jueves, 18 de diciembre de 2008

¿ONDE VAS PASAR O NADAL?

Máis de 300 persoas en Vigo o pasarán na rúa...

A Rede Social Galicia Sur convoca un acto de rúa para
sensibilizar á cidadanía viguesa ante a
situación de máis de 300 persoas persoas que viven sen
teito e que pasarán un inverno máis na rúa.

Coa proximidade das festas do nadal a Rede Social Galicia Sur
(plataforma que aglutina a mais de 20 organizacións de Vigo e
comarca que traballan tanto nos países do Sur como en Galicia
pola xustiza social e por acadar un mundo máis xusto,
equitativo e sostible para toda a cidadanía) quere chamar a
atención unha vez máis sobre a situación de
moitas persoas en Vigo que pasarán o inverno, un inverno
máis, na rúa.

Por iso a Rede Social Galicia Sur convoca o vindeiro xoves 18 de
decembro entre as 18:30 e 20:30 horas un acto de rúa,
consistente na
sensibilización á cidadanía
mediante o reparto dunha postal e un chocolate quente na Praza do
Emigrante (ao comezo da Avda. de Castelao, na Praza de
América) para chamar a atención e provocar a
reflexión da cidadanía viguesa fronte os seguintes
feitos:
- En Vigo hai preto de 300 persoas que están na rúa,
que teñen dificultades para acceder ao dereito dunha vivenda
digna e adecuada como primeiro paso para tecer vínculos e
redes sociais positivas e camiñar na recuperación da
identidade e dignidade persoal

- Os poucos recursos que existen na nosa cidade para atender a este
colectivo son de carácter privado e non alcanzan a atender
á demanda existente e non hai recursos públicos que
dean resposta as necesidades reais e urxentes deste colectivo na
cidade de Vigo

Por isto esiximos:
*o cumprimento nos prazos indicados pola Vicepresidencia de Xunta
sobre a
posta en marcha dun Centro de Emerxencia social e Albergue
público en Vigo, que poida prestar servizos que cobran as
necesidades tanto de teito e subsistencia como de acollida e
creación dun espazo de participación das persoas sen
fogar na sociedade e na vida comunitaria, co apoio dos distintos
axentes sociais, para traballar a reconstrución
psicosocial, a autonomía persoal e a adquisición de
hábitos sociais.
*dar resposta a necesidade das persoas que viven na rúa
habilitando un espazo para pernoctar, mentres o citado centro non
estea en marcha, que as protexa do frío e das inclemencias
meteorolóxicas do inverno.
Por un Albergue e Centro de emerxencia social público para
Vigo XA!

http://es.groups.yahoo.com/group/redesocialgaliciasur
As organizacións que formamos parte da Rede Social
Galicia Sur e que apoiamos esta acción somos:

Amarante, Aida, Axuda en Acción, Cáritas Diocesana de
Tui-Vigo,
Comité Oscar Romero, Dar Máis,
Educación Sen fronteiras, Emaús Fundación
Social, Entreculturas, Enxeñería sen fronteiras,
Fundación Balms, Fundación Proclade, Fundación
Secretariado Xitano, Grupo VIH/SIDA e adiccións ?O
Imán?- Sereos, Implicad@s no desenvolvemento,
Intermón Oxfam, Médicos do Mundo, MunDos Cooperativa
de Comercio Xusto, Seminario Galego de Educación para a Paz,
Solidariedade Internacional, Solidarios para o desenvolvemento,
Taller de Solidariedade e Verdegaia.
-- Verdegaia Vigo www.verdegaia.org

No hay comentarios: