(Vigo).- Diversos activistas de Amnistía Internacional, debidamente identificados con petos da organización, percorrerán esta tarde de 18 a 20 h. a Rúa do Príncipe entregarán información aos viandantes sobre a situación en Gaza e invitarannos a entrar na web de AI en www.es.amnesty.org e asinen un chamamento dirixido ás autoridades de Israel pedindo que cesen os ataques e bombardeos sobre Gaza, o bloqueo e para que se permita o acceso de axuda humanitaria e de testemuñas imparciais.
“O melllor agasallo de Reis para a poboación de Gaza será a solidariedade real, con presión directa sobre as autoridades israelís”, declarou Alberto Estévez, voceiro de Amnistía Internacional en Galicia, que engadiu “AI ofrece un medio sinxelo para que a poboación actúe enviando e-mails de protesta a embajada@embajada-israel.es ou faxes ao nº 91 782 95 55 e mesmo cartas á Embaixada de Israel en Madrid – R/ Velázquez, 150, 7º”.
Máis de 500 palestinos morreron e 2.000 resultaron feridos nos ataques israelís a Gaza desde o 27 de decembro. O lanzamento de proxectís por grupos armados palestinos cara Israel causaron a morte de 5 israelís (tres civís) e decenas de feridos.
O bloqueo israelí a Gaza impide que entren alimentos e menciñas. Os civís palestinos poden morrer ou a resultar feridos en ataques indiscriminados e non teñen a debida atención médica, electricidade, auga. Israel bombardeou numerosos edificios civís que non estaban sendo usados para obxectivos militares como o parlamento, xornais e TV de Hamas, instalacións médicas ou escolas. A axuda humanitaria é de todo xeito insuficiente e a luz inexistente durante horas.
“É esperable que o número de baixas civís siga aumentando pola invasión terrestre iniciado o día 3 de xaneiro e o uso de armas pesadas en zonas densamento poboadas de civís –sinalou Estévez-. AI denunciou a falla da debida atención médica para as centenares de persoas feridas. Os servizos de saúde de Gaza carecen de material abondo, menciñas e especialistas, mesmo nos mellores tempos, pero agora son aínda máis escasas debido ao prolongado bloqueo israelí. Atópanse completamente desbordados e sen posibilidade de atender ao gran número de vítimas causadas.
“É absolutamente inaceptable que Israel continúe privando deliberadamente de alimentos e doutros produtos indispensables a 1,5 millóns de persoas. Esta política non pode xustificarse por razóns de seguridade nin de ningunha outra índole, polo que se lle debe poñer fin de inmediato –afirmou Amnistía Internacional-. Israel debe permitir aos traballadores das organizacións humanitarias e de dereitos humanos o acceso a Gaza de inmediato e en condicións de seguridade”.
Amnistía Internacional reitera o seu chamamento para poñer fin aos ataques imprudentes e ilexítimos de Israel contra zonas residenciais densamente poboadas, que dende o 27 de setembro mataron a máis de 500 palestinos, entre eles civís desarmados e persoal policial que non participaba directamente nas hostilidades, e feriron a máis centenares de persoas.
AI pediu tamén a Hamás e aos demais grupos armados palestinos de Gaza que deixen de lanzar ataques indiscriminados con proxectís contra cidades e vilas do sur de Israel, que mataron a catro civís israelís e feriron a varios máis nos últimos días.
Onte, AI instou ao Consello de Seguridade da ONU a que tome medidas firmes para abordar a situación na Franxa de Gaza e o Sur de Israel, dado que o número de vítimas civís e a destrucción en Gaza non ten precedentes. O Concello debe actuar xa, ante a preocupación pola seguridade do 1,5 millón de palestinos atrapados nunha crecente crisis humanitaria ente continuos ataques israelís e logo de meses de bloqueo. AI solicitou á ONU unha resolución firme de condena dos ataques contra civís por parte de Israel e de Hamas que demande o cesamento inmediato destes ataques, e pediulle que analizase o despregue de observadores internacionais.
Un residente en Gaza, seguidor do partido Fatah do presidente palestino
Mahmoud Abbas, díxolle a Amnistía Internacional: “Os meus fillos ven os folletos e tolean de medo, queren marchar da casa; pero non temos onde ir. A miña familia e a da miña muller viven preto da fronteira, en zonas aínda máis perigosas; e non podemos quedarnos fóra, é igualmente perigoso; houbo casos de rapaces que morreron mentres andaban ou xogaban na rúa. Non hai auga, nin electricidade, non damos atopado comida e non estamos seguros nas nosas vivendas. Non temos nada que ver con Hamas. Eu fun detido e perseguido por Hamas, pero os bombardeos israelíes on indiscriminados. Ninguén está a salvo”.
Amnistía Internacional Galicia -
Etiquetas
15MVigo
actividades
agenda
arte
artesanos
barrios de Vigo
Bouzas
Brincadeira Bouzas
cacicadas
Calvario
Camelias
Candela
Cangas
casco vello
charlas
colectivos
Comarca y alrededores
comunicados
conciertos
concursos
conferencias
cultura
cursos
Desfeites
desinformacion
exposiciones
ferias
folgas
fotos
furanchos
galego
gastronomia
homenaje
humor grafico
locales
manifestación
memoria histórica
morrazo
museos
musica
Notas publicadas con retraso
novas
ons
pobreza
Poesía
política
puerto
reportajes
republica
routeiros
rua
sucesos
talleres
tecnologia
Teis
trasporte
videos
Vitrasa
wifi gratis
xancarajazz
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario