jueves, 26 de abril de 2012

1º Festival Primavera do Cine en Vigo

O prazo de inscricións para a 1ª edición do Festival Primavera do Cine en Vigo rematou onte, 25 de abril.
Este festival terá lugar entre o 30 de maio e o 2 de xunio e é un certame que quere ser o punto de encontro do audiovisual galego e que nace con vocación de internacionalizarse.
Organizado pola Asociación Musiquina 33mg. e Reencanto Producións o festival ábrese a todos os creadores audiovisuais e produtoras galegas, que participan nas categorías de videoclip, curtametraxe e longametraxe. En canto ós xéneros, documental e ficción compiten conxuntamente en cada unha das tres categorías.
Todos os traballos realizados están rodados en Galicia.

www.festivalprimaveradocine.com


2 comentarios:

Anónimo dijo...

Está moi ben.
Chégame o aviso, cando se pecha o prazo de inscripción.
Sintoo, pero resúltame imposible participar.
Non tive tempo de presentarlas minhas obras.

Juan Santiago Ruetter dijo...

Eu tampoco :(