sábado, 21 de mayo de 2011

Cuarta xornada de acampada en Vigo (Vídeo)

Comezando a xornada de reflexión súmanse máis persoas á acampada de Democracia Real xa en Vigo, os manifestantes consideran que ao non tratarse dunha actividade electoral e non pretender influír no voto nin pór impedimento algún ás actividades electorais o acordo da xunta electoral non afecta en nada a esta actividade que está notificada correctamente á delegación de goberno sen recibir notificación contraria algunha por parte deste estamento.

Un día máis a actitude dos manifestantes a sido exemplar recibindo apoio de veciños e transeúntes, non se viron forzas policiais ao redor da concentración.

No hay comentarios: