sábado, 26 de enero de 2008

Foro Social Galego

 26 DE XANEIRO DE 2008 • Día de Mobilización e Acción Global

CARA UN FORO SOCIAL GALEGO

Organizacións cívicas e sociais galegas participantes no proceso de Foro Social Mundial dende xaneiro de 2001 convocamos a un acto cívico de mobilización para expresar dende o noso país a solidariedade coas principais reinvindicacións do movemento antiglobalización.

ASEMBLEA DE MOVEMENTOS SOCIAIS GALEGOS E FEIRA DE ASOCIACIÓNS
Sábado 26 de xaneiro | 11.30h | Facultade de Xeografía Historia |
Santiago

CHAMAMOS A TODOS OS MOVEMENTOS SOCIAIS GALEGOS A PARTICIPAR NUNHA ASEMBLEA
HORIZONTAL, SEN XERARQUÍAS E REXIDA POLA CARTA DE PRINCIPIOS DO FSM, CO
OBXECTIVO DE CREAR UN ESPAZO DE REFLEXIÓN PARA CAMIÑARMOS CARA UN FORO SOCIAL
GALEGO. ENVÍA A TÚA ADHESIÓN (nome da organización ou da persoa e contacto) A:

info@altermundo.orgEste
enderezo de correo-e est� protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript
activado para podelo ver
|
paz@sgep.orgEste
enderezo de correo-e est� protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript
activado para podelo ver
|
fsg@galizasempre.orgEste
enderezo de correo-e est� protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript
activado para podelo ver

FEIRA DE ASOCIACIÓNS E ALTERNATIVAS: No
claustro da Facultade de Xeografía e Historia da USC. Espazo de balde pero
limitado. As organizacións interesadas en dispoñer dun espazo para amosar
materiais, ideas ou o que consideren deben contactar antes do 15 de
xaneiro
con:
info@altermundo.orgEste
enderezo de correo-e est� protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript
activado para podelo ver

COMUNICADO

DIVERSAS ORGANIZACIÓNS SOCIAIS GALEGAS
IMPULSAN A CREACIÓN DUN FORO SOCIAL GALEGO

O 26 de xaneiro celebrarase unha Asemblea de
movementos sociais en Santiago

Os abaixo asinantes, organizacións cívicas e sociais galegas
e participantes no proceso do
Foro Social Mundial
dende Xaneiro de 2001, convocamos a un acto cívico de
mobilización para expresar dende o noso país, a solidariedade coas principais
reivindicacións do movemento antiglobalización.

Por esta razón, convocamos a unha A

semblea de Movementos Sociais Galegos, así
como a unha Feira de Asociacións (por mor do espazo limitado
organizacións interesadas, contactar antes do 15 de xaneiro con
info@altermundo.orgEste
enderezo de correo-e est� protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript
activado para podelo ver
), para o Día de Mobilización e
Acción Global
que este ano substitúe ó Foro Social Mundial centralizado.

A Asemblea e a Feira realizaranse na
Facultade de Xeografía e
Historia de Santiago de Compostela
, o día 26 de xaneiro do 2008 ás
11:30 da mañá
. O obxectivo desta Asemblea, escollida para manter o
confronto co

Foro Económico Mundial de Davos, encontro da elite neoliberal
que acontece sempre no mes de xaneiro desa vila alpina, será o de iniciar a
andaina necesaria cara un Foro Social Galego (FSG).

O noso compromiso coa realidade local é o noso compromiso coa
transformación global:



  • Contra a globalización neoliberal

  • Para erradicar a pobreza

  • Pola profunda reforma do sistema de institucións internacionais

  • Abolición da débeda externa

  • Igualdade real das mulleres

  • Sustentabilidade ecolóxica

  • Defensa dos recursos naturais

  • Pola Sobreranía dos pobos

  • Agricultura e alimentación fóra da OMC

  • Recoñecemento do dereito dos pobos á Soberanía Alimentaria


As asociacións impulsoras deste chamamento para a creación do Foro Social Galego (FSG) son:
Seminario Galego de Educación p ara a
Paz
| Fundación Galiza Sempre
| Marcha Mundial das Mulleres |
Sindicato Labrego Galego
| CIG |
CCOO |
UXT |
STEG (Sindicato de Traballadoras
e Traballadores do Ensino de Galiza)
|
Coordinadora Galega de ONGDs
| A
DEGA |
Verdegaia |
Altermundo








O que é o Fórum Social Mundial?

O FSM é um espaço de debate
democrático de idéias, aprofundamento da reflexão,
formulação de propostas, troca de experiências e articulação
de movimentos sociais, redes, ONGs e outras organizações da
sociedade civil que se opõem ao neoliberalismo e ao domínio
do mundo pelo capital e por qualquer forma de imperialismo.
Após o primeiro encontro mundial, realizado em 2001, se
configurou como um processo mundial permanente de busca e
construção de alternativas às políticas neoliberais. Esta
definição está na

Carta de Princípios
, principal documento do FSM.


O Fórum Social
Mundial se caracteriza também pela pluralidade e pela
diversidade, tendo um caráter não confessional, não
governamental e não partidário. Ele se propõe a facilitar a
articulação, de forma descentralizada e em rede, de
entidades e movimentos engajados em ações concretas, do
nível local ao internacional, pela construção de um outro
mundo, mas não pretende ser uma instância representativa da
sociedade civil mundial. O Fórum Social Mundial não é uma
entidade nem uma organização.


Diversos materiais, banners,
tríptico, cartaz... para promocionar o

Día de Mobilización e Acción
Global do 26 de xaneiro de 2008 na Galiza
.

BAIXAR TRÍTICO DA CAMPAÑA GALEGA


BAIXAR CARTAZ (JPEG

ALTA RES. |

PDF
)



BANNER GALEGO (340 x 117)

BANNER GALEGO (150 x 141)

BANNER GALEGO OFICIAL FSM2008 (300 x 60)

BANNER GALEGO OFICIAL FSM2008 (160 x 150)

BANNER GALEGO OFICIAL FSM2008 (750 X 150)


TIRA GALEGA GRANDE (600 x 281)

Fonte:
www.altermundo.org





O Tribunal Supremo confirma o indulto de catro policías declarados culpables de detención ilegal e malos tratos

Non aos indultos para torturadores

Londres/Vigo.- Amnistía Internacional expresa fonda preocupación ante o indulto parcial de catro policías locais declarados culpables da detención ilegal e malos tratos a Mamadou Kane, concedido polo Consello de Ministros no 2005 e confirmado polo Tribunal Supremo o 18 de xaneiro de 2008, ao desestimar o recurso presentado contra a súa concesión. Os catro axentes da policía local de Vigo (Galicia) foran suspendidos das súas funcións por un período de entre oito e dez anos, e condenados a penas de entre tres e catro anos de prisión por golpear, insultar e deter ilegalmente en marzo de 1997 a Mamadou Kane, residente en España de orixe senegalesa. Como consecuencia do indulto, os catro policías reincorporáronse aos seus postos en xaneiro de 2006 e nunca cumpriron as penas de cárcere.

Amnistía Internacional expresou en numerosas ocasións a súa preocupación polas torturas e outros tratos crueis, inhumanos ou degradantes (malos tratos) que cometen axentes encargados de facer cumprir a lei en España, así como ante o feito de que non se poña fin á impunidade efectiva dos responsables. Ao non garantir a prevención e a investigación exhaustiva dos actos de tortura e o castigo adecuado dos seus perpetradores, as autoridades españolas vulneran o dereito internacional de dereitos humanos.

Amnistía Internacional non é a única organización á que lle preocupan estes feitos. En 1996, o Comité de Dereitos Humanos da ONU, nas súas Observacións Finais sobre o informe presentado por España, observou con inquietude que “as autoridades públicas non sempre realizan investigacións sistematicamente e que, cando os membros desas forzas son declarados culpables de tales actos e condenados a penas de privación de liberdade, a miúdo reciben indultos, son excarcerados pronto ou simplemente non cumpren a condena”. Esta práctica foi criticada tamén polo Comité contra a Tortura da ONU na súa decisión do 2005 sobre o caso de Kepa Urra Guridi, na que declarou que a redución das penas e a concesión de indultos a tres membros da Garda Civil declarados culpables de torturas violaba o artigo 4 da Convención contra a Tortura (que obriga ás autoridades a garantir que os actos de tortura son castigados con penas adecuadas que teñan en conta a gravidade do delito).

No informe de Amnistía Internacional titulado España: Sal na ferida. A impunidade efectiva de axentes de policía en casos de tortura e outros malos tratos, publicado en novembro de 2007, afírmase que a concesión de indultos a funcionarios encargados de facer cumprir a lei declarados culpables de malos tratos contribúe, entre outros factores, á impunidade efectiva dos funcionarios encargados de facer cumprir a lei responsables de violacións de dereitos humanos. Pola súa banda, o informe de Amnistía Internacional de 2004 titulado España: Acabar coa dobre inxustiza. Vítimas de tortura e malos tratos sen reparación contén máis exemplos de casos nos que o goberno concedeu o indulto a axentes de policía declarados culpables de malos tratos, incluídos casos nos que devandito indulto foi concedido en contra da recomendación do tribunal que impuxo a condena.

Amnistía Internacional considera profundamente preocupante que a medida adoptada polo Consello de Ministros ilustra o feito de que o goberno non transmite unha mensaxe clara aos funcionarios encargados de facer cumprir a lei, e á opinión pública en xeral, de que os malos tratos a detidos están absolutamente prohibidos e serán obxecto de investigacións e de sancións penais e disciplinarias.

Amnistía Internacional pide ás autoridades españolas que adopten as medidas oportunas, en cumprimento das normas legais internacionais, para garantir que as persoas responsables de actos de tortura e outros malos tratos son axuizadas e sancionadas adecuadamente en todos os casos.

Información xeral

O 16 de marzo de 1997, catro policías locais detiveron en Vigo (Galicia) a Mamadou Kane, vendedor ambulante de orixe senegalesa. Mamadou Kane declarou que en lugar de levalo á comisaría de policía para comprobar a súa identidade, conducírono a unha zona cerca do campus universitario de Marcosende, onde, segundo di, déronlle unha malleira, proferiron insultos racistas contra el, ameazáronlle de morte e dixéronlle que ían expulsalo de España se insistía en presentar unha denuncia contra a policía.

O 19 de abril de 1999, a Audiencia Provincial de Pontevedra condenou aos catro policías locais a penas de privación de liberdade por detención ilegal e a dúas deles tamén por malos tratos, aínda que declarou que non había probas suficientes de que os axentes proferisen insultos racistas contra Mamadou Kane. Un dos policías foi condenado a catro anos de prisión, e os outros tres a sendas penas de tres anos. Tamén foron condenados a penas de entre oito e 10 anos de inhabilitación absoluta para ocupar cargos públicos e a abonar unha indemnización a Mamadou Kane. Con todo, no 2005, o Consello de Ministros indultó aos catro policías condenados.

www.es.amnesty.org

viernes, 25 de enero de 2008

Mais um ano o L.S. Faísca acudirá à popular festa de Sam Brais, na Parróquia de Bembrive

Mais um ano o L.S. Faísca acudirá à popular festa de Sam Brais, na Parróquia de Bembrive, onde teremos o nosso Furancho “Chegar e encher”.

Desta volta abriremos desde as oito do seram esta Sexta-feira dia 25 e o Sábado dia 26. Assim como a Sexta-feira dia 1 e o Sábado dia 2 de Fevereiro. E como nom, o Domingo dia 3, dia de Sam Brais, durante todo o dia.

Estaremos no mesmo sitio de sempre, na rua da Igreja (trás o palco que há ao carom do campo de futbito).

Lá vos aguardamos, com muito vinho, orelha, chouriços, …

L.S. Faísca

www.faisca-gz.blogspot.com

jueves, 24 de enero de 2008

CONCENTRACIÓN NO MARCO MAÑÁ 20 HORAS LIBERDADE MILITANTES SOCORRO VERMELLO INTERNACIONAL

A detención de varios militantes do Socorro Vermello Internacional organización histórica dedicada á solidariedade cos presos políticos no estado español, é unha clara acción xudicial con connotacións electorais. Se esta utilizando a militantes da solidariedade para demostrar a eficacia dos corpos de seguridade do estado. As persoas detidas todas tiñan actividade publica e eran coñecidas socialmente pola súa longa traxectoria na loita polos dereitos humanos. No caso de Xosé Lois Fernández González quen esta parapeplijo, dificilmente puidese ser parte dun grupo armado. A policía cando realizou o operativo de detención na súa casa onde durante varias horas desordeno a súa biblioteca, tiro libros, secuestrando os libros de Lenin, Marx coma se fose literatura subversiva. Logo de moitos anos como no franquismo tanto Lenin como Calos Marx volven ser penalizados. Eles tamén foron encarcerados xunto a Xosé Lois.


Ante esta autentica farsa xurídica solicitamos a inmediata liberdade dos detidos.

Convocamos a todos os traballadores a concentrase no MARCO este xoves ás 20 horas.



Lois Pérez Leira

Coordenador Traballadores Galegos Polo Socialismo

viernes, 18 de enero de 2008

Vigotroca: SE QUERES DAR MÁIS VIDA O TEU, VEN TROCAR CON NÓS.

Unha nova red social en Vigo

VIGOTROCA é unha aposta pola revalorización das relacións persoais fronte á imposición dos cartos: nós somos os que decidimos o valor que teñen as nosas cousas e o noso tempo

Cada vez que mercas, cambias o mundo.
Ti es o derradeiro eslavón dunha cadea que comeza no produtor. Das traballo. Produces. Vendes. Traballas. Elixes. Contaminas. Limpas. Coidas o contorno. Transformas a sociedade cara un mundo máis xusto. Ou máis inxusto. Respectas a natureza. A cheas de merda. Sen ti, a cadea non tería sentido.

Cada vez que mercas, decides.
Colaboras economicamente con todos os procesos que fixeron posible obter ese ben ou ese servizo. Decides se a empresa que explota a nenos na India vai medrar. Decides se a petroleira responsable do último verquido vai medrar. Decides se os produtores da túa comarca van medrar. Decides se as cooperativas de produtores indíxenas van medrar. É a túa decisión persoal.

VIGOTROCA é un espazo aberto de intercambio e cesión de bens, unha alternativa sen cartos para satisfacer as nosas necesidades. VIGOTROCA é a aposta dunha manchea de asociacións da túa cidade polo consumo consciente, pola reutilización e a reciclaxe, pola participación cidadá e a recuperación da rúa como espazo de coñecemento, relación e disfrute.

VIGOTROCA quere tamén chegar a ser un MERCADIÑO DE TROCO OU CESIÓN. Unha boísima ocasión para levar as cousas que xa non queres e trocalas por outras das que si precisas. Unha boísima ocasión para compartir ou ceder o teu. Unha boísima ocasión para coñecer xente, gozar da rúa, escoitar música e satisfacer as túas necesidades.

Sen cartos, porque a xente non ten prezo.

http://vigotroca.arkipelagos.net

As redes sociais

As Redes son formas de interacción social, definida como un intercambio dinámico entre persoas, grupos e institucións en contextos de complexidade. Un sistema aberto e en construción permanente que involucra a conxuntos que se identifican nas mesmas necesidades e problemáticas e que se organizan para potenciar os seus recursos.

Unha sociedade fragmentada en minorías illadas, discriminadas, que ha desvitalizado as súas redes vinculares, con cidadáns carentes de protagonismo en procesos transformadores, condénase a unha democracia restrinxida. A intervención en rede é un intento reflexivo e organizador desas interaccións e intercambios, onde o suxeito fúndase a si mesmo diferenciándose doutros.

Nas redes sociais en Internet temos a posibilidade de interactuar con outras persoas aínda que non as coñezamos, o sistema é aberto e vaise construíndo obviamente co que cada suscripto á rede achega, cada novo membro que ingresa transforma ao grupo noutro novo. A rede non é o mesmo se un dos seus membros deixa de ser parte.

Intervir nunha rede social empeza por achar alí outros con quen compartir os nosos intereses, preocupacións ou necesidades e aínda que non sucedese máis que iso, iso mesmo xa é moito porque rompe o illamento que adoita afectar á gran maioría das persoas, o cal adoita manifestarse en *retraimiento e outras veces en excesiva vida social sen afectos comprometidos.

As redes sociais en Internet adoitan posibilitar que pluralidade e comunidade se conjuguen e alí quizais estea gran parte de toda a enerxía que lle dá vida aos grupos humanos que conforman esas redes. As redes sociais dan ao anónimo popularidade, ao discriminado integración, ao diferente igualdade, e así moitas cousas máis.

A forza do grupo permite sobre o individuo cambios que doutro xeito poderían ser difíciles e xera novos vínculos afectivos, sociais, pilíticos e de negocios.

Fonte: http://www.maestrosdelweb.com/editorial/redessociales
Síntese e tradución: Todo Vigo.

lunes, 14 de enero de 2008

Torturas a plena calle en Vigo

Torturas a plena calle en Vigo ante la indiferencia de los transeúntes.



Posted by Picasa

Solo es una interpretación realizada por integrantes de Amnistía Internacional, pero en muchos lugares esto es una realidad.

EEUU y la guerra contra el terror 81%
... ratificados por Estados Unidos. Últimos informes: condiciones_guantanamo.pdf 327 K detenciones_ilegales_datos_cifras.pdf 99 K ... 100 K autorizada_liberacion.pdf 429 K vida_despues_guantanamo.pdf 105 K Más información en: EEUU_Renunciar_comisiones_militares_cerrar_Guantanamo.pdf 83 K EEUU_Condiciones_en_

Ruta: /Contra el terror, justicia/Infórmate/EEUU y la guerra contra el terror

Infórmate 66%
... Madrid. © El Mundo. Descárgate "Terror y Contraterror" y "Cerremos Guantánamo: Símbolo de injusticia". Terror_y_contraterror.pdf 400 K Cerremos_Guantanamo.pdf 6.0 M Guantánamo es el símbolo de la “guerra contra el terror‿ iniciada por el gobierno de EE.UU. tras el 11-S. Desde entonces, EEUU ha ...

Ruta: /Contra el terror, justicia/Infórmate

5.000 se embarcan hacia Cuba para cerrar Guantánam... 66%
... régimen de incomunicación, a las que no ha dado respuesta.” Pueden visitar la flotilla virtual de Amnistía Internacional en: www.amnesty.org/guantanamoflotilla/ Categorías: Detenciones arbitrarias , Estados Unidos , Guerra contra el terror , Tortura y malos tratos Más información Gabinete de ...

Ruta: /Noticias/Noticias

El español de Guantánamo tiene derecho a reparació... 60%
... armado,tortura,guerra contra el terror,voluntariado Ver años anteriores Sindicación de noticias España, Guantanamo (14-07-04) El español de Guantánamo tiene derecho a reparación Amnistía Internacional sigue preocupada por los cerca de 600 detenidos que ...

Ruta: /Noticias/Noticias

Las detenciones de Guantánamo entran en su cuarto ... 56%
... en: Guantánamo -- An icon of lawlessness http://web.amnesty.org/library/Index/ENGAMR510022005 Bahía de Guantánamo: http://web.amnesty.org/pages/guantanamobay-index-esl Guantánamo -- The struggle for our children: http://news.amnesty.org/index/ENGAMR510012005 USA: Human dignity denied -- Torture ...

Ruta: /Noticias/Noticias

http://www.es.amnesty.org

miércoles, 9 de enero de 2008

Por umha comunicaçom e creaçom livres venres, sábado e domingo, Vigo.

Estades convidadas todas as indyxenas, cibors, geeks, freaks e persoas do
ciberspazo e bisbarra.
Programa, como case todo nesta vida, provisional:

- Venres 11 ás 19:00 na "Revolta"
-- Palestra, obradoiro: internet para colectivos a cargo de trebelab.

- Sábado 12, Deseño e creación multimedia con ferramentas libres...
-- Gimp/Inkscape/scribus, achegamento ao deseño gráfico, ás 12:00 no CSA
"Cova dos Ratos"
-- Xantar popular interactivo(*) CSA "Cova dos Ratos"
-- Sesión de video sobremesa/sesta: Audiovisuais queer 16:00 na "Cova dos
Ratos"
-- Cinelerra, edición de video a cargo de Olholibre, ás 18:00 na "Revolta"
-- Xuntanza de Olholibre, ás 21:00 na "Revolta"

- Domingo 12 no CSA "Cova dos Ratos":
-- Encontro "haclab difuso galego", ás 13:00
-- Xantar popular interactivo(*)
-- Sesión de video sobremesa/sesta: "Á caza de hackers" (documental) 16:00
-- Encontro aberto Galiza Indymedia ¿interesada en participar? ¡acudide!,
ás 17:00
-- Xuntanza equipa editorial, ás 18:00... boa oportunidade para coller
novas enerxías.

* a falta dun maior consenso o Xantar popular poderá ser interactivo, ou
sexa seguramente teremos que facernos o papeo entre todas.


Organiza: Indymedia Galiza

Colaboran: Centros Socias "A Revolta" e "A Cova dos Ratos", Olholivre e
trebelab

Cambios nos horarios: http://galiza.indymedia.org/gz/2008/01/13769.shtml


AC CalEiDoSKopiO
"A Cova Dos Ratos

Romil 3 Baixo, Vigo-Galiza
Tlfne.: 986 - 49 33 81
www.sindominio.net/caleidoskopio

viernes, 4 de enero de 2008

carta a los Reyes Magos solicitando "Papeles para Todos"

Mañana sabado a las 12 horas niños inmigrantes de distintos países pondrán en el buzón del Correo del Mercado del Calvario ( Urzaiz Peatonal) la carta a los Reyes Magos solicitando "Papeles para Todos" en Vigo viven mas de tres mil personas que carecen de permiso de residencia y trabajo.
La Carta le pide a los reyes que hablen con el presidente Zapatero. etc........
Esperamos contar con vuestra ayuda para dar a conocer esta situación tan angustiante para tantas familias y especialmente los niños.