jueves, 4 de abril de 2013

"Aprendendo a defender os nosos dereitos fronte ás grandes empresas da enerxía"

 Charla: "Aprendendo a defender os nosos dereitos fronte ás grandes empresas da enerxía" e campaña "Apaga e ímonos" (grupo axitacion social) ODS de Coia inicia unha campaña contra os abusos das empresas eléctricas e en concreto os de Gas Natural Fenosa, cunha charla e outras actividades:

Precisamos da luz para vivir, o que choca cos atrancos que compañías
coma FENOSA nos poñen: subida de prezos, facturación abusiva, cortes,
non negocian as débedas, desinformación...

Por todo isto a ODS-Coia e Parroquia do Cristo da Victoria decidimos orfanizar unha charla baixo o título: "Aprendendo a defender os nosos dereitos fronte ás grandes empresas da enerxía". Nela contaremos coa presenza de Rafael de Montis, experto en enerxía, que nos axudará a coñecer un pouco máis este mundo.

Se queres saber que che cobran na factura da luz, como solicitar o bono social, como defenderte dos seus abusos, alternativas máis xustas e económicas no subministración NON DUBIDES EN VIR!

A charla será o venres 5 abril ás 19h30 nos locais da parroquia do "Cristo da Victoria" (rúa Baiona 9, Coia - Vigo)

Aproveitaremos o encontro para presentar o modelo de reclamación a
FENOSA que elaboramos coa idea de desenvolver unha campaña masiva de
presentacións de queixas en contra dos abusos que sufrimos nun aspecto
tan básico e necesario como é a electricidade. Tedes o modelo de
reclamación para descargar neste enlace: odscoia.arkipelagos.net/sites/odscoia.arkipelagos.net/files/reclamacion_fenosa_gal.pdf

Achegamos o texto da campaña de denuncia ante os abusos das compañías
de enerxía, neste caso facendo incapé nos sufridos por parte de GAS
NATURAL FENOSA:

GAS PENOSA di: se non tes castos APAGA E VÁMONOS

Estánnolo a pór moi negro. O poder cada día precisa máis espazo para
os seus negocios e nese avance leva por diante conquistas sociais
acadadas tras moitos anos de loita: emprego estable, protección social,
sanidade, educación...


Cousas tan básicas como acceder a un teito, levar unha alimentación
variada e saudable, dispor de auga corrente..., é dicir, elementos
cotiáns e necesarios para vivir cun mínimo de dignidade están a ser
sometidos á lóxica depredadora da especulación dos mercados de capitais,
encarecéndose de día en día.

A insuficiencia de recursos fai que nos sintamos rodeados pola
escuridade, unha escuridade da que se lucran os mesmos de sempre. Pero
cando falamos de falla de luz non estamos a usar ningunha figura
retórica, senón que estamos a describir a crúa realidade de moitas
familias e persoas que sofren:

- As dificultades para pagar con regularidade os recibos da luz, que
en moitos casos non se corresponden co consumo real ao non ter as
empresas adxudicatarias a obriga de ler o contador todos os meses para
emitir as facturas.

- Os atrancos que compañías coma FENOSA poñen para negociar o
pagamento das débedas, en casos nos que por exemplo os ingresos veñen de
 axudas sociais como a RISGA, de Pensións Non Contributivas ou de
subsidios por desemprego, é dicir, casos nos que teñen que vivir con
menos de 500? ao mes e pagar recibos que ás veces supoñen unha cuarta
parte dos seus ingresos.

- A violencia dun corte de luz e os atrancos para volver a ter
subministración. Para volver a ter luz tes que pagar o enganche e a
débeda contraída con apenas marxe para alongar os prazos de pagamento.

- A imposibilidade de manter os seus fogares na temperatura mínima
axeitada, as limitacións a que se chega mesmo para atender á hixiene
máis elemental ou ata para quentar a comida.

E todo isto coa 3ª electricidade máis cara de Europa, cunha subida do
 prezo da electricidade dende 2006 do 70% e cuns beneficios en 2012 para
 GAS NATURAL FENOSA, a empresa con maior cota de mercado en Galiza, de
1441 millóns de euros. Ás prácticas desta transnacional que coñecemos
nos nosos barrios, temos que engadir o saqueo de recursos naturais en
países de Latinoamérica, as violacións de dereitos humanos, os problemas
 de subministración que padecen amplas poboacións, etc.

Por todo isto esiximos:


- Que a subministración eléctrica sexa recoñecida como un dereito
básico para garantir unha vida digna e que, por conseguinte, estea en
mans da poboación e non privatizada en beneficio dos grandes capitais.

- Que non se corte a subministración naqueles fogares que non poidan asumir os pagamentos por falla de recursos.

- Que se apliquen tarifas xustas e de acordo aos ingresos do fogar.

Coia, marzo 2013 Oficina Dereitos Sociais Parroquia Cristo da Victoria

No hay comentarios: