Mostrando entradas con la etiqueta Barrio do Cura. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Barrio do Cura. Mostrar todas las entradas

jueves, 12 de julio de 2012

As hortas colectivas urbanas

horta colectiva no Barrio do Cura (Vigo) 
As hortas colectivas urbanas multiplicáronse nos últimos anos en moitas cidades do mundo e seguramente veremos moitas máis nun futuro próximo, son varias as razóns para promocionalas e realizalas.

Entre elas recuperar as relacións veciñais, sanear o medio-ambiente urbano e por que non obter alimentos, non se me ocorre neste momento ningún punto negativo que poida argumentarse para que os habitantes das cidades non as realicemos.

A Asociación Galega de Horticultura Urbana, pretende ser un nucleo de encontro entre persoas e colectivos para o intercambio de experiencias, productos e coñecementos sobre a Horticultura Urbana, así como o acercamento social entre elas, podes informarte máis no seu sitio web hortaurbana.info

Fotos da horta colectiva no Barrio do Cura (Vigo)




miércoles, 27 de junio de 2012

IV Encontro da Rede de Hortas de Vigo

IV Encontro da Rede de Hortas de Vigo.
Sábado 30 de xuño.
Na horta do Barrio do Cura. Entrada polo arco de Santa Marta, esquina Torrecedeira.

12.30 h. Presentación da horta do barrio do Cura.
13.00 h. Xuntanza da Rede de hortas.
14.00 h. Xantar colectivo.
16.30 h. Obradoiro: Tratamentos naturais fronte a plagas e enfermidades na horta (a cargo dun productor ecolóxico).

Contacto: redehortasvigo@yahoo.com  ou  cascokupa@hotmail.com 



lunes, 2 de abril de 2012

II Xornadas en defensa do Barrio do Cura

II Xornadas en defensa do Barrio do Cura.
Sábado 14 de abril.
Plantemos cara á especulación!!

12.00 h. Roteiro guiado.*
Descubre a zona máis descoñecida e ameazada do Casco Vello de Vigo.
13.00 h. Horta veciñal.
Presentación do proxecto de creación dunha horta veciñal no barrio e reparto de parcelas.
14.00 h. Xantar popular.
16.00 h. Obradoiros de agricultura ecolóxica.
Obradoiros prácticos para comezar o cultivo da horta.
18.00 h. Foliada popular.
*O roteiro partirá da oliveira de Vigo (Paseo de Alfonso XII).