miércoles, 31 de diciembre de 2008

Axúdanos a pedir ás autoridades israelís a que poñan fin aos ataques desproporcionados e ilexítimos sobre a Franxa de Gaza

Os bombardeos das forzas israelís dos Territorios Palestinos Ocupados e o lanzamento de proxectís cara Israel por parte de grupos armados palestinos provocou unha escalada de violencia en Israel e os Territorios Ocupados na que xa se contabilizan centos de vítimas.

Unha familia palestina fuxe dun ataque israelí con mísiles a un edificio no campamento de refuxiados de Rafah, no sur da Franxa de Gaza, o domingo 28 de decembro de 2008. © AP Photo/MaanImages, Hatem Omar

Os mortos e feridos causados polo bombardeo israelí da Franxa de Gaza suman o maior número de vítimas palestinas habidas en catro décadas de ocupación israelí.

A escalada de violencia prodúcese nun momento no que a poboación civil libra una loita diaria pola supervivencia debido ao bloqueo israelí, que impide que entren en Gaza mesmo alimentos e menciñas. Os civís palestinos continúan expostos a morrer ou a resultar feridos en ataques e carecen cada vez máis da debida atención médica, alimentos, mediciñas, electricidade, auga e outros produtos e servizos indispensables.

Como consecuencia do bloqueo israelí, o recente alto o fogo que mantiveron durante cinco meses e medio Israel e Hamás e os demais grupos armados palestinos de Gaza non supuxo apenas ningunha mellora para a vida dos habitantes do territorio. O alto o fogo rematou na práctica cando, o 4 de novembro, as forzas armadas israelís mataron a seis radicais palestinos en Gaza e os grupos armados palestinos lanzaron un aluvión de proxectís contra cidades e pobos do sur de Israel. Amnistía Internacional condena todas estas mortes e considera que os abusos dunha parte, por graves que sexan, non poden xustificar xamais os do outro.

Cifras. Con este último ataque israelí, o número de palestinos mortos a mans das forzas israelís en 2008 ascende a uns 700, polo menos un tercio deles eran civís desarmados, incluídos 70 nenos. No mesmo periodo, os grupos armados palestinos mataron a 25 israelís, 16 deles civís, incluídos 4 nenos. Nos últimos oito anos, a violencia entre palestinos e israelíes cobrouse a vida duns 5.000 palestinos e 1.100 israelís. A maioría das vítimas de ambos bandos foron civís desarmados, incluídos uns 900 nenos palestinos e 120 israelís.

Axúdanos a pedir ás autoridades israelís a que poñan inmediatamente fin aos ataques desproporcionados e ilexítimos sobre a Franxa de Gaza, de zonas residenciais altamente poboadas, que permitan o acceso da axuda humanitaria e o acceso de testemuñas imparciais á zona.

Axúdanos a pedir ás autoridades israelís a que poñan inmediatamente fin aos ataques desproporcionados e ilexítimos sobre a Franxa de Gaza, de zonas residenciais altamente poboadas.
Actúa!
http://www.es.amnesty.org/actua/acciones/israel-y-los-territorios-palestinos-ocupados-protejan-a-la-poblacion-civil/

No hay comentarios: