martes, 31 de enero de 2012

Video del homenaxe a José Martí en Vigo


Este sábado 29 de xaneiro tivo lugar en Vigo unha homenaxe a José Martí co gallo do 158 aniversario do seu nacemento. A Asociacion de Amizade Galego-Cubana "Francisco Villamil" honrarou a memoria do poeta e heroi nacional cubano perante o seu monumento nos xardíns de Montero Ríos

domingo, 29 de enero de 2012

Estatua para Manuel Castro, vendedor de periódicos en Vigo


La semana pasada se a instalado en Rúa Príncipe de Vigo frente al MARCO (Museo de arte contemporánea)  una estatua a tamaño natural representando a  Manuel Castro un vendedor de periódicos famoso en la cuidad olívica, fue encargada al escultor Jandro, pesa 300 kilos y mide 2,30 metros de altura.



Video: HOMENAXE A MERCEDES NÚNEZ



A COMISIÓN PARA A HOMENAXE A MERCEDES NÚNEZ, o FORO POLA MEMORIA DE GALICIA e o PARTIDO COMUNISTA DE GALICIA: presetnaron o acto que celebrouse en Vigo o 27 de xaneiro de 2012 no MUSEO M.A.R.C.O. en HOMENAXE Á MERCEDES NÚÑEZ TARGA, (resistente antifascista e deportada nos campos nazis). 
Proxección audivisual sobre esta imprescindible muller exemplo da loita contínua contra o fascismo intervineron familiares, camaradas e amigos de Mercedes.

viernes, 27 de enero de 2012

CNT convoca manifestación en Vigo. Non máis recortes de dereitos!


Non máis recortes de dereitos! Manifestación en Vigo.

Ante as gravísimas agresións contra clase traballadora perpetradas polos poderes políticos e económicos, a CNT-Galiza chama a manifestarse este sábado 28 de Xaneiro polas rúas de Vigo.
Agora mais que nunca é precisa unha resposta contundente na rúa aos recortes en materia económica e social que padecemos, por unha banda; e á vergoñenta actuación de quen vende os nosos dereitos por un puñado de euros, é dicir, os sindicatos "maioritarios".
A manifestación é o dia 28 de Xaneiro, ás 12 horas, dende a Praza da Independencia. Haberá servizo de autobús, para apuntarte ponte en contacto co teu sindicato mais próximo.

jueves, 26 de enero de 2012

Vídeo: Palestra "Unha achega a Palestina"


  Palestra "Unha achega a Palestina"
Conferencia "Una aproximación a Palestina"
Fayez Khalaf

Organizou Asemblea da Liga Estudantil Galega de Vigo 
23/1/12 
centro social Bou Eva (Vigo)

HOMENAXE Á MERCEDES NÚÑEZ TARGA

A COMISIÓN PARA A HOMENAXE A MERCEDES NÚNEZ, o FORO POLA MEMORIA DE GALICIA e o PARTIDO COMUNISTA DE GALICIA: Teñen o pracer de convidarche ao acto que celebraremos en Vigo o vindeiro venres 27 de xaneiro ás 19:30 horas no MUSEO M.A.R.C.O. (Rúa do Príncipe) en HOMENAXE Á MERCEDES NÚÑEZ TARGA, (resistente antifascista e deportada nos campos nazis). O acto consistirá nunha proxección audivisual sobre esta imprescindible muller exemplo da loita contínua contra o fascismo e intervencións de familiares, camaradas e amigos de Mercedes.

martes, 24 de enero de 2012

Poemas palestinos en galego


ANACOS GALEGOS DE POEMAS PALESTINOS

Estes fragmentos de poemas palestinos traducidos ao galego estaban a disposición do público na conferencia "Unha achega a Palestina"  brindada por Fayez  Khalaf en Bou Eva, mentres edito e subo o vídeo déixoos como adianto. 

Aqueles que pasades entre as palabras errantes:
Collede os vosos nomes e marchade
e retirade as vosas horas do noso tempo… e marchade
e roubade todas as imaxes que queirades para que saibades…
que non sabedes
como unha pedra da nosa terra constrúe o teito do ceo.

Aqueles que pasades entre as palabras errantes:
Vosa é a espada; noso, o sangue
vosos son o aceiro e o lume; nosa, a nosa carne
voso é outro tanque; nosas, as pedras
vosa, a bomba de gas; nosa, a chuvia
Sobre nós, o que sobre vós hai de ceo e aire.
Collede a vosa parte do noso sangue… e marchade 
e entrade nunha festa de cea e baile… queremos.
e marchade
que temos que proteger as flores dos mártires
e temos que vivir como nós.

Aqueles que pasades entre as palabras errantes:
Amoreade as vosas ilusións nunha fosa abandonada… e marchade
e retrasade a agulla do tempo ata a lexitimidade do becerro de ouro
ou ata o horario da música das pistolas.
Nós non temos aquí nada que nos complaza… marchade
E temos o que non hai en vós:
unha patria e un pobo que se desangran,
unha patria válida para o esquecemento e o recordo.

Aqueles que pasades entre as palabras errantes:
Chegou o momento de que marchedes…
e de que vivades onde queirades, pero non entre nós.
Chegou o momento de que marchedes
para que morrades onde queirades, pero non entre nós,
que temos cousas que facer na nosa aterra
e temos aquí o pasado
e a voz primeira da vida
e temos o presente, o presente e o futuro
E temos aquí esta vida e a outra.

Así que saíde da nosa terra…
do noso deserto, do noso mar,
do noso trigo, do noso sal, da nosa ferida
de todas as cousas… e saíde dos confíns da memoria
Aqueles que pasades entre as palabras errantes!

MAHMUD DARWISH: Mahmud Darwish non só é un dos máis grandes poetas árabes contemporáneos senón tamén unha lenda viva: os seus libros circulan a milleiros por todos os países árabes e os estadios énchense para escoitar os seus recitais poéticos, acontecementos irrepetibles que ninguén quere perderse. Home laico e moderno, refinado e elegante, Darwish é un palestino de diálogo, aínda que a súa vontade non se dobregue facilmente nin estea disposto a facer concesións humillantes. Unha das súas maiores esperanzas é revitalizar a literatura palestina, procurar custe o que custe que os problemas políticos non a paralicen. E para os palestinos, a proximidade física do seu poeta é como unha festa continua, un símbolo da cultura palestina. No entanto, a pesar de alcanzar con fartura as metas soñadas, o poeta, desde a súa actual residencia entre Xordania e Cisxordania, aspira a poder regresar algún día á súa terra natal, Galilea, onde naceu o 13 de marzo de 1942. Fonte 



Só quero morrer na miña terra,
que me enterren nela,
quero fundirme e desvanecer na súa fertilidade
para resucitar sendo herba na miña terra,
para resucitar sendo a flor
que desfolle un rapaz criado
no meu país.

Só quero estar no peito da miña patria
sendo terra,
herba
ou flor.

FADWA TUQAN: Fadwa Tuqan Naceu o 1 de marzo de 1917 en Nablus, morreu o 12 de decembro de 2003. A súa poesía aparece como espléndido desvelamiento dunha sensibilidade feminina tradicional: lírica e intimista, apaixonada e contida, fráxil, transparente e dramática, a súa lírica adquiriu un ton nacionalista despois da guerra de 1967, que deixou a Nablus baixo o dominio israelí. Publicado varios libros de poemas, entre outros: Soa cos días, 1952; Atopeina, 1957; Dános amor, 1960; Ante a porta pechada, 1967; O comando e a terra, 1968; A noite e os xinetes, 1969; Soa no cume deste mundo, 1974; e unha apaixonada biografía do seu irmán, O meu irmán Ibrahim (1946). Fonte



Alumnos de Gaza!
ensinádenos…
Alumnos de Gaza!
ensinádenos…
Algo do que tedes
porque nós, esquecémolo.

Ensinádenos a ser homes,
porque temos homes 
que se convertiron en masa de pan.

Ensinádenos…
como a pedra se convirte
entre as mans dos nenos
nun diamante precioso…
como se convirte nunha emboscada
e como o biberón do leite,
se o arrestan,
se convirte en coitelo.

Alumnos de Gaza!
Non prestedes atención
ás nosas radios
Golpeade!
Golpeade
con todas as vosas forzas,
poñede empeño no voso
sen consultarnos.

Nós somos xente de contas,
de sumas
e restas.
Dedicádevos á vosa loita
e abandonádenos.

Nós somos desertores
do servizo militar,
así que traede as vosas cordas…
e aforcádenos.

Nós somos mortos
que non teñen fosa
e orfos
que non teñen ollos.
Enclaustrámonos nas nosas madrigueiras
e pedímosvos
que combatirades ó dragón.

Fixémonos pequenos ante vós,
mil siglos,
e vós medrastres
nun mes, siglos.

Alumnos de Gaza!
Non volvades a vista
ós nosos escritos, nin os leades
Somos os vosos pais?
Pois non vos parezades a nós!

Somos os vosos ídolos?
Pois non nos idolatredes!

Nós entregámonos á falsidade
política
e á represión
e construímos cemiterios
e cárceres.

Liberádenos
do complexo de medo
que hai en nós
ebotade fóra
o opio que hai nas nosas cabezas.

Ensinádenos
o apego á terra
e non abandonedes
triste a Cristo.

Queridos pequenos nosos,
Saúdos.
Que Deus faga que sexa a vosa
xornada
un xazmín.

Das gretas da terra devastada
salistes
e sementastes a nosa ferida
de rosas eglantinas.

Esta é a revolución dos cadernos
e da tinta.
Sede sobre os labios
melodías.
Colmádenos de heroísmo e orgullo
e lavade a nosa vergoña.
Lavádenos
non temades a Moisés,
nin os poderes de Moisés
e preparádevos
para recoller a aceituna.

Que esta época xudía
é unha ilusión.
Que esta época xudía
é unha ilusión
que se virá abaixo
se poseemos a convicción

Loucos de Gaza,
mil veces benvidos sexan
os loucos
se eles nos liberan.

Pois a época do razonamento político
pasou.
Pois a época do razonamento político
pasou hai tempo,
ensinádenos a loucura.

NIZAR QABBANI: (Damasco, 1923 - Londres, 1998) Diplomático e poeta sirio, un dos máximos expoñentes da corrente do verso libre que nos anos cincuenta contribuíu de forma brillante á renovación da poesía árabe. Nacido no seo dunha acomodada familia siria, educouse en Damasco, onde se licenciou en Dereito, aínda que xamais exerceu. Posteriormente iniciou unha carreira diplomática e foi embaixador do seu país no Cairo, Londres, París, Ankara, Pequín, Beirut e Madrid. Fonte

TwittVigo, se rejuntan los twitteros en Vigo

Para que no digan que estar pegado a un dispositivo informático todo el día enviando y leyendo 140 caracteres te aísla del mundo, ve a tomarte unas cañas con otros cientocuarentacareteresfilicos.

En menos de 10 días se celebrará la 1ª TwittVigo (Nueva era)  Será el ultimo viernes de cada  mes,  la primera será  el 27 de enero a las 20hs, y prometen extenderse al menos hasta las 22. Para esta 1ª edición van a mantener el local en el que solía hacer anteriormente  el Irish Harp (c/ Rosalía de Castro, 62)

Twitter @kix2902 o directamente dejando la pregunta en el sitio web de twittvigo

lunes, 23 de enero de 2012

Unha achega a Palestina


A asemblea da Liga Estudantil Galega de Vigo organiza a palestra “Unha achega a Palestina” para dar a coñecer a situación política, cultural e social do pobo palestino. Nela intervirá Fayez Khalaf, analista palestiniano.
O acto realizarase o luns 23 de xaneiro no centro social Bou Eva  rúa Tercio de Fora 11, Vigo (ó carón da praza Fdo O Católico)  e comezará ás 19h30. Anímate e participa!

viernes, 20 de enero de 2012

Video del San Canuto 2012 en Vigo

Video del San Canuto 2012 en Vigo
 

Fotos del San Canuto (Vigo 2012)

Fotos del San Canuto (Vigo 2012)
Por Antía
Estas imágenes pueden usarse libremente siempre que se mencione como fuente y si es en Internet con un link a la autora http://piesnegros.org/members/anti/ o este blog. http://www.todovigo.blogspot.com/
Más tarde el vídeo dedicado a Nando.








jueves, 19 de enero de 2012

Hoxe San Canuto en Vigo

Este ano o San Canuto en Vigo ten dobre significado para os integrantes de AVEMARIA, nesta ocasión non se trata só da xornada festivo reivindicativa de todos os anos, tamén será unha homenaxe para o seu compañeiro falecido Nando Reboreda.

 A convocatoria é o 19 de xaneiro ás 19Hs na praza da constitución de Vigo, haberá música un mural colectivo e moito máis.

Este 2012 AVEMARIA face 12 anos na brecha loitando pola normalización do cannabis. A partir de pequenos colectivos e persoas fundouse a Asociación Viguesa de Estudos da María (A.V.E. María) co ánimo de compartir experiencias de cultivo e loitar contra a prohibición dos derivados do cannabis (marihuana, haxixe, aceites, licores, repostería, etc.). Foi, o tristemente falecido artista vigués Xosé Guillerme, o encargado de deseñarnos o logotipo da asociación que inda hoxe utilizamos. Xuntámonos todos os xoves no bar A Clave (antigo Ferriñas), Praza de Eduardo Chao, Casco Vello, Vigo.

sábado, 14 de enero de 2012

Conferencia: EL HOMBRE EN BUSCA DE SENTIDO

El Espacio Gran Vía ofrecerá una Conferencia-coloquio el próximo viernes 20 de enero a las 20 h. con el título: EL HOMBRE EN BUSCA DE SENTIDO. Entrada libre.

El psiquiatra austriaco Víctor Frankl fue prisionero en el campo de concentración de Auschwitz durante la Segunda Guerra Mundial De sus duras experiencias aprendió lo que luego se convertiría en una corriente innovadora, la logoterapia, conduciendo al ser humano a descubrir la inmensa fuerza interior que posee. Pudo observar que ante el sufrimiento extremo, quienes tienen claro su sentido de la vida pueden superar las adversidades y sobrevivir. En esta charla vamos a desvelar el camino que propuso Frankl, y su aplicación práctica. Gran Vía, 2 - 3º Izq. (Vigo) Tel. 986 260 610 / 620 972 419 www.espaciogranvia.com

viernes, 13 de enero de 2012

Concierto de BEN SENMEDO en la cruz de O Castro , el sábado 14 de enero

BEN SENMEDO  grupo de punk-rock de Vigo  dará un CONCIERTO GRATUITO en acústico en la cruz de O Castro, de la ciudad olívica. ESTÁIS TOD@S INVITADOS


  • BEN SENMEDO
  • punk-rock 
  • SÁBADO 14 de ENERO, a las 16.00 HORAS 
  • Cruz de O Castro
  • CONCIERTO GRATUITO
  • acústico