Mostrando entradas con la etiqueta Nova Caixa Galicia. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Nova Caixa Galicia. Mostrar todas las entradas

viernes, 16 de marzo de 2012

Disto tratábase a bancarización das caixas?


A semana pasada os sindicatos CC.OO. e U.G.T. asinaron un acordo con Nova Caixa Galicia segundo o cal a entidade aforrará un 13% no seu custo administrativo,  a entidade  financeira e os sindicatos chaman eufemisticamete ao acordo "solución non traumática"

O plan contempla o despedimento de 700 traballadores, baixada de soldos para o 93% da platilla, suspensión de aportes aos plans de pensións ademais de eliminación de contratos e reducións de xornada.

Con estas medidas que  NCG chama incruentas e "non plan de despedimentos e abaratamento do traballo"  aforrará uns 60 millóns de euros coa complicidade dos sindicatos.

Disto tratábase a bancarización das caixas? por iso ían ser "máis eficientes"? xa era notorio en encarecemento e empeoramento de servizos para os clientes agora tócalles a xodienda aos traballadores.

Outras caixas bancarizadas ven este exemplo como algo a imitar a curto prazo.