Logo da manifestación de onte unhas 50 persoas acamparon simbólicamente na farola (Príncipe e Colón, Vigo) como parte de tres días de actividades referentes ao primeiro aniversario do movemento 15M, aproximadamente ás 4 da mañá a policía esixiu o desaloxo e identificou a todas as persoas.
Os indignados convocan unha manifestación para hoxe (domingo) ás 17hs para reclamar o dereito a manifestarse utilizando espazos públicos.
Máis de 11000 persoas manifestáronse hoxe (12 de maio) en Vigo no contexto da marcha mundial cidadá 15M-12M.
0:30hs: A estas horas máis de 30 persoas acampan na farola de Vigo en rúa Príncipe e Colón, traballan e prepáranse para pasar a noite, esperan máis compañeiros.
2:45hs: desde o facebook de 15M Vigo xa anuncian máis de 50 persoas.
Reportaxe fotográfica: 55 fotos da manifestación.
Fotos: Antía Amoedo, poden usarse libremente de maneira non comercial sempre que se cite como fonte www.todovigo.net