Ademais esta Iª jornada da Liga Nacional de Bilharda ingíre-se no Festival Foliada Redondela 09 (VI Festival de Intercámbio Galiza - Catalunya).
Umhas jornadas populares com bastantes actividades: roteiros, palestras, feiras de artesania, jogos populares, animaçom, obradoiros e concertos.
O Faísca também estará presente nun encontro de Locais Sociais que será o Sábado às sete.
Programa:
Programación da Foliada Redondela 09
Venres 11 de Setembro
Ás 12 h. Acollida e presentación da Foliada 09. Animación de rúa a cargo dos Croquetas.
Ás 14 h. Xantar acollida amenizado polos Croquetas.
Ás 16 h. Actuación dos Veraneantes.
A partir das 17 h. Comezo dos obradoiros no campo da Feira.
- Obr. de fabricación de xabrón a partir de aceite reciclado.
- Obr. de elaboración de pancartas reivindicativas.
- Obr. reparación de bicicletas.
- Obr. de elababoración de cruces reinvindicativas.
- Obr. de elaboración de porterías para o futbolín humano.
Ás 18 h. Encontro sobre outras posibilidades de alimentarnos, producir e/ou consumir no Multiusos da Xunqueira.
Ás 19 h. Inauguración simbólica dunha parada de autobús na Praza da Constitución e a continuación intervención teatral dos Oprimidos.
A partir das 20 h. Animación de rúa a cargo dos Veraneantes
Ás 21 h. Cea
A partir das 22 h. Concertos no anexo do campo de fútbol do Choco:
- Tok (Redondela)
- Es molt Band (NB)
- Trasnos de Moscoso (GZ)
- Mas Kintos (NB)
- DJ
Sábado 12 de Setembro
Ás 10 h. Almorzo
A partir das 11 e durante toda a xornada no campo da Feira.
- Feira de produtos locais e/ou ecolóxicos.
- Feira de artesanía.
- Feira de entidades.
De 11 h a 14 h. Feira de troco no campo da Feira.
Ás 11 h. Roteiro pola zona onde está proxectada a Autovía e encontro de mobilidade incluído dentro do roteiro.
Ás 12 h. Encontro de colectivos de consumo alternativo no multiusos da Xunqueira.
A partir das 12. Animación de rúa a cargo da Charanga do Metal.
Ás 14 h. Xantar popular
Á partir das 17 h.
- No campo da Feira:
- O xogo da Coca
- No paseo da Xunqueira xogos populares Galegos:
- O xogo da Billarda
- Trompos
- Arrebolamento de sacho
- Na alameda:
- Futbolín humano (ao lado do palco)
- Variado de xogos tradicionais galegos (corda, sacos, chave…)
A partir das 17:30 h.
- No campo da Feira.
- Obradoiro de fabricación de xoguetes.
- Obradoiro de reciclaxe.
- Obradoiro de fabricación de sombreiros. Tempo de xogos.
- Escalabirras.
- Na Casa do Mar.
- Pintada dun mural de mobilidade
Ás 19 h. Encontro de locais sociais no Multiusos da Xunqueira.
A partir das 20:30. Animación de rúa a cargo das gaiteiras da Lúa Meiga seguido de un obradoiro de baile tradicional galego.
A partir das 21 h. Serán mestizo acompañado de pincho nocturno.
As 23:30 h. Diables e correfocs
Xa de madrugada. Concertos no anexo do campo do fútbol do Choco:
- Herederos del taxi (NB)
- Os tres trebóns (GZ)
- DJ Can de Palleiro (NB)
Domingo 13 de Setembro
A partir das 8 h. Almorzo
Ás 9 h. Visita a Illa de S. Simón e conferencias sobre a Rede Natura 2000. Para reservar praza, terán que chamar ao teléfono 986 401713 ou pasar pola Oficina de Turismo de Redondela en horario de 9-14,00 horas ou de 16 a 21 horas. Prazo de reservas do luns 7 de setembro ao venres 11 de setembro.
As 12 h. Jam de masaxes e taller de caricias. No pavillón
A partir das 14 h. Xantar despedida e avaliación.
Actividades permanentes
Exposicións
- Taller de autoreparacion de bicicletas
- Hortas comunitarias de Can Masdeu + documental “Soja tour” (Multiusos da Xunqueira)
- Exposición centro social Can Masdeu (Multiusos da Xunqueira)
- Retrospectiva de la foliada 2008 en Nou Barris (Discotasca)
Obradoiro de personalización de camisetas (Campo da Feira)
Fotomatón (Campo da Feira)
Anxeles tal como somos (Multiusos)
Feira de produtos locais e /ou ecolóxicos (Sábado todo o día)
Feira de entidades (Sábado todo o día)
- Feira de artesanía (Sábado todo o día)
Fuente: FAISCA (Vigo)
No hay comentarios:
Publicar un comentario