sábado, 28 de mayo de 2011

La Bamba en Acampada Vigo

Un poco de relax al anochecer en la acampada de Vigo, un grupo de integrantes del campamento desafina con alegría una  canción tradicional mexicana, La Bamba. 


Acampada Vigo apoya a acampada Barcelona (Video)

Acampada Vigo apoya a acampada Barcelona
27/5/2011

viernes, 27 de mayo de 2011

Comunicado de AcampadaVigo con respecto a la represión en Barcelona

Comunicado de AcampadaVigo con respecto a la represión en Barcelona
VIERNES 27 DE MAYO DE 2011
COMUNICADO OFICIAL
Desde Acampada Vigo, nos sumamos a las muestras de apoyo a Acampada Barcelona y Lleida, que están siendo desalojadas a la fuerza.
Así mismo, informamos que debido a estos hechos se están convocando concentraciones en todas las acampadas a las 19:00h, y Vigo se adhiere a la misma.
A LAS 19:00h. CONCENTRACIÓN EN APOYO A LOS DESALOJOS EN LA PLAZA DE RIBADAVIA (LA FAROLA), VIGO
_____________________________________________________
Dende Acampada Vigo, sumámonos ás mostras de apoio a Acampada Barcelona e Lleida, que están a ser desaloxados pola forza.
Así mesmo, informamos que por mor destes feitos, estánse a convocar concentracións en toda-las acampadas ás 19:00h, e Vigo apégase á mesma.
ÁS 19:00h. CONCENTRACIÓN EN APOIO AOS DESALOXOS NA PRAZA DE RIBADAVIA (A FAROLA), VIGO

Estoy siguiendo los acontecimientos de Barcelona en:  http://piesnegros.org/groups/efecto-farola/

sábado, 21 de mayo de 2011

Cuarta xornada de acampada en Vigo (Vídeo)

Comezando a xornada de reflexión súmanse máis persoas á acampada de Democracia Real xa en Vigo, os manifestantes consideran que ao non tratarse dunha actividade electoral e non pretender influír no voto nin pór impedimento algún ás actividades electorais o acordo da xunta electoral non afecta en nada a esta actividade que está notificada correctamente á delegación de goberno sen recibir notificación contraria algunha por parte deste estamento.

Un día máis a actitude dos manifestantes a sido exemplar recibindo apoio de veciños e transeúntes, non se viron forzas policiais ao redor da concentración.

MERCADILLO BENÉFICO DE ADOPTA EN GALICIA Y PROYECTO GATO

ADOPTA EN GALICIA organiza MERCADILLO BENÉFICO EN LA CALLE TRAVESÍA DE VIGO Nº 136, Bº, DÍAS 21 Y 22 DE MAYO, junto con PROYECTO GATO el objetivo es recaudar fondos y seguir adelante con la labor que ambas protectoras realizamos.

En el Mercadillo encontraréis infinidad de ganas muy baratas (libros, ropa, bisutería, artículos para el hogar etc ) y como sabéis, todo el dinero que gastéis en compraros cositas irá INTEGRAMENTE destinado a nuestros animales.

Si queréis realizar donaciones, por favor, llamadnos al 696 69 39 71 o 634 67 65 03- GRACIAS


 Allí os esperamos, que además de ayudarnos con vuestras compras podéis encontrar verdaderas ganas a precios de risa, que en los tiempos que corren a todos nos viene muy bien!


jueves, 19 de mayo de 2011

Acampada democracia real xa, Vigo, segunda noite

Segunda noite de acampada de democracia real xa,  súmase xente e crece a organización, creáronse grupos de traballo, que van desde prensa a loxística, non faltaron comida e bebida achegada mesmo por veciños de Vigo que só participan desta maneira, o comportamento dos participantes é civicamente exemplar e as relacións coas forzas policiais son cordiais. Como dato interesante  mesmo se observaron diferentes colectores para a reciclaxe de residuos.

miércoles, 18 de mayo de 2011

Fiesta Verde en Samil

Este Jueves 19 de mayo a las 21,00 tenemos como fin de campaña mediatica en el Camaleon (Playa de samil – Vigo) una FIESTA VERDE con una LENTEJADA ECOLOGICA. Se trata de ofrecer a todo el que se acerque a esa hora a la playa de Samil una degustacion de lentejas cultivadas ecologicamente sin pesticidas ni productos quimicos. Habra pinchos variados para los asistentes, una concentracion Motera Verde y regalaremos un detalle a los padres que se acerquen con sus hijos hasta la playa en bici. Se repartirán mas de 50 kg de lentejas entre el publico asistente y el cantautor y candidato por Os Verdes JUAN CAMPOAMOR interpretara alguno de sus temas.

Acampada de Democracia Real Xa en Vigo (Video)

Logo da exitosa manifestación do domingo en distintas cidades do Estado Español, grupos de espontáneos decidiron continuar a experiencia con campamentos reivindicativos. En Vigo houbo unha convocatoria por medio das redes sociais no MARCO onde se decidiu acampar no farol do peonil príncipe en principio até o 21 de maio, son destacables as características pacificas e cívicas destas convocatorias.

martes, 17 de mayo de 2011

Organízase o campamento de democracia real xa en Vigo

Manifestación del día 15
Logo do éxito das manifestacións de Democracia real xa en Vigo e cincuenta cidades máis, e debido á represión sufrida polos manifestantes en Madrid, están a organizarse campamentos en distintas cidades do Estado Español.

En Vigo haberá unha reunión para organizar o campamento no MARCO hoxe martes 17 de maio ás 19hs.

Grabación con público de Juan Campoamor en Tempo 23

Juan Campoamor Estará grabando videos con sus últimas canciones
se agradece la presencia de de publico que haga silencio durante las canciones y aplauda mucho después
El Jueves 19 de mayo 22:30hs en Tempo23
Teixugueiras 23 (lateral) Navia, Vigo


lunes, 16 de mayo de 2011

Mesa de Converxencia Cidadá en Vigo

Este venres as 7 da tarde en Teis, Vigo, asistín á reunión da conformación da primeira Mesa de Converxencia Cidadá na cidade olívica. Para o acto desprazáronse dende Ferrol tanto Manuel Ángel Rodríguez Carballeira como Rafael Pillado. Foi un pracer ouvilos. Ámbolos dous son posuidores dunha alongadísima traxectoria no movemento obreiro e sindicalista real: solidarizándose e axudando aos compañeiros de traballo dende a época franquista.

Co acto seguíase o ronsel de varias cidades (Ferrol, Madrid, Puertollano, Valencia…) onde as Mesas xa están presentes e comezan a dar os seus primeiros froitos. Partindo do descrédito actual das organización sindicais e partidos políticos maioritarios é importante sinalar que as Mesas de Converxencia non se identifican con ningunha sigla.

Aos individuos que as conforman úneos a consideración de que o modelo neoliberal (ou capitalista actual) é sumamente inxusto. Así, as mesas nacen coma resposta fronte a ditas inxustizas: recortes sociais, estafas financieiras, submisión dos poderes representativos fronte aos “mercados”… O único denominador común e ideolóxico das membras e membros é a consideración propia de “tratar de converxer”. Parafraseando a Juan Torres López, Catedrático de Economía Aplicada da Universidade de Sevilla “O feito de tratar de converxer é un imperativo moral e da intelixencia política máis elemental.”

As Mesas anceian establecer lazos e unións entre as persoas, rachando o individualismo que resta poder e capacidade de resposta; pártese da base que é o grupo e a unión o que che dá a forza. Persegue catro obxectivos fundamentais: a creación de espazos de comunicación, preocupación-significativación e proposición de solucións ante situacións concretas do entorno local, tentativa de conexión con todas aquelas iniciativas de loita e protesta contra unha saída regresiva á crise á vez que buscan a creación de lazos e complicidades entre as membras e membros.

É de salientar que polo de agora nas localidades onde están presentes apoiaron a algunha das moitísimas familias desahuciada ás que nin sindicatos nin partidos políticos dan resposta (esixindo moratorias de pago aos bancos, revisións das débedas, creando salarios sociais de urxencia, etc.).Estímase que son máis de 300.000 no Estado Español e ao redor de 23.000 na Galiza. Estamos a falar de cifras demoledoras.

Hai prevista unha xuntanza das "mesas para a converxencia social" no centro cívico de Teis mañá (16/05/11) as 20:00 horas.


Enviado por Lucía López 

Multitudinaria manifestación de democracia real xa en Vigo

Sen bandeiras de partidos políticos nin sindicatos, aínda que estaban presentes moitos dos seus integrantes, a manifestación de democracia real xa convocou máis de 6000 persoas en Vigo, con lemas como "non hai pan para tanto chourizo", "non é unha crise, é unha estafa", "eles mandan por que o teu obedeces" e "non somos mercadoría en mans de políticos e banqueiros" os manifestantes percorreron gran parte da coidade de maneira pacifica sumando xente polo camiño.

Fotos

Video

jueves, 12 de mayo de 2011

Partido Verde de Vigo en las municipales 2011 (Video)

Carlos Leiro 
Desde TodoVigo estamos realizando una serie de entrevistas para mostrar las diferentes listas que se presentan a las municipales de Vigo, esta vez estuvimos con dos de los candidatos del Partido Verde de Vigo (Os Verdes Vigo) el cabeza de Lista Carlos Leiro el número 2 Jose Luís Sanjiao Alonso y el número 12 Juan Campoamor, cantautor cubano radicado en Vigo.

La principal preocupación de esta lista es generar trabajo en la ciudad, otra de sus principales propuestas es el albergue en La gota de leche.

Carlos Leiro y José Luis Sanjiao
Piensan que en la actualidad los políticos están haciendo todo al revés, trabajando para los bancos y las multinacionales e insisten en que hay que reiniciar todo el sistema cono dice el segundo de la lista.

A Carlos Leiro un tipo sin cuenta bancaria ni carnet de conducir no le gusta nada la globalización al menos como se hizo hasta el momento, piensa que pudo ser muy bonito pero en la práctica fue desastroso y hay que revisar como se hizo, describe a los los bancos como una desgracia, una catástrofe, una , peste, dice están surgiendo otros bancos pero hay que mirarlos con lupa, son los mismos que están intentando salvar el mercado al igual que las petroleras cuando invierten en energías renovables.

Juan Campoamor en su labor de cantautor callejero
Al preguntarle sobre el proyecto abrir Vigo al mar responde que es todo lo contrario, abrir Vigo al mar significaría derribar murallas ayudar a la pesca incluso de bajura, limpiar y repoblar la ría, abrir Vigo literalmente al mar.

El partido verde de Vigo sostiene que no se puede esperar que todo lo haga un gobierno nacional, que los municipios son una oportunidad para hacer desde abajo.

En el siguiente video una entrevista de 13 minutos donde podrán escuchar estos planteamientos directamente por parte de los candidatos.

Recordamos a los partidos políticos que se presentan a las municipales en Vigo que pueden solicitar un espacio en TodoVigo mediante nuestro formulario de contacto.

sábado, 7 de mayo de 2011

ESQUERDA UNIDA (VIGO) PRESENTA O SEU PROGRAMA BÁSICO SOBRE SERVICIOS SOCIAIS

Rubén Pérez
O candidato de ESQUERDA UNIDA á alcaldía de Vigo Rubén Pérez e Mª Luisa Fernández, activista social e nº 6 da candidatura de EU presentaron hoxe o programa de EU de SERVICIOS SOCIAIS PÚBLICOS.

Para ESQUERDA UNIDA é o Concello de Vigo o que debe xestionar as políticas e servizos sociais prestados á cidadanía, xa que é a institución máis próxima á poboación. Por iso defende non só o traspaso de competencias ao concello dende a Xunta, senón tamén a descentralización e a liberación de recursos económicos cara a leste por parte da autonomía.

Desde o concello non se debe evitar o problema por non ter competencias en moitos casos e se que se debe investir gran parte do orzamento municipal para tratar servizos e asuntos sociais especialmente nesta época de crise que deixou desprotexida a gran parte da poboación.

Tras as reiterativas políticas neoliberais privatizadoras que sobre os Servizos Sociais practicáronse, a falta de orzamento e a dificultade na construción desde o nivel local de dereitos normalizados e lexislados debido á falta de competencias e á non descentralización administrativa, deixáronnos un sistema municipal de Servizos Sociais incapaz de dar solución integral os graves problemas de convergencia social existentes

Defendemos, recalcou Rubén Pérez uns servizos sociais que protexan ás e os cidadáns, especialmente a aqueles en risco de exclusión social, que promovan calidade de vida por encima da cobertura das necesidades básicas e que críticamente desvelen as raíces e as situacións de desigualdade que xera este sistema social e para iso ESQUERDA UNIDA propón un programa completo que ten tres propostas principias:

· Incrementar do orzamento municipal dos Servizos Sociais

· Creación inmediata dun CENTRO DE INSERCIÓN SOCIAL en Vigo a cargo de fondos do tres administracións e situado no edificio da GOTA DE LEITE

· Iniciar a planificación e desenvolvemento da rede pública de servizos sociais, combatendo firmemente os intentos de privatizar estes servizos e buscando vías para reverter as privatizacións xa executadas á xestión pública.

--
ESQUERDA UNIDA
Agrupación Local de Vigo

viernes, 6 de mayo de 2011

O partido verde comeza a súa campaña en vigo cunha pegada en Bouzas

O partido verde  comeza a súa campaña en Vigo cunha pegada en Bouzas, ieste é un resumo do seu programa para Vigo.

El cabeza de lista Carlos Leiro
1º Prioridade da nosa campaña, é crear axudas financeiras e excepcións fiscais, e todo o que estea nas nosas mans para a reactivación total de autónomos e pemes.

Atendendo todos os proxectos (previo estudo) que se consideren viables, sobre todo os que teñan conciencia co medio ambiente.

2º Outra prioridade e en importancia á vez coa primeira: construción inmediata dun centro de inclusión social (non un albergue), autogestionado con talleres ocupacionais, atención de día, destinado a calquera tipo de persoa en situación de emerxencia ou en risco de correla.

Los candidatos 
Creación en terreos municipais ou cedidos por algunha mancomunidade (sempre que se chegue a un acordo), un ou varios pequenos pobos, construídos a modo bungalows ou casas de madeira (non agresiva coa contorna natural) e rodeadas de hortos ecolóxicos (impartiríanse cursos de formación en agricultura sustentable) cesión de espazos gratuítos en mercados municipais ou a creación dun mercado específico.

3º Distribuiranse locais propiedade do Concello entre calquera asociación solidaria (exemplo, ONGS) creando unha federación.

4º Outra prioridade dentro da nosa campaña, é a reactivación da ría de Vigo e a súa contorna.

Independentemente dos investimentos de cemento, fábricas de coches, multinacionais que xa coñecedes, non dicimos que estea mal sempre que o fin justifique os medios.

Pegada de inicio de campaña en Porta do Sol Vigo

Este xoves ás 24 hs coincidiron na Porta do Sol de Vigo as pegadas de inicio de campaña de EU (Esquerda Unida), BNG (Bloque Nacionalista Galego) e , Fronte Popular Galego (FPG), máis adiante iremos ofrecendo espazo en TodoVigo ás diferentes agrupacións electorais deste municipio, agora como adianto algunhas fotos das pegadas iniciais de EU e BNG lamentando non poder obter imaxes da pegada de FPG.

Rubén Pérez Cabeza de lista de EU xunto a segunda candidata

Santi Dominguez cabeza de lista do BNG no seu discurso de lanzamento de campaña 



Rubén Pérez pegando os primeiros cartaces 

Candidatos  EU


Santi Dominguez pegando cartaces 




Santi Domingez obserba á súa filla pegando cartaces  

Militantes e candidatos municipais de EU e BNG de Vigo esperan a hora na Porta do sol de Vigo para iniciar a campaña 




Estas fotos pertencen a TodoVigo, poden usarse libremente sempre que se mencione como fonte www.todovigo.net 

jueves, 5 de mayo de 2011

Concentración en contra dos despedimentos en Telefónica

Hoxe ás 19:00 horas, diante da tenda Movistar da rúa Colón de Vigo persoal de Telefónica en Pontevedra concentrouse en defensa dos seus postos de traballo e das negociacións colectivas.
A protesta tivo lugar coincidindo coa reunión extraordinaria do Comité Intercentros para abordar a plataforma unitaria de cara ao proceso de negociación do novo convenio colectivo. Esta xuntanza, explican dende a Sección Sindical da CIG-Telefónica en Pontevedra, ten lugar sen consultar aos comités provinciais e de costas ás asembleas de traballadores/as.

Unha das principais reclamacións que podían ouvirse era por dous compañeiros recentemente despedidos  estando de baixa médica, tamén reclamaban a dimisión de César Alierta.

Xa que os despedimentos prodúcense a pesar de que a empresa obtén ganancias co único obxectivo de pasar os servizos a contratas maximizando a rendibilidade de Telefónica e minimizando os dereitos laborais os manifestantes prometen máis mobilizacións.

Xira "Y tú más!" - Samuel Leví y Los Niños Perdidos

Samuel Leví volve a Vigo,  súa casa, co seu espectáculo "Y tú más!"

Nas últimas semanas estivo de promoción por Madrid e Barcelona, tocando en moitos dos locais do circuíto, e dando a coñecer as súas cancións en novos sitios. Este mes vén tamén bastante cargado de concertos.

Estas son as datas en Vigo de da xira de Samuel Leví y Los Niños Perdidos co seu espectáculo "Y tú más!"

6 mayo - La Fiesta de los Maniquíes - Vigo
14 mayo - Café de Catro a Catro - Vigo
15 mayo - Bar Marexada - Vigo
4 junio - Festival Solidario "Risas compartidas" - Vigo

Mias info: www.samuellevi.blogspot.com

Videoclip oficial "Partes de mí por todas partes" - Samuel Leví
 Versión DM
Autor: Samuel Leví
Director/a: Deborah Hervás y Diego Meijido
Edición: Diego Meijido
Ayudante de cámara e iluminación: Carlos Balea
Fotografía: Jean Rueda
Actor y Actriz principales: Samuel Leví y Anais López
Actores secundarios:
- Vigilante: Rony Macarroni
- Dependiente del sex shop: Tito Leirós
Fecha de publicación: Enero 2011

Charla: Ninguén sobra nunha crise

A destrución espectacular de emprego nos dous últimos anos, con taxas de
desemprego da poboación inmigrante superiores ao 30% e que chegan a triplicar
ás da poboación autóctona, confirman o papel que xogaron como poboación
excedentaria que debe acudir no momento en que se precisa e é abandonada á súa
sorte cando se acaba o período de crecemento.


Ninguén sobra nunha crise.

A situación descrita por Eduardo Romero no seu libro sérvenos de base para ollar cara a realidade
actual. Pero ademais do paro e as dificultades económicas é necesario engadir o control de fronteiras, as políticas de retorno ou a humillación da identificación en calquera hora e lugar simplemente por ter unha cor de pel diferente. Por este motivo xurde a Campaña Ninguén sobra nunha crise do Foro Galego da Inmigración. Esta campaña ten como obxectivo fundamental evidenciar a situación na que se atopan as persoas migrantes ante a situación de crise e en concreto ante os recortes dos dereitos sociais que conlevaron as políticas de enfrontamento á mesma.

Na presentación da Campaña contaremos coa presencia de Eduardo Romero, investigador do colectivo asturiano Cambalache. Ademais do libro anteriormente citado Eduardo ten editados materiais sobre migracións e desenvolvemento, intereses das multinacionais ou lei de extranxeiría. Por outra banda ten
participado en campañas contra a represión das persoas migrantes en Asturias.

A Oficina de Dereitos Sociais tentará achegar a realidade do mundo dos servizos sociais, que en tempos de
crise queda espido amosando que as respostas que propón para aqueles que veñen sufrindo as miserias do sistema capitalista son de tipo superficial e que se dirixen a manter a orde establecida. Na relación con ese sistema as persoas migrantes sofren coma outros colectivos os atrasos nas tramitacións deprestacións básicas, a insuficiencia de recursos, a perda de dereitos sociais, etc.

Participa na organización o Grupo de Axitación Social (GAS) que comparte coa Oficina de Dereitos Sociais campañas de denuncia sobre os recortes sociais que sufrimos nos últimos tempos.

A utilización de man de obra barata, o endurecemento da lexislación sobre migracións, a utilización mediática da chegada de novas persoas migrantes e a saída á luz de sentimentos e actitudes xenófobas serán algúns dos temas que se tratarán nesta mesa redonda, a través da cal pretendemos reflexionar sobre as consecuencias que o sistema capitalista ten sobre todas as persoas explotadas e dar a coñecer o traballo
dos diferentes colectivos que participan.


Reflexións entorno ás consecuencias da crise nas persoas
migrantes.

Eduardo Romero. Colectivo Cambalache
(Asturies)
Mari Fidalgo. Foro da Inmigración
(Compostela)

Diego Lores . Oficina de Dereitos
Sociais - Coia (Vigo)

Martes día 10 de Maio ás 20:30
A Cova dos Ratos (Romil, 3)

miércoles, 4 de mayo de 2011

Concentración o xoves 5 de maio en defensa da negociación colectiva e contra os despedimentos en Telefónica

Concentración o xoves 5 de maio en defensa da negociación colectiva e contra os despedimentos en Telefónica.


Ás 19:00 horas, diante da tenda Movistar da rúa Colón de Vigo.

O persoal de Telefónica en Pontevedra está chamado a participar na concentración convocada o xoves 5 de abril diante da tenda Movistar da rúa Colón de Vigo en defensa da negociación colectiva e contra os despedimentos na empresa.

Mis info: http://www.galizacig.com/avantar/novas/4-5-2011/concentracion-o-xoves-5-de-maio-en-defensa-da-negociacion-colectiva-e-contra-os-despe?utm_source=twitterfeed&utm_medium=facebook

martes, 3 de mayo de 2011

Concerto solidario con Rumbo a Gaza en Santiago de Compostela

Este é un blog dedicado a Vigo e arredores pero como non teño noticia dun concerto solidario con Rumbo a Gaza en Vigo consideraremos Santiago como arredores de Vigo e ¡a xuntar coches para ir.!


Concerto solidario con Rumbo a Gaza en Santiago de Compostela: Será na Sala Nasa, o próximo 4 de Maio, às 21:30. Ali estarán Quempallou, The Homens, García MC. A “ordem e o progresso” correrán por conta de Carlos Blanco. O billete é de 5€ e os benefícios serán para a II Flotilla da Liberdade, que en breve zarpará Rumbo a Gaza. Con 15 buques e centos de cooperantes de mais de 50 países, Galiza entre eles. Con axuda para a castigada populación da Faixa. Coa intención de furar o bloqueo, cruel e ilegal, a que a ten submetida Israel. 

Argumentos: Fuente (Alfredo Iglesias Diéguez, Esculca)

A Faixa de Gaza é un territorio de 360 Km2 onde actualmente viven millón e medio de palestinas e palestinos que, dende o 12 de xuño de 2007, sofre un brutal e obsceno bloqueo -imposto pola que se chama 'única democracia de Oriente Próximo', tras o triunfo electoral de Hamas nese territorio-, que ten consecuencias lamentables sobre a vida do pobo palestino ao desabastecelo de alimentos, material sanitario, combustible.... Porén, este bloqueo non é un feito illado: ao bloqueo cómpre engadir, ademais, a expropiación de recursos naturais tan vitais como a auga, a destrución de árbores e campos e a destrución de casas e outras infraestuturas vitais (escolas, universidades, centrais eléctricas, estradas...), feitos lamentables que están a provocar que o 80% da poboación palestina viva por debaixo do límite da pobreza con menos de 2,10$ diarios, que a taxa de desemprego entre a poboación activa palestina sexa do 50% e que o futuro do pobo palestino estea severamente ameazado, como se desprende de diferentes informes elaborados nos últimos anos.

Precisamente para romper ese bloqueo, no ano 2009 formouse a coalición internacional da Freedom Flotilla, que se rexe por un decálogo que se basea nos seguintes principios: o respecto dos dereitos humanos, sen distinción de raza, xénero, relixión, orientación sexual, idioma... e a adhesión aos principios da non violencia; o cumprimento das resolucións das Nacións Unidas e do dereito internacional; os territorios ocupados por Israel dende o 5 de xuño de 1967 deben ser devoltos aos seus lexítmos habitantes, polo que o Estado de Israel ten que por fin ao bloqueo e ao control a que están sometidos, retirar o exército de ocupación, derribar todas as barreiras construídas para restrinxir a circulación da poboación e revogar todas as leis israelís que limitan a liberdade de acción da poboación palestina neses territorios; o Estado de Israel debe recoñecer os dereitos fundamentais ás cidadás árabe-palestinas e aos cidadáns árabe-palestinos de Israel; o recoñecemento do dereito a todas as refuxiadas e a todos os refuxiados ao retorno do exilio, tanto para si comopara os seus descendentes, así como o dereito a recuperar as súas propiedades e a obter unha indemnización polo uso indebido dos seus bens, que de conformidade co dereito internacional non pode ser negocible individualmente, senón que é un dereito colectivo de aplicación individual. Así mesmo, a Coalición, en tanto que solidaria co pobo palestino, non apoia a ningún partido político nin a ningunha organización concreta.

Mais Info:  www.bds-galiza.org
Cartaz en PDF: www.esculca.net/pdf/flotilha.pdf

ESQUERDA UNIDA TRASLADA A CCOO DE PSA VIGO QUE NON PERMITIRÁ O CHANTAXE DA PLANTA Á CIDADE E OS TRABALLADORES

O candidato de EU Rubén Pérez  considera que a implantación do modelo do actual director Pierre Anni o sistema LEAN ten que ser combatido dende dentro e dende fóra da planta. Vigo non pode permitir que a súa cidadanía se convirta en “semiesclavos” dun modelo de producción asiático e perigoso en materia socio-laboral. Rubén Pérez, candidato de ESQUERDA UNIDA á alcaldía de Vigo mantivo onte unha xuntanza coa sección sindical de CCOO en PSA PEUGEOT-CITROEN para dar traslado do apoio de EU ao traballo dos compañeiros e compañeiras de CCOO ante a escalada de presión e abusos da dirección da empresa sobre a plantilla.

Rubén Pérez suliñou a necesidade de abortar de raíz o intento da dirección de Citröen de empregar un modelo avanzado do sistema de fabricación LEAN e o control do asentismo como instrumentos de coacción laboral, feito que sistemáticamente prodúcese nos centros productivos que asumen este criterio de organización industrial.

Padro Comesaña, da sección sindical de CCOO informou do expedente aberto a varios traballadores por denunciar a situación preocupante de falla seguridade e hixiene laboral nos centros de pintura, feito que a pesar de demostrarse real, non impediu que a empresa abrira o devantido expediente, nun claro xesto de evitar que a conflictividade e a situación de presión que vive a plantilla de PSA sexa pública e coñecida por toda a cidade. Rubén Pérez anunciou que de seguir adiante o expediente o deputado Gaspar Llamazares formulará una pregunta parlamentaria dirixida ao ministro de traballo sobre a situación na que traballan os turnos laborais da planta viguesa.

Tanto CCOO de PSA como ESQUERDA UNIDA suliñaron que non poden ser os traballadores e traballadoras de PSA os que paguen a crise, recordaron que a planta non contrata plantilla dende fai dous anos e medio, sigue un constante goteo de despidos encubertos o que fai que a actual plantilla da planta esté nos mínimos históricos, mentres o grupo PSA anunciou que no 2010 tivo un beneficio por enriba dos 1400 millóns de euros.

Rubén Pérez igualmente deu traslado das preguntas formuladas por ESQUERDA UNIDA no Parlamento sobre as axudas públicas ao grupo PSA e que ascenden a un montante de 210 millóns de euros dende 2008 non estando ningunha delas condicionadas ao mantemento de emprego, feito que para ESQUERDA UNIDA é lamentable e demostración dun goberno que defende á patronal e non aos traballadores.

Fuente: www.euvigo.org

domingo, 1 de mayo de 2011

Video da concentración do 1º de maio do 2011 en Vigo (CUT-CGT)

Video da concentración do 1º de maio do 2011 en Vigo (CUT-CGT)

Fotos do 1º de maio do 2011 en Vigo

Fotos do 1º de maio do 2011 en Vigo

Os integrantes de CUT e CXT conectásense para marchar, gentilmente acompañados pola policía local  

Cabeceira de marcha da CIG 

A CIG xunta ao sireno 


A CIG xunta ao sireno 


A CIG xunta ao sireno 


CUT y CGT 


CUT y CGT xunto ao sireno

CUT y CGT xunto ao sireno







Na concentración de CUT CGT en Vigo, xúntanse firmas polo cinco presos cubanos en EEUU  

Fotos www.todovigo.net Pueden usarse libremente siempre que se mencione la fuente.