‘Os homes tamén moven paredes’
Espectáculo de danza sobre a fachada do edificio do MARCO
Compañía Provisional Danza / Carmen Werner, coa colaboración de Teatro Ensalle
Un espectáculo insólito, fóra do común, nun espazo totalmente distinto dos escenarios habituais. Seis bailaríns da Compañía de Carmen Werner danzan sobre a fachada do MARCO, nun plano vertical, permanecendo pendurados en altura ata que a coreografía remata na rúa, ao pé do edificio que funciona como pano de fondo.
· Lugar: fachada principal, rúa Príncipe
· Intérpretes: Josué Espino, Victoria P. Miranda, Laura Marrero, Manuel Rodríguez, Igor Calonge, Carmen Werner
· Música: Réquiem de Mozart, Obertura Messiah de Haendel, Porta VIII de Stoa
· Duración: 20 min
DATAS E HORARIOS DO ESPECTÁCULO
· sábado 17 e domingo 18 de novembro, ás 18.00
DATA E HORARIO DO ENSAIO XERAL
· venres 16 de novembro, ás 18.00
No hay comentarios:
Publicar un comentario