lunes, 29 de octubre de 2007

2 de novembro Proxección na Cova Contra o TAV/AVE

(grupo axitacion social)

Presentación deste novo DVD feito para denunciar a desfeita da Alta Velocidade. "O AVE, de Barcelona a Galiza"
Duración 25 min.+ Extras, o venres 2 de novembro ás 20:30 na Cova dos Ratos.

Organizan: Grupo Axitación Social e Asociación Caleidoskopio.


"Os obxectos tecnolóxicos, como a miseria e a opresión, teñen unha cor política. Ao examinalos non debemos fixarnos na apariencia neutral dos seus resultados técnicos (a velocidade, neste caso), senón nas alteracións sociais, ambientais e políticas que provocan: en qué medida modifican o traballo ou a nosa vida cotiá?; como inciden no territorio, na cidade, nos barrios?; como cambian a nosa percepción da realidade e como inflúen nas nosas ideas ou no noso carácter?; que efectos teñen sobre a nosa saúde física e mental? ?
En resumo, que gañamos ou perdemos cos artefactos tecnolóxicos? ou, mellor aínda, quen gaña e quen perde?
Calquera que for quen de plantexarse tales cuestións sen prexuízos obterá as respostas adecuadas."

Miquel Amorós.


Podes conseguir o DVD contactando con: [ L a p s u S ]
distribuidora alternativa materias dos movementos sociais
CSA "A Cova dos Ratos":
Romil 3 Baixo Vigo -Galiza
986 49 33 81
lapsus@sindominio.net

viernes, 19 de octubre de 2007

Campionato de matraquilho.

Este Sábado dia 20 às 19h organizamos no nosso local da Rua Toledo nº9 – O Calvário um outro campionato de matraquilho.

Inscripçons até o momento de começar.


E lembrar que estamos aguardando mais inscripçons para começar o resto dos cursos e actividades: Capoeira, Baile galego, Teatro e Escalada. E já deu começo, mas póde-se apontar quem quixer, o curso de Gaita (Sexta-feira-venres- às oito) e o de História da Galiza –de balde- (hoje, manhá e a sexta-feira e todos os dias da semana que vêm às oito do seram).

L.S. Faísca

www.faisca-gz.blogspot.com

domingo, 7 de octubre de 2007

Comeza a acción do artista Gustavo Romano nas rúas de Vigo

Como parte da exposición TEMPO AO TEMPO

A partir da semana que ven, unha vez clausurada a exposición DOPPELGÄNGER nas salas do primeiro andar do MARCO, comezarán as tarefas de montaxe da exposición TEMPO AO TEMPO, ata a súa inauguración o 19 de outubro.

Algúns dos artistas atópanse xa en Vigo coa preparación dos seus proxectos. É o caso de Gustavo Romano (Bos Aires, Arxentina, 1958), que participará na exposición coa peza titulada Time Notes. Oficina de reintegro del tiempo perdido, unha videoinstalación feita a partir dunha acción que o artista ten levado a cabo en varias cidades do mundo, nesta ocasión na rúa do Príncipe, fronte á fachada principal do MARCO.

O proxecto Time Notes [Billetes de Tempo] comprende unha serie de accións en espazos públicos utilizando un sistema de diñeiro baseado en unidades temporais (billetes de 1 ano, de 60 minutos, etc.). Nel poden participar todas as persoas que se acheguen a esta oficina móbil.

A oficina de reintegro do tempo perdido ofrécese como lugar de recepción e clasificación do tempo cedido involuntariamente, baixo presión ou por razóns arbitrarias —traballando nun emprego non desexado, perdido nunha relación equivocada, servindo ao exército, etc. Na oficina móbil, un representante de Time Notes House acusará recibo da descrición de como perdeu o seu tempo o declarante, e lle lo reintegrará cun billete do valor correspondente, coa causa da perda impresa no reverso. Toda a acción será gravada en vídeo para incluíla posteriormente na obra exhibida na exposición TEMPO AO TEMPO.

Oficina do tempo perdido

· Datas: venres 5 e sábado 6 de outubro

· Lugar: rúa do Príncipe, fronte á fachada principal do MARCO

· Horario: de 11.00 a 13.30 e de 17.00 a 20.00

+ INFO e imaxes en:

http://www.gustavoromano.com.ar/timenotes/

http://www.timenoteshouse.org/


MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo
Príncipe 54
36202 Vigo
www.marcovigo.com
Tel. +34 986 113900

Curso de História da Galiza no Centro Social Faísca de Vigo

A vindoura quarta-feira dia 10 de Outubro começará no C.S. Faísca (Rua Toledo nº9. O Calvario – Vigo) em colaboraçom com a AGAL de Vigo o curso de História ("História dum Povo singular.A Galiza"). Pretende ser um repasso sintético da História desde os primeiros povoadores até o século XX ocorrida no nosso territorio e impartido polo professor e presidente da AGAL Alexandre Banhos.

As interessadas e interessados em assistir deveram apontar-se no própio local social, no correio faiscagz@hotmail.com ou ligar para o telefone 661346477.

O curso desenvolverá-se no mês de Outubro em sessons de duas horas diárias de segunda a quinta-feira, e nom terá custo algum, cum total de 20 horas lectivas, aproximadamente.

Horário: vai-se desenvolver em sessões de duas horas de 19:30 a 21:40 horas

Os seguintes dias de Outubro: 10, 11, 15, 16, 17, 19, 22, 23, 24, 25.

INTRODUÇOM A HISTÓRIA DA GALIZA

1. A povoaçom galega e o continuum paleolítico

2. A Galiza pre-romana, a sua celticidade.

3. A Galaeciae romana. A Crise imperial e o nascimento do Gallaeciorum regnum.

4. Os Suevos. Os povos germânicos na península

5. O Cristianorum regnum

6. A divisom da Galiza e o nascimento de Portugal

7. Os grandes reis galegos

8. Os reis galegos coroados do reino centro peninsular

9. Portugal e a Galiza encontros e desencontros

10. Os irmandinhos, e a doma e castraçom do reino da Galiza

11. A Galiza sob os Austrias

12. A Independência de Portugal e os Bourbons

13. A guerra peninsular. O Provincialismo

14. O século XIX. O nascimento jurídico de Espanha. O Regionalismo

15. Nótulas sobre o Século XX, e o nosso auto-redescobrimento histórico

Lembrar-vos também que estam abertos os praços para a inscripçom no resto dos cursos: Capoeira, Baile galego, Gaita, Requinta, escalada e a formaçom dumha companhia teatral

sábado, 6 de octubre de 2007

APRENDER A VER ARTE

Dende o Departamento de Comunicación do MARCO de Vigo achegamos información sobre o curso APRENDER A VER ARTE, impartido por Emilio Cendón González.
Dende hoxe, martes 2 de outubro, está aberta a matrícula para este curso, que terá lugar durante seis sesións consecutivas, todos os martes (Grupo 1) e sábados (Grupo 2) entre o 30 de outubro e o 15 de decembro.
A inscrición estará aberta ata completar o NÚMERO MÁXIMO DE 20 PARTICIPANTES POR GRUPO.
MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo
Príncipe 54
36202 Vigo
www.marcovigo.com
Tel. +34 986 113900

martes, 2 de octubre de 2007

GENOCIDA BUSCADO: Jorge Héctor Vidal

GENOCIDA BUSCADO: Jorge Héctor Vidal

Fue médico de la Bonaerense, torturador y apropiador en los Centros Clandestinos del Pozo de Banfield y la Brigada de Investigaciones de San Justo. Está libre gracias a la Ley de Obediencia Debida, y se encuentra prófugo de la justicia. [Más información]