jueves, 22 de marzo de 2012

A CUT, xunto coa CGT, CNT e o STEG convoca a súa manifestación unitaria o día 29 de marzo


Comunicado de CUT (Vigo) 
A CUT, xunto coa CGT, CNT e o STEG convoca a súa manifestación unitaria o día 29 de marzo en Vigo, tendo saída ás 11 horas da mañá dende a Praza dos Cabalos (tamén chamada Praza de España). 
O sindicalismo alternativo e minoritario, despois de tentar acumular forzas coas grandes centrais, ao non ter resposta algunha, optou por desenvolver a súa manifestación nunha xornada que debe ser histórica. Facemos un chamamento a toda a base afiliativa das distintas centrais, sexan as siglas que sexan, de cara á conversión desta xornada nun punto e aparte, dende o cal só albiscaremos o camiño dun futuro noso, das mulleres e homes traballadores.
Ao mesmo tempo continuamos nas comarcas co traballo de cara ao éxito da folga, que pasa polas asembleas nos centros de traballo, polos piquetes informativos previos, coladas, pancartas, etc. É un traballo cuxa responsabilidade corresponde a cada un e cada unha de nós. Só tes que contactar co local da túa comarca para sumarte ás actividades programadas. Todos e todas somos insubstituíbles.
29 DE MARZO, FOLGA XERAL!!

No hay comentarios: