O Punto Xove da Concellaría de Xuventude organiza unha observación astronómica en Samil e unha visita ao planetario de Vigo
Gracias á colaboración da Fundación Ceo, Ciencia e Cultura, a Asociación Astronómica de Vigo e a Agrupación Astronómica Rías Baixas, a Concellaría de Xuventude súmase á celebración do ano internacional da astronomía e coincidindo coa semana da Ciencia, convidamosvos a todos e todas a participar o venres 20 de novembro a :
unha observación pública das estrelas que terá lugar de 20hs a 22 hs na PISTA DE PATINAXE DE SAMIL.
Os membros das asociacións amosarán as constelacións, astros e planetas a través de telescopios que achegarán para a ocasión. No caso de que as condicións climatolóxicas non sexan axeitadas para realizar a actividade pasarémola para o seguinte venres.
A participación é gratuíta. ESPERÁMOSVOS!
ADEMÁIS completando esta actividade, faremos unha nova visita ao planetario do Instituto Marítimo Pesqueiro, sito na Avda. Beiramar 55 o martes 24 de novembro as 18 hs.
Nesta actividade contamos coa colaboración do Instituto e de Don Juan Louro ( antigo profesor da escola) que ofrecerá unha sesión de astronomía náutica para tod@s @s interesad@s nesta ciencia.
Un total de 50 interesad@s maiores de 13 anos poderán visitar o planetario e asistir a unha sesión de astronomía náutica.
A actividade é gratuíta e a ficha de inscripción pode recollerse nas dependencias da Concellaría (Casa Xuventude, Punto Xove e Súbete ao Castro) ou descargarse da web da Concellaría www.xuventudevigo.org, e entregarse no Punto Xove a partir do martes 3 de novembro .
O desprazamento ao planetario corre por conta d@s participantes.
INFORMACIÓN:
Casa da Xuventude: 986 29 48 06. Rúa López Mora 31.
Súbete ó Castro: 986 48 55 41 Monte de O Castro( ao carón da pista de bicis)
Punto Xove: 986 22 30 04. Rúa López de Neira 27 .
Horario do Punto Xove: luns a venres de 9:30 a 14hs. Luns a xoves de 17 a 20 hs.
www.xuventudevigo.org
Etiquetas
15MVigo
actividades
agenda
arte
artesanos
barrios de Vigo
Bouzas
Brincadeira Bouzas
cacicadas
Calvario
Camelias
Candela
Cangas
casco vello
charlas
colectivos
Comarca y alrededores
comunicados
conciertos
concursos
conferencias
cultura
cursos
Desfeites
desinformacion
exposiciones
ferias
folgas
fotos
furanchos
galego
gastronomia
homenaje
humor grafico
locales
manifestación
memoria histórica
morrazo
museos
musica
Notas publicadas con retraso
novas
ons
pobreza
Poesía
política
puerto
reportajes
republica
routeiros
rua
sucesos
talleres
tecnologia
Teis
trasporte
videos
Vitrasa
wifi gratis
xancarajazz
No hay comentarios:
Publicar un comentario