martes, 29 de octubre de 2013

viernes, 18 de octubre de 2013

Día contra a riqu€za

O 17 de outubro celebrouse o Día Internacional para a Erradicación da Pobreza. A Oficina de Dereitos Sociais de Coia, a Parroquia Cristo da Victoria e o Grupo de Axitación Social (GAS) queren celebrar publicamente esta data, que rebautizan como Día contra a riqueza. A riqueza acumulada nas mans duns poucos, unha riqueza que non fai máis que medrar a costa dunha maioría de persoas cada vez máis ampla que padece a crecente precarización das súas condicións de vida.

Con motivo deste Día contra a riqueza, organizan dúas actividades:

- A charla “A renda básica das iguais como ferramenta de transformación social”, que terá lugar o sábado 19 de outubro ás 18.00 horas nos baixos da Parroquia Cristo da Victoria (r/ Baiona, 9 – Coia), e a través da que pretenden afondar no concepto de Renda Básica e debater sobre a súa idoneidade como instrumento para erradicar a pobreza a través da repartición da riqueza e da distribución da renda, e para defendernos da deterioración das condicións de vida que impón o capitalismo global.

- Unha concentración e rolda de prensa o mércores 23 de outubro ás 11.30 horas na Praza do Rei baixo o lema “Menos rollos, máis solucións”. Por unha banda, presentarán a Iniciativa Lexislativa Popular estatal por unha Renda Básica; por outra, esixirán unha vez máis ao Concello de Vigo que respecte o procedemento administrativo legal e regulamentariamente establecido na tramitación e concesión das Subvencións Directas Individuais de Emerxencia Social e, en concreto, que permitan ás persoas que solicitan ditas axudas que presenten por escrito as solicitudes nas UTS, mediante formulario normalizado e conservando unha copia selada.

Fonte: http://odscoia.arkipelagos.net/

Campaña internacional “Libertade Noelia Cotelo”

Campaña internacional “Libertade Noelia Cotelo” o domingo 20 de outubro.

O colectivo anarquista “Libertade Noelia Cotelo” FAI UN CHAMAMENTO A TODOS OS POBOS E CIDADES DO ESTADO, EUROPA E O MUNDO A QUE O PRÓXIMO DIA 20 DE OUTUBRO  AMANEZAN CON PANCARTAS COLGADAS ONDE SE LEA "NOELIA COTELO LIBERTAD!!!" ADEMAIS DO QUE CADA QUEN QUERA POÑER…

Invitan así mesmo a tod@s a enviar as fotografias á páxina de Facebook do “Colectivo anarquista Libertad Noelia Cotelo”…das pancartas e o lugar.

Fonte e máis info:
http://afapp-gz.blogspot.com.es/2013/10/novidades-noe-cotelo-domingo-20-campana.html#mor
http://abordaxerevista.blogspot.com.es/2013/10/20-outubro-campana-internacional.html
http://tokata.info/carta-de-noelia-cotelo-riveiro/
http://www.resumenlatinoamericano.org/?p=926

Noticias anteriores: 
http://todovigo.blogspot.com.es/2013/02/solidariedade-urxente-con-noelia.html

viernes, 11 de octubre de 2013

26 outubro: III Xornadas Feministas en XUNTAS

26 outubro: III Xornadas Feministas en XUNTAS


18.00 h.: Proxección do filme “Báthory: A condesa sanguenta”.

A truculenta historia de Elisabeth Báthory ("A condesa sanguenta") foi narrada por historiadores, escritores, poetas, músicos, directores de cine,...
A lenda conta que Báthory foi unha das meirandes asasinas da historia da humanidade, pero, é iso certo?
En catro séculos non se descubríu ningún documento que aclarase o que pasou realmente e, ademais, segundo algunhas opinións, os crimes atribuídos a Elisabeth puideron ser invencións dos seus inimigos nun contexto político moi complexo e nunha época na cal era moi frecuente acusar ás mulleres que "incomodaban" de bruxería.

20.30 h.: Debate feminista.

www.respetoeigualdad.piesnegros.org

lunes, 7 de octubre de 2013

Ciclo de documentais: Hacktivismo

En outubro, en XUNTAS CSOA, ciclo de documentais "Hacktivismo".

9 de outubro, 20.00 h: "We steal secrets: the story of Wikileaks".

16 de outubro, 20.00 h: "We are legion: the story of hacktivists".