Amnistía organiza mañá unha “última cea” de condenados a morte en Vigo e recolle sinaturas para parar a execución do español Pablo Ibar en Florida
A Estrada súmase á Xornada Mundial “Cidades pola Vida” con outras nove localidades de España e na Coruña unha pancarta colgará desde o venres na Casa-Museo Casares Quiroga
Vigo.- Co gallo da celebración da Xornada Mundial “Cidades pola Vida”, mañá xoves 27 entre as 19.30 e as 20.30, activistas de Amnistía Internacional estarán ao principio da rúa do Príncipe en Vigo para mostrar o seu rexeitamento frontal á pena de morte. Escenificarán unha “última cea” de condenados a morte, repartirán folletos con mensaxes impactantes á cidadanía e pratos con comida representando a última cea dos condenados a matar, ademais de ler un manifesto contra a pena capital.
Tamén invitarán aos viandantes a estampar a súa firma en mensaxes ao gobernador de
Florida (EE.UU.) para que suspenda as execucións. Igualmente, recollerán
sinaturas para o presidente do goberno español a fin de conseguir que
España prohiba a pena de morte nunha futura modificación da constitución
española de 1978, do mesmo xeito que máis de 40 países de todo o
mundo.
A Estrada será o único concello galego que participará na iluminación
de concellos e edificios representativos de dez cidades españolas.
En A Coruña unha pancarta contra a pena capital colgará desde o venres
da fachada da Casa-Museo Casares Quiroga. As xestións con outros concellos
galegos, incluído o de Vigo, non deron o froito esperado por AI.
Esta actividade desenvólvese logo dunha nova resolución de Nacións
Unidas a favor da moratoria mundial contra a pena de morte. Recientemente
aprobouse na Terceira Comisión da Asemblea Xeral da ONU e a mediados
de decembro votarase no Plenario. En total 105 países votaron a favor
da resolución, 48 fixérono en contra e 31 abstivéronse (fronte aos
104, 54 e 29 do ano pasado) o que confirma unha tendencia positiva cara
á abolición da pena capital. A resolución insta aos Estados onde
seguen impoñéndose condenas de morte a que suspendan as execucións,
respecten as normas internacionais sobre a protección dos dereitos
humanos das persoas condenadas, restrinxan progresivamente o uso da
pena capital e reduzan o número de delitos punibles con este castigo.
Máis de 40 grupos de activistas de Amnistía Internacional en distintas
cidades de España participaron en actividades públicas contra a pena
capital desde o 10 de outubro, Día Mundial contra a pena de morte,
ata agora. Estas actividades incluíron conferencias, actos de rúa
e recollida de sinaturas para apoiar ao cidadán español Pablo Ibar,
condenado a morte en Florida, Estados Unidos. Máis de 130.000 persoas
asinaron unha ciberacción en www.actuaconamnistia.org para pedirlle
ao Gobernador de Florida a suspensión deste castigo cruel, inhumano
e degradante no seu estado.
Amnistía Internacional convoca aos medios de comunicación e á cidadanía
para participar nos actos de rexeitamento á pena de morte:
A Xornada Mundial “Cidades pola vida” é unha iniciativa internacional emprendida pola organización italiana “Comunidade de Sant’Egidio,” co apoio da Coalición Mundial
contra a Pena de morte, á que pertence Amnistía Internacional, así
como outras 62 organizacións, colexios de avogados, sindicatos e autoridades
locais e rexionais.
O 30 de novembro celébrase o aniversario da primeira abolición da
pena de morte nun estado, que levou a cabo o Gran Ducado de Toscana
en 1786. A Xornada Mundial “Cidades pola Vida – Cidades contra a
Pena de morte” convócase desde 2002 para impulsar a abolición da
pena capital en todo o mundo, e Amnistía Internacional colabora activamente
desde 2003.
Amnistía Internacional oponse á pena de morte en todos os casos porque considera que é irrevocable e existe sempre a posibilidade de executar a unha persoa inocente en
calquera país onde se impoña. A pena de morte é arbitraria e discrimina
a quen son pobres, sofren marginación ou pertencen a unha minoría.
Ata hoxe, 137 países aboliron a pena de morte na súa lexislación
ou na práctica. Durante 2007, polo menos 1.252 persoas foron executadas
en 24 países; e polo menos 3.347 persoas foron condenadas a matar en
51 países.
Amnistía Internacional Galicia -
Equipo de Medios de Comunicación
Alberto Estévez
www.es.amnesty.org
Etiquetas
15MVigo
actividades
agenda
arte
artesanos
barrios de Vigo
Bouzas
Brincadeira Bouzas
cacicadas
Calvario
Camelias
Candela
Cangas
casco vello
charlas
colectivos
Comarca y alrededores
comunicados
conciertos
concursos
conferencias
cultura
cursos
Desfeites
desinformacion
exposiciones
ferias
folgas
fotos
furanchos
galego
gastronomia
homenaje
humor grafico
locales
manifestación
memoria histórica
morrazo
museos
musica
Notas publicadas con retraso
novas
ons
pobreza
Poesía
política
puerto
reportajes
republica
routeiros
rua
sucesos
talleres
tecnologia
Teis
trasporte
videos
Vitrasa
wifi gratis
xancarajazz
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario