jueves, 30 de mayo de 2013

Farase en Vigo o Encontro Europeo de Prácticas Cooperativas Cidadás


Os próximos 8 e 9 de xuño farase en Vigo o I Encontro Europeo de Prácticas Cooperativas Cidadás. Se pertences á cidadanía viguesa, da Galiza, estatal ou europeia, este é o teu encontro: queremos crear rede!. Chámase Cooperland e este é o primeiro paso. Podes vir como persoa individual a compartir ou como alguén dun colectivo, como prefiras. Se tes inquedanzas sobre os nosos bens comúns, sobre como creamos as comunidades e como se regulan ou sobre que nos arrodea cando o facemos, non o dubides. Tamén trataremos simultáneamente motivacións temáticas, nos obradoiros sobre comúns dixitais, económicos, urbanos e naturais
Ven xente moi interesante de moitas partes de Europa: potencias interesantes coas que aprender xuntas! Tamén podedes presentar o voso proxecto na ágora de Cooperland, o Pechakucha. Ven facer o teu ou a escoitar!
Se tes aportacións, suxerencias ou dúbidas, escríbenos a contacto@cooperland.org.
Non olvides inscribirte aquí, así facilítanos as tareas de organización a nós.
Os próximos 8 e 9 de xuño vémonos no antigo reitorado de Vigo para ¡xantar pro-común!
Graciñas e a difundir, se gostades!
O Equipo Cooperland.
P.S.: adxuntamos a invitación en castelán pero pronto teremos todo en galego. Disculpade!

Ou escríbenos a contacto@cooperland.org

No hay comentarios: