lunes, 31 de marzo de 2008

A TESTEMUÑA PROTEXIDA NILDA ELOY FALA O MÉRCORES NO C.I.P. DOS XUÍZOS CONTRA OS XENOCIDAS NA ARXENTINA E A LOITA CONTRA A IMPUNIDADE

A TESTEMUÑA PROTEXIDA NILDA ELOY FALA O MÉRCORES NO C.I.P. DOS XUÍZOS CONTRA OS XENOCIDAS NA ARXENTINA E A LOITA CONTRA A IMPUNIDADE

Dentro do Ciclo "América Latina: Presente Indicativo", a conferencia terá lugar na sede do Club Internacional de Prensa o mércores 2 de abril ás 8 da tarde

Ás 8 da tarde do mércores día 2, na sede do Club Internacional de Prensa (Avda. de A Coruña 6, baixo), o ciclo "América Latina: Presente Indicativo" acollerá a conferencia de Nilda Eloy, membro da Asociación de ExDetenidos-Desaparecidos (AEDD) da Arxentina. O tema: "Os xuízos contra os Xenocidas na Arxentina, a loita contra a impunidade".

Nilda Emma Eloy, La Plata, Capital da Provincia de Bos Aires, foi secuestrada o 1 de outubro de 1976, en La Plata. Permaneceu "desaparecida" 11 meses en 6 centros clandestinos de detención. A partir de agosto de 1977, foi posta a disposición do Poder Executivo Nacional (Xunta Militar) sendo aloxada no cárcere de Vila Devoto ata a súa liberación en 1979.

É integrante da Asociación de Ex Detidos Desaparecidos (AEDD), dende a que colabora na confección dos chamados T.R.D -Traballos de Recompilación de Datos- de cada centro clandestino, nos que, baseándose na análise dos testemuños dos sobrevivintes, se conforman os listados das vítimas e represores.

Prestou testemuño nos Xuízos pola Verdade e en distintas causas penais.

Foi caso, querelante e testemuña no xuízo contra Miguel Etchecolatz, na sentenza da que se recoñece por primeira vez o xenocidio acontecido na Arxentina.

É querelante en forma particular e como integrante da AEDD da mega causa "Camps" e as causas penais que dela derivan; da mega causa "Primeiro Corpo de Exército" e as causas penais que dela derivan, como por exemplo a causa "Campo de Maio"; tamén da mega causa "Esma" e as causas penais que dela derivan.

Traballa no ex Arquivo da Dirección de Intelixencia da Policía da Provincia de Bos Aires, xestionado pola Comisión Provincial da Memoria.

Xuízos contra os Xenocidas na Arxentina, a loita contra a Impunidade

Nilda Eloy falará na súa intervención de cómo se chegou á anulación das Leis de Obedencia Debida e Punto e Final na Arxentina, que posibilitou nos últimos anos a apertura de xuízos contra os responsables e executores do terrorismo de estado implantando a última ditadura militar (1976-1983). Cómo ante esta posibilidade xurídica, se presentan como querelantes, qué conleva esa nova función e cáles son os logros obtidos a día de hoxe. Falará da situación actual, e do que falta aínda por facer.

Os crimes cometidos no marco da ditadura constitúen delito de xenocidio, tal como se logrou que así fose recoñecido xudicialmente por vez primeira na Arxentina en la sentencia de setembro de 2006 do Tribunal Oral nº 1 de La Plata, que condenou por unanimidade ó represor Miguel Osvaldo Etchecolatz a reclusión perpetua en cadea común. Esta sentencia sentou un precedente histórico que posibilita que outros cientos de represores de toda xerarquía sexan indagados, procesados e condenados por este delicto. É o primeiro paso para superar os procesos xudiciais contra imputados illados e por feitos fragmentarios, e para avanzar en xuízos unificados, que recoñezan o carácter coordinado e sistemático da represión ilegal.

Sentencia que novamente conseguiron no 2007 na cidade de La Plata, nun novo xuízo a outro represor: o sacerdote Christian Von Wernich, confesor do ex Xefe da Policía Bonaerense, Ramón Camps, e que foi condenado por numerosos homicidios e múltiples casos de privacións ilegais da liberdade e torturas, en diferentes Centros Clandestinos de Detención.

“Os organismos de dereitos humanos que impulsamos estes xuízos temos que afrontar diversos obstáculos pola falla de recursos humanos, presupostarios e de infraestructura á que están sometidos -por falla de acción do Goberno nese sentido- os xulgados federais e as fiscalías. Debido a iso, todo o traballo de investigación e reunión de probas segue en mans dos querelantes, coma se o Estado non tivese ningunha obriga ó respecto; e, como consecuencia, constátase a falla de medios materiais das querelas en contraste cos afamados estudos xurídicos contratados poos represores que saturan de recursos as causas provocando por unha banda, unha enorme dilación dos procesos e pola outra, a necesidade de intensificar ó extremo o traballo dos nosos avogados”.

A isto súmanse outros feitos especialmente graves: o secuestro e desaparición de Jorge Julio López -testemuño do xuízo a Etchecolatz- perpetrado o día anterior á lectura da sentencia nese xuízo e aínda non esclarecido; e a difícil situación de ameazas e intimidacións que están sofrindo tantos testemuños, vítimas e familiares, como incluso membros da Xudicatura e da Fiscalía que actúan nas causas relacionadas coa represión ditatorial, e cuxo objectivo é seguir preservando a impunidade da que disfrutan a inmensa maioría dos criminais.

A loita contra a impunidade, malia ter que falar e reclamar por unha nova desaparición, é o único xeito real de dicir “nunca máis".


NILDA ELOY

Nilda Emma Eloy, La Plata, Capital da Provincia de Bos Aires.

Foi secuestrada o 1 de outubro de 1976, en La Plata. Permaneceu "desaparecida" 11 meses en 6 centros clandestinos de detención. A partir de agosto de 1977, foi posta a disposición do Poder Executivo Nacional (Xunta Militar) sendo aloxada no cárcere de Vila Devoto ata a súa liberación en 1979.

É integrante da Asociación de Ex Detidos Desaparecidos (AEDD), dende a que colabora na confección dos chamados T.R.D -Traballos de Recompilación de Datos- de cada centro clandestino, nos que, baseándose na análise dos testemuños dos sobrevivientes, se conforman os listados das vítimas e represores. Prestou testemuño nos Xuízos pola Verdade e en distintas causas penais. Foi caso, querelante e testemuña no xuízo contra Miguel Etchecolatz, na sentenza da cal se recoñece por primeira vez o xenocidio acontecido en Arxentina.

É querelante en forma particular e como integrante da AEDD da mega causa "Camps" e as causas penais que dela derivan; da mega causa "Primeiro Corpo de Exército" e as causas penais que dela derivan, como por exemplo a causa "Campo de Maio"; tamén da mega causa "Esma" e as causas penais que dela derivan.

Traballa no ex Arquivo da Dirección de Intelixencia da Policía da Provincia de Bos Aires, xestionado pola Comisión Provincial da Memoria.

Xuízos contra os Xenocidas na Arxentina, a loita contra a Impunidade

Nilda Eloy falará na súa intervención de cómo se chegou á anulación das Leis de Obedencia Debida e Punto e Final na Arxentina, que posibilitou nos últimos anos a apertura de xuízos contra os responsables e executores do terrorismo de estado implantando a última ditadura militar (1976-1983). Cómo ante esta posibilidade xurídica, se presentan como querelantes, qué conleva esa nova función e cáles son os logros obtidos a día de hoxe. Falará da situación actual, e do que falta aínda por facer.

Os crimes cometidos no marco da ditadura constitúen delito de xenocidio, tal como se logrou que así fose recoñecido xudicialmente por vez primeira na Arxentina en la sentencia de setembro de 2006 do Tribunal Oral nº 1 de La Plata, que condenou por unanimidade ó represor Miguel Osvaldo Etchecolatz a reclusión perpetua en cadea común. Esta sentencia sentou un precedente histórico que posibilita que outros cientos de represores de toda xerarquía sexan indagados, procesados e condenados por este delicto. É o primeiro paso para superar os procesos xudiciais contra imputados illados e por feitos fragmentarios, e para avanzar en xuízos unificados, que recoñezan o carácter coordinado e sistemático da represión ilegal.

Sentencia que novamente conseguiron no 2007 na cidade de La Plata, nun novo xuízo a outro represor: o sacerdote Christian Von Wernich, confesor do ex Xefe da Policía Bonaerense, Ramón Camps, e que foi condenado por numerosos homicidios e múltiples casos de privacións ilegais da liberdade e torturas, en diferentes Centros Clandestinos de Detención.

“Os organismos de dereitos humanos que impulsamos estes xuízos temos que afrontar diversos obstáculos pola falla de recursos humanos, presupostarios e de infraestructura á que están sometidos -por falla de acción do Goberno nese sentido- os xulgados federais e as fiscalías. Debido a iso, todo o traballo de investigación e reunión de probas segue en mans dos querelantes, coma se o Estado non tivese ningunha obriga ó respecto; e, como consecuencia, constátase a falla de medios materiais das querelas en contraste cos afamados estudos xurídicos contratados poos represores que saturan de recursos as causas provocando por unha banda, unha enorme dilación dos procesos e pola outra, a necesidade de intensificar ó extremo o traballo dos nosos avogados”.

A isto súmanse outros feitos especialmente graves: o secuestro e desaparición de Jorge Julio López -testemuño do xuízo a Etchecolatz- perpetrado o día anterior á lectura da sentencia nese xuízo e aínda non esclarecido; e a difícil situación de ameazas e intimidacións que están sofrindo tantos testemuños, vítimas e familiares, como incluso membros da Xudicatura e da Fiscalía que actúan nas causas relacionadas coa represión ditatorial, e cuxo objectivo é seguir preservando a impunidade da que disfrutan a inmensa maioría dos criminais.

A loita contra a impunidade, malia ter que falar e reclamar por unha nova desaparición, é o único xeito real de dicir “nunca máis".

Xornadas "A realidade da Precariedade Laboral e Social hoxe" con tres actividades

Venres 4 de abril ás 20:30 no C.S. "A Revolta" "Saude Laboral e
Crimes Patronais" a cargo do Secretario comarcal de Saúde Laboral da
CIG en Vigo (esta persoa da a charla con fines formativos e
informativos, non ven a falar en nome da CIG nin con fines
proselitistas).

Xoves 10 de abril ás 20:30 no C.S. "A Cova dos Ratos" Proxección de partes do documental "Precarity":

Recopilación de vídeos sobre a resistencia inesperada e moitas
veces invisíbel das precarias en loitas por impoñer novos dereitos
sociais, a través de novos e non tan novos modos de acción colectiva.

Sábado 12 de abril ás 19:00 no Salón de Actos da Parroquia do
Cristo da Victoria en Coia, Mesa redonda sobre Precariedade e
Exclusión, coa participación de Milagros da Asociación Multicultural de
Mulleres de Vigo, Luis Cendón do IMÁN grupo de autoapoio VIH/SIDA e
adiccións, e unha persoa traballadora en Telemárketing.


http://galiza.indymedia.org/gz/2008/03/14996.shtml
Organiza: Precarias en Loita

lunes, 24 de marzo de 2008

Una sentencia obliga a cortar el acceso a un puerto ilegal de Vigo

ELPAÍS* : El puerto deportivo A Lagoa, en Teis (Vigo), promovido por el presidente de Pescanova, Manuel Fernández de Sousa, se construyó sin licencias de ningún tipo y entre órdenes de derribo. Una sentencia del Tribunal Superior de Xusticia de Galicia (TSXG) acaba de añadir otra irregularidad, al reconocer que utiliza como carretera de acceso un cortafuegos municipal.

La utilización de este paso por los usuarios del puerto tiene paralizada una inversión de 3 millones de euros del Ministerio de Medio Ambiente para la construcción del paseo marítimo de Teis, cuyo trazado coincide con el del cortafuegos.
......................................... Leer más en www.urbanismopatasarriba.blogspot.com

24 de marzo aniversario do golpe de Estado na Arxentina

O Movemento Arxentinos no Exterior - Asociación Arxentinos no Exterior (Galiza), realizará este luns 24 de marzo unha concentración en repudio ao golpe de Estado realizado na arxentina en 1976.

Durante aquela dictadura foron asasinados máis de 30.000 militantes, moitos deles eran de orixe galega. Neste aniversario solicitamos a aparición con vida de Julio López que foi secuestrado hai máis dun ano e a liberdade da militante Karina Germano López “la Gallega”.

Día: 24 de marzo.
Hora: 20.00
Lugar:
MARCO –Vigo.

Falarán: Nilda Eloy pola Asociación ex Detidos Desaparecidos da Arxentina e Lois Pérez Leira, Coordenador do Movimiento Arxentinos no Exterior.

Cantara unha canción alusiva Lorena Lores.

Mais informaçao do golpe de estado Na Arxentina(en Castelan): www.30anios.org.ar

Bienvenido a Nuestro Sitio Web

martes, 18 de marzo de 2008

O blog de Amnistía Internacional en Vigo

O blog de Amnistía Internacional en Vigo www.vigoamnesty.blogspot.com superou as catro mil visitas logo dun ano da súa inauguración. "O obxectivo do blog é achegar o traballo de Amnistía Internacional á rede e informar sobre as accións que facemos en Vigo e Galicia, permitindo que calquera internauta participe delas e saiba sobre que traballamos", declarou Alberto Estévez, voceiro de Amnistía Internacional.

O blog recolle "posts" (artigos) sobre temas como o peche de Guantánamo e o
traballo da campaña Contra o Terror, Xustiza, incluídos dous vídeos de actos
de AI en Vigo que reproducen as condicións de Guantánamo, así coma un
Desfile a prol da Vida e pola abolición da pena de morte, vídeos acerca da
Violencia contra as Mulleres e de publicidade da organización. "Tamén hai
artigos e fotos sobre o labor de AI en Educación en Dereitos Humanos, a
represión na Guerra Civil española e durante o Franquismo, o debate
celebrado o ano pasado sobre a actual lei española sobre comercio de armas e
a campaña mundial para regular este comercio da morte mediante un Tratado
Internacional ou a colaboración do grupo cultural vigués La Tanda, que o ano
pasado entregou preto de 1.800 euros a Amnistía para o seu programa de
protección de defensores de dereitos humanos", declarou o voceiro de AI.

No blog pódense atopar tamén as propostas de AI aos partidos políticos nas
eleccións xerais e nas locais de 2007, información e fotografías sobre as
visitas a Vigo en outubro de 2007 de español ex condenado a morte Joaquín
José Martínez ou a dun defensor de dereitos humanos colombiano en decembro
do ano pasado, a proposta de Plan de Dereitos Humanos presentado á Xunta de
Galicia en novembro pasado cando visitou Vigo o director de AI en España,
Esteban Beltrán para dar unha conferencia na Universidade viguesa, a
proposta de Plan de Dereitos Humanos presentada ao goberno local vigués o
día 10 de decembro, Día Internacional dos Dereitos Humanos, e ciberaccións
sobre a violencia en Kenia, execucións en Irán, a liberación dos 58 presos
de conciencia que aínda quedan en Cuba, a maoiría deles pertencentes ao
grupo de setenta y cinco detidos hai hoxe 5 anos, sometidos a xuizos
sumarios e condenados ata a 28 anos de prisión. O blog incorpora tamén
accións sobre moitos outros países, sobre os dereitos das nenas a ter unha
"Escola Segura", e artigos sobre as eleccións países ou temas concretos.

Especial sobre o aniversario da guerra de Irak e Guantánamo

Para o 20 marzo, AI anuncia un post especial adicado ao quinto aniversario
da Guerra de Irak e un par de artigos específicos sobre Guantánamo. " Cinco
anos despois de que as forzas encabezadas por Estados Unidos derrocasen a
Sadam Husein, Iraq segue sendo un dos países máis perigosos do mundo no que
se refire aos dereitos humanos", manifestou Alberto Estévez.

Nun novo informe titulado Matanzas e desesperación, a organización describe
o devastador impacto -con máis de catro millóns de persoas desprazadas dos
seus fogares- que tiveron os ataques e homicidios sectarios perpetrados por
grupos armados, a tortura e os malos tratos inflixidos polas forzas
gobernamentais iraquís, e a prolongada detención de miles de sospeitosos a
mans de forzas estadounidenses e iraquís. Moitos dos detidos permanecen
recluídos sen cargos nin xuízo, algúns deles durante anos.

Dedicáronse millóns de dólares á seguridade pero, a día de hoxe, dous de
cada tres iraquís seguen sen ter acceso a auga potable, e case un terzo da
poboación -é dicir, uns oito millóns de persoas- necesita axuda de urxencia
para sobrevivir. Milleiros de persoas morreron ou quedaron mutiladas, e
comunidades que antes vivían en relativa harmonía víronse arroxadas a un
conflito declarado. A poboación civil é a que soportou a maior parte da
carga. As condicións de moitas mulleres, agora en perigo a causa do
integrismo relixioso, deterioráronse respecto da época de Sadam Husein.

Segundo o informe, nin sequera na rexión kurda relativamente pacífica do
norte de Iraq as melloras económicas víronse acompañadas dun aumento do
respecto polos dereitos humanos. "Seguen recibíndose informes de detencións
arbitrarias, reclusións e tortura ata nas provincias kurdas -manifestou o
voceiro local de AI- e a disidencia política pacífica apenas se tolera.
Detívose sen cargos a opositores políticos, e os homicidios por motivos de
'honra' (mulleres que morren a mans das súas familias) seguen sendo un
problema moi arraigado que as autoridades critican pero non abordaron
adecuadamente."

Ninguén sabe con exactitude cantas persoas morreron en Iraq desde a invasión
encabezada por Estados Unidos en marzo de 2003. Segundo o estudo máis amplo,
realizado conxuntamente pola Organización Mundial da Saúde e o goberno
iraquí e publicado o pasado mes de xaneiro, máis de 150.000 persoas morreran
ata xuño de 2006. A ONU informou de que en 2006 -o último ano do que se
dispón destas cifras- morreran case 35.000 persoas.

O problema constante da inseguridade obstaculizou os esforzos por restaurar
a orde pero, mesmo cando as autoridades iraquís se viron en situación de
defender os dereitos humanos, rara vez o fixeron. Os xuízos son
sistematicamente inxustos, con condenas baseadas en declaracións
presuntamente obtidas mediante tortura, e centenares de persoas foron condenadas á morte.

lunes, 17 de marzo de 2008

Foro Internacional sobre Comunicación e Minorías Étnicas

O Observatorio Galego dos Medios (asociado a Media Watch Global) do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia celebra, dentro do seu Seminario Permanente sobre Comunicación, Cidadanía e Xornalismo Social un Foro Internacional sobre Comunicación e Minorías Étnicas

Obxectivo: analizar, estabelecer e fortalecer os vínculos entre o tecido organizativo da sociedade civil (o Terceiro Sector), os profesionais da comunicación e a comunidade académica.

O Foro vai tomar forma a través dun encontro virtual na Internet, que vai transcorrer entre o 17de marzo ao 26 de abril de 2008, e unha xornada presencial, a celebrar o sábado 26 de abril en Vigo.

A participación é gratuíta e pode, en función das posibilidades de cada un, englobar unha ou ambas as dúas modalidades

Neste sentido, queremos convidar ás distintas organizacións do Terceiro Sector a enviarnos as súas impresións sobre a relación entre Comunicación e Minorías Étnicas. Estas poden realizarse en forma de experiencias, historias de vida ou ideas xerais sobre calquera tipo de relación que se produza entre estes dous ámbitos (organización do traballo de comunicación da organización, visión nos medios das minorías ou a comunidade inmigrante, realización de medios de información con ou sobre minorías, etcétera). Os textos van ser publicados nas actas do foro, editadas en formato CD (con ISBN).

Por outra banda, animamos tamén ás distintas organizacións a participaren dos debates do foro, suxeríndolles ademais que difundan esta información a través de portais, listas de correo, etc., na medida das súas posibilidades.


jueves, 13 de marzo de 2008

X Roteiro no Canhom do Sil (Castro Caldelas)

COGARRO http://www.cogarro.info organiza para os próximos dias, 19, 20, 21 e 22 de Março, o roteiro polo Canhom do Sil.

Este trilho consta das tradicionais visitas às covas dos fugidos onde se refugiaram entre outros o guerrilheiro Mário O Langulho e, também, à curva do Rosário, lugar onde membros do EGPGC foram detidos em 88. Também haverá a possibilidade, caso seja levado algum tipo de bote, de ir até a sua primeira Base Operativa.


Far-se-ão igualmente visitas aos miradouros de Amândi e do Duque, à tumba do guerrilheiro o Piloto, Pesqueiras, Paço das Cortes, Castelo de Castro Caldelas e Chavaga.

PROGRAMA

Quarta-feira: 19/03/08 (Sam José)


Recepçom d@s participantes às 10h00 na cafetaria Palhom-2, em Castro Caldelas.

(levar para jantar colectivo no monte).

Saída da praça do Concelho às 10h30.

Rota polo rio Caldelas, Alais, Paradela, Pena de Matacás, Covas dos Fugidos (refúgios do Mário o Langulho e outros).

Descenso até à barragem de Santo Estêvão do Sil, travesia em barca do Sil até a Base Operativa do EGPGC.

Regreso em barca pelo Canhom do Sil e retorno ao polidesportivo de Castro Caldelas.

Ceia colectiva.

(levar saco de dormir e barca insuflável, quem tiver)


Quinta-feira: 20/03/08 ("Quinta-feira Santa")


Saída às 10h00 do polidesportivo / cafetaria Palhom – 2.

Visita ao castelo de Castro Caldelas.

Inicio da rota do vinho, o celeirom e a castanha, a carom do rio Caldelas, Aveleda (adegas).

Área recreativa, aldeias próximas.

Jantar colectivo (levar comida).

Curva do muro da Rosário, onde fôrom detidos membros do EGPGC.

Retorno ao polidesportivo.

Ceia colectiva e convívio.

(levar instrumentos de música, quem tiver).


Sexta-feira: 21/03/08 ("Sexta-feira Santa")


Recolhida de enseres, no carro até ao miradouro de Amândi (Sober, Lugo).

Miradouro do Duque (Monforte).

Visita à Chavaga (casa derruída no combate onde matárom os guerrilheiros).

Cemitério de Monforte, onde soterrárom os membros do E.M.I. do Exército Guerrilheiro da Galiza, em 1949.

Jantar no restaurante (incluído na quota).

Saída para a barragem de Belesar, em carro, até ao polidesportivo de Chantada, onde dormiremos.

Convivio en Chantada.


Sábado: 22/03/08


Saída às 10h00 do polidesportivo de Chantada para o Fondo da Vila, Vista Boa, Nogueira, Sam Fiz, Belesar, tumba do Piloto, penedo onde o matárom, Pesqueiras, Paço das Cortes. remate do roteiro.



Quota (incluído o jantar no restaurante): € 40

participaçom parcial: quota proporcional

telefone de contacto: 628 32689 (Antom)
e-mail: rafaelcruz[arroba]mundo-r[ponto]com

COGARRO http://www.garro.info