jueves, 24 de enero de 2008

CONCENTRACIÓN NO MARCO MAÑÁ 20 HORAS LIBERDADE MILITANTES SOCORRO VERMELLO INTERNACIONAL

A detención de varios militantes do Socorro Vermello Internacional organización histórica dedicada á solidariedade cos presos políticos no estado español, é unha clara acción xudicial con connotacións electorais. Se esta utilizando a militantes da solidariedade para demostrar a eficacia dos corpos de seguridade do estado. As persoas detidas todas tiñan actividade publica e eran coñecidas socialmente pola súa longa traxectoria na loita polos dereitos humanos. No caso de Xosé Lois Fernández González quen esta parapeplijo, dificilmente puidese ser parte dun grupo armado. A policía cando realizou o operativo de detención na súa casa onde durante varias horas desordeno a súa biblioteca, tiro libros, secuestrando os libros de Lenin, Marx coma se fose literatura subversiva. Logo de moitos anos como no franquismo tanto Lenin como Calos Marx volven ser penalizados. Eles tamén foron encarcerados xunto a Xosé Lois.


Ante esta autentica farsa xurídica solicitamos a inmediata liberdade dos detidos.

Convocamos a todos os traballadores a concentrase no MARCO este xoves ás 20 horas.



Lois Pérez Leira

Coordenador Traballadores Galegos Polo Socialismo

No hay comentarios: