Unha nova red social en Vigo
VIGOTROCA é unha aposta pola revalorización das relacións persoais fronte á imposición dos cartos: nós somos os que decidimos o valor que teñen as nosas cousas e o noso tempo
Cada vez que mercas, cambias o mundo.
Ti es o derradeiro eslavón dunha cadea que comeza no produtor. Das traballo. Produces. Vendes. Traballas. Elixes. Contaminas. Limpas. Coidas o contorno. Transformas a sociedade cara un mundo máis xusto. Ou máis inxusto. Respectas a natureza. A cheas de merda. Sen ti, a cadea non tería sentido.
Cada vez que mercas, decides.
Colaboras economicamente con todos os procesos que fixeron posible obter ese ben ou ese servizo. Decides se a empresa que explota a nenos na India vai medrar. Decides se a petroleira responsable do último verquido vai medrar. Decides se os produtores da túa comarca van medrar. Decides se as cooperativas de produtores indíxenas van medrar. É a túa decisión persoal.
VIGOTROCA é un espazo aberto de intercambio e cesión de bens, unha alternativa sen cartos para satisfacer as nosas necesidades. VIGOTROCA é a aposta dunha manchea de asociacións da túa cidade polo consumo consciente, pola reutilización e a reciclaxe, pola participación cidadá e a recuperación da rúa como espazo de coñecemento, relación e disfrute.
VIGOTROCA quere tamén chegar a ser un MERCADIÑO DE TROCO OU CESIÓN. Unha boísima ocasión para levar as cousas que xa non queres e trocalas por outras das que si precisas. Unha boísima ocasión para compartir ou ceder o teu. Unha boísima ocasión para coñecer xente, gozar da rúa, escoitar música e satisfacer as túas necesidades.
Sen cartos, porque a xente non ten prezo.
http://vigotroca.arkipelagos.net
As redes sociais
As Redes son formas de interacción social, definida como un intercambio dinámico entre persoas, grupos e institucións en contextos de complexidade. Un sistema aberto e en construción permanente que involucra a conxuntos que se identifican nas mesmas necesidades e problemáticas e que se organizan para potenciar os seus recursos.
Síntese e tradución: Todo Vigo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario