jueves, 30 de agosto de 2007

Ciclo cine francés. AU SUD DU CINEMA

Actividade complementaria da exposición ‘NOVOS HORIZONTES. Artistas contemporáneos de Francia’


Organiza: Cineclube Lumière, en colaboración con Alianza Francesa, MARCO de Vigo e Ministerio de Asuntos Exteriores de Francia

Colaboran: Federación de Galicia de Cineclubes; Concellería de Festas e Animación Sociocultural do Concello de Vigo

Datas: do 3 ao 24 de setembro de 2007

Lugar: Auditorio da Casa do Concello, Praza do Rei s/n

Horario: ás 20.30

Coincidindo co último mes da exposición NOVOS HORIZONTES no MARCO, e como actividade complementaria desta mostra, Cineclube Lumière e MARCO ofrecen durante todo o mes de setembro un novo ciclo de cine francés, unha selección de catro filmes que completa as actividades complementarias desta exposición, iniciadas no mes de xuño co ciclo dedicado á actriz Isabelle Huppert.

luns 3 setembro

Hyènes [Hienas], de Djibril Diop Mambéty, 1992

luns 10 setembro

Les gens de la rizière [A xente do arrozal], de Rithy Panh, 1994

luns 17 setembro

Platform, de Jia Zhangke, 2001

luns 24 setembro

Lettre d'amour Zoulou [Carta de amor zulú], de Ramadan Suleman, 2006

No hay comentarios: