miércoles, 20 de marzo de 2013

Charla: "Imaxinario Libertario, Movementos Anticarcelarios e Represión na España de entre séculos (XIX-XX)"


Falará Alejandro Forero do Observatori de Sistema Penal i els Drets Humans, UB.

"La importancia del imaginario anarquista de la España de entre siglos (XIX-XX) es fundamental para poder entender las raíces de una crítica profunda y frontal de las instituciones del encierro. La deslegitimación total del encierro a nivel teórico y el papel práctico de apoyo a presos/as y sus familiares desde las organizaciones anarquistas y sus “órganos” (periódicos, revistas) merecen una recuperación actualizada para entender la problemática, funciones y justificación del uso de la cárcel como medida de control punitivo."
Alejandro Forero


O sábado 23 haberá na Cova unha charla acerca do movemento anticarcelario nun marco libertario dende unha perspectiva histórica... Estamos tentando sacar a rúa a situación dos cárceres, a pena punitiva de privación de liberdaed, as torturas sistemáticas que ocorren tras dos muros, e a luita de quén decide non calar e enfrontarse... Achégate!
SÁBADO 23 MARZO ÁS 20:30h.
No CSA "A Cova dos Ratos" r/Romil,3 VIGO

Organizan: Campaña Cárcere=Tortura e GAShttp://www.facebook.com/events/264124733723080/

viernes, 8 de marzo de 2013

Vigo marcha o 8 de marzo polo Día Internacional Das Mulleres


Con motivo do Día Internacional Das Mulleres, o venres 8 de marzo, a Marcha Mundial das Mulleres convoca unha manifestación en Vigo, ás 20.00 horas, que irá dende a Praza de Portugal ata a Porta do Sol.
O lema deste 2013 é: A DÉBEDA DOS GOBERNOS É COAS MULLERES NON COA BANCA, MARCHAMOS POR UNHA VIDA DIGNA E SOSTIBLE!!
A Marcha Mundial das Mulleres formula, neste 8 de marzo de 2013, a necesidade da corresponsabilidade no coidado das persoas e nas tarefeas domésticas, esixe un novo modelo social sen división do traballo en función do sexo, propoñe un novo modelo de sociedade no que as persoas sexan o cerne das políticas públicas e COMPROMÉTESE a seguir loitando por derrubar os muros que protexen aos banqueiros e aos corruptos, aos especuladores e aos que botan a outras persoas do seu fogar, aos que fan uso da violencia e criminalizan aos movementos sociais…
Non imos ficar mudas nin quedas. Queremos controlar as nosas vidas e construír unha sociedade máis xusta que remate co sistema capitalista e patriarcal.
Frenemos o avance do machismo e a desigualdade coa unidade, a loita e a solidariedade.
Ata que todas sexamos libres!!
FEMINISTAS GALEGAS EN LOITA POLOS NOSOS DEREITOS!!