miércoles, 26 de enero de 2011

CIG, CUT y CNT convocan folga xeral

Comunicado Confederación intercindical Galega (CIG)
Imos permitir que nos quiten dereitos en beneficio dos intereses da oligarquía, da banca, do gran capital? Imos permitir que nos empobrezan máis -onte os salarios, agora as pensións- para seguir enriquecendo aos mesmos? Imos permitirllo sen ofrecer a máxima resistencia mediante a mobilización?

Depende de ti, depende de nós. Hai que paralos, mañá 27 de xaneiro FOLGA XERAL!

A Confederación Intersindical Galega ten convocadas en todo o país manifestacións e concentracións coincidindo coa xornada de folga xeral que se desenvolverá o vindeiro xoves 27 de xaneiro. O sindicato nacionalista fai un chamamento a todos os galegos e galegas para que participen nas 13 mobilizacións organizadas nas principais localidades de Galiza.

Os horarios das manifestacións e concentracións que se celebrarán coincidindo coa folga xeral do 27-X, coa que se pretende rexeitar a reforma das pensións do Goberno español, son os seguintes:

Vigo. Ás 12.00 horas dende o Cruce da Doblada.  (CIG)
         Os sindicatos CUT e CGT chaman a unha manifestación en Vigo, ás 11:30, con saída da Praza de Fernando O Católico.

A Coruña. Ás 12.00 horas dende a Praza de Vigo.

Cee. Ás 12.00 horas na Praza do Concello (concentración).

Pontevedra. Ás 12.00 horas dende a Praza da Ferrería.

Vilagarcía. Ás 12.00 horas dende a Casa do Mar.

Ferrol. Ás 12.30 horas dende a avenida de Esteiro (local da CIG).

Santiago de Compostela. Ás 12.30 horas dende a Praza Roxa.

Lugo. Ás 12.00 horas dende a Ronda da Muralla, 58 (local da CIG).

Burela. Ás 12.00 horas dende a rúa Arcadio Pardiñas, 137 (local da CIG).

Ourense. Ás 12.00 horas dende o Pavillón dos Remedios.

Verín. Ás 11.30 horas dende a Praza do Concello.

Xinzo. Ás 11.30 horas dende a Praza do Concello.

O Barco. Ás 12.00 horas na Praza do Concello (concentración).

Ribeira. Ás 12:00 horas dende a Praza do Peixe.

No hay comentarios: