Julio Anguita).

«Perdemos a soberanía, xa que son os mercados e as institucións financeiras as que ditan aos gobernos o que deben facer.
Os dereitos constitucionais como a vivenda ou o traballo non se cumpren.
Están a darse os primeiros pasos, que poden ser irreversibles se non lle pomos remedio, para que a sanidade e a educación privatícense, sen pensar ademais que os grupos relixiosos controlan xa a metade da educación deste país.
Temos unha lei de estranxeiría racista e inxusta.
O noso exército participa en guerras por diferentes zonas da Terra e os cidadáns nin saben onde nin por que.


Non se se imos poder cambiar a situación, pero, en calquera caso, os cidadáns somos os donos do noso destino e nas nosas mans está seguir aguantando ou saír á rúa e esixir os nosos dereitos».


Guillermo Toledo



Info sobre o libro: http://www.edicionespeninsula.com/es/llibre/razones-para-la-rebeldia_16669.html

viernes, 16 de marzo de 2012

Democracia Real Ya (Vigo) Sobre la huelga general

La plataforma Democracia Real Ya lleva semanas discutiendo a nivel estatal y en sus nodos locales sobre su posición pública en cuanto a la huelga general del 29 de Marzo, las diferentes posturas estaban entre la abstención de opinión y dejar a sus miembros en libertad para participar o no ese día  a manera personal (lo que suena extraño ya que no se comprendería la falta de libertad personal de los miembros de una plataforma por la democracia) pasando por una participación crítica e incluso algunos miembros plantearon negar el apoyo a la huelga al confundir asindicalismo con antisindicalismo y esta huelga estar presentada por los medios masivos de comunicación como impulsada por los sindicatos pro-patronales CC.OO. y U.G.T.

Las postura de DRY (nodo Vigo) está expresada en el siguiente comunicado.

Comunicado de DRY Vigo sobre la huelga general del próximo 29 de Marzo:

Desde Democracia Real Ya!-Vigo comunicamos nuestra completa oposición a la nueva Reforma Laboral impulsada por el gobierno del PP, así como la anterior promovida por el gobierno del PSOE. Denunciamos que esta reforma no solo abarata el despido si no que, en el mejor de los casos, legitima la desaparición de miles de puestos de trabajo estables y implica la anulación de las condiciones laborales de los que aun tienen la “fortuna” de seguir en activo.

Así pues, apoyamos y respectamos todas aquellas movilizaciones impulsadas desde los colectivos de trabajadores y ciudadanos de nuestra comarca, siempre que sean independentes, críticas y, por supuesto, no violentas; empleando todas las herramientas que se crean convenientes para expresar el profundo desacuerdo y hacer frente a este chantaje a todos los ciudadanos.

No obstante, Democracia Real Ya!-Vigo diferencia con rotunda claridad la tan necesaria lucha de los trabajadores, de las decisiones tomadas, unilateralmente, por unas cúpulas sindicales elitistas, distanciadas y sometidas a los gobiernos que, lejos de favorecerlos, los han hundido en un pozo sin fondo.

Al mismo tiempo queremos solidarizarnos con todos los ciudadanos que por la situación económica y social actual no puedan ejercer su derecho a hacer huelga, y con todos los desempleados a quien apelamos a unirse a todas las protestas tanto en contra de la reforma laboral, como al resto de los recortes que nos afectan a todos.

Recordamos que Democracia Real Ya! está formada por ciudadanos de toda índole e ideología, que se rigen por 3 principios básicos: asindicalismo, apartidismo y no violencia. Esa diversidad es precisamente nuestra mayor riqueza a el tiempo que nos permite denunciar, de forma independente, la corrupción, los abusos de poder y la mala praxis de cualquier institución o de cualquier cargo público, que no cumpla con sus obligaciones con la ciudadanía.

Frente a el ataque constante por parte de la clase política a el estado de bienestar y a los derechos de todos los ciudadanos, os invitamos a todos y cada uno/a a sacar vuestro sentido a las calles, a ser participes de las distintas formas de protesta (como la huel general o la huelga de consumo) que se están impulsando desde diversos colectivos sociales.

PORQUE NO SOMOS MERCANCÍA EN MANOS DE POLÍTICOS Y BANQUEROS

Disto tratábase a bancarización das caixas?


A semana pasada os sindicatos CC.OO. e U.G.T. asinaron un acordo con Nova Caixa Galicia segundo o cal a entidade aforrará un 13% no seu custo administrativo,  a entidade  financeira e os sindicatos chaman eufemisticamete ao acordo "solución non traumática"

O plan contempla o despedimento de 700 traballadores, baixada de soldos para o 93% da platilla, suspensión de aportes aos plans de pensións ademais de eliminación de contratos e reducións de xornada.

Con estas medidas que  NCG chama incruentas e "non plan de despedimentos e abaratamento do traballo"  aforrará uns 60 millóns de euros coa complicidade dos sindicatos.

Disto tratábase a bancarización das caixas? por iso ían ser "máis eficientes"? xa era notorio en encarecemento e empeoramento de servizos para os clientes agora tócalles a xodienda aos traballadores.

Outras caixas bancarizadas ven este exemplo como algo a imitar a curto prazo.

Traballadores de Povisa desmenten que as reducións de xornada estean pactadas

Representantes do comité de empresa de Povisa brindaron onte unha rolda de prensa para desmentir que as reducións de xornada estean pactadas cos traballadores como se afirma  a dirección do hospital.

Os representantes dos traballadores afirmaron que a dirección a ameazado  co despedimento de 26 traballadores  utilizando as reformadas leis laborais se non se aceptan as novas condicións e  que estas novas condicións serán permanentes. Povisa pretende que esta medida que polo momento afecta a 200 traballadores en pouco tempo abarque á totalidade.

No suposto caso de que os traballadores estivesen dispostos a aceptar novas condicións non confían na patronal xa que o persoal de limpeza aceptounas a cambio de que non se produzan despedimentos a pesar disto foron despedidos 27 e subcontrataron unha empresa con menos persoal e en peores condicións.      

Declararon que convocaran novas mobilizacións logo da folga xeral do 29 de marzo




jueves, 15 de marzo de 2012

POËM en Concierto Solidario con 15M Vigo

O día 24 de Marzo, na sala Mondo, a partir das 20.30, haberá un acto informativo, reivindicativo e participativo, de apoio ao Movimento 15-M Vigo. Será o Primeiro Festival Solidario 15M, e ademáis de informar sobre a situación do movimento na cidade, e as posibilidades de participación dos cidadáns nas diferentes actividades e grupos de traballo, os fondos recaudados coa venta de entradas a 3 euros, serán destinados a financiar os gastos das actividades e mantenimento do local social 15M.

Ademáis do carácter informativo e reivindicativo do acto, actuarán 3 grupos de forma totalmente desinteresada: Frying Luras (Rock), Poëm (Rock) e Show Case de Hip Hop do colectivo StreetLights Music. Esperamos da vosa asistencia e participación no acto. Reservas 986-205588

Documental: Cen primaveras de Álvaro Cunqueiro

Video documental de 47 minutos  realizado polo GRIAL (Grupo de Intervención Audiovisual e Literaria) da Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo coa participación de Xosé María Álvarez Cáccamo, Anxo Angueira, Afonso Becerra, Kiko Cadaval, Manuel Forcadela, Xosé Luís Méndez Ferrín, Isabel Mociño, Román Raña Lama, Rexina Vega, é un mosaico biobibliográfico e crítico sobre a vida e a obra do escritor mindoniense con motivo do centenario do seu nacemento.

Día de acción por unha banca pública

O domingo, 25 de marzo a Plataforma Polo Aforro Público convoca en varias vilas e cidades galegas un día de acción pola creación dunha banca pública, ó servizo da economía e democráticamente xestionada pola cidadanía, como instrumento fundamental para promover o emprego, o desenvolvemento económico e un cambio de modelo máis necesario ca nunca.

Exposición Nixeria: terra contaminada

A Sala de exposicións II do Centro Social Novacaixagalicia acollerá Velázquez Moreno, 18 (Vigo) , do 14 de marzo ao 1 de abril, a exposición Nixeria: terra contaminada, terra que arde, unha iniciativa conxunta de Amnistía Internacional e a organización para a defensa medioambiental Milieudefensie. Na exposición, o fotógrafo documental da axencia NOOR Kadir van Lohuizen mostra a contaminación causada pola industria do petróleo no delta do Níxer (Nixeria), e as súas consecuencias para as persoas que habitan a zona, así como a historia de persoas que están librando unha batalla contra Shell (unha das empresas con actividades en Nixeria que máis demandas por contaminación ten) a través do sistema de xustiza dos Países Baixos.

miércoles, 14 de marzo de 2012

Darlle novo pulo a Galiza por Palestina (Vigo)

Comunicado: 


Cando se prepara unha nova agresión imperialista, esta vez contra os pobos sirio e iraní, un grupo de persoas independentes ou representantes de organizacións políticas e populares pretendemos darlle novo pulo a Galiza por Palestina (Vigo), co obxectivo de relanzar a solidariedade coeste pobo a cotío masacrado polo Estado sionista, e tamén cos pobos árabes que neste momento están sendo ameazados polo imperialismo, nomeadamente Siria e Irán.

Por iso estamos a facer xuntanzas para preparar unha concentración e unha palestra que sirvan como re-comezo das actividades. En concreto, fixamos o día 30 de marzo (Dia da Terra en Palestina) para unha concentración no Marco e o 31 para unha charla a cargo de Faied Badawi. Se che interesa participar na organización destas actividades, estaremos no centro social Bou Eva o martes 20 de marzo ás 8.

Neste momento, xa temos convocando á concentración e mais a palestra en concreto, fixamos o día 30 de marzo (Dia da Terra en Palestina) para unha concentración no Marco e o 31 para unha charla a cargo de Faied Badawi. Se che interesa participar na organización destas actividades, estaremos no centro social Bou Eva o martes 20 de marzo ás 8.

Para  contacto e mais información   sobre actividades ou incorporación á plataforma visita o noso novo sitio web : www.galizaporpalestinavigo.piesnegros.org

lunes, 12 de marzo de 2012

Video da Manifestación polo día da clase traballadora galega (Vigo)

Manifestación convocada por CIG para conmemorar o día da clase traballadora galega, tanto en consígnalas dos manifestantes como nos discursos dos dirixentes estiveron moi presentes as perdidas de dereitos laborais , os recortes económicos e a convocatoria á folga xeral do 29 de marzo, tampouco esqueceron lembrar que esta convocatoria do 29 procede de LAP, CIG e outros sindicatos nacionalistas á que agora lle dan a beinvenida a CC.OO e U.GT.

Dia da clase traballadora galega, Vigo 2012

domingo, 11 de marzo de 2012

TodoVigo necesita a túa axuda

TodoVigo necesita a túa axuda, o xornalismo cidadán por máis que se pretenda profesionalizar non resulta rendible, a quen facemos TodoVigo gustaríanos vivir disto para poder dedicarnos a tempo completo e ofrecer mellores resultados, pero máis aló de non gañar diñeiro debemos sufragar os gastos de produción e posta online, por iso sempre a estas alturas do ano rendo veñen os gastos de dominios e hosting apelamos aos nosos lectores a amigos para que dean unha man.

Se pensas que o noso traballo é necesario e facémolo moderadamente ben, ten en conta que cuns mínimos recursos poderiamos facelo moito mellor, ao pié atoparás o botón de doazóns.


sábado, 10 de marzo de 2012

Video da manifestación Día da Muller Traballadora (Vigo) 2012

Unhas 3000 persoas manifestáronse o xoves 8 de marzo en Vigo para conmemorar o día da muller traballadora, a manifestación festiva e reivindicativa saíu de Praza Portugal para terminar no sireno. A maior pare de consígnalas facían referencia ás novas leis laborais e como afectan estas a as mulleres. Ao mesmo tempo o partido socialista realizou unha oportunista manifestación no Farol, a pesar de pesar de contar con moita publicidade esta manifestación non logrou o obxectivo de confundir a posibles manifestantes e foi minoritaria.

viernes, 9 de marzo de 2012

A Brincadeira de Bouzas 2012 realizarase o 15 de abril

A festa da Brincadeira de Bouzas  lembra a escaramuza que en 1809 cando os habitantes de Bouzas recuperan esta vila  que estaba en man dos franceses,  naquel entón era un municipio independente e agora é un barrio de Vigo.

A Brincadeira de Bouzas 2012 realizarase durante todo o domingo 15 de abril, unhas dúas semanas máis tarde do afeito, para que non se solape coa semana santa.

Brincadeira 2011
Toda a xornada estará amenizada con bandas de gaitas, é de esperarse que como outros anos pola tarde agréguense á festa veciños, puesteros e transeúntes con instruentos tradicionais e improvisados,  A Brincadeira é unha festa de verdadeiras raíces populares organizada polos veciños e non polo concello e iso faise notorio á hora da troula.

Non faltarán os postos de comida nin os de artesanías tradicional galega e outras partes do mundo, onde os artesáns aran demostracións das súas técnicas e destrezas.

Se queres ver fotos da brincadeira 2011 pulsa aquí

Videos da Brincadiera 2011

Video de la quema del meco 2012 en el carnaval de Vigo

Más vale tarde que nunca, por fin el video de la quema del meco 2012 en el carnaval de Vigo, fueron quemados La titiritera Angela Merkel y su marioneta Mariano Rajoy, la locomotora del AVE que los vigueses siguen esperando fue indultada.

miércoles, 7 de marzo de 2012

Mesa aberta en Vigo: Os "axustes anticrise" a debate

Cun primeiro horizonte de mobilización na folga xeral do 29 de marzo, a Iniciativa Popular pola Folga Xeral organiza unha mesa aberta co seguinte título: Os "axustes anticrise" a debate. - Nova reforma laboral. Recorte de dereitos no ámbito do traballo. Falará Isidro Román (militante sindical). - Recorte de prestacións sociais. Falará Diego Lores (ODS-Coia www.odscoia.arkipelagos.net  )
Será o sábado 17 de marzo ás 20:30h no Centro Social "A Cova dos Ratos" (rúa Romil 3 Baixo -Vigo-)

martes, 6 de marzo de 2012

Os impactos da crise capitalista nas mulleres

ESQUERDA UNIDA de Vigo,  A XUVERTUDE COMUNISTA e O PARTIDO COMUNISTA DE GALICIA celebran un acto público sobre os impactos da crise capitalista nas mulleres dentro das programacións do 8 de Marzo, día Internacional da Muller Traballadora.

O ACTO SERÁ O MÉRCORES 7 DE MARZO ÁS 19:30 HORAS NA GALERÍA SARGADELOS  (Rúa Urzáiz 17, VIGO) O acto contará coas intervencións de: - ROSALÍA AREAL, Responsable de Antipatriarcado da Xuventude Comunista - PILAR SEOANE: Membro da Executiva Nacional de CCOO, da Executiva do sector de admon de CCOO e especialista en políticas de Igualdade e con  RUBÉN PÉREZ, Coordenador Local de EU.

Día Internacional Das Mulleres en Vigo

Con motivo do Día Internacional Das Mulleres, o xoves 8 de marzo, haberá unha concentración fronte ó Marco (Vigo) ás 20.00 horas e, deseguida, unha manifestación que irá dende a farola de Urzáiz ata a Praza da Constitución. O sábado 3 de marzo xa houbo concertos na Praza da Constitución (Vigo) para conmemorar o vindeiro 8 de marzo.
Fuente: respetoeigualdad.piesnegros.org

Antecedentes e Proclamación do día internacional da Muller Traballadora

O 28 de febreiro de 1909 celebrouse por primeira vez en Estados Unidos o Día das mulleres socialistas tras unha declaración do Partido Socialista dos Estados Unidos. En agosto de 1910 a Conferencia Internacional de Mulleres Socialistas, reunida en Copenhague, proclamou o Día Internacional da Muller Traballadora, a proposta da socialista alemá Luise Zietz apoiada por Clara Zetkin, como unha xornada de loita polos dereitos das mulleres. A proposta foi aprobada unanimemente pola conferencia de máis de 100 mulleres procedentes de 17 países, entre elas o tres primeiras mulleres elixidas para o parlamento finés. O obxectivo era promover a igualdade de dereitos, incluíndo o sufraxio para as mulleres.


O incendio na fábrica de camisas Triangle de Nova York

En marzo de 1911 máis de 140 mozas traballadoras, a maioría inmigrantes, morreron no tráxico Incendio na fábrica de camisas Triangle Shirtwaist de Nova York. Este suceso tivo grandes repercusións na lexislación laboral dos Estados Unidos, e nas celebracións posteriores do Día Internacional da Muller fíxose referencia ás condicións laborais que conduciron ao desastre xa que o feito de que as portas e xanelas estaban bloqueas con cadeados agarbó o incidente conviertendolo nun masacre.

Institucionalización  do 8 de marzo 

En 1913, no marco dos movementos en prol da paz que xurdiron en vésperas da primeira guerra mundial, as mulleres de Rusia celebraron o seu primeiro Día Internacional da Muller o último domingo de febreiro do devandito ano. En 1914 en Alemaña, Suecia e Rusia conmemórase por primeira vez, de maneira oficial, o Día Internacional da Muller o 8 de marzo. No resto de Europa, as mulleres celebraron mitins en torno ao 8 de marzo para protestar pola guerra e para solidarizarse coas demais mulleres

sábado, 3 de marzo de 2012

Monólogo de Kuko Jones na Cova dos Ratos

Monólogo de Kuko Jones na Cova dos Ratos o  venres  16 de marzo as 22hs Rúa Romil 3 vigo.







La ranita que me salvó la vida, un chiste contado por Kuko Jones y grabado por MuhcaMufa para Los  Robachistes.

Kuko y Yousouph. De esquina a esquina, en un ensayo de BENSENMEDO.

jueves, 1 de marzo de 2012

Concierto de Monba en Mus

El viernes 2 de marzo, Monba Troula realizará un concierto acústico a las 22hs en el café bar Mus calle José Antela Conde 11 (Calvario, Vigo). Con la participación de Kike Monba en voz y guitarra, Jose con cajón flamenco y Mariano al acordeón.
Habrá sorteos durante la actuación.