viernes, 27 de enero de 2012

CNT convoca manifestación en Vigo. Non máis recortes de dereitos!


Non máis recortes de dereitos! Manifestación en Vigo.

Ante as gravísimas agresións contra clase traballadora perpetradas polos poderes políticos e económicos, a CNT-Galiza chama a manifestarse este sábado 28 de Xaneiro polas rúas de Vigo.
Agora mais que nunca é precisa unha resposta contundente na rúa aos recortes en materia económica e social que padecemos, por unha banda; e á vergoñenta actuación de quen vende os nosos dereitos por un puñado de euros, é dicir, os sindicatos "maioritarios".
A manifestación é o dia 28 de Xaneiro, ás 12 horas, dende a Praza da Independencia. Haberá servizo de autobús, para apuntarte ponte en contacto co teu sindicato mais próximo.

No hay comentarios: