Diego Rodríguez Vieites, vicesecretario xeral de Verdegaia.
EXPÓN
Que a Concellalía de turismo do Concello de Vigo colocou en diferentes rúas da cidade de Vigo carteis sinalizadores da praia de Rodas, situada nas Illas Cíes dentro do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia.
Que nesa sinalización publicítase esa praia como "a mellor praia do mundo", feito que fomenta o "turismo de praia" nese e outros areais do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia.
Que dende Verdegaia non vemos adecuado que se potencie o Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia coma un lugar a onde "ir á praia" senón que pensamos que se debe promocionar como un espazo natural protexido cunha grande biodiversidade.
SOLICITA
Que se cambie a sinalización actual por outra que faga referencia ó Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia como un espazo natural protexido que alberga unha grande biodiversidade.
En Vigo, a 26 de maio de 2008
Asdo.: Diego Rodríguez Vieites
No hay comentarios:
Publicar un comentario